Galicia localízase na denominada Iberia húmida, diferenciándose nela o clima temperado como resultado da influencia do océano e caracterizado pola existencia de invernos suaves e veráns frescos con precipitacións espalladas regularmente ó longo de todo o ano.
Criticamos de acordo coa/s autora/s do texto que esta lei só inclúa medidas de protección mais non sancións contra o infractor por non estar tipificado este comportamento como delitivo (por exemplo, os maos tratos dentro do seo familiar).
Unhas peculiaridades que xorden tamén da súa evolución morfolóxica pasada e recente e da súa posición latitudinal e que lle imprime, como xa vimos, un marcado carácter de área de transición.
Por outra parte, Ruesga e Da Silva (2004) amosan como historicamente España foi un importador neto de capital, pero esta situación cambia radicalmente tras o ano 1997.
Nesta sentido, á pequena empresa se lle esixe a mesma protección que ó resto, nembargantes, está claro que vai ter máis dificultades para levala a cabo e polo tanto faise necesario un maior apoio institucional (subvencións, asistencia técnica...).
Así, no campo máis específico das infraestructuras enerxéticas, e como xa se comentou, deberíanse levar a cabo as medidas que se presentan a continuación:
E Keynes _por exemplo, na súa elaboración da _preferencia pola liquidez__ válese do estudio do comportamento individual do _especulador_ (Delfaud, 1986a, p. 74; Delfaud, 1986b).
Algunhas preguntas orientadoras para abordar esta revisión poderían ser: ¿Existe identificación do alumnado co centro?, ¿e do profesorado e outros membros da comunidade?, ¿podemos explicarnos por que?...
No que afecta ó sistema universitario, e co horizonte dos próximos 10 anos, resulta esencial aumenta-lo financiamento público ó sistema, asociado á obtención de obxectivos concretos polas universidades na mellora da súa calidade.
A non ser que os distintos documentos elaborados sexan lexitimados pola aprobación do consistorio, terán escaso valor para a comunidade e será difícil a súa execución, agás no caso de accións voluntarias e coincidencia nas decisións.
Poderán comprender zonas ribeirás, costeiras ou adxacentes, así como as illas ou extensións mariñas de profundidade superior aos seis metros en marea baixa cando estas se atopen dentro do terreos húmidos.
Esta participación ten carácter salarial e complementa a remuneración que, de similar natureza, estableza a normativa laboral aplicable, a non ser que esta sexa inferior e, neste caso, substituiraa.
Con este obxectivo o que se pretende é dar a coñecer unha análise exploratoria dun conxunto amplo de variables que se coidaba, nun principio, que poderían estar relacionadas coa _capacidade económica_ das distintas comarcas.
Inherente a esta idea é o concepto de que as comunidades non poden resolve-los seus problemas limitándose a exportalos, ben a outra zona xeográfica ou relegándoos ó futuro.
Estas liñas de actuación poden idealmente contar con financiamento da Unión Europea, pero é necesario impulsa-las en calquera caso ó marxe da existencia deste apoio financeiro extraordinario ou non.
Estes volumes limítanse ao tumor primario sen irradiación ganglionar electiva ou limitada a mediastino adxacente e a dose recomendada oscila entre 60 -70 Grays (Gy) cun fraccionamento convencional de 180 a 200 cGy día.
En relación con este tema, identificáronse dúas maneiras principais nas que estas tecnoloxías continuarán profundando e ampliando a súa influencia na seguinte década.
Debido ó longo período que cobre este Plan, 2000-2006, detectouse a necesidade de ampliar, nalgúns casos, a capacidade de tratamento dalgunhas plantas de tratamento existentes e de crear outras novas.
Estas consideracións lévanme a afirmar que, en todo caso, as listaxes competenciais dos artigos 25-2º da Lei de 1985 e 80-2º da Lei galega de 1997 deben encontrar a súa plasmación na atribución ós municipios de competencias propias e non delegadas.
Nembargante deberá comunicar a circunstancia á delegación da Consellería de Economía e Facenda onde se presentase a autoliquidación pola autorización da máquina destruída á que substitúe a nova, para efectos de obtención do correspondente distintivo acreditativo.
Así, por exemplo, Beato Espejo ('El medio ambiente como bien jurídico', pax. 22), rexeita ós concellos que fomentasen ás veces un sistema de vida 'aberto á vía que lexitimou conductas atentatorias á tranquilidade da vecindade e á paz social'.
Así mesmo, entenderase acreditado o cumprimento destas circunstancias cando a Administración pública competente lle ceda á Administración pública contratante a información que acredite que a empresa cumpre as circunstancias das alíneas b) a e).
Na táboa seguinte mostrámo-lo número de hospitalizacións por enfermidades do aparello respiratorio diferenciando as procedentes das provincias de Galicia e outras de fóra e as que foron atendidas nos hospitais do Sergas agrupados por provincias ó longo do ano 99.
