Para isto amplía a posibilidade de que estas se financien a través do 'factoring', ó permiti- la cesión en masa das súas carteiras fronte ás administracións públicas.
De feito, moitos autores sinalaron as diferenzas entre a maneira en que as novas formas de organización do traballo se empregaban no Xapón e o modo no que estaban sendo utilizadas no Brasil.
As ditas iniciativas están encamiñadas a obter un maior control tanto na xeración como na xestión destes, ó tempo que facilitan a consecución dos obxectivos marcados no presente Plan.
Dende o punto de vista da redución de emisións, a auga que pasa a través do proceso degrádase mediante a adición de diferentes compostos contaminantes.
Nos anos oitenta e principios dos noventa, Inglaterra, Holanda, Xapón e España inician as súas investigacións, tomando como referencia os estudios de Olweus e as enquisas por el realizadas.
No desenvolvemento do punto anterior terase en conta o seguinte: a) As empresas que viñesen realizando un número de horas anuais de traballo efectivo inferior ao establecido no parrágrafo anterior, manteranas como condición máis beneficiosa.
En definitiva, a educación non formal débese concibir como unha 'educación para a acción', como instrumento de loita contra a pasividade e a alienación, dotando o colectivo xuvenil de habilidades e mecanismos para a interpretación da realidade.
A partir desa data comeza a producirse a vertebración territorial, aínda que sen responder a ningunha proposta teórica de eficiencia, senón a acontecementos históricos, políticos, sociais ou económicos, segundo os casos, constituíndose CC.AA.
A súa maior operación de marketing tivo lugar entre 1994 e 1995 entre compradores de ordenadores e de revistas especializadas de miles de disquetes que servían gratuitamente as dez primeiras de servizo.
Estes intervalos son moi importantes para conseguir selecciona-lo mellor receptor de entre tódolos que esperan e que en ocasións se encontran noutros hospitais a miles de quilómetros de distancia.
Se ben o coñecemento doutros axentes das encefalopatías esponxiformes transmisibles suxire que a transmisión da vECJ por transfusión intravenosa é moi improbable, á vista da ausencia de información específica sobre a vECJ, é prudente considerar apropiadas medidas de precaución'.
Tanto en orixe como despois de posteriores transformacións que deron lugar ao recoñecemento destes centros polo Ministerio de Educación en 1978, as escolas-ponte paliaron de maneira determinante a situación educativa de partida do colectivo xitano.
Cabe destacar, tamén, a elevada rendabilidade desta actividade, xa que acada un Excedente Bruto de Explotación similar ou incluso maís elevado ao de outras actividades pesqueiras cunha producción en valor notablemente superior.
As empresas estranxeiras que contraten en España presentarán a documentación traducida de forma oficial ó castelán ou, de se-lo caso, á lingua da respectiva comunidade autónoma no territorio da cal teña a súa sede o órgano de contratación.
En todo caso, e tendo en conta o contexto en que se enmarca unha rexión como Galicia, o que se vai producir no futuro tamén dependerá en gran medida das tendencias e desenvolvementos nos mercados internos.
Nun ditame posterior no caso Wienstrom, o Tribunal de Xustiza proporcionou algunha información máis sobre como debería interpretarse o vínculo coa matería do contrato.
O impacto ambiental das explotacións de lousa a ceo aberto é moi importante, posto que xeran entulleiras asociadas cun alto volume de residuos (a manufactura desta rocha só representa un 2% do material removido).
Nos cueiros supernoite, esta almofada de celulosa axúdase dun produto superabsorbente que se xelidifica en contacto coa urina, transformándoa do estado líquido a xel, co que se elimina a humidade en contacto coa pel.
A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día dezaoito de xullo de dous mil tres, aprobou o proxecto da obra nº 117 Plan de Obras e Servizos 2003 O Corgo e Baralla.
Para tal efecto, o presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores poderá solicitar motivadamente dos órganos competentes da Cámara a realización de sesión secreta ou a aplicación do procedemento establecido para o acceso ás materias clasificadas.'
Esta situación prodúcese malia que na actualidade aínda existen colectivos numerosos de mulleres en idade fértil, especialmente entre os 20 e 34 anos, que é cando as taxas de fecundidade acadan valores máis elevados.
Examinado o expediente presentado polo centro privado Seresco de Vigo (Pontevedra), en que solicita autorización para o cambio de domicilio por traslado de instalacións.
