Text view

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest
AnnotationGarcia, Marcos

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 51 - 61 < sentence 62 - 72 > sentence 73 - 83

Porén, hai ocasións en que o máximo responsábel da factoría que máis diñeiro move de Galicia deixa que a súa voz se escoite fóra do despacho do polígono de Balaídos e utiliza os xornais para enviar determinadas mensaxes. Ocorreu non hai moito tempo, cando os directivos do Celta estaban empeñados en crear ás portas da fábrica de automóbiles o gran centro comercial e de ocio co que pretendían sanear as contas do club. Hai anos que Riera leva traballando con discreción e eficacia coa finalidade de que as principais empresas fornecedoras da cadea de montaxe de PSA poidan instalarse en Vigo. Coa colaboración do goberno municipal, daquela co BNG comandando a área de urbanismo, Riera conseguiu que a Zona Franca alterase os seus planos orixinais para o Parque Tecnolóxico de Valadares e permitise a instalación nesa superficie de empresas como Faurecia ou o grupo Antolín. O que López Peña descubriu á súa volta ao consorcio levouno da inicial sorpresa á indignación. Alarmado, Peña decidiu botar o freo e paralizar a meirande parte das iniciativas en marcha, pero encontrouse cunha oposición xeneralizada das forzas políticas e sociais da cidade que o obrigaron a rectificar sobre a marcha. Nesa liña de traballo estaba o delegado da Zona Franca cando se lle ocorreu poñer en cuestión a participación do consorcio na creación de novo solo industrial en Vigo, e foi nese momento cando Riera dixo: O grupo PSA non está disposto a renunciar a uns proxectos coidadosamente preparados durante anos de traballo en íntima colaboración co Concello. Aproveitando a circunstancia, Porro, sempre atenta á posibilidade de pendurarse medallas, quixo apuntarse un tanto propagandístico ofrecéndose como mediadora entre as partes. PSA e a Zona Franca acabarán entendéndose , pero para iso tiveron que escenificar antes o seu desencontro nos medios. Discutir que é un clásico.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees