Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain

Select a sentence

Showing 303 - 402 of 600 • previousnext

s-303 Unha reforma para discutir cos socialistas
s-304 O certo é que ese 'comité', sen fasquía de nacionalistas, definiu un novo modelo de país, partindo da sociedade do benestar.
s-305 Será a súa discusión sobre a que gravite a axenda política dos nacionalistas até o verán, se as liortas internas pola elaboración das listas non o impiden.
s-306 Non se trata dunhas propostas maximalistas as que condensou Paulo González Mariñas, ex conselleiro de Presidencia no goberno tripartito de Fernando González Laxe.
s-307 as propostas presentadas por este foro teñen, sobre todo, a virtualidade do consenso.
s-308 Así, puidemos saber que a interrelación coas 'Bases para a reforma do Estatuto' realizadas pola fundación Iniciativas 21 e asumidas polo PSOE, foi importante.
s-309 Tanto é así que hai numerosos aspectos coincidentes e, mesmo, naqueles puntos nos que o proxecto socialista e nacionalista son máis diverxentes no fondo, non é imposíbel un acordo.
s-310 Tamén defende a soberanía fiscal e tributaria, con capacidade para fixar os tributos e ter unha recadación propia, pois parte do principio que sen autonomía económica non hai autonomía política.
s-311 Reclaman así mesmo, a participación directa de Galiza na UE, cando os asuntos sexan do noso interese, e a capacidade de definir as políticas estatais (coincidente no fondo con Iniciativas 21).
s-312 O novo Estatuto que estuda o BNG propón unha nova organización territorial de Galiza, reclamando as competencias da Xunta para regular e articular lexislativamente o territorio nunha lei inexistente un cuarto de século despois de aprobarse o Estatuto.
s-313 aos concellos como entidades básicas, reducindo o seu número a través da fusión como federacións parroquiais (polo que se recoñece o seu carácter);
s-314 (Aquí existe unha importante diferenza co que os socialistas definen como 'novo municipalismo').
s-315 A proposta nacionalista tamén aposta claramente pola autonomía no plano xudicial (coincide no fondo coa proposta socialista).
s-316 A proposta nacionalista parte dunha filosofía confederal na que concibe a Galiza como unha nación, reclamando un espazo de decisión libre e propia, recoñecendo a conformación plurinacional do Estado no que se integra Galiza logo dun pacto.
s-317 O BNG, pola súa banda, pretende que, a mesma reforma estatutaria, que, na práctica, faga necesaria a reforma constitucional, superando así o actual marco estatal e recoñecendo o dereito á autodeterminación.
s-318 Unha Constitución cuxa reforma vai aprobar xa o Consello de Ministros esta semana, para fixar, deste xeito os límites dos estatutos.
s-319 Finalistas dos Mestre Mateo
s-320 A película dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón, A vida que che espera, opta a un total de oito nominacións, entre outras a de mellor dirección, mellor guión e mellor interpretación feminina e masculina protagonista.
s-321 Con trece candidaturas parte O ano da carracha de Xurxo Coira e con doce A promesa.
s-322 Baixo o título Del diccionario de los murmullos e tras dez anos de ausencia nas salas da cidade, a galería Ana Vilaseco acolle até o vindeiro 17 de marzo unha selección dos últimos traballos do pintor coruñés Pedro Muíño.
s-323 Dario Fo chega ás parroquias de Ribadeo.
s-324 O grupo de teatro da Asociación 'Francisco Lanza' representa Os mortos factúranse e as mulleres desnúdanse , o 4 e 5 de marzo en Rinlo e Cedofeita.
s-325 O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle entre o 17 de marzo e o 12 de xuño a exposición Oops... ! I did it again!, do alemán Christian Jankowski, que combina vídeos, performances e reciclaxe cun claro obxectivo irónico ao redor das iconas pop dos nosos días.
s-326 E do máis moderno ao máis clásico.
s-327 O Consello da Cultura presentou o pasado 1 de marzo o catálogo do Fondo 'Guerra Campos' da Catedral de Santiago, conxunto de documentos sobre o tema xacobeo que acumulou o que fora bispo auxiliar de Compostela e bispo de Cuenca, José Guerra.
s-328 En 1990 unha equipa dirixida por Valentín Arias, completou a primeira tradución da obra cimeira de Miguel de Cervantes ao galego.
s-329 Valentín Arias realizou a tradución completa do Quixote en 1990.
