gl-treegal-test

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest
AnnotationGarcia, Marcos

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 18 - 28 < sentence 29 - 39 > sentence 40 - 50

¡Meu Deus! Porque pavor é o que un sente de pensar que xente así ten o privilexio de ensinar a outros, isto é, licenza para deformar e empobrecer. Touriño un xiro na súa estratexia de campaña O optimismo semella desatarse nas fileiras socialistas e nacionalistas, pero cada vez máis voces internas dunha e doutra formación demandan que fagan visíbel esa alternativa para non frustrar as expectativas. 'Aos socialistas fállalles a estratexia, non a teñen, pero será máis fácil de gañar que nas eleccións xerais', afirmou Joan Campmany, o catalán inventor de ZP, que se encargará da campaña de Emilio Pérez Touriño de cara ás próximas eleccións autonómicas. postularse como presidente afirmando que vai gañar por maioría absoluta, polo que non tería que contar cos nacionalistas. Tamén Anxo Quintana afirma que sairá a gañar os comicios no outono. Loxicamente, non é lexítimo, senón de pór o sombreiro na cabeza, que un e outro aspiren a lograr unha maioría suficiente para formar goberno en solitario, pero moi improbábel. Demanda, polo tanto, que xa que a coalición cos nacionalistas é obrigada se o PP perde as eleccións, Touriño a inclúa como 'argumento electoral'. Considera o presidente do Consello Nacional do BNG que é imprescindíbel que nacionalistas e socialistas desenvolven unha estratexia conxunta, que interioricen a necesidade de unirse , 'como factor necesario para derrotar a Fraga'. Beiras considera que o BNG, 'hoxe por hoxe, non está en condicións de gañar con maioría absoluta, malia que é o único proxecto de fondo que existe na Galiza e para Galiza'.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees