Os temas 'Camiño das estrelas', de Los Limones, 'Hai un paraíso', de Luar na lubre e 'O segredo', da gaiteira Susana Seivane foron elixidos finalistas dos IX Premios da Música na categoría de Mellor Canción en Galego.
Outros nomes galegos presentes no certame serán o ferrolán Carlos Jean que opta ao premio Mellor Produtor Artístico e Mellor Arranxista e Carlos Núñez candidato a Mellor álbum de Música Tradicional.
Será a súa discusión sobre a que gravite a axenda política dos nacionalistas até o verán, se as liortas internas pola elaboración das listas non o impiden.
Non se trata dunhas propostas maximalistas as que condensou Paulo González Mariñas, ex conselleiro de Presidencia no goberno tripartito de Fernando González Laxe.
Así, puidemos saber que a interrelación coas 'Bases para a reforma do Estatuto' realizadas pola fundación Iniciativas 21 e asumidas polo PSOE, foi importante.
Tanto é así que hai numerosos aspectos coincidentes e, mesmo, naqueles puntos nos que o proxecto socialista e nacionalista son máis diverxentes no fondo, non é imposíbel un acordo.
Tamén defende a soberanía fiscal e tributaria, con capacidade para fixar os tributos e ter unha recadación propia, pois parte do principio que sen autonomía económica non hai autonomía política.
Reclaman así mesmo, a participación directa de Galiza na UE, cando os asuntos sexan do noso interese, e a capacidade de definir as políticas estatais (coincidente no fondo con Iniciativas 21).
O novo Estatuto que estuda o BNG propón unha nova organización territorial de Galiza, reclamando as competencias da Xunta para regular e articular lexislativamente o territorio nunha lei inexistente un cuarto de século despois de aprobarse o Estatuto.
A proposta nacionalista parte dunha filosofía confederal na que concibe a Galiza como unha nación, reclamando un espazo de decisión libre e propia, recoñecendo a conformación plurinacional do Estado no que se integra Galiza logo dun pacto.
O BNG, pola súa banda, pretende que, a mesma reforma estatutaria, que, na práctica, faga necesaria a reforma constitucional, superando así o actual marco estatal e recoñecendo o dereito á autodeterminación.
A película dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón, A vida que che espera, opta a un total de oito nominacións, entre outras a de mellor dirección, mellor guión e mellor interpretación feminina e masculina protagonista.
Baixo o título Del diccionario de los murmullos e tras dez anos de ausencia nas salas da cidade, a galería Ana Vilaseco acolle até o vindeiro 17 de marzo unha selección dos últimos traballos do pintor coruñés Pedro Muíño.
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle entre o 17 de marzo e o 12 de xuño a exposición Oops... ! I did it again!, do alemán Christian Jankowski, que combina vídeos, performances e reciclaxe cun claro obxectivo irónico ao redor das iconas pop dos nosos días.
O Consello da Cultura presentou o pasado 1 de marzo o catálogo do Fondo 'Guerra Campos' da Catedral de Santiago, conxunto de documentos sobre o tema xacobeo que acumulou o que fora bispo auxiliar de Compostela e bispo de Cuenca, José Guerra.
Clodio González Pérez daba recentemente noticia dun par de capítulos traducidos en 1955 por algún académico da Academia Galega, pero non puido atopar rastro material.
Daquela, o concello manchego de Consuegra quixo erguer un muíño de vento, no que se instalaría unha biblioteca con traducións da obra cervantina en todas as linguas do mundo.
O presidente da Deputación da Coruña dirixiuse á Academia Galega, e encargou a Leandro Carré Alvarellos a versión galega de dous capítulos (25 e 26 do Tomo II).
'Non se lle cocía o pan no corpo a Don Quixote, como adoita dicirse, ata ouvire e saber as maravillas prometidas do home portador de armas', arrinca a tradución do capítulo 25, 'onde se aponta a aventura do orneo e a chusqueira do titereiro, coas lembradas adiviñanzas do macaco adiviñador'.
Como os autores da tradución completa anos máis tarde, e tamén dos predecesores, os autores exercen o traballo cunha intención de normalización da lingua, 'este molliño de follas, esta tradución que hoxe damos ao prelo, tenta ser unha aportación máis á laboura, nunca dabondo exercitada, de arrequecer a nosa literatura coa incorporación de textos alleos'.
Así arranca Sancho Panza cando toma posesión da súa Insua Barataria, '¡Ouh, perpetuo descubridor das antípodas, facho do mundo, ollo do ceo, abaneo dóce das cantimploras, Timbrio aqui, Febo alá, tirador acó, menciñeiro acolá, pai da Poesía, Inventor da Música, ti que decote alboreas e, aínda que o semella, endexamais te escureces!'.
'Cando me propuxeron a tradución _lembra Arias_ pensei que era unha oportunidade que non se podía desperdiciar e dunha grande importancia para a normalización do galego.
Aceptouse a miña proposta de formar un grupo de tradutores, que quedou conformado por Xavier Senín, Xoán Antón Palacio, María Xosefa Fernández, Xela Arias Castaño e María Xesus Senín.
Ademais incluía serigrafías orixinais de Laxeiro, Abelenda, Lodeiro, Conde Corbal, Alfonso Costas, Sucasas, Moldes, Correa Corredoira, Lamazares, Virxilio, Alberto Datas, Costas e Leopoldo Novoa.
Prologada por García Sabell e cun epílogo de Torrente Ballester, saiu ao mercado a un prezo de 3.000 euros, chegando a adquirirse no mercado bibliófilo ao que ía dirixido, a perto dos 6.000.
