gl-treegal-test

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest
AnnotationGarcia, Marcos

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 40 - 50 < sentence 51 - 61 > sentence 62 - 72

A tricefalia do PSdeG-PSOE en Vigo A Emilio Pérez Touriño non lle quedaba outro remedio que apoiar esta vez a Miguel Barros fronte a Carlos Príncipe se non quería que o ex alcalde controlase a provincia de Pontevedra, a de máis peso partidario, e ameazase o seu liderado no próximo congreso galego, que é ao que aspira o ex alcalde vigués. Pero despois de situar un home seu á fronte da comarca pontevedresa, a dirección galega tomoulle medo e deixou de procurar terceiras vías. Mariño tamén está enfrontado ao presidente do comité executivo da Zona Franca, o socialista Francisco López Peña. Na dirección opuxéronse , até de agora, que fose o substituto de Pérez Mariño, malia ao importante apoio co que conta no partido e en importantes ámbitos económicos da cidade. Pero Carlos Príncipe, de xeito interposto, segue comandando a asemblea local de Vigo, que fora disolta para apartalo como candidato ás municipais últimas. Permanecerá relegado Miguel Barros? Quen decidirá os candidatos ás futuras eleccións autonómicas e locais? O próximo 5 de marzo Miguel Barros presentará o seu libro Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galiza (A Nosa Terra), no que reivindica non a súa traxectoria de socialista e galeguista, senón na que aposta por un entendemento necesario cos nacionalistas. diálogo a través dos medios Un sistema moi usado na cidade.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees