Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain

Select a sentence

Showing 502 - 601 of 600 • previous

s-502 Coincide co Tratado Constitucional da UE, cando, tamén no seu Preámbulo, di que os 'pobos de Europa, sen deixar de sentirse orgullosos da súa identidade e da súa historia nacional, están decididos a superar as súas antigas divisións e, cada vez máis estreitamente unidos, a forzaren un destino común'.
s-503 A enumeración deses dereitos e liberdades e das bases da cohesión social adquire polo seu alcance obxectivo carácter constitucional.
s-504 O tratamento da lingua galega resulta especialmente valioso.
s-505 Asume responsabelmente que un país que pretenda o autogoberno non pode sustentalo no financiamento externo.
s-506 Afirma o dereito de Galiza a determinar o sistema institucional do autogoberno e a realización da súa condición nacional.
s-507 Arrédase do corsé institucional do Estado español na proposta de organización territorial de Galiza, non considerando as provincias.
s-508 Defende a participación na Unión Europea, considerando especialmente a participación nos Consellos de Ministros, os recursos perante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, a relación coa UE no referente ás competencias propias e a aplicación por Galiza dos Fondos procedentes da Unión, amais da posibilidade de gozar das competencias necesarias para estabelecer 'acordos con outras entidades' (...) nomeadamente no marco da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal'.
s-509 Determina de xeito ambicioso as competencias exclusivas, describindo pormenorizadamente as 41 consideradas, desde a organización das institucións de autogoberno até a política de inmigración.
s-510 Introduce cláusulas destinadas a impedir a usurpación sistemática realizada polos poderes do Estado que se produciu desde o mesmo momento da aprobación da Constitución co apoio habitual do Tribunal Constitucional.
s-511 Garante o carácter universal das prestacións dos sistema sanitario e define a Sanidade pública como o alicerce do sistema.
s-512 Non é este o lugar para intentar unha análise das carencias das Bases do Novo Estatuto, explicábeis polo propio carácter previo do documento.
s-513 Apenas indicar, non obstante, que na cuestión da lingua sería apropiado falar da pertenza do galego ao sistema lingüístico galego-portugués-brasileiro (...) como unha base operativa transcendental para a realización de Galiza como nación, así como non limitarse ao norte de Portugal na referencia as relacións coa nación irmá.
s-514 A presenza de Galiza no Consello de Ministros da UE non debería estar limitada ao referente aos asuntos de interese específico para Galiza, pois para unha nación todo é de interese propio, desde a pesca á Guerra do Iraq, desde Latinoamérica á pobreza no mundo.
s-515 A insistencia nas bases económicas no desenvolvemento sustentábel non debe escurecer a concreción das estratexias de desenvolvimento das actividades produtivas.
s-516 Por fin, no desenvolvemento das Bases haberá que propor as formas de encaixe constitucional necesarias, incluída a modificación precisa da Constitución.
s-517 Nin tampouco relacionar a súa proposta coas de Euskadi e Cataluña, que por moito que sexan diferentes forman parte da mesma e inseparábel conxuntura política.
s-518 A lingua de Rosalía nos Oscars
s-519 Hollywood premia dúas películas sobre a eutanasia
s-520 O filme de Amenábar mereceu o oscar á mellor película en lingua non inglesa.
s-521 O director español, de orixe chilena, Alejandro Amenábar, demostrou con Mar adentro que é capaz de ver o obvio.
s-522 En concreto, que Galiza posúe mundos propios factíbeis de contar.
s-523 O director de Mar adentro achegouse á realidade galega sen complexos e captouna sen dificultades.
s-524 Co galardón norteamericano, o xove director renovou a vella máxima de que o universal comeza no local.
s-525 Grazas a este premio, algúns nos Estados Unidos poderán descubrir así que no Estado español hai algo máis que sol e touros e que a estética _con todo o aprezo que mereza_ almodovariana.
s-526 Amenábar, que quería en principio rodar o filme noutro país e en inglés, cambiou de opinión ao ler os textos de Sampedro e ao coñecer o mundo que o rodeaba.
s-527 Amenábar é ademais artista porque foi quen de recrealo nunha moi boa película, rodeado de actores que souberon entendelo .
s-528 O cuarto do tetrapléxico, cos seus discos, os seus libros, e a súa familia, merece pasar á historia das artes, igual que o salón submarino do capitán Nemo, o gabinete do doutor Caligari ou o cuarto no que escribía Enmanuel Kant.
s-529 A película máis premiada foi, por outra parte, a de Eastwood, unha obra que non está á altura das anteriores do mesmo director.
s-530 Os oscars non poden disimular que detrás de Million dollar baby pouco máis hai que tópicos do xénero e diálogos manidos, iso si en versión feminina e cun final engadido sobre a eutanasia que, por unha casualidade, enlaza o filme de Eastwood co de Amenábar.
s-531 É, en todo caso, o único punto en común entre ambos.
s-532 O fundimento rompe a imaxe irracional de Hitler
s-533 Precedido de grande éxito en Alemaña e da crítica negativa de Wim Wenders, estreouse entre nós O fundimento, película que recrea os derradeiros días de Hitler no seu bunker de Berlín, asediado pola artillería rusa.
s-534 O máis interesante da súa exibición é sen dúbida a grande afluencia de público e o silencio que se observa en todo momento na sala.
s-535 Cabe sospeitar contodo que o interese do espectador vai máis alá da eficacia narrativa de Hirschbiegel.
s-536 O fundimento ten a virtude de presentar un Hitler críbel, humano, como non podía ser menos, familiar dentro do que daba de si a situación de emerxencia, o que nos permite analizar mellor as razóns de ser do fenómeno nazi.
s-537 Unha propaganda que comezou en 1945, e que vehiculizaron nomeadamente os norteamericanos, esforzouse en facernos crer que o de Hitler era un asunto extrahumano, propio dunha maldade irracional.
s-538 Esta película, moi cinxida ao que pretende narrar, eses últimos días da guerra, non evita non embargante (e pese ao que diga Wenders) algúns pertinentes punteos que contextualizan os feitos.
s-539 Hitler lembra que o seu esforzo 'non foi por Alemaña' (tamén por esas 'democracias decadentes' incapaces de opoñerse con eficacia ás 'hordas asiáticas').
s-540 Goebbels, outra vez, lembra que xa venceu os comunistas en Berlín (referíndose probabelmente á revolución espartaquista do 18 que, como reacción, deu pulo e apoios, ao nazismo emerxente).
s-541 Cantos dos espectadores que vén estes días a película ignoraban que o Berlín nazi foi tomado polos soviéticos e non polos norteamericanos?
s-542 Marisol Lorenzo
s-543 'A ikebana pode ter un gran futuro en Galiza'
s-544 Estudou logo en Harvard, antes de vivir varios anos no Lonxano Oriente, onde aprendeu os segredos da ikebana.
s-545 Dígame o que é iso da ikebana.
s-546 A ikebana é a arte floral dos xaponeses.
s-547 Xurdiu no século VI e non perdeu as súas connotacións relixiosas até o XV.
s-548 Rematou sendo unha arte de moito simbolismo e moi complicada, até que no século pasado un mestre de ikebana, Teshigahara Sensei, simplificouna notabelmente porque se deu conta de que é algo que se podia desenvolver non nos templos senón tamén nos pazos e nas casas da nobreza.
s-549 En realidade, en que consiste?
s-550 Nesta arte úsase calquera material: xesta, toxo, uces, a flor do grelo ou da ervilla...
s-551 Vas andando polo monte e miras para as uces, as acacias, as xestas e os toxos dunha maneira que che fai apreciar moito máis o que ves.
s-552 Como chegou vostede a interesarse por esta arte?
s-553 Xa na China empecei a facer algo de caligrafía e de pintura, e, por suposto, aprendín o chinés.
s-554 O mundo oriental conduce a que se descubra o mundo interior a través das cousas máis sinxelas.
s-555 En occidente levamos un sistema de vida que nos fai esquencer un pouco o interior persoal.
s-556 A ikebana ten presenza hoxe en todo o mundo.
s-557 Pola influencia da moda minimalista, tomou forza como parte da decoración moderna, na que xa entrou con forza a súa esencia.
s-558 Agora vostede vive en Santiago.
s-559 Eu dei varios cursiños de ikebana nas asociacións culturais de Vidán e de Vite, e decateime de que a xente desfruta aprendéndoa .
s-560 Véxoa convertida en gran mestra galega da ikebana.
s-561 Precisamente, debido a que tivo a súa orixe nos monxes dos que falei antes, foi durante moito tempo unha arte practicada polos homes.
s-562 Pola miña parte, eu son mestra en ikebana polas escolas Sogetsu e Koriu, despois de sete anos de práctica no Xapón.
s-563 Entre elas, o feito de que o Xapón e Galiza teñen un lugar que lles é común: as súas querencias moi asentadas pola terra e pola auga e, por tanto, pola natureza.
s-564 Dende logo, o que non nos falta é materia prima de primeira calidade para facer ikebana, que pode ter un gran futuro en Galiza.
s-565 Finiquito a Ferrol
s-566 A súa taxa de paro rolda o 20 por cento (máis de 5.000 persoas sen traballo) e a súa poboación actual é de 77.859 habitantes.
s-567 Hai vinte e cinco anos tiña 13.000 máis, e era a terceira de Galiza.
s-568 A crise da industria naval e a política de abandono da que foi vítima teñen a culpa de que en Ferrol medrase o paro.
s-569 Xaime Bello, Vicepresidente da Deputación da Coruña.
s-570 Dende a primeira reconversión industrial, ficou claro que Ferrol ía ser o perdedor dun proceso económico que non soubo darlle un futuro progresivo á cidade que foi berce da Ilustración e do avance tecnolóxico en Galiza.