Quedou por facerse a edición de prezo popular, pola que se ten interesado nas últimas semanas tanto a Real Academia como a Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes, e que podería ver a luz nos próximos meses, 'gostaríame que saira, dinos Valentín Arias, pero habería que darlle un repaso á tradución.
'Nin o portugués nin o castelán deben ser prioridades, pero está claro que hai obras fundamentais que deben ter a súa versión galega e, inequivocamente, o Quixote é unha delas.
Fariña conta a teima dun neno chamado Breogán coa obra de Cervantes e aproveita para recrear algúns episodios do Quixote para achegar a obra ao público máis novo.
Pensei que retrocedía varios séculos, o propio Lope de Vega teríao feito así, representar os galegos como individuos incultos, necesitados, desestruturados, rexeitados.
Xa sabía que esa serie é baluarte de estereotipos e que reproduce unha sociedade patrialcal do século XXI, unha sociedade en que o machismo semella unha broma á que lle sorrimos con simpatía, sen que pareza pasar nada, non así con Shin Chan, e certo é que tamén reproduce comportamentos machistas, mais por que tanta polémica con Shin Chan:
Mais hai quen teima en representarnos como a camareira galega que apenas sabe falar castelán, que ten un fillo de cada pai, incapaz para o traballo, véndonos como persoas incultas e desestruturadas, e sei que as declaracións dalgún político de idade avanzada afondan nesta visión, mais o pobo non é o político e xa deu mostras de enorme dignidade.
A televisión reflecte a negación que nos rodea: infraestruturas que non chegan, fondos mal xestionados, exclusión das axudas por incendios forestais ...
Participaba regularmente en recitais e actos de espallamento da poesía galega tanto na Galiza como no exterior e a súa actividade literaria estivo presente en moitos ámbitos criativos con libros como Silencio, ensaiamos (1992), as novelas Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001) e tamén do teatro, xénero para o que escrebeu os textos Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999).
Edicións A Nosa Terra, onde publicou algúns dos seus traballos, prepara O libro das columnas, un traballo que recollerá todas as súas colaboracións en A Nosa Terra onde quincenalmente publicaba as súas colaboracións.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sociopedagóxica galega, a CIG-ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística promoven a elaboración dun documental sobre Manuel María dirixido por Margarita Ledo e que se poderá ver no outono deste ano.
Tamén se precisarían grabacións en audio da súa voz (lectura de poemas, conferencias, entrevistas...) e todo o que poda ser utilizado neste documental.
Os produtores fan unha chamada a todas as persoas que teñan nos seus arquivos persoais unha grabación, unha foto, un debuxo ou calquera outro documento visual ou sonoro de Manuel María.
En Os últimos fuxidos Xosé Fernández Ferreiro retoma o tema da represión, continúa o antes iniciado naquel exitoso Agosto do 36, que lle valera o Xerais do ano 91.
Como xa desde o mesmo título se indica, trátase dunha novela de fuxidos, o que ratifican logo unhas palabras preliminares do autor nas que se fai referencia ao holocausto español, particularmente cruento na Galiza cunhas xentes (homes, mulleres, cativos de poucos anos...) que o único delito que cometeran eran teren ideas 'mais ou menos de esquerdas, cando non por simples inimizades de tipo familiar ou persoal' (8).
Son fuxidos que levan 14 anos na clandestinidade, o que sitúa a acción por 1950, e, despois de formaren parte da guerrilla antifranquista, regresan á Serra da Corza coa intención de teren cerca a familia (a Roberto os falanxistas asasináronlle un fillo, e a Marcial o pai), poder ver os seres queridos.
A súa chegada alterará a vida das xentes de Abades, pois en canto no cuartel teñen noticias disto ceiban outravolta os cans da represión, interrogan, chantaxean, rapan as mulleres, non perden ocasión de mallar na xente...
Constrúese así un discurso a tres bandas mediante a interacción das forzas represoras por un lado, os fuxidos por outro e, no medio, as xentes de Abades.
Unha personaxe pon en contacto os tres mundos, Robertiño, fillo de Roberto, mozo de Abades que coñece moi ben os camiños da Corza e que os visita, e que será apresado polas forzas represoras.
Constrúese así, como dicimos, un discurso a tres bandas, mais non se detén especialmente en ningunha delas (o cuartel, na que menos), deambula dunha noutra sen excesivo tempo que adicarlles pois tamén ten que atender ás analepses que dan conta do que lles aconteceu antes de chegaren á Corza.
Porque todas padecen de falta de credibilidade, son moi pouco críbeis xa desde uns parlamentos nos que fan gala de vocabulario e expresións impropios para a súa condición, producíndose nivelación estilística entre as intervencións das personaxes e a do narrador, isto ademais de mostraren un exceso de idealización que tamén as penaliza.
Por outro lado, continuando coas personaxes, non son poucas as veces nas que se lles encomendan traballos que deberan ser responsabilidade do narrador.
Non desatendendo ningunha (a inseguranza e temores da xente de Abades, o heroísmo e tráxica vida dos fuxidos, a maldade e inquina dos represores) tampouco decanta a novela por algunha, de xeito que se perde entre todas elas e todas resultan un tanto insubstanciais.
Benvido sexa este recordatorio de que na Galiza non houbo guerra, o que aquí verdadeiramente houbo foi unha feroz purga social de non afectos ao ditador.
Esta non é unha segunda parte, nin sequera un avanzo cronolóxico, senón outra revisitación da infancia en Pontedeume, un exercicio de memoria na que o autor deitou o mellor da súa prosa.