De novo, apréciase unha significativa dependencia entre o nivel de acceso á Internet e determinadas características socioeconómicas dos territorios, o que aporta o xa citado factor de matiz importante sobre a avaliación dos datos anteriores.
Nesta situación, as familias viron reducida a súa capacidade financeira real para aborda-la adquisición dunha vivenda, perdendo atractivo o mercado inmobiliario fronte a activos financeiros máis rendibles.
Clasifícanse aquí aqueles axentes para os que hai unha evidencia limitada de carcinoxenicidade nos humanos e menos que suficiente para os animais de experimentación.
A adopción de medidas internas reductoras da contaminación hídrica está xustificada aínda cando se dispoña de tratamentos externos, xa que reducen o custo destes tratamentos e a súa complexidade.
A seguida sitúanse as que atribúen o _desenvolvemento lexislativo_ da _lexislación do Estado_ (arts. 28, 33 e 34) e finalmente no nível inferior, as que só atribúen a _execución_ desa mesma lexislación estatal (art.29).
O proceso de certificación forestal PEFC lévase a cabo por entidades independentes, oficialmente autorizadas e totalmente alleas a PEFC, que aseguran e certifican por escrito que os produtos marcados co selo PEFC proceden de montes sostibles.
Igualmente, todos os centros de xestión disporán de sistemas de televixilancia das instalacións (propiedade do adxudicatario) e os parámetros mínimos para controlar nos tanques de osíxeno líquido e protóxido de nitróxeno serán:
Os 326 organismos restantes do directorio son os estatutarios de Galicia e os centrais de cada nivel administrativo: Consello de Contas, Parlamento, Valedor do Pobo, Xunta, as tres universidades, os 315 concellos e as catro deputacións.
Cara o manteñemento contemplase o alugueiro dun local axeitado e a asistencia de duas profesionais, todo isto contemplado nun Plan de xestión a 5 anos que desenrrola o traballo do Centro.
Esta axuda será aboada mensualmente pola entidade promotora e financiada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos termos previstos no artigo 28.5º.
O tempo que se permanece no mar varía bastante e depende da cantidade de pesca, da necesidade de reparación de averías ou aprovisionamento (víveres, cebo, material de pesca) e principalmente das climáticas.
Por outra parte, a nosa estimación incorpora certas modificacións na especificación das variables en relación coa literatura revisada e amplía as posibles causas explicativas.
Asi, no dito resultado figuran os benefícios ou perdas derivados da venda de imobilizado, gastos extraordinários producidos por inundacións, incéndios, multas fiscais...
O procedemento deberá finalizar antes de tres meses contados desde a data en que a solicitude tivese entrada en calquera dos rexistros do órgano administrativo competente ou desde a data da súa emenda por requirimento do dito órgano.
Noutros termos, a competencia mídese no resultado concreto que cada profesional alcance no posto de traballo, con independencia do sistema de formación que seguise para alcanzala.
A Comunidade Autónoma de Canarias comeza coa creación dunha unidade no hospital de crónicos El Sabinal, actualmente resituada no hospital universitario Dr Negrín, situado en Gran Canaria.
Nos aloxamentos das aves de curral prodúcese ruído asociado aos propios animais e aloxamentos, aos sistemas de distribución de comida e bebida e á limpeza das instalacións, entre outros.
A súa vez, un 8% dos enquisados lembraron que foi necesario consulta-lo médico debido a unha RASV e, neste caso, non se atopou diferencia segundo o nivel de estudios dos titores.
Así mesmo, toda aquela empresa que reciba financiamento público deberá reembolsalo no caso de que sexa condenada polo incumprimento da lexislación vixente en materia laboral.
E engade: _Ahora bien, además de las consideraciones económicas, tal vez las subvenciones no basten para promover y proteger determinados tipos de producción nacional en la esfera de la producción y distribución de películas cinematográficas.
En calquera caso, os argumentos que se utilizaron para describir o ciclo do emprego total galego seguen sendo válidos para a análise do ciclo do emprego non primario.
Pero eses privilexios redúcense en número e mesmo limítanse na súa contía a algúns dos tradicionalmente recoñecidos, como os tributarios e os de cotas da Seguridade Social (ata o 50 por cento do seu importe en cada caso).
Sobre os colectivos con máis dificultades de inserción laboral, especificamente os mozos, as mulleres, os discapacitados e os desempregados de longa duración.
Abunda en bosques, é agradable polos seus ríos, os seus prados e riquísimos pomares, as súas boas froitas e as súas clarísimas fontes; é rara en cidades, vilas e sementados.
Ademais se se ten en conta que o medio de vida desta sociedade estaba directamente relacionado co mundo natural, as manifestacións orais deste patrimonio están vinculadas ao ciclo agrario e da natureza.
