s-501
| Reclaman o dereito dos galegos a decidiren por si mesmos, integrándoo sen eufemismos ese dereito no de autodeterminación, segundo os principios e a legalidade internacional. |
s-502
| Coincide co Tratado Constitucional da UE, cando, tamén no seu Preámbulo, di que os 'pobos de Europa, sen deixar de sentirse orgullosos da súa identidade e da súa historia nacional, están decididos a superar as súas antigas divisións e, cada vez máis estreitamente unidos, a forzaren un destino común'. |
s-503
| A enumeración deses dereitos e liberdades e das bases da cohesión social adquire polo seu alcance obxectivo carácter constitucional. |
s-504
| O tratamento da lingua galega resulta especialmente valioso. |
s-505
| Asume responsabelmente que un país que pretenda o autogoberno non pode sustentalo no financiamento externo. |
s-506
| Afirma o dereito de Galiza a determinar o sistema institucional do autogoberno e a realización da súa condición nacional. |
s-507
| Arrédase do corsé institucional do Estado español na proposta de organización territorial de Galiza, non considerando as provincias. |
s-508
| Defende a participación na Unión Europea, considerando especialmente a participación nos Consellos de Ministros, os recursos perante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, a relación coa UE no referente ás competencias propias e a aplicación por Galiza dos Fondos procedentes da Unión, amais da posibilidade de gozar das competencias necesarias para estabelecer 'acordos con outras entidades' (...) nomeadamente no marco da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal'. |
s-509
| Determina de xeito ambicioso as competencias exclusivas, describindo pormenorizadamente as 41 consideradas, desde a organización das institucións de autogoberno até a política de inmigración. |
s-510
| Introduce cláusulas destinadas a impedir a usurpación sistemática realizada polos poderes do Estado que se produciu desde o mesmo momento da aprobación da Constitución co apoio habitual do Tribunal Constitucional. |
s-511
| Garante o carácter universal das prestacións dos sistema sanitario e define a Sanidade pública como o alicerce do sistema. |
s-512
| Non é este o lugar para intentar unha análise das carencias das Bases do Novo Estatuto, explicábeis polo propio carácter previo do documento. |
s-513
| Apenas indicar, non obstante, que na cuestión da lingua sería apropiado falar da pertenza do galego ao sistema lingüístico galego-portugués-brasileiro (...) como unha base operativa transcendental para a realización de Galiza como nación, así como non limitarse ao norte de Portugal na referencia as relacións coa nación irmá. |
s-514
| A presenza de Galiza no Consello de Ministros da UE non debería estar limitada ao referente aos asuntos de interese específico para Galiza, pois para unha nación todo é de interese propio, desde a pesca á Guerra do Iraq, desde Latinoamérica á pobreza no mundo. |
s-515
| A insistencia nas bases económicas no desenvolvemento sustentábel non debe escurecer a concreción das estratexias de desenvolvimento das actividades produtivas. |
s-516
| Por fin, no desenvolvemento das Bases haberá que propor as formas de encaixe constitucional necesarias, incluída a modificación precisa da Constitución. |
s-517
| Nin tampouco relacionar a súa proposta coas de Euskadi e Cataluña, que por moito que sexan diferentes forman parte da mesma e inseparábel conxuntura política. |
s-518
| A lingua de Rosalía nos Oscars |
s-519
| Hollywood premia dúas películas sobre a eutanasia |
s-520
| O filme de Amenábar mereceu o oscar á mellor película en lingua non inglesa. |
s-521
| O director español, de orixe chilena, Alejandro Amenábar, demostrou con Mar adentro que é capaz de ver o obvio. |
s-522
| En concreto, que Galiza posúe mundos propios factíbeis de contar. |
s-523
| O director de Mar adentro achegouse á realidade galega sen complexos e captouna sen dificultades. |
s-524
| Co galardón norteamericano, o xove director renovou a vella máxima de que o universal comeza no local. |
s-525
| Grazas a este premio, algúns nos Estados Unidos poderán descubrir así que no Estado español hai algo máis que sol e touros e que a estética _con todo o aprezo que mereza_ almodovariana. |
s-526
| Amenábar, que quería en principio rodar o filme noutro país e en inglés, cambiou de opinión ao ler os textos de Sampedro e ao coñecer o mundo que o rodeaba. |
s-527
| Amenábar é ademais artista porque foi quen de recrealo nunha moi boa película, rodeado de actores que souberon entendelo . |
s-528
| O cuarto do tetrapléxico, cos seus discos, os seus libros, e a súa familia, merece pasar á historia das artes, igual que o salón submarino do capitán Nemo, o gabinete do doutor Caligari ou o cuarto no que escribía Enmanuel Kant. |
s-529
| A película máis premiada foi, por outra parte, a de Eastwood, unha obra que non está á altura das anteriores do mesmo director. |
s-530
| Os oscars non poden disimular que detrás de Million dollar baby pouco máis hai que tópicos do xénero e diálogos manidos, iso si en versión feminina e cun final engadido sobre a eutanasia que, por unha casualidade, enlaza o filme de Eastwood co de Amenábar. |
s-531
| É, en todo caso, o único punto en común entre ambos. |
s-532
| O fundimento rompe a imaxe irracional de Hitler |
s-533
| Precedido de grande éxito en Alemaña e da crítica negativa de Wim Wenders, estreouse entre nós O fundimento, película que recrea os derradeiros días de Hitler no seu bunker de Berlín, asediado pola artillería rusa. |
s-534
| O máis interesante da súa exibición é sen dúbida a grande afluencia de público e o silencio que se observa en todo momento na sala. |
s-535
| Cabe sospeitar contodo que o interese do espectador vai máis alá da eficacia narrativa de Hirschbiegel. |
s-536
| O fundimento ten a virtude de presentar un Hitler críbel, humano, como non podía ser menos, familiar dentro do que daba de si a situación de emerxencia, o que nos permite analizar mellor as razóns de ser do fenómeno nazi. |
s-537
| Unha propaganda que comezou en 1945, e que vehiculizaron nomeadamente os norteamericanos, esforzouse en facernos crer que o de Hitler era un asunto extrahumano, propio dunha maldade irracional. |
s-538
| Esta película, moi cinxida ao que pretende narrar, eses últimos días da guerra, non evita non embargante (e pese ao que diga Wenders) algúns pertinentes punteos que contextualizan os feitos. |
s-539
| Hitler lembra que o seu esforzo 'non foi só por Alemaña' (tamén por esas 'democracias decadentes' incapaces de opoñerse con eficacia ás 'hordas asiáticas'). |
s-540
| Goebbels, outra vez, lembra que xa venceu os comunistas en Berlín (referíndose probabelmente á revolución espartaquista do 18 que, como reacción, deu pulo e apoios, ao nazismo emerxente). |
s-541
| Cantos dos espectadores que vén estes días a película ignoraban que o Berlín nazi foi tomado polos soviéticos e non polos norteamericanos? |
s-542
| Marisol Lorenzo |
s-543
| 'A ikebana pode ter un gran futuro en Galiza' |
s-544
| Estudou logo en Harvard, antes de vivir varios anos no Lonxano Oriente, onde aprendeu os segredos da ikebana. |
s-545
| Dígame o que é iso da ikebana. |
s-546
| A ikebana é a arte floral dos xaponeses. |
s-547
| Xurdiu no século VI e non perdeu as súas connotacións relixiosas até o XV. |
s-548
| Rematou sendo unha arte de moito simbolismo e moi complicada, até que no século pasado un mestre de ikebana, Teshigahara Sensei, simplificouna notabelmente porque se deu conta de que é algo que se podia desenvolver non só nos templos senón tamén nos pazos e nas casas da nobreza. |
s-549
| En realidade, en que consiste? |
s-550
| Nesta arte úsase calquera material: xesta, toxo, uces, a flor do grelo ou da ervilla... |
s-551
| Vas andando polo monte e miras para as uces, as acacias, as xestas e os toxos dunha maneira que che fai apreciar moito máis o que ves. |
s-552
| Como chegou vostede a interesarse por esta arte? |
s-553
| Xa na China empecei a facer algo de caligrafía e de pintura, e, por suposto, aprendín o chinés. |
s-554
| O mundo oriental conduce a que se descubra o mundo interior a través das cousas máis sinxelas. |
s-555
| En occidente levamos un sistema de vida que nos fai esquencer un pouco o interior persoal. |
s-556
| A ikebana ten presenza hoxe en todo o mundo. |
s-557
| Pola influencia da moda minimalista, tomou forza como parte da decoración moderna, na que xa entrou con forza a súa esencia. |
s-558
| Agora vostede vive en Santiago. |
s-559
| Eu dei varios cursiños de ikebana nas asociacións culturais de Vidán e de Vite, e decateime de que a xente desfruta aprendéndoa . |
s-560
| Véxoa convertida en gran mestra galega da ikebana. |
s-561
| Precisamente, debido a que tivo a súa orixe nos monxes dos que falei antes, foi durante moito tempo unha arte practicada só polos homes. |
s-562
| Pola miña parte, eu son mestra en ikebana polas escolas Sogetsu e Koriu, despois de sete anos de práctica no Xapón. |
s-563
| Entre elas, o feito de que o Xapón e Galiza teñen un lugar que lles é común: as súas querencias moi asentadas pola terra e pola auga e, por tanto, pola natureza. |
s-564
| Dende logo, o que non nos falta é materia prima de primeira calidade para facer ikebana, que pode ter un gran futuro en Galiza. |
s-565
| Finiquito a Ferrol |
s-566
| A súa taxa de paro rolda o 20 por cento (máis de 5.000 persoas sen traballo) e a súa poboación actual só é de 77.859 habitantes. |
s-567
| Hai vinte e cinco anos tiña 13.000 máis, e era a terceira de Galiza. |
s-568
| A crise da industria naval e a política de abandono da que foi vítima teñen a culpa de que en Ferrol só medrase o paro. |
s-569
| Xaime Bello, Vicepresidente da Deputación da Coruña. |
s-570
| Dende a primeira reconversión industrial, ficou claro que Ferrol ía ser o perdedor dun proceso económico que non soubo darlle un futuro progresivo á cidade que foi berce da Ilustración e do avance tecnolóxico en Galiza. |
s-571
| Cando comenzaba a década do 1980, Ferrol aínda aspiraba a coroar a mítica cifra de 100.000 habitantes que desexan acadar todas as cidades _provinciais_ do Estado, mesmo por razóns de burocracia financeira. |
s-572
| Construíanse daquela, nos estaleiros de Astano e de Bazán, grandes petroleiros e barcos de guerra que atravesaban os mares de todo o mundo. |
s-573
| As botaduras regábanse con champaña francesa e nas tabernas era o único sitio de toda Galiza no que daquela se chateaba regularmente con reservas de Rioxa. |
s-574
| Era o Ferrol de Pablo Iglesias, Amador Rei, Daniel Niebla, Ricardo Carvalho Calero e Moncho Reboiras, e non era o de Franco que, aínda así, tivo a súa estatua na principal praza da cidade até o 2002. |
s-575
| Os seus males empezaron gobernando o PSOE, coa súa famosa lei de reconversión e reindustrialización de 1983, que eliminou 5.315 postos de traballo dos que había en Astano e Bazán. |
s-576
| Pouco despois, esta merma laboral acadou a cifra de 8.126 postos laborais perdidos, pero a zona afectada só recibiu fondos de compensación que lle permitiron crear 300 postos de traballo. |
s-577
| Unha nova reestruturación |
s-578
| No preciso momento en que se publican estas liñas, un total de 1.405 traballadores ferroláns _704 de Astano e 701 da antiga Bazán_ están collendo o camiño de volta ás súas casas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego, aceptado por Comisións Obreiras e UGT e rechazado pola CIG, que os leva dous anos ao paro, ao subsidio do INEM despois, até que cumpran 60 anos, e, a continuación, á súa prexubilación. |
s-579
| Estes traballadores, que teñen que ter 52 anos cumpridos, van seguir cobrando o que cobraban até agora e pasarán a engordar unha nómina que xa era moi coñecida en Ferrol, a dos que cobran sen traballar porque o seu posto foi borrado do mapa. |
s-580
| Os estaleiros de Ferrol, que ocupaban arredor de 14.000 traballadores cando corrían os anos 70, fican agora atendidos por 2.000, na súa maior parte administrativos e técnicos. |
s-581
| De non parar a sangría económica e social de Ferrol, o seu futuro é moi negro e esta preocupación está patente xa nos habitantes da cidade, agora mesmo máis desmoralizados que nunca. |
s-582
| O que pode busca a vida fóra. |
s-583
| Nunca foi tan barato alugar un piso nesta cidade e, aínda así, fontes inmobiliarias sitúan en máis de 6.000 os que teñen dificultades para atopar inquilinos. |
s-584
| De ser así, habería que ir pensando en que Ferrol podería ser escenario das consecuencias do paro na seguridade. |
s-585
| Costa-Gavras, coa súa película Le Couperet, acaba de resaltar de forma dramática cómo humilla, aniquila, deprime e até pode volver a un tolo a perda do traballo. |
s-586
| Reducido a nada polos encargados de recrutar novos empregados de abultada cualificación, o protagonista de Le Couperet decide eliminar a competencia. |
s-587
| Se Vigo xa tivo o seu Os luns ao sol, sería desexábel que Ferrol non rematase tendo algo que lembre o filme de Costa-Gavras. |
s-588
| 'Estamos pagando o traballar exclusivamente para o Estado' |
s-589
| Piño Vidal, responsábel da Secretaría de Formación e Comunicación de Comisións Obreiras en Ferrol e afectado el mesmo polo expediente de regulación de emprego dos asteleiros, teno claro: |
s-590
| O atraso nas infraestruturas non propiciou investimentos na zona e a formación de novas áreas produtivas. |
s-591
| O téxtil e a industria gráfica son das poucas que repuntan. |
s-592
| A regulación de emprego de agora, teoricamente, non ten por que repercutir moito na vida da cidade porque a xente vai seguir cos mesmos salarios. |
s-593
| Non hai postos de traballo para a xuventude. |
s-594
| Os que nós deixamos non pasa a ocupalos ninguén. |
s-595
| O anterior expediente, o de 1999, foi mellor ca este. |
s-596
| Rexuveneceuse o plantel e a perda de traballo non foi neta. |
s-597
| Agora é moito máis grave'. |
s-598
| Emilio Cagiao, secretario da CIG en Ferrol, di que 'e unha verdadeira vergonza que se estea xogando cos traballadores por non darlle solución ao que eles chaman 'flecos', cando a verdadeira realidade é por que os de Comisións queren prexubilar tamén algúns traballadores das compañias auxiliares co pretexto de que poden ter garantía de emprego. |
s-599
| De darse esa prexubilación pola SEPI, tería que ser mediante un expediente aberto a todos os que cumpran 52 anos e con garantía de cobertura das vacantes'. |
s-600
| Segundo Cagiao, isto foi o que dificultou os que ían ser derradeiros pasos da regulación laboral das antigas Astano e Bazán, denominada Navantia dende esta semana. |