En terceiro lugar, permítese que cada autoridade portuaria, sen superar nunca o límite porcentual que fixa a propia lei, conceda beneficios para captar e consolidar tráficos de cada porto.
Os seus artigos 256 a 258 traspoñen as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas.
Para el (1865, pp. 14, 20, 34, 40-42), a verdadeira historia de Galicia principia co asentamento dos celtas, 'padres y generadores de una población que lleva todavía impresa en el rostro las señales inequívocas de la raza á que pertenece'.
Desta forma é aconsellable que o pequeno empresario debera contratar ou pedir asesoramento externo que o teña informado dos seus deberes e dereitos de xeito que cumpra co seu estándar de dilixencia.
Entre eles temos: ~ Postos de hospital de día: considéranse como tales aqueles destinados á atención de pacientes de xeito simultáneo na área de hospital de día (tanto os terapéuticos, como os de convalecencia)
As salas dotadas e non utilizadas, senón están pechadas por obras ou outros motivos estructurais, contabilízanse igualmente incluso en períodos vacacionais.
A miúdo os dispépticos presentan ardor de estómago, pirose, e non é infrecuente que teñan sensación de náusea matutina, ás veces con vómitos que non producen alivio.
O caso das economías da Europa central, da Europa do leste e dos países bálticos que se uniron á Unión Europea no mes de maio do ano 2004 alude ao seguinte paso das reformas institucionais das economías pos-socialistas.
A decisión pode ser de carácter político cando os estándares foron elixidos polo goberno central pero dada a situación local considerouse máis axeitada unha normativa máis estricta.
Polo tanto, ante un ictus progresivo será necesario revisar estas posibles complicacións, solicitar unha nova TC cerebral sen contraste (no ictus isquémico é importante realizar unha nova RM-DWI) e chamar urxentemente o neurólogo.
Para o cómputo de carrís, para efectos do disposto nos artigos anteriores, non se terán en conta os reservados a determinados vehículos ou a certas manobras de acordo co disposto no artigo seguinte.
No caso da lagoa de Carregal permanece en comunicación constante co mar a través dunha canle, e polo tanto, o seu nivel vai variar en función da marea.
A SEPI mantén unha participación maioritaria, que podería reducirse en breve, pois é unha das empresas susceptibles de privatización segundo os planos do Goberno.
Dentro das primeiras regúlanse as taxas por ocupación privativa do dominio público portuario, por utilización especial das instalacións portuarias e por aproveitamento especial do dominio público no exercicio de actividades comerciais, industriais e de servicios.
Para eles os mortos non valen o mesmo, os únicos asasinos son os soldados israelís mentres que da outra beira só hai combatentes pola liberdade e a paz.
Poden empezar como unha enfermidade aguda, ás veces grave ou mesmo potencialmente mortal, evolucionando progresivamente cara a unha enfermidade máis crónica.
O consumo de produtos animais pode ser entendíbel, ora que outra cousa é a experimentación, os amoreamentos e transportes vexatorios, a escravitude salvaxe e os sufrimentos a que son sometidos milleiros de seres polas producións intensivas desta porcallada de sociedade de consumo.
A Constitución e o dereito adoptado polas institucións da Unión no exercicio das competencias que se lle atribúen a esta primarán sobre o dereito dos Estados membros.
Poden inducir cambios no patrón de voo, sempre moito menores cós ocasionados polas paredes de selado, xa que las reixas ofrecen múltiples puntos por onde atravesalas.
No caso de que non exista a dita especialidade farmacéutica xenérica, o farmacéutico dispensará a especialidade farmacéutica prescrita a prezo de referencia, efectuando o beneficiario, se é o caso, soamente a correspondente achega sobre prezo de referencia.
Xeralmente, as axudas non son compatibles co PPP, aínda que se admiten de modo excepcional en casos como a renovación de instalacións obsoletas, o desenvolvemento de tecnoloxías limpas, etc.
Exame da necesidade de medidas de protección de plantas e animais contra as radiacións ionizantes e elaboración de normas de calidade medioambiental a tal efecto.
Dende entón un sinfín de xentes exploradoras (moitas delas de orixe mediterránea), guiadas polo azar dos espíritos, esculpiron a nosa contemporaneidade.
Alemaña e Suecia tamén experimentaron importantes incrementos da súa superficie forestal certificada, Alemaña pasou de 9,28% ao 20,51% por cento e Suecia do 27,13% ao 35,40%.
O reparto espacial das precipitacións queda modulado polas formas topográficas provocando rexistros elevados nas vertentes a barlovento dos relevos das Rías Baixas e da Dorsal Galega.