A lei cérrase cun conxunto de disposicións transitorias relativas á indemnización por residencia do persoal ao servizo do sector público estatal, á absorción dos complementos persoais e transitorios, e á xestión de créditos orzamentarios en materia de clases pasivas.
Noutros termos, as tecnoloxías informacionais, con internet á cabeza, non serviron só para o desenvolvemento do neoliberalismo senón tamén para o seu contrario, como por exemplo a articulación política internacional dos movementos críticos con este modelo económico.
Este sistema consiste na especialización de pequenas empresas nunha ou varias fases do proceso produtivo e a súa interconexión posterior para a realización daqueles proxectos que xurdan das demandas dos compradores.
Polarizaríanse así uns vastos espacios rexional-urbanos, relativamente dinámicos, formados polas rías do Ártabro, as Rías Baixas e os vales e mariñas do contorno, e consolidaríanse algúns núcleos de tamaño intermedio como Vilagarcía ou Ribeira.
Respecto da percepción que, en liñas xerais, posúen os cativos e cativas en relación ós maiores, os autores sinalan diferenzas entre nenos/ as, adolescentes e mozos/as:
Os usuarios remitidos polo seu médico de familia ou pediatra poderán escoller libremente un dos centros ópticos acreditados para a avaliación da súa capacidade visual.
Prevese, por exemplo, a realización de investimentos en infraestructuras e equipos de telecomunicacións, acompañados de accións de formación, asistencia técnica e experiencias piloto en investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
A actuación destes servicios debe comezar xa desde antes do embarazo cunha correcta educación sanitaria e planificación familiar, para evitar tanto os fillos non desexados como aqueles que impliquen un elevado risco para a muller ou para o fillo.
Esta sensibilidade leva a conciliar dous modelos da ideoloxía conservacionista que terán consecuencias relevantes para a renovación da museoloxía contemporánea e tamén para a antropomuseoloxía ou etnomuseoloxía.
Esta bonificación non será de aplicación nos portos insulares, de Ceuta e de Melilla, a aqueles buques en que máis da metade da mercadoría cargada e descargada o sexa en réxime de tránsito marítimo ou transbordo.
Aínda que tamén se encontra nas ribeiras dos ríos, diferénciase pola súa casca abrancazada e polas súas follas, que teñen unha forma palmeada, ovadas ou elípticas e son de cor branca pola súa face inferior.
O investimento en capital fixo segue medrando a taxas superiores ás do conxunto das economías avanzadas, acadando no último ano unha medra do 7,3% respecto ao 2004.
Os reclamantes consideraban que a edificación do alboio pretendía encubrir a construción dun muro ilegal, e que o alboio non se axustaba ás ordenanzas urbanísticas.
De tódolos xeitos, hai investigadores e investigadoras que intentaron facer un esforzo globalizador para intentar entender como se interrelacionan todos estes factores e observa-lo fenómeno no seu conxunto.
As garitas ou abrigos están provistos de paredes con persiana para protexe-los instrumentos do sol e da chuvia, cunha boa ventilación e libre movemento de aire, tanto horizontal como verticalmente.
Non embargante, aínda que o tratamento sexa axeitado, pode ter hemorraxias máis importantes se hai unha causa para iso (unha úlcera na vexiga urinaria, no intestino, etc.).
Os hospitais sen laboratorio de hemodinámica deberían dispoñer dun hospital de referencia para o traslado destes pacientes o antes posible (Califf, 2003; Topol, 2003).
O desafío ao que se ha de enfrontar o sector forestal na actualidade consiste en satisfacer as necesidades de produtos madeireiros sen desatender a demanda de servizos ambientais e sociais que se esperan dos bosques.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.
Este técnico obterá do equipo de cribado a representación gráfica das curvas do potencial auditivo evocado xerado dunha mostra aleatoria do 1%dos neonatos cribados.
En tal suposto, notificaráselle ó mesmo órgano da comunidade autónoma o cesamento da causa que motiva o acordo de suspensión cando a empresa acredite tal feito á citada Xunta Consultiva.
Primeiro.-Concederlles as axudas para a asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas, ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución e na contía que se especifica.
Esta e a equivalente de secundaria trata a necesidade de atender as relacións e os conflictos para previr dun modo eficaz a violencia, facendo especia fincapé en determinados modelos e formas de vivir a feminidade e a masculinidade.
Este crecemento en volume do atún en conserva foi acompañado dun descenso importantísimo do seu prezo medio, que provoca que o seu crecemento en valor (Táboa 6b) non fose tan importante como en volume.
Os capítulos máis importantes do gasto son, en primeiro lugar, a comida, con 99,67 euros, seguida das compras, o aloxamento e os gastos de ocio, con 65,78 euros, 48,38 euros e 42,04 euros respectivamente.
