Hai quen afirma que se fose a estrutura orgánica do BNG a que elaborase as bases para un novo Estatuto, tería medo, se cadra, de facelo tan 'nacionalista'.
Agora será o BNG quen terá un mes para traballar nunha proposta articulada, coa achega de toda a militancia, para presentar o proxecto, listo e feito, á sociedade.
A proposta presentada ao BNG aposta por un Estatuto con competencias máis amplas que o actual, ao mesmo tempo exclusivas e excluíntes para que haxa invasión do Estado e baleire a lei galega de contido a través de leis básicas do Estado como veu ocorrendo até o de agora (coincidencias con Iniciativas 21).
Os socialistas, que recoñecen a Galiza como nación e o Estatuto como a 'expresión xurídica entre a pluralidade de comunidades que integran o Estado español', insiren a súa reforma totalmente no marco da constitución actual.
A Academia Galega do audiovisual vén de dar a coñecer os candidatos que competirán o vindeiro 20 de marzo na gala dos Premios Mestre Mateo 2004, unha cerimonia que se celebrará no Teatro Caixanova de Vigo.
Procedente da figuración simbolista que cultivou durante a década dos oitenta, nesta exposición o artista mostra a súa actual obra, desprendida de toda connotación descritiva, na que bota man de novos códigos e iconas para abordar sentimentos como a dúbida, a ansia ou o desasosego.
Antes houbera aproximacións, con tradución de varios capítulos, en 1975 e 1977, pero a tradución pioneira, dun anaco do Discurso aos cabreiros, fíxoa Antón Valcárcel en 1917 e publicouna A Nosa Terra.
Moitas son as veces que se citan as traducións pioneiras de obras universais feitas polos galeguistas, como a que Otero Pedrayo fixo do Ulises de James Joyce.
O autor da versión foi Antón Valcárcel y López de Lemos (Ourense 1887-Madrid 1963), membro das Irmandades da Fala, que acabou sendo secretario do Consello Superior de Cámaras de Comercio.
En decembro de 1976, un grupo de tres persoas, Lois Miguel Lustres, Xerardo R. Roca e Camilo F. González, publican na histórica colección O Moucho de Edicións Castrelos, Sancho na Insua Barataria, pasaxes dos capítulos 45, 47, 49, 51 e 53 da segunda parte.
A persoa escollida polo editor, Raúl Seoane, foi Valentín Arias, que entre as condicións que puxo estiveron que ademais da edición de luxo, se fixese unha máis popular e que o traballo se realizase en equipo.
Fixo despois unha edición en catro tomos, con ilustracións de Correa Corredoira, que custa 360 euros, e da que aínda quedan exemplares que segundo o editor pódense encargar á editorial en calquer libraría.
Nese sentido é unha obra pioneira, que constará de catro títulos: Na aventura dos muíños, O exército de ovellas, Dulcinea, a nena cabaleira e A pousada encantada.
Lembreime de Mabel Ribera, do seu discurso na recepción do Goya, non creo que cando falaba da necesidade de que os nosos actores e actrices fosen coñecidos fóra do noso país estivese a falar de papeis coma este.
Os galegos diferenciámonos doutros pobos por termos unha cultura diferente, un país rico mal xestionado, a mocidade camiño da emigración, e a estas alturas da historia é inadmisíbel que se siga denigrando o noso acento, a nosa identidade.
Que distintas as imaxes que nos dan a serie e a película, quizais porque, como di Tamar Novás, tentouse tratar con fidelidade e con respecto a nosa realidade, fuxindo de prexuízos extemporáneos e o resultado foi este, a admiración por unha historia real que nos dá a exacta dimensión da vida.
Nacida na Coruña en 1957, dentro do ámbito da poesía publicou os libros Música Reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) ademais de textos e colaboracións en diferentes meios, antoloxías e publicacións.
Licenciada nas Filoloxías Galego-portuguesa e Hispánica, tamén se ten revelado como asidua analista e intérprete da literatura nos libros ensaísticos O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral e o recentemente publicado O outro lado da música, a poesía, no que trazou unha orixinal visión da poesía galega desde o ponto de vista da relación ancestral desta arte coa música.
Aínda que dispoñen dun fondo documental importante, a súa andadura por todo o país ao longo de moitos anos está tamén recollida en imaxes e precisan dispor desas imaxes _en vídeo, en súper 8, en fotografía..._ para construír unha película.
Tal é o caso de Roberto, Marcial e os seus dous compañeiros, que se viron obrigados a botarse ao monte para non seren fusilados polos homes do falanxista Garabís.
Un discurso que nos amosa dous tipos de vida distintos: a dos habitantes de Abades, que ven a súa vida cotiá condicionada polas contínuas accións represoras, e a dos fuxidos, refuxiados en covas de dificil acceso, unha vida que dificilmente se pode chamar así.
Non é Os últimos fuxidos a mellor novela sobre a guerra (ou as consecuencias) do 36, un tema que na nosa narrativa xa conta cun considerábel corpus, tanto en cantidade como en calidade.
O escritor e historiador noiés procura na biografía do estadounidense Ernest Hemingway para construír un relato sobre o amor, os segredos e o paso do tempo.
No capítulo de estudos, Pedro Castelao reflexiona sobre a 'antropoloxía teolóxica e a sexualidade' e Xosé Manuel Caamaño repara nas relacións entre sexualidade, amor e vida.
De todos os xeitos certifican esta afirmación o número de edicións das súas obras, que o converten nun fito dentro da literatura de xénero no país, podendo aventurarnos a falar dun escritor de best sellers.
Nesta nova edición, o autor decidiu engadirlle dous contos máis: Un máxico negocio e Un doce emprego, que foron escritos nas mesmas datas que os outros mais ficaron fóra da primeira edición.
A feitura dos poemas é diversa, ben que prima o verso longo, de ton narrativo _ás veces dan a impresión de querer ser épico, e didáctico_, con partes en prosa poética máis que poemas en prosa, intentando transcender o discurso a un plano universal (sobre todo a terceira parte).
Cárcere de Ventas, de Mercedes Núñez, é un testemuño de referencia para coñecer o interior dos cárceres do franquismo e un documento excepcional que descobre a represión exercida polo réxime sobre as mulleres, tan poucas veces contada.
Filla dun emigrante galego en Cataluña, Mercedes Núñez naceu en Barcelona e é nesa cidade onde comeza unha militancia comunista que a fará fuxir a Galiza logo do trunfo do golpe militar.
Mercedes continuará no exilio francés a sua traxectoria na resistencia contra a ocupación nazi, actividade pola que de novo será apresada e conducida ao inferno que foi Ravensbruck.
Gañador de numerosos concursos internacionais como o de Alacante, o José Ramírez de Santiago de Compostela ou o premio Francisco Tárrega, entre outros, este escocés afincado en Nigrán considera que 'para ser concertista precísase sorte, unha técnica limpa e, sobre todo, moita personalidade musical'.