Trátase de probas complementarias complexas ou caras que, habitualmente, só realizarán médicos coa experiencia suficiente para valorar os datos clínicos e para tomar medidas a partir dos seus resultados.
A xornada do persoal que na actualidade traballe en quenda fixa de noite reducirase, respectivamente, 97 h no ano 2005 e no ano 2006, ata acadar as 1.430 horas de xornada anuais.
De acordo co establecido no parágrafo 86 da NIC 1 (IASB, 1997a), estas últimas refírense aos seguintes aspectos: a) Ás operacións de capital cos propietarios e á distribución de beneficios.
Finalmente, en función do criterio xeográfico decídese a conveniencia ou non de que a entidade de depósito estea presente en determinadas zonas, sendo o obxectivo reforza-la presencia de bancos e de caixas en áreas específicas de negocio.
O Observatorio Galego de Educación Ambiental creará, por acordo do seu Pleno, as comisións de traballo que resulten necesarias para a análise de aspectos sectoriais ou problemáticas concretas vencelladas coas funcións relacionadas no artigo 2º deste decreto.
A eficacia da radioterapia mellorou substancialmente grazas ao emprego de tecnoloxía de imaxe que permite ver mellor onde está o tumor e cales son os seus límites.
Clinicamente caracterízase pola presenza dunha sensación de ardentía acompañada de arrubiamento, calor e inflamación dos pés ou, de xeito máis infrecuente, das mans.
En contrapartida, a cooperación preséntase como medio de resolución de conflictos, constituíndo, ademais, a base de partida para consegui-lo funcionamento eficiente da devandita canle.
Deste xeito, durante o período estudiado, as taxas específicas por idade (ve-lo cadro 1) nos homes de 40-44 anos (17'3 m/105h) foron 20 veces inferiores ás dos homes de 75-79 anos (403'5 m/105h).
A FEGAS, de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia que ten afectado de modo duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral.
Cando se limpa un equipo inmediatamente despois do seu uso evítase a formación de depósitos endurecidos, que esixen o consumo de grandes cantidades de disolventes ou de auga para o seu arrastre.
En Galiza, nos últimos anos, a cifra de mulleres ocupadas aumentou significativamente, pero séguense producindo grandes diferenzas entre homes e mulleres nas distintas taxas de actividade, ocupación e paro.
Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que se deberá acreditar documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.
No referente ós réximes especiais de Seguridade Social, modifícase o texto refundido da Lei sobre Seguridade Social das Forzas Armadas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2000, do 9 de xuño.
Sen embargo, a título informativo, é importante sinalar que existen correntes feministas que alertan sobre este recoñecemento e asunción da igualdade de maneira mecánica.
Nél instábase á Alcaldía 'promove-las medidas tendentes a garantir-la efectiva aplicación dos preceptos legais a que se refire o exhaustivo recordatorio' do Valedor do Pobo.
Da silandeira noite e da sulagada ilusión parideira de pantasmosos fillos, quizais ti chores Galiza, por esa longa e parideira vida de exilios e de mortos de saudades e anceios ó pe de cada intre, a carón de cada hora.
Este principio, consagrado no artigo 174 do Tratado CE, estivo presente na acción da Comunidade Europea en materia de medio ambiente desde a adopción do I Programa de acción nesta materia de 1973.
Logo, como non poden ser eliminadas, as moléculas de PrPSc deste xeito formadas acumúlanse na célula ata a súa destrucción e posterior difusión polo sistema nervioso central.
Polo que se refire ás entidades colaboradoras, os programas executados abranguen áreas moi diversas, que van dende a apertura de pisos de acollida ata o asesoramento legal, pasando polo apoio de actividades formativas e culturais e de loita contra o racismo e a xenofobia.
A maiores, brinda unha coartada perfecta para reforzar o autoritarismo destes réximes cuns líderes que argumentan o asedio exterior como escusa para demorar calquera proposta de reforma política democratizadora na medida en que pode afectar á seguridade do país.
Segundo os autores, esta discrepancia é debida a problemas de rexistro e codificación das defuncións directamente relacionadas con drogas no Rexistro Xeral de Mortalidade.
Para diminuír a presenza nelas do automóbil cómpre adoptar simultaneamente medidas que estimulen os peóns, o uso da bici e o transporte colectivo e accións que restrinxan a utilización do coche.
O éxito dunha estratexia desenvolvida por unha empresa, o seu crecemento sostible e os resultados económicos da empresa, van intimamente ligados ao concepto de competitividade.
O dereito ao reembolso do custo das garantías atinxirá aquelas que, prestadas de conformidade coa normativa aplicable, fosen aceptadas e que se mencionan a continuación:
O nitróxeno e o fósforo poden alcanzar augas superficiais (ríos e lagos) tras a chuvia e poden infiltrarse a través do solo ata as augas subterráneas (acuíferos).