s-571 Cando comenzaba a década do 1980, Ferrol aínda aspiraba a coroar a mítica cifra de 100.000 habitantes que desexan acadar todas as cidades _provinciais_ do Estado, mesmo por razóns de burocracia financeira.
s-572 Construíanse daquela, nos estaleiros de Astano e de Bazán, grandes petroleiros e barcos de guerra que atravesaban os mares de todo o mundo.
s-573 As botaduras regábanse con champaña francesa e nas tabernas era o único sitio de toda Galiza no que daquela se chateaba regularmente con reservas de Rioxa.
s-574 Era o Ferrol de Pablo Iglesias, Amador Rei, Daniel Niebla, Ricardo Carvalho Calero e Moncho Reboiras, e non era o de Franco que, aínda así, tivo a súa estatua na principal praza da cidade até o 2002.
s-575 Os seus males empezaron gobernando o PSOE, coa súa famosa lei de reconversión e reindustrialización de 1983, que eliminou 5.315 postos de traballo dos que había en Astano e Bazán.
s-576 Pouco despois, esta merma laboral acadou a cifra de 8.126 postos laborais perdidos, pero a zona afectada recibiu fondos de compensación que lle permitiron crear 300 postos de traballo.
s-577 Unha nova reestruturación
s-578 No preciso momento en que se publican estas liñas, un total de 1.405 traballadores ferroláns _704 de Astano e 701 da antiga Bazán_ están collendo o camiño de volta ás súas casas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego, aceptado por Comisións Obreiras e UGT e rechazado pola CIG, que os leva dous anos ao paro, ao subsidio do INEM despois, até que cumpran 60 anos, e, a continuación, á súa prexubilación.
s-579 Estes traballadores, que teñen que ter 52 anos cumpridos, van seguir cobrando o que cobraban até agora e pasarán a engordar unha nómina que xa era moi coñecida en Ferrol, a dos que cobran sen traballar porque o seu posto foi borrado do mapa.
s-580 Os estaleiros de Ferrol, que ocupaban arredor de 14.000 traballadores cando corrían os anos 70, fican agora atendidos por 2.000, na súa maior parte administrativos e técnicos.
s-581 De non parar a sangría económica e social de Ferrol, o seu futuro é moi negro e esta preocupación está patente xa nos habitantes da cidade, agora mesmo máis desmoralizados que nunca.
s-582 O que pode busca a vida fóra.
s-583 Nunca foi tan barato alugar un piso nesta cidade e, aínda así, fontes inmobiliarias sitúan en máis de 6.000 os que teñen dificultades para atopar inquilinos.
s-584 De ser así, habería que ir pensando en que Ferrol podería ser escenario das consecuencias do paro na seguridade.
s-585 Costa-Gavras, coa súa película Le Couperet, acaba de resaltar de forma dramática cómo humilla, aniquila, deprime e até pode volver a un tolo a perda do traballo.
s-586 Reducido a nada polos encargados de recrutar novos empregados de abultada cualificación, o protagonista de Le Couperet decide eliminar a competencia.
s-587 Se Vigo xa tivo o seu Os luns ao sol, sería desexábel que Ferrol non rematase tendo algo que lembre o filme de Costa-Gavras.
s-588 'Estamos pagando o traballar exclusivamente para o Estado'
s-589 Piño Vidal, responsábel da Secretaría de Formación e Comunicación de Comisións Obreiras en Ferrol e afectado el mesmo polo expediente de regulación de emprego dos asteleiros, teno claro:
s-590 O atraso nas infraestruturas non propiciou investimentos na zona e a formación de novas áreas produtivas.
s-591 O téxtil e a industria gráfica son das poucas que repuntan.
s-592 A regulación de emprego de agora, teoricamente, non ten por que repercutir moito na vida da cidade porque a xente vai seguir cos mesmos salarios.
s-593 Non hai postos de traballo para a xuventude.
s-594 Os que nós deixamos non pasa a ocupalos ninguén.
s-595 O anterior expediente, o de 1999, foi mellor ca este.
s-596 Rexuveneceuse o plantel e a perda de traballo non foi neta.
s-597 Agora é moito máis grave'.
s-598 Emilio Cagiao, secretario da CIG en Ferrol, di que 'e unha verdadeira vergonza que se estea xogando cos traballadores por non darlle solución ao que eles chaman 'flecos', cando a verdadeira realidade é por que os de Comisións queren prexubilar tamén algúns traballadores das compañias auxiliares co pretexto de que poden ter garantía de emprego.
s-599 De darse esa prexubilación pola SEPI, tería que ser mediante un expediente aberto a todos os que cumpran 52 anos e con garantía de cobertura das vacantes'.
s-600 Segundo Cagiao, isto foi o que dificultou os que ían ser derradeiros pasos da regulación laboral das antigas Astano e Bazán, denominada Navantia dende esta semana.

Text viewDownload CoNNL-U