Co ánimo de rematar, só engadir que o noso equipo de investigación se dedica precisamente á tarefa da construción, concienciación e difusión do coñecemento sobre a temática que nos ocupa aquí dende fai máis de 15 anos.
O incremento desta eficacia enerxética resulta esencial para o logro dos obxectivos sinalados polo Protocolo de Kioto (1997) que propicia unha política enerxética máis sostible.
Alegación: algunhas instalacións formulan situacións obxectivamente excepcionais durante o período de referencia, de forma que a asignación baseada nun rateo segundo emisións históricas conduciría a unha asignación claramente insuficiente.
Reforzouse o sentimento de propiedade e orixinouse unha das singularidades deste museo: os guías; ninguén quería perder a oportunidade de presumir ante os visitantes da súa obra.
Segundo a Conferencia de Consenso da Sociedade Española de Contracepción (SEC, Toledo 1998) conclúese que cos preparados actuais e na poboación sa NON FUMADORA, non hai contraindicación para o seu uso.
O axuste que se está producindo no emprego da construcción, a pesar das relativamente boas expectativas na actividade, recae sobre o estrato de idade comprendido entre 20 e 24 anos, polo xeral integrado polos traballadores de máis baixa cualificación.
De todas as transferencias a que se refire este artigo, remitiráselles trimestralmente información ás Comisións de Orzamentos do Congreso dos Deputados e do Senado, identificando as partidas afectadas, o seu importe e a finalidade delas.
Un contexto no que as diferentes subxectividades en liberdade e no seo da sua corporalidade atopen as condicións que lle permitan o seu desenvolvimento integro sen violéncia.
A avaliación ambiental é unha ferramenta concibida para minimizar os impactos xerados por intervencións no medio, que introduce novas perspectivas e elementos de estudio sobre a viabilidade dos proxectos.
As causas anatómicas productoras desta forma de afasia consisten en lesións extendidas ó pe da terceira circunvolución frontal esquerda, onde reside o centro das imaxes quinestésicas da palabra.
Don Ramón Nóvoa, agora xa como 2º tenente por ese destino a Ultramar, no peirao coruñés embarca o 22 de novembro de 1895, no vapor 'León XIII' con destino á guarnición da Habana.
As administracións públicas establecerán criterios comúns para ordena-las actividades de formación continuada, coa finalidade de garanti-la calidade no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
O feito de que os servizos da _vella economía_, tales como os de transporte, financeiros, servizos empresariais, etc., sexan os principais investidores en TIC pon de manifesto a súa importancia no desenvolvemento da nova economía.
Algúns expertos en psicoloxía infantil coincidiron en afirmar que un neno que medra nun ambiente de violencia leva no seu interior a semente do maltrato.
O fundamento das propostas e decisións mediante un asesoramento científico da maior calidade posíbel é crucial para conseguir a aceptación dos interesados e evitar conflitos innecesarios cos nosos socios comerciais.
Que maiores causas de inseguridade económica que a provocada por esta amálgama de endebedamento, privatización, integración subordinada ao mercado financeiro globalizado?
Pero con anterioridade a estas datas, os xitanos desenvolvían unha serie de ocupacións baseadas no intercambio de bens e servizos coa poboación agraria en cuncas de emprego determinadas.
Haberá que incluír tamén a restauración da zona, procedendo a realizar os seguintes pasos: Definición e xustificación ecolóxica, económica e social dos usos futuros da área explotada.
En particular, daqueles de natureza arxilosa, con idéntica composición cás materias primas empregadas na industria cerámica que fabrica cerámica estrutural.
Deberase incluír a documentación requirida para obter a licenza de actividade, regulada no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
A provincia de A Coruña acolle o maior número de parques empresariais e a maior superficie, con 29 parques e polígonos industriais cunha superficie total de 16,1 millóns de metros cadrados.
Mantemento durante períodos chuviosos dun manto mínimo de vexetación que absorba o nitróxeno do solo que, pola contra, podería causar fenómenos de contaminación da auga por nitratos.
Isto é particularmente patente cando as montañas se atopan próximas ao mar e cando as masas de aire conteñen unha elevada cantidade de humidade, tal e como lle sucede a boa parte das que arriban a Galicia dende o océano.
Se consideramos as principais variables relacionadas co acceso ao tratamento (táboa 4) observamos que a maior parte da demanda se refire a tratamento con metadona (41%) e desintoxicación (23%).
Deberán establecerse fórmulas de colaboración entre as Administración Públicas e as empresas multimedias para manter unha tensión permanente sobre a lectura como hábito de lecer entre os cidadáns de tódalas idades.
Poderíamos, por exemplo, comparar federación e confederación, aínda que hoxe en día esta última só sexa apreciable na perspectiva histórica, xa que apenas subsiste nos estados contemporáneos.