s-330 Arriba á esquerda, unha obra da colección O Moucho, de Edicións Castrelos.
s-331 Pero anos antes, en 1917, A Nosa Terra (número 6), publicou a que é a primeira tradución dun anaco do Quixote, feita ao galego.
s-332 O anaco escollido por Valcárcel é do capítulo IX, primeiro libro, coñecido como Discurso aos cabreros.
s-333 Nel refírese ao Século de Ouro, cando no mundo non existía propiedade e todo o proporcionaba xenerosamente a natureza.
s-334 Clodio González Pérez daba recentemente noticia dun par de capítulos traducidos en 1955 por algún académico da Academia Galega, pero non puido atopar rastro material.
s-335 Daquela, o concello manchego de Consuegra quixo erguer un muíño de vento, no que se instalaría unha biblioteca con traducións da obra cervantina en todas as linguas do mundo.
s-336 O presidente da Deputación da Coruña dirixiuse á Academia Galega, e encargou a Leandro Carré Alvarellos a versión galega de dous capítulos (25 e 26 do Tomo II).
s-337 'Non se lle cocía o pan no corpo a Don Quixote, como adoita dicirse , ata ouvire e saber as maravillas prometidas do home portador de armas', arrinca a tradución do capítulo 25, 'onde se aponta a aventura do orneo e a chusqueira do titereiro, coas lembradas adiviñanzas do macaco adiviñador'.
s-338 Como os autores da tradución completa anos máis tarde, e tamén dos predecesores, os autores exercen o traballo cunha intención de normalización da lingua, 'este molliño de follas, esta tradución que hoxe damos ao prelo, tenta ser unha aportación máis á laboura, nunca dabondo exercitada, de arrequecer a nosa literatura coa incorporación de textos alleos'.
s-339 Así arranca Sancho Panza cando toma posesión da súa Insua Barataria, '¡Ouh, perpetuo descubridor das antípodas, facho do mundo, ollo do ceo, abaneo dóce das cantimploras, Timbrio aqui, Febo alá, tirador acó, menciñeiro acolá, pai da Poesía, Inventor da Música, ti que decote alboreas e, aínda que o semella, endexamais te escureces!'.
s-340 Xuntanza Editorial foi a mentora do proxecto que en 1990 conseguiu, finalmente, unha tradución completa do Quixote.
s-341 'Cando me propuxeron a tradución _lembra Arias_ pensei que era unha oportunidade que non se podía desperdiciar e dunha grande importancia para a normalización do galego.
s-342 Aceptouse a miña proposta de formar un grupo de tradutores, que quedou conformado por Xavier Senín, Xoán Antón Palacio, María Xosefa Fernández, Xela Arias Castaño e María Xesus Senín.
s-343 Xuntanza fixo dúas edicións.
s-344 Ademais incluía serigrafías orixinais de Laxeiro, Abelenda, Lodeiro, Conde Corbal, Alfonso Costas, Sucasas, Moldes, Correa Corredoira, Lamazares, Virxilio, Alberto Datas, Costas e Leopoldo Novoa.
s-345 Prologada por García Sabell e cun epílogo de Torrente Ballester, saiu ao mercado a un prezo de 3.000 euros, chegando a adquirirse no mercado bibliófilo ao que ía dirixido, a perto dos 6.000.
s-346 Quedou por facerse a edición de prezo popular, pola que se ten interesado nas últimas semanas tanto a Real Academia como a Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes, e que podería ver a luz nos próximos meses, 'gostaríame que saira, dinos Valentín Arias, pero habería que darlle un repaso á tradución.
s-347 Meterse naquela lingua cervantina e buscar expresións comprensíbeis sen traicionalo deunos moito a lata.
s-348 Lembro por exemplo que fixemos un esforzo por buscar a versión galega de todos os refráns que usou.
s-349 A nós sorprendeunos o ben que soaba o Quixote en galego e o fácil que nos resultou collerlle o tono xeral.
s-350 Para Arias non hai lugar á polémica sobre se deben traducir obras como o Quixote ao galego.
s-351 'Nin o portugués nin o castelán deben ser prioridades, pero está claro que hai obras fundamentais que deben ter a súa versión galega e, inequivocamente, o Quixote é unha delas .
s-352 Imaxina que non estivese traducido, sería unha mágoa que non faltaría que nos botase en cara, como que o galego non valía'.
s-353 Anxo Fariña é o autor dos debuxos e os textos dunha serie de catro títulos que vai comezar a publicar de contado Edicións A Nosa Terra.
