De feito, este é o modelo das universidades non presenciais clásicas, aínda que por outra banda todas sigan copiando o modelo presencial en todo o demais (Universitat Oberta de Catalunya, UOC, por exemplo).
Resaltar, tamén, que, en contra do que se podería esperar a taxa de alumnos/as por computador é sensiblemente maior nos centros privados (12,9) que nos centros públicos (9,9).
Parentes e coñecidos dos emigrantes galegos deciden desenvolver o seu ciclo migratorio e vital nesta Comunidade Autónoma, o que en gran medida facilita a súa regularización xurídica.
No programa de formación 2002-2003 houbo 6.019 persoas interesadas, das que 984 pasaron polas diferentes aulas multimedia nas que se realizaban os cursos.
Os países co grao de especialización máis importante son Irlanda (alimentación e en industrias intensivas en capital humano), Holanda (industrias intensivas en capital físico e humano), Dinamarca (industria alimentaria), e Portugal e Grecia (industrias intensivas en traballo).
Observamos que as clases medias urbanas, colectivo de indubidable relevancia no futuro do galego, teñen unha tendencia algo máis castelanizadora ca o conxunto de habitantes das cidades.
Todos estes signos e síntomas danse noutras moitas enfermidades da infancia, polo que o diagnóstico se fai descartando outras posibilidades, entre as que se inclúen distintos tipos de infeccións.
Case poderiamos afirmar hoxe que a diversidade dos recursos turísticos é ilimitada en xeral, dependendo o seu uso da capacidade imaxinativa dos axentes económicos para crearen productos atractivos e motivaren así os desprazamentos e consumos.
A diversidade lingüística, cultural, étnica, relixiosa, nacional e histórica nos diferentes países, en definitiva, o pluralismo e a dignidade, o respecto inalienable das persoas, esixe o desenvolvemento do valor ético da tolerancia como fundamento dunha convivencia democrática.
Esta redución conseguese bloqueando fisicamente a apertura da billa, mediante un sistema que mestura aire coa auga que a billa bota a través dunha válvula que limita a presión de saída da agua.
As industrias de xeración de enerxía eléctrica por combustibles fósiles poden reduci-lo custo da eliminación de residuos segregando coidadosamente as correntes de residuos.
En segundo lugar, observaremos a evolución dalgúns indicadores de vantaxes comparativas e do tamaño das empresas para avaliar os cambios que se produciron nestes anos.
Os tendóns non teñen moitos vasos sanguíneos (están pouco vascularizados), fenómeno que dificulta a curación espontánea e que favorece a aparición de lesións crónicas.
Consumimos sen límites; xeramos cada vez máis resíduos e máis perigosos; liberamos no ambiente carcinóxenos, disruptores hormonais e organismos xeneticamente modificados; poluímos terra, auga e atmosfera
Se o Estado de São Paulo, por exemplo, pide un préstamo a Francia de tantos millóns de dólares, carecerá da autorización do Senado federal (artigo 52, V, CF/88), porque terá que ser apoiado polo Tesouro Nacional.
Por outra banda, a paisaxe que podemos observar a media subida é impresionante, xa que terémo-la oportunidade de ve-las fragas mellor conservadas da serra dos Ancares; o val de Ortigal, co avesedo de Donis; e o val do Vara coa fraga de Cabana Vella.
Esta exclusión non se aplicará cando a finalización do contrato sexa por despedimento recoñecido ou declarado improcedente, ou por despedimento colectivo.
Para coñecer as problemáticas específicas dos inmigrantes (Punto 2) ademais de documentarnos, temos que tomar contacto cos inmigrantes e saber que é o que realmente están a necesitar.
Por outro lado, a súa incineración incontrolada dá lugar a emisións de compostos perigosos á atmosfera, nocivos para o medio ambiente e para a saúde das persoas.
A dispersión xeográfica de Galicia dificulta o transporte por ferrocarril, o cal, na actualidade, non está en condicións de satisface-la demanda que require uns tempos de traxecto menores e unha xestión do transporte distinta para mercadorías.
Entre as mulleres maltratadas, a situación máis xeneralizada é tamén a de ter parella e convivir con esa parella, sobre todo, entre as mulleres 'tecnicamente' maltratadas (Tipo A) (75.1%).
Boas prácticas no tráfico aéreo: navegación, operacións aterraxe e despegamento, e diminución do 'tankering ' (transporte adicional de combustible aproveitando as diferenzas de prezo entre aeroportos).
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
E non so ollamos unha costa diversa, con numerosos entrantes e saíntes, con tramos de diferente altitude, tamén, como no caso anterior, cunha configuración e orientación diferente.
En febreiro de 1995 aprobouse un novo Plan Nacional de Residuos Perigosos para o horizonte 1995-2000 co fin de orienta-la actuación do Goberno da nación en materia de residuos perigosos a medio e longo prazo.
Co pulo da TVG, o panorama audiovisual de Galicia foise transformando, a pouco, propiciando a incorporación de novos e innovadores proxectos de gran transcendencia cultural, que incrementaron o valor ólico da produción cultural galega.