A demolición de edificios vellos non só implica o tratamento de grandes cantidades de entullos, señón o manexo de materiais perigrosos, como o amianto.
Neste contorno e ante a variedade e sofisticación dos instrumentos financeiros utilizados, estase a observar que un factor competitivo de enorme importancia está formado polo ordenamento xurídico ó que se suxeitan os intermediarios.
O obxectivo era xerar un diálogo entre gobernos e representantes dos principais grupos de interese implicados, e identificar directrices políticas que reforzasen os impactos positivos do turismo respecto ao desenvolvemento sostible.
Obrigas en materia de acceso condicional, acceso a determinados servicios de radiodifusión e televisión, televisión de formato largo e obrigas de transmisión.
Os cambios no pH que se producen debido á vertedura de augas ácidas procedentes do lavado dos gases poden favorecer a floculación de substancias e a solubilización de metais pesados que estean nos sedimentos, afectando á vida acuática.
En virtude das chamadas 'reaccións afectivas', ('cólera anómala'), que fan que a persoa afectada elabore a súa resposta activa, encontrándose psicolóxicamente bloqueada, 'cortocircuitada'.
Cando se fala de patróns de uso de servizos entre os internautas, como xa quedou de manifesto para os servizos básicos ou o comercio electrónico, existen moi leves diferenzas entre as diferentes comunidades autónomas.
Coñecer estas dinámicas e ós colectivos implicados permitirá saber cómo se xera a exclusión e anticiparse, con alternativas e propostas, ó dito fenómeno.
O principal reto é garantir a aplicación íntegra e apropiada da lexislación en vigor e lograr a integración dos obxectivos comunitarios de calidade da auga nas demais políticas sectoriais, tais como a agricultura, a industria e a política rexional.
En realidade, segundo indica Ruas (1992, p.02), a partir da entrada da nova década dous factores empurran ás empresas cara a unha estratexia innovadora máis efectiva.
Esta investigación supón que o custo financeiro vén determinado polo custo medio da débeda que a empresa obtén para o seu financiamento ao longo do ano (r).
Para obter resultados anuais homoxéneos, e que poidan compararse cos obtidos dos datos españois, optouse, posteriormente, por seleccionar só as ondadas que corresponden ao mes de maio de todo o período considerado (1993-2003).
De modo que estas corporacións teñen unha responsabilidade indirecta na 'desaparición' de individuos que teñen unha inserción débil e precaria nas súas empobrecidas sociedades.
Con respecto ás CC.AA., a CE non establece un modelo de atribucións pechado, senón que permite amplia-las competencias reformando os diferentes estatutos, e por delegación ou transferencia do Estado, como reflectimos na táboa 1.
Este país necesita máis que nunca un goberno que teña á cabeza un presidente nacionalista e que poña ao servizo da cidadanía todos os recursos da administación autonómica, e doutras administacións, nomeadamente os fondos estruturais da UE.
A segunda é que a variedade de impactos ambientais é moito maior có tempo ou ca outros bens semellantes, polo tanto resulta difícil establecer convencións.
O balance é positivo (hai exceso de nitróxeno) nos seguintes municipios: A Coruña: Mesía, Frades, A Capela, Curtis-Teixeiro, Monfero, Santiso, Sobrado, Tordoia.
Os resultados obtidos en cada zona son remitidos ao Ministerio de Medio Ambiente, institución que obtén a información de todas as comunidades autónomas e que, á súa vez, transmite o resultado final á Comunidade Europea.
A contía da taxa anual no caso da alínea f) non será superior ó sete por cento do importe neto anual da cifra de negocio ou, no seu defecto, do volume de negocio desenvolvido no porto ó abeiro da autorización ou licencia.
Estes criterios -obrigatorios e optativos descríbense na Decisión da comisión para concesión da etiqueta ecolóxica comunitaria aos servizos de aloxamento turístico.
Ao longo da alternativa seleccionada proxéctanse un enlace e oito interseccións a nivel para articular funcionalmente a nova estrada coa rede de estradas existente e as principais poboacións polas que discorre.
En efecto, as importacións medidas en IVUs de 1995 son superiores ás que se contabilizan en pesetas/ano e ó mesmo tempo, coas exportacións sucede ó contrario: as exportacións en IVUs de 1995 son inferiores ás exportacións en pesetas correntes.
Así Hutton en 1785 chega á conclusión de que certas rochas presentes nos montes Jura, en Francia, procedían en realidade dos Alpes, e foran transportadas alí por extensos glaciares no pasado.
Cás 7 áreas dependentes deseñadas, tratase de formar un Centro de Inserción Sociolaboral; perfectamente desenrrolado, tratarase de evitar as barreiras arquitectónicas e de conquerir unha maior armonia co entorno que o rodea.