As dilemáticas coas que nos confronta o proxecto atinxen tanto ó modelo a escoller (Parque temático, macro-equipamento cultural polivalente, etc.) como ós referentes nos que inspirarse (ruta xacobea, cultura galega, cultura relixiosa, a Idade Media, cultura universal, etc.).
No título V establécese a chamada tutela xudicial para garantir un tratamento adecuado e eficaz da situación xurídica, familiar e social das vítimas de violencia de xénero nas relacións intrafamiliares.
Por exemplo, considerariamos dentro da primeira categoría os grupos de protesta locais e os colectivos para a protección da natureza (coma o Worldwide Fund for Nature) e, dentro da segunda, agricultores e terratenentes, promotores, industriais, asociacións de conductores, etc.
A ecografía con doppler é unha técnica útil para detectar a afectación das grandes arterias próximas ó corazón, pero con frecuencia non pode detectar a afectación de arterias máis periféricas.
Por outro lado, o elevado grao de dispersión xeográfica, posto de manifesto nas súas 29.947 entidades singulares de poboación, tradúcese na necesidade dun esforzo adicional en infraestructuras.
E que Natura 2000 non é unha sorte de 'selo de calidade' que certifica que os espacios naturais galegos gozan de boa saúde e están ben protexidos pola Xunta.
Cando a resolución sexa favorable, suspenderase a súa eficacia ata a expedición, se é o caso, do visado e ata a efectiva entrada do estranxeiro en territorio nacional.
Cédula do 3 de maio de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de residuos CO-RES-2004-0079.
Con efectos desde o día 1 de setembro de 2004, introdúcense as seguintes modificacións na Lei 43/ 1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades:
Por último, temos os pequenos talleres de confección que traballan para as grandes marcas galegas (principalmente para Inditex) e que ocupan maioritariamente a man de obra feminina e pouco cualificada das zonas rurais.
Polo tanto, resulta evidente que os equipos de traballo deben ser apropiados para as condicións, circunstancias e finalidade do traballo a realizar, e asímesmo protexe- lo traballador de calquer risco ou perigo ó que poida estar sometido.
Así mesmo a ETE constitúe un documento de referencia para o fomento da colaboración e integración de actuacións, con pleno respecto ao principio de subsidiaridade.
Os filtros cerámicos están en desenvolvemento para usar a temperaturas moi elevadas para avanzar nas tecnoloxías de gasificación para combustibles sólidos e líquidos.
No primeiro caso trátase dunha visión macro que cobre todas as emisións de CO2 de orixe enerxética, mentres que no segundo se cobren dous importantes sectores non incluídos na directiva.
Achegaranse as memorias xurídica e económica do uso a que se destinará o activo adquirido mediante o arrendamento financeiro, indicando as fórmulas contractuais concretas que se utilizarán e os fluxos financeiros, positivos e negativos, que se producirán.
Comprométense as partes a que o número máximo de contratos eventuais (independentemente da súa modalidade) que en cada momento poderá existir na empresa, será do 15% do cadro de persoal de traballadores fixos.
Esta similitude, así como o feito de que nin termos fixos que delimiten a súa duración máxima, suscitou opinións acordo coas cales a prohibición que agora se comenta limitase o suposto da posta a disposición por circunstancias eventuais.
Poderiamos dicir que se fan necesarias novas formas de participación, non para deixar obsoletas as existentes senón porque o complexo papel que xoga o cidadán nunha sociedade tan heteroxénea necesita novos modelos.
Nota: o fraccionamento de proxectos de igual natureza e realizados no mesmo espacio físico non impedirá a aplicación dos limiares establecidos neste anexo, para efectos do cal se acumularán as magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
Neste apartado describiranse os diferentes accesos proxectados, concretando se son de nova construción ou aproveitamento e acondicionamento dos camiños ou pistas xa existentes.
Existe un alto grao de aceptación ou acordo sobre unha serie de medidas lexislativas propostas, sendo neste estudio a medida da 'prohibición de fumar nos hospitais debería cumprirse rigurosamente' a que acada maior puntuación (2,9 sobre 3) e maiores porcentaxes de acordos (92,9%).
Modifícase o número 1 do artigo 17 da Lei 31/1985, do 2 de agosto, de regulación das normas básicas sobre órganos rectores das caixas de aforros, que pasa a te-lo seguinte teor literal:
Entre a ionosfera e o solo pode haber unha diferencia de potencial duns 200.000 voltios; a ausencia de descargas explícase pola existencia de aire entre ambos.
O ámbito de uso é un constructo teórico que engloba un conxunto de contextos de interacción agrupados arredor do mesmo campo de experiencia e unidos por un feixe de obxectivos e obrigas compartidas.