No que atinxe aos outros recursos netos, os concellos de Beariz e Avión son claros exemplos de comportamentos atípicos dado o seu elevado nivel de renda media procedente case exclusivamente das transferencias correntes.
Ao valorar a propia saúde mental, a percepción é peor entre as mulleres; un 54,8% considérana mala ou regular fronte a un 32,6% entre os homes (p<0,0001).
En colaboración coa Escola Galega de Administración Pública impartíronse módulos de política de igualdade que inclúen información sobre violencia de xénero nos cursos dirixidos ó persoal da Xunta de Galicia.
En efecto, e no que se refire ás importacións, destaca a importancia tan notable que se detecta nos productos intermedios e, dentro destes, nos productos intermedios non enerxéticos.
A reivindicación da igualdade como paradigma dos dereitos formou sempre parte importante do feminismo, e por esta razón tomamos de Luigi FERRAJOLI unha aclaración sobre o termo, dende a perspectiva xurídica, que nos parece útil.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais, do 8 de novembro de 1995 e a súa normativa de desenvolvemento pretenderon superar os conceptos anteriores de reparación e protección e establecer os criterios preventivos como fundamentais para evitar os accidentes de traballo.
Con datos referidos ó ano 1998, da Encuesta Industrial de Empresas, elaborada polo INE, obtíñase a partir do importe neto da cifra de negocios, a distribución sectorial da industria galega, que figura no cadro 1.
De forma semellante ó período 1992-96, o FCI baixo o novo modelo segue sendo o mecanismo máis postergado, mesmo nin sequera se menciona no Acordo de 1996.
A busca activa dos casos de tuberculose e o seu tratamento precoz, sobre todo dos casos bacilíferos, son indicadores da eficiencia dos programas de control da tuberculose.
A Comunidade levou a cabo xa unha serie de iniciativas e programas dirixidos a estreitar a colaboración entre autoridades e empresas e incitar a estas últimas a tomar con carácter voluntario medidas para aumentar o seu rendemento ecolóxico.
Na queixa 470/05 unha veciña dunha parroquia do Concello do Páramo referíase á demora producida na tramitación pola Dirección Xeral de Urbanismo dun expediente de autorización autonómica para a instalación dunha granxa de cebo de pavos.
Destes conceptos supostamente modélicos, depende tamén a imaxe e o papel que esa sociedade asigna ós anciáns e a súa forma de afronta-los problemas da vellez.
Cada delegación territorial do COAG ofertará aos centros educativos itinerarios, na súa zona de influencia, que permitan o coñecemento de obras de arquitectura contemporánea de interese para a valoración da mesma.
Para isto, segundo a lexislación vixente, utilizaranse equipos como pontes, ramplas ou pasarelas, todos eles provistos dun chan non esvaradoiro e, en caso necesario, dunha protección lateral.
Tamén pode alcanzar a aqueles axentes con evidencia inadecuada para os humanos e evidencia limitada para os animais de experimentación xunto con outros datos relevantes que apoian a súa inclusión neste grupo.
Pero se non se acorda ata o día seguinte, manteña a dose que lle toca, é dicir: non varíe pola súa conta nin tome o dobre, pero informe o seu médico do esquecemento.
Outras formas de aproveitamento que poidan atoparse co desenvolvemento de opcións de I+D+i Así, SOGAMA constitúe unha solución óptima e complementaria para a xestión daquelas fraccións de residuos non aproveitados por outras vías.
Nas operacións de poda de ramas baixas, entresacas e roza de vexetación herbácea ou arbustiva, a fitomasa cortada non debera ser extraída do ecosistema nin queimada, pola perda nutrientes que conlevan estas prácticas.
Por todo isto, e para dar unha resposta consensuada entre todos os profesionais e coherente a estos múltiples retos, é polo que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo desenvolveu o seu propio plan estratéxico, cos obxectivos seguintes:
Outra posibilidade de incrementa-la participación (compatible coa anterior) pode ser mediante a volta ás orixes, é dicir, potenciando/facilitando a creación de asociacións que traten de elimina- los pasos intermedios que poida haber entre a participación e a acción.
Para que a contratación ecolóxica tivese éxito neste contorno, foi preciso cooperar e descargar aos contratados na medida do posible dos labores técnicos de establecemento dos criterios medioambientais.
Esta realidade terá que ser tenida en conta cando se debate a flexibilización do mercado de traballo ou a reducción dos costes laborais a través da disminución dos salarios máis baixos.
XX Aniversario: con motivo da próxima celebración dos vinte anos do Grupo Naturalista Hábitat, convócase a tódolos socios interesados en colaborar na realización dunha memoria que resuma o traballo desenrolado.
Nos casos regulados neste apartado, así como cando se trate de residuos urbanos distintos ós xerados nos domicilios particulares, as entidades locais competentes, por motivos xustificados, poderán obrigar ós posuidores a xestionalos por si mesmos.
O Congreso Internacional sobre Educación e Formación Relativas ao Medio Ambiente, na organización do cal tamén se implicou o Goberno da URSS, tivo lugar en Moscova en agosto de 1987.