Diferentes estudos estatísticos poñen de manifesto que a carga horaria é máis elevada no caso das mulleres se temos en conta as horas adicadas ao traballo asalariado e o do fogar (traballo doméstico, coidado de persoas dependentes, nenos e nenas...).
A función financeira concrétase nun conxunto de accións que tenden a resolver o problema da consecución e asignación dos recursos, de maneira que se poidan alcanzar os obxectivos empresariais.
A resolución do contrato dará lugar á comprobación, medición e liquidación das obras realizadas de acordo co proxecto, fixando os saldos pertinentes a favor ou en contra do contratista.
A normativa básica de ordenación da flota pesqueira, orientada pola política de estructuras comunitaria, está dirixida a adapta-la capacidade da nosa flota ás nosas posibilidades de pesca, evitando a súa infrautilización ou sobredimensión.
A súa incorporación á vida económica e social ofrece innumerables vantaxes, como a mellora da eficiencia empresarial, o incremento das posibilidades de elección dos usuarios e a aparición de novas fontes de emprego.
Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas a cargo do empregador, correspondentes á Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.
A LPRL estabrece dúas posibres formas de intervención da negociación colectiva no marco da participación dos traballadores na prevención de riscos laborais:
E posto que estes capitais entran masivamente, a acumulación de reservas impón unha política de esterilización custosa en termos de xuros para incitar a compra de títulos da banca central emitidos para esta ocasión.
Consta da información precisa para o manexo inmediato da diabete polo paciente acabado de diagnosticar, ou ben o paciente que acode por primeira vez á consulta e na avaliación detectamos un nulo nivel de coñecementos aínda que leve anos coa diabete.
Un bo indicador pode ser a oferta de cines, dado que é unha forma de ocio apreciada actualmente e accesible a amplos segmentos da poboación, polo que pode ser bastante representativo da relación oferta-demanda de ocio.
Por último, incorpóranse ó regulamento determinadas cláusulas dos pregos de cláusulas administrativas xerais (Decreto 3854/1970, do 31 de decembro, para contratos de obras;
Ou sexa, hai diferencia entre alumnos fumadores e non fumadores en relación a que fume a súa mellor amizade (70,1 vs 33,3%), sendo a diferencia puntual de 36,8% e o seu IC 95% de 35,2 a 38,5%.
Os 6.865 episodios de hospitalización por enfermidades do aparello circulatorio atendidos no C.H. Juan Canalejo supoñen o 50,3% do total (13.640) da provincia da Coruña.
Recibe este nome polo gran parecido que presentan as súas follas co plátano (Platanus hibrida), árbore introducida en parques, xardíns e rúas de moitas cidades.
A continuación, detállase a técnica de gaiolas en pisos con lados de gaiolas desmontables e secado do esterco con aire forzado, para ter en conta á hora de establecer as mellores técnicas dispoñibles nos aloxamentos de pavos.
Por sexo dos 14.279 homes e 13.588 mulleres que morreron en Galicia preséntanse importantes diferencias naqueles casos nos que a causa da morte foi un proceso neoplásico, con porcentaxes que se sitúan ó redor do 31 (4.445) nos homes e do 20 (2.718) no caso das mulleres.
O solicitante deberá indicar os consumos de enerxía eléctrica que se producen na instalación, tendo en conta os consumos de enerxía que se mostran no apartado 1.3 do capítulo 5 deste documento.
Desde o ano 1993 en que Galicia superou os 200.000 parados (219.200 exactamente) a tónica foi sempre manterse por encima dos 200.000, con lixeiras oscilacións dun ano a outro.
A disposición transitoria primeira do Real decreto 27/ 2003, do 10 de xaneiro, sobre reinvestimento de beneficios extraordinarios, que se inclúe como disposición transitoria segunda.
Pola súa banda, o ideal igualitario tende a favorecer normalmente a participación dos individuos e, con elo, a realización persoal e a loita contra a alienación.
Tanto en petróleo como en gas, estímase que o crecemento da demanda se ralentizará no último quinquenio do período de previsión, coincidindo coa progresiva saturación dalgunhas demandas finais.
Nestes casos, será preceptiva a obtención previa dunha autorización da Comisión Europea á proposta de medida, para o que se lle remitirá esta, xunto co resto da documentación pertinente, e realizarase a notificación no marco do procedemento administrativo en curso.
A pesar de que nos meses do período de referencia a taxa de inflación mostrou un comportamento atenuado (reducíndose en 1 punto), nos meses seguintes os prezos aceleraron o seu crecemento deica agosto.
O Servizo de Xestión Tributaria non procederá á subministración dos cartóns solicitados sen que antes se xustifique o pagamento do imposto mediante a entrega da correspondente carta de pagamento.