En segundo lugar, a forma estructural do modelo BVAR identificado permite tres análises: descomposición da varianza dos erros de predicción, función de resposta ós impulsos e análise histórica.
Estas persoas teñen un risco aumentado de contraer a enfermidade e tamén de transmitila á persoas de alto risco dentro dun centro sanitario, tanto de atención primaria como de especializada.
A conducta sexual inapropiada é pouco común en pacientes afectos de demencia, pero en caso de que xurda, non reaccione esaxeradamente e trate de soluciona-los problemas con calma, buscando axuda profesional.
Dado que a presenza de mutacións nunha soa copia non produce síntomas, os pais poden ser portadores da enfermidade, isto é, poden transmitir a FMF sen padecela.
Neste ámbito, cabe destaca-la continuidade do dinamismo empresarial, reflectido polo crecemento do número de empresas e Pemes e pola práctica estabilización do peso específico de Galicia respecto a España neste ámbito (Cadro 7).
Pódese observar na táboa como a diminución máis significativa de precipitación tivo lugar, maioritariamente, no ano 1990, con valores que supoñen dun 18% a un 54% (IPa) de diminución respecto á media do período 1985-94.
A contaminación, xa proceda das industrias ou doutras actividades humanas, xunto co cambio climático tamén tivo a súa contribución no proceso de redución das poboacións ou á desaparición de peixes nalgunhas zonas.
Estes obxectivos non constitúen a base máis idónea para a toma de decisións, xa que en moitos casos a súa maximización non ten porque implicar a creación de valor para o accionista.
Aínda que se demostre finalmente que os recursos da terra son finitos, os do Sistema Solar e os da Gran Galaxia que o rodea son, para todos os fins prácticos, infinitos.
Nós entendemos que esta é unha adaptación da Política Agraria Común ás posicións da globalización neoliberal, o que vai permitir incrementar o dumping, a industrialización das produccións agrarias, e o aprovisionamento a prezos artificialmente baixos.
Nota: Declararanse por liña de garda xa que nalgúns hospitais é normal a existencia de gardas tronculares, polo que non se poden asignar a un GNA específico
A análise da situación final dos tratamentos instaurados en adolescentes ao longo do quinquenio 1998-2002, arroxa mellores resultados que os dispoñibles para a poboación xeral.
Non é un segredo de que un trazo definitorio da maioría das sociedades do mundo, cando non da totalidade, é a diferenciación do trato entre os homes e as mulleres, nun sentido discriminatorio cara a estas.
Aínda que sexan órganos consultivos, as súas críticas e propostas deben ser tidas seriamente en conta polos gobernos municipais, se de verdade desexan fortalecer a participación cidadá.
Así, unha vez que as instalacións son clasificadas segundo o seu nivel de risco, pódese fixar a periodicidade da vixilancia das condicións sanitarias das instalacións e concretar os prazos necesarios para que resolvan calquera deficiencia que presenten.
De prosperar tal moción, os membros da Comisión deberán dimitir colectivamente dos seus cargos e o ministro de Asuntos Exteriores da Unión deberá dimitir do cargo que exerce na Comisión.
En Galicia inventariáronse 27 especies vexetais incluídas no Anexo II da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
No suposto de valores representados mediante títulos físicos, será necesaria, ademais, a súa entrega ó beneficiario da garantía ou a un terceiro establecido por común acordo entre as partes.
A concreción do que se entende especificamente por variedade difire desde as perspectivas máis xeneralistas e inclusivas ata aqueloutras máis específicas e exclusivas.
Esta hipótese pretende corroborar se a pertenza a un determinado grupo corporativo pode influír na variabilidade da rendibilidade económica dunha organización.
O indicador social debe de formar parte dun sistema, de forma que a totalidade do sistema estea elaborado para cubrir un conxunto ou parte dun conxunto referido a unha área de preocupación social.
Os efectos da acidificación evidéncianse pola defoliación e a redución da vitalidade das árbores, a diminución dos recursos pesqueiros e da biodiversidade en lagos, ríos e regatos, e cambios na composición do solo.
Para acreditar esta ausencia abondará co recordo dos pais, porque, en xeral, este recordo é acertado, como mostran os resultados de numerosos estudos realizados en adolescentes e mozos de países con climas temperados sen un programa de vacinación infantil sistemática.
En efecto, desde o ano 1998 ata o ano 2002 a taxa de pobreza mostra unha tendencia crecente finalizando cunha diminución no ano 2003, máis acentuada no caso da NEA que se sitúa en torno ao 16% con respecto ao ano anterior.
Os seus resultados indican, polo tanto, que a transformación modificada de Box e Cox é a mellor para evaluar os totais de precipitación mensual para un amplo espectro de climas.