O acceso aos coidados paliativos basearase na necesidade, e non debe ser incluído polo tipo de enfermidade, nin pola localización xeográfica, nin polo estatus socio-económico ou outros factores semellantes.
Hai que suliñar que estes cálculos non pretenden axeitar de modo exacto as necesidades de cada zona senón que se trata de grandes números de referencia.
Recoñecéronse ata catro glaciacións sucesivas, que recibiron o nome dos ríos bávaros onde se estudiaron (Günz, Mindel, Riss e Würm), definidas pola presencia de catro xeracións de morrenas terminais escalonadas, coas súas respectivas terrazas fluvioglaciares.
Sumando o fluxo de custos e beneficios a través do tempo e descontando os custos e beneficios segundo a súa distancia no tempo, obtense o valor presente dos beneficios e custos.
Todas estas definicións recoñecen que a tolerancia é unha necesidade non só para a sociedade civil, senón tamén para a supervivencia mesma da humanidade.
Para conquistar a nosa liberdade económica e política é necesario volver a outra vez a mirada a Gandhi, ás súas ideas de autogoberno e de autoproducción local.
Segundo.-A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 15 de maio) establece no seu punto oitavo que para poder percibir as axudas correspondentes é necesario presentar a documentación xustificativa antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate.
Nos casos de transplante de FÍGADO, CORAZÓN E PULMÓN, é unha selección nacional e colabora a ONT para atender criterios de urxencia e de reparto intersectorial.
O investimento non ten que vir do socio comercial necesariamente, senón que a integración lles daría o atractivo para captar investimento de países non membros.
Hai numerosos grupos de laxantes: formadores de masa, emolientes, osmóticos, estimulantes da mobilidade intestinal, derivados de azucres, laxantes por vía rectal...
Esta fundación ten por obxecto promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á potenciación e difusión da galeguidade en calquera parte do mundo, en especial, nos lugares onde estean radicadas comunidades galegas.
E incorpora tamén principios dunha época nova: ofrecer -di- aos áns os medios para que se responsabilicen de si mesmos, é dicir, ampliar posibilidades de mobilidade social, aumentar a responsabilidade individual e o poder.
Calquera bon observador da realidade galega sabe que, aquí, a economía sumerxida ven actuando á vez como paliativo da pobreza e como expresión delictiva.
Decreto 109/1998 de 5 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Diario Oficial de Galicia, número 65, de 6 de abril de 1998).
Isto faise utilizando as taxas de conversión ilustradas no gráfico 9 que permiten calcular a equivalencia entre un ano de vida en perfecta saúde e o mesmo ano con saúde imperfecta a distintas idades.
E sociolóxicas, xa que o emigrante emigrou cara a cidades, interpretándose este contorno como máis positivo en contraposición a un medio rural no que as súas carencias impulsaron a saída ó exterior.
Segundo isto, os síntomas físicos da anguria serían producidos pola penetración no torrente circulatorio de productos especiais de desintegración dos elementos nerviosos.
A aparición no mercado internacional de agresivos competidores, favorecidos con tratos arancelarios privilexiados, unida a cambios na demanda, os problemas no abastecemento da dita materia prima, xunto cos anos problemáticos 82-83-84, foron os factores que desencadearon tal situación.
En virtude do exposto, e ao abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, RESOLVO:
A equidade nas formas de vida da cidadanía hase incrementar, eliminando a pobreza, a exclusión e a discriminación, e reducindo as desigualdades socioeconómicas.
Nas áreas rurais e pequenas cidades a poboación ten asumida a imposibilidade ou dificultade de gozar de universidades e de determinados servizos educativos especializados (escolas de idiomas, por exemplo) que, en cambio, si son propios das cidades.
A continuación presentaremos unha descrición xeral da situación sociolingüística de Galicia a través da evolución que se pode observar nos datos das dúas investigacións que nos serven de referencia (MSG-92 e ECVF-03).
A observación da política tende, pola contra, a mostrar unha plena e enteira adhesión a esta análise e a busca de solucións conformes aos principios que acabamos de mencionar.
Sempre que sexa posible, estes indicadores teñen que medirse segundo uns estándares axeitados, xa que sen esta comparación a información que proporcionan perde utilidade.
Hai sociedades que dispoñendo de lingua propia non consolidaron un proxecto colectivo común e desintegráronse no discurso da Historia, mentres que outras, falando a lingua das metrópolis, lograron ese recoñecemento da identidade e mesmo a independencia política.
Por todo iso, un conxunto de empresas que utiliza de forma eficiente o modelo en rede, baixo a fórmula societaria de sociedade cooperativa, se converte na conxugación de factores que permite poñer en práctica o principio de interese pola comunidade.
Esta ligazón técnica entre VLE e MTD non significa que se impoña a obriga de empregar estas últimas, pero si de alcanza-los niveis de emisión ou estándares de calidade ambiental que elas permiten.
O modelo input-output establece unha relación cuantitativa observable que presenta unha certa vantaxe sobre o concepto das funcións de produción neoclásicas.