Todos eles contemplan medidas, nalgúns casos coincidentes, e o nivel de posta en práctica dos cales non é doado determinar debido á falta de avaliación e seguimento sistemático.
Como isto só é unha mostra do tesouro e parece que non chega de abondo para fachendear, a risco de que Facenda se meta coa miña renda, vou declarar outros bens que adornan o meu patrimonio.
Nesta fase avalíanse os impactos ambientais potenciais xerados como consecuencia das entradas e saídas mencionadas na etapa anterior, clasificándoos en distintas categorías en función da natureza do impacto.
O mecanismo empregado consistiu en selecciona-las cinco CC.AA. que destacan polos seus elevados ou escasos niveis de ingresos ou gastos en cada un dos conceptos, e incluílas de forma separada na especificación do modelo.
En relación ó transporte privado discútense diferentes alternativas que teñen unha estructura paralela á do transporte público, anque a selección non necesariamente ha de ser coincidente coa tomada para aquel:
Existen varios métodos, procesos e tecnoloxías para reduci-las emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes de GIC, especialmente no caso das emisións de CO2.
Agora parece que os líderes políticos de Alemaña, hoxe en día a economía de exportación máis potente do mundo, están empezando a pensar nos mesmos termos.
Nada máis coñecerse os resultados definitivos das eleccións, Quintana ofreceu unha rolda de prensa na que reclamou «un nuevo estatuto, un estatuto de nación» para Galiza.
Cando a empresa estea obrigada á realización dunha auditoría externa, os interventores poden ser eximidos da presentación do informe de censura de contas.
En segundo lugar, deben deseñarse as normas de maneira que intenten reproduci-las solucións eficientes cando os custos de transacción impiden a realización das transaccións necesarias para chegar ó óptimo (Castellano, 1998).
Na actualidade, ofértanse múltiples tratamentos non convencionais ós pacientes con enfermidades crónicas, polo que é necesario considerar coidadosamente as consecuencias das recomendacións sanitarias realizadas por persoal non cualificado.
Mellora-la eficiencia do transporte de mercadorías mediante solucións integradas de transporte que optimicen a combinación estrada/ferrocarril/barco (transporte intermodal).
Neste caso esixiráselle unha garantía definitiva polo 20 % do importe de adxudicación ou do orzamento base de licitación, cando o prezo se determine en función de prezos unitarios.
O plan de pensións poderá prever a participación facultativa doutras entidades de calquera tipo que formen parte da unidade de decisión e comunidades de bens constituídas por empresas do grupo.
Unha das lesións máis habituais nos ollos son as queimaduras químicas, que se poden producir por múltiples causas: salpicaduras de lixivia, productos de limpeza_
Mais agora amósannos un decálogo -coma sempre sen consensuar- que vai dende protexer o 10% de cada ecorexión (tema xa vello) a reducir a contaminación ou protexer os dereitos dos pobos indíxenas.
O desenvolvemento sustentábel a escala local non pode realizarse á custa do impacto noutros lugares e pobos do planeta, nin das posibilidades das xeracións futuras para satisfaceren as súas necesidades e disfrutaren dun ambiente saudábel e diverso.
Se o resultado é negativo, as mulleres reciben a información por carta personalizada, recomendándolles seguir no programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos.
Un dato importante é que un 98% das explotacións agrarias familiares cooperativistas incrementaron o número de cabezas de gando nos últimos cinco anos, amosando unha indubidable vitalidade social e económica.
Porén, o principal efecto de internet sobre a estrutura de mercado pode resumirse na redución dos custos de transacción, a través dos seus dous principais compoñentes: os custos de coordinación e os custos de motivación.
A FEG aposta 'por unha flota artesanal forte e moderna, que practique unha pesca ecoloxicamente sustentábel e comprometida coa conservación do medio mariño'.
Hai que evitar danala pel con disolventes orgánicos que eliminan a capa sebácea natural e impiden a entrada de sustancias hidrófilas, ou con outras sustancias, corrosivas e irritantes.
Así, a súa actuación desenvolvese arredor de varias competencias que lle corresponden: funcións en materia de familia, menores, muller, xuventude, formación ocupacional e promoción do emprego.
Fomos o primeiro grupo en denunciar perante autoridades e perante o Valedor do Pobo a extracción de pedra dos montes de Pasarela e Traba, que finalmente se parou gracias á intervencion do colectivo social da comarca.
Neste caso, os fertilizantes orgánicos deberían incorporarse con antelación suficiente e empregar os minerais en función da época de cultivo e da climatoloxía correspondente.
As empresas máis tradicionais, incapaces de innovar, tenden a conformarse con reproducir o discurso das máis exitosas, tratando así de crear unha imaxe de modernidade e parecerse á moda.