Neste grupo de modelos están o de Los Ángeles (Hall e Licari, 1974), o modelo de Mississippi (Adams et al., 1975) e o modelo para a economía andaluza de Ramírez (1993).
Se se ten en conta, ademais dos convenios rexistrados en 2005, os rexistrados anteriormente pero con vixencia expresa neste último ano, son un total de 420 convenios (91 de sector e 329 de empresa) os que teñen efectos para o ano 2005.
Nembargantes, coñecer polo miudo esta distribución ten grande importancia hoxe ó dispor dunha vacina que, aínda que en España ten unhas indicacións precisas, poderíase incluir no calendario de vacinacións, como ocorre xa nos Estados Unidos ou Canadá.
Saliéntanse as incidencias do período chamado transitorio, os cambios operados entre 1986 e 1996, a primeira cesión do 15% IRPF e os resultados dispoñibles do modelo 1997-2001.
El itinerario formativo a recomendar a los promotores de los proyectos podrá constar de una combinación de actividades formativas, utilización de herramientas metodológicas y tutorías personales.
O descenso do número de casos estivo acompañado tamén doutro parello na letalidade, que pasou de 6,2 mortes por cada dez mil casos no período 1977-1982 a 1,2 no período 1983-1996.
No caso do CISI de Poio se comezará a dispoñer deles en breve, contra a oportuna realización das obras descritas e no caso de Sada, agardaremos o levantamento das reservas sobre o emprego de estes fondos por parte da nosa Asociación.
Galicia presenta no seu conxunto unha estructura poboacional envellecida, cunha porcentaxe de persoas con 65 e máis anos que en 1999 alcanzaba o 19,8%, porcentaxe netamente superior ás medias española e europea.
Para elixi-lo punto da masaxe seguiremos cos dedos o rebordo inferior das costelas, ata chegar á liña media, onde nos atoparemos coa punta do esterno (apéndice xifoides).
Neste sentido, a crecente e constante xeración de demandas sociais fai necesaria unha simultánea expansión da capacidade de organización e decisión das nosas institucións.
Se a declinatoria se fundar na falta de competencia territorial, deberá de indica-lo tribunal ó que, por considerarse territorialmente competente, deberían remitirse as actuacións.
A clasificación habitual desta actividade distingue dous tipos de obra, os traballos de enxeñería civil e a edificación; e dentro desta última distínguese entre edificación residencial, fundamentalmente vivendas, e non-residencial.
Hai estudios de casos dende unha perspectiva 'local', pero a maioría non están centrados na forma no que o turismo se distribue no espacio senón na estructura das necesidades, nos procesos de desenvolvemento e nos diferentes tipos de impacto.
A táboa 11 mostra a existencia dun elevado grao de especialización en Irlanda na industria da alimentación e en industrias intensivas en capital humano, fundamentalmente nas industrias de productos químicos, maquinaria eléctrica e equipo profesional.
O proceso de integración europeo que se iniciou en 1958, ó que España se adheriu en 1986, tivo e terá consecuencias importantes sobre o crecemento económico dos estados nacionais que a el se sumaron.
Non obstante, en canto a evolución do número de socios, os diferentes centros e asociacións galegas no mundo amosan unha diferenza substancial entre os emigrados ao estranxeiro e os emigrados ao resto de España.
O disposto nos números 2 e 3 acerca dos créditos dos traballadores afectará unicamente á parte destes créditos que exceda daquela que lle corresponde aboar ó Fondo de Garantía Salarial.'
Os logros físicos acadados son importantes, feito que debe ter contribuído a remover unha magnitude non desdeñable dos efectos fixos negativos para o desenvolvemento rexional.
Considerando que os meses de inverno son os que rexistran unha maior frecuencia de bloqueos, entenderemos a importancia das ditas configuracións no réxime de precipitacións da rexión galega.
Como reactivos utilizáronse carbonato sódico, bicarbonato sódico e óxido de calcio, pero actualmente téndese ó uso xeralizado deste último producto en forma de calea de cal.
Na nosa lingua resoan milleiros de matices que saben a lonxanía, nos nosos costumes adivíñase unha miscelánea de culturas diversas, na nosa pel debúxanse as cores do universo.
Non obstante, poderase prescindir desta información pública cando se denegue a autorización por non reunir os requisitos legalmente exixibles para a cesión.
Así mesmo, destacaría unha máis ampla oferta de restauración e bares, que xunto coa restante oferta cultural e de ocio constitúen un importante estímulo para a afluencia de consumidores de áreas cercanas.
O seu art. 94 traspón as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas.
Decidiuse empregar como ferramenta para a codificación a CIAP (clasificación internacional de Atención Primaria), normalizada pola WONCA (Organización Mundial de Médicos de Familia).