A análise do reparto da insolación a nivel latitudinal revela que no sistema terra-atmosfera, a entrada de radiación de onda curta excede as saídas en forma de onda longa por debaixo dos 35º de latitude cara ós polos dos dous hemisferios.
Independentemente da complexidade intrínseca do medio galego para realizar calquera estudio ambiental, o porqué da carencia de estudios explícase en gran medida pola estructura de competencias da nosa comunidade autónoma.
Algún coche que pasa a toda velocidade e conducido por alguén probablemente bébedo, asusta ós transeúntes e a súa ira descárgase mediante o lanzamento de vasos e botellas.
Por iso convén que o trámite de ditame se someta a unha estrita regulación de prazos que impulse a continuidade do procedemento e das xestións empresariais.
Os procedementos de C.M. realizaranse seguindo unha sistemática, tratando de automatizar os pasos a seguir, cunha boa coordinación co noso axudante e sen esquecer as particularidades de cada paciente Ver anexo 7.
Do total de asalariados estimados en Galicia no ano 2005, o 57,8% son homes, polo que é lóxico que a proporción de contratos asinados por homes sexa maior que a de mulleres.
Ningún destes e outros proxectos múltiples das dúas dimensións en que se rexistra o complexo fenómeno da diversidade cultural pode deixarse de lado á hora de articular políticas locais inclusivas.
Fomento da investigación da sostibilidade forestal e desenvolvemento de mecanismo de vinculación entre a ciencia forestal e os procesos de política forestal.
Debido a isto, unha das pedras angulares para a prevención da todas as violencias de xénero é a educación na igualdade, na cal debe participar fundamentalmente a familia, a escola e os medios de comunicación.
A política do concello en cuestións ambientais foi incluída na declaración ambiental, o que pon de relevo a súa intención de protexer e incrementa-la calidade do medio ambiente local.
Nun extremo do forno sitúase un queimador que dirixe a chama cara ao interior do forno cheminea, fanse pasar por un intercambiador de calor co fin de recuperar a súa enerxía para prequentar o aire de combustión.
De entre as enfermidades do aparello dixestivo e en relación coa porcentaxe sobre o total de anos potencialmente perdidos por tódalas causas destaca a enfermidade hepática crónica/cirrose, que acada a cifra do 3,51 no 97, un 5,6% menor ca do 95.
Durante o inverno esta termoclina desaparece por enfriamento da auga superficial, producíndose unha mestura vertical moi homoxénea, tanto máis profunda canto máis fría estea a superficie.
No caso dos barrios exteriores funcionan tamén as identidades comunitarias de orixe ligadas á parroquia rural que foron: aínda perdendo o carácter rural en canto á morfoloxía, pervive este elemento de identidade comunitaria.
ESTRUCTURA DA LEI A Lei Orgánica 5/2000 consta de sesenta e catro artigos, tres disposicións adicionais, unha disposición transitoria e sete disposicións finais.
Se tomamos un continuo esquerda-dereita no que a posición 1 representa a extrema esquerda e 10 a extrema dereita, a media sitúase nun 5,5, cunha desviación típica de 2.
Non é única a preocupación pola calidade de vida do traballador, tamén foi medrando noutros colectivos da nosa sociedade, colectivos de non asalariados como a terceira idade, as amas da casa e sobre todo a infancia, de especial importancia para calquera sociedade.
O número de episodios de incontinencia varía desde un 38% que presentan tres ou máis veces por semana, a un 62% que só o presentan unha ou dúas veces por semana; un 8% dos que din ter incontinencia non comunican a frecuencia.
Os recubrimentos químicos, tamén chamados recubrimentos autocatalíticos para metais, consisten na deposición dun revestimento metálico mediante unha reacción química controlada que é catalizada polo metal ou aliaxe a ser depositado.
Mantense a declaración obrigatoria da tuberculose respiratoria, engádese á relación a meninxite tuberculosa e desaparece dela a tuberculose extrarrespiratoria.
Comezarase aquí por explica-lo tan famoso efecto invernadoiro: en condicións de equilibrio radioactivo, a enerxía recibida do Sol e a irradiada en forma de ondas máis longas infravermellas é a mesma.
Os prezos dos carburantes e combustibles, así como os prezos dos productos enerxéticos, retrocederon ao longo de todo o ano situándose a súa taxa de crecemento interanual no -1,3% e no -0,6% respectivamente.
