gl-treegal-test
Universal Dependencies - Galician - TreeGal
Language | Galician |
---|
Project | TreeGal |
---|
Corpus Part | test |
---|
Annotation | Garcia, Marcos |
---|
View options
Text: - Show: - Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
O PP vai basear parte da súa campaña electoral nas diferenzas entre socialistas e nacionalistas e na incapacidade para ter un proxecto común. Até de agora non tivo éxito. Neste sentido, persoas no entorno nacionalista e socialista están mantendo conversas e reunións nas que tratan de perfilar as liñas mestras dun futuro goberno BNG-PSOE, ou PSOE-BNG, porque, finalmente, de gañar un ou outro o peso e mesmo o programa sería diferente. Desde o PSOE tamén están a traballar con outra posibilidade: Outros socialistas van máis alá e consideran que os escindidos do PP lles poderían chegar para formar goberno sen ter que contar co BNG. Reclama o primeiro posto na lista da Coruña ao Parlamento Xosé Manuel Beiras xa abriu a batalla publicamente ao reclamar para si o primeiro posto da candidatura coruñesa, ao que aspira o candidato á presidencia Anxo Quintana. Analizaron os resultados e a situación interna e chegaron ao acordo da necesidade de ollar cara a adiante, sen debates estériles, e impulsar a discusión sobre a reforma estatutaria. Anxo Quintana, que xa lle comunicara a Beiras a súa intención de ocupar o numero un da lista pola Coruña, considera que 'hai unha tradición non escrita, que todo candidato á Xunta exerceu cando puido, que é a de encabezar a lista pola Coruña'. Pero, ao mesmo tempo, coinciden con Quintana, en que Beiras 'ocupará sempre un lugar preferente mentres sexa presidente do Consello Nacional'. Un Quintana que é o máis prexudicado desta poxa de Beiras, que o presidente do Consello Nacional, non sitúa só na súa persoa, senón que estende a outros seus compañeiros que poderían quedar relegados nas próximas listas.
Download XML • Download text
• Sentence view • Dependency trees