A denominada prick-prick consiste en pica-lo alimento fresco cunha lanceta e a continuación pinchar na pel do antebrazo do paciente con ese mesmo instrumento e analiza-la reacción transcorridos 15 minutos.
Unha superficie mínima e unha determinada forma de hábitat para a fauna silvestre condicionan a productividade das especies, sendo éso especialmente certo no caso dos corredores fluviais nos que a relación entre perímetro e superficie é sempre moi alto (Odum, 1978).
Nos secadoiros o contido en óxidos de nitróxeno é baixo, xa que as temperaturas dos gases son baixas e non se produce a reacción do nitróxeno do aire comburente co osíxeno.
Que se considere o potencial das universidades para desenvolver investigacións sobre educación ambiental e se estableza unha colaboración estreita entre as institucións universitarias (facultades, departamentos, etc.), co obxecto de preparar expertos en educación ambiental.
Tal como se reflicte na figura 2.4, algúns ambientes son extensos e mostran unha clara homoxeneidade espacial, mentres que outros aparecen repartidos en diversos sectores.
Este sistema de auditoría será o utilizado para a avaliación do grao de cumprimento dos obxectivos físicos e financeiros previstos nos programas de gasto.
Os investimentos que realizou ascenderon a 170 millóns de euros no período 1994-2000, estando prevista unha aplicación de 420 millóns de euros para o período 2001-2006.
Son factores de risco para a súa aparición: a inmobilidade, os cambios da pel relacionados coa idade, a desnutrición, a incontinencia de esfínteres e a insuficiencia circulatoria.
En principio, cabe dicir que se trata aquí dun proceso psicofisiolóxico moi parecido ó que entra en xogo na inervación dos músculos da linguaxe no momento de falar.
Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:
Ademais, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento contou no exercicio 2003 con 3,1 millóns de euros procedentes do Plan de Dinamización Económica de Galicia.
Adoptaranse as medidas precisas para asegurar que os consellos escolares impulsen a adopción de medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
No novo contorno de competencia, os bancos e as caixas consideraron sempre que o cliente apreciaba este tipo de servicio na súa maioría e non quixeron corre-lo risco de perdelo.
Por iso, dende os servizos sanitarios habera que axuntar esforzos no intento de mellorar a situacion sociosanitaria dos inmigrantes e, asi mesmo, esixir dereitos que tenen como seres humanos, tal como a asistencia sanitaria, e que por medo non se estan a solicitar.
Por este mesmo motivo, a perspectiva económica, aínda que represente unha contribución moi valiosa ó debate ambiental tampouco pode pretender suplantar estoutros criterios.
O título III dedícase ao desenvolvemento das deducións da cota por investimento en vivenda habitual e por rendas obtidas en Ceuta e Melilla, así como á regularización en caso de perda do dereito a deducir.
Ata un 17% das mulleres poden presentar irregularidades no ciclo na primeira semana tras a toma en forma de pequenas perdas hemáticas nos días posteriores á toma.
Na última década apréciase un espertar do pequeno comercio, da man de elementos dinamizadores, como a extensión das franquicias e a utilización de fórmulas de cooperación, fronte ó mero cooperativismo.
Estes capitais poden proceder de diversas fontes, as cais quedan expresadas nas diferentes partidas do pasivo: proprietários bancos outras empresas outras persoas recursos xerados pola actividade da empresa No activo representa-se no que investiu a empresa os recursos obtidos.
Da súa experiencia aprendín que é posible levar a cabo unha actividade emprendedora aplicando os valores cooperativos nas relacións empresariais e tamén nas persoais.
Na segunda metade do século XX, o número de desprazamentos internacionais de turistas pasou de 25 a 698 millóns, o que representa una taxa de crecemento anual próximo ao 5% .
Ademáis diso as ISO 14000 presentan outros problemas debido a unha evidente intención de fuxir de tódolos elementos de control público que recollen algúns sistemas (como o comunitario).
Trata-las augas residuais antes da súa vertedura ó medio receptor, buscando esquemas de depuración alternativos para logra-los obxectivos de tratamento dunha forma económica.
Isto é verdade na inmensa maioría dos homes; pero nos individuos zurdos, as imaxes motoras e sensoriais da palabra radican no hemisferio cerebral dereito (Pick, Touche e outros).