s-354 Fariña conta a teima dun neno chamado Breogán coa obra de Cervantes e aproveita para recrear algúns episodios do Quixote para achegar a obra ao público máis novo.
s-355 A camareira galega
s-356 a min se me ocorre aparvar diante da tele agardando a aparición de Helena Seixo (Sarabela Teatro) na serie de Los Serrano.
s-357 Pensei que retrocedía varios séculos, o propio Lope de Vega teríao feito así, representar os galegos como individuos incultos, necesitados, desestruturados, rexeitados.
s-358 Xa sabía que esa serie é baluarte de estereotipos e que reproduce unha sociedade patrialcal do século XXI, unha sociedade en que o machismo semella unha broma á que lle sorrimos con simpatía, sen que pareza pasar nada, non así con Shin Chan, e certo é que tamén reproduce comportamentos machistas, mais por que tanta polémica con Shin Chan:
s-359 Ou porque non se axusta ao modelo moral cristián (cuíño, cuíño ...)?
s-360 Que a serie dos Serrano sexa unha caricatura non xustifica para min que se sigan a propor estereotipos insultantes.
s-361 Somos diferentes e universais e a nosa forma de ver a vida trascende fronteiras, e así nolo demostra Ramón Sampedro.
s-362 Mais hai quen teima en representarnos como a camareira galega que apenas sabe falar castelán, que ten un fillo de cada pai, incapaz para o traballo, véndonos como persoas incultas e desestruturadas, e sei que as declaracións dalgún político de idade avanzada afondan nesta visión, mais o pobo non é o político e xa deu mostras de enorme dignidade.
s-363 A televisión reflecte a negación que nos rodea: infraestruturas que non chegan, fondos mal xestionados, exclusión das axudas por incendios forestais ...
s-364 En Galiza, os galegos votan si.
s-365 A Nosa Terra prepara un libro que recollerá as súas colaboracións
s-366 O 6 de marzo cúmprense un ano da morte da escritora coruñesa Luísa Villalta.
s-367 Participaba regularmente en recitais e actos de espallamento da poesía galega tanto na Galiza como no exterior e a súa actividade literaria estivo presente en moitos ámbitos criativos con libros como Silencio, ensaiamos (1992), as novelas Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001) e tamén do teatro, xénero para o que escrebeu os textos Concerto para un home (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999).
s-368 Titulada en violino escribiu asimesmo artigos e ensaios sobre estética e comunicación musical en xornais, revistas etc.
s-369 Edicións A Nosa Terra, onde publicou algúns dos seus traballos, prepara O libro das columnas, un traballo que recollerá todas as súas colaboracións en A Nosa Terra onde quincenalmente publicaba as súas colaboracións.
s-370 A Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sociopedagóxica galega, a CIG-ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística promoven a elaboración dun documental sobre Manuel María dirixido por Margarita Ledo e que se poderá ver no outono deste ano.
s-371 Tamén se precisarían grabacións en audio da súa voz (lectura de poemas, conferencias, entrevistas...) e todo o que poda ser utilizado neste documental.
s-372 Os produtores fan unha chamada a todas as persoas que teñan nos seus arquivos persoais unha grabación, unha foto, un debuxo ou calquera outro documento visual ou sonoro de Manuel María.
s-373 Memoria dos fuxidos
s-374 En Os últimos fuxidos Xosé Fernández Ferreiro retoma o tema da represión, continúa o antes iniciado naquel exitoso Agosto do 36, que lle valera o Xerais do ano 91.
s-375 Como xa desde o mesmo título se indica, trátase dunha novela de fuxidos, o que ratifican logo unhas palabras preliminares do autor nas que se fai referencia ao holocausto español, particularmente cruento na Galiza cunhas xentes (homes, mulleres, cativos de poucos anos...) que o único delito que cometeran eran teren ideas 'mais ou menos de esquerdas, cando non por simples inimizades de tipo familiar ou persoal' (8).
s-376 Son fuxidos que levan 14 anos na clandestinidade, o que sitúa a acción por 1950, e, despois de formaren parte da guerrilla antifranquista, regresan á Serra da Corza coa intención de teren cerca a familia (a Roberto os falanxistas asasináronlle un fillo, e a Marcial o pai), poder ver os seres queridos.
s-377 A súa chegada alterará a vida das xentes de Abades, pois en canto no cuartel teñen noticias disto ceiban outravolta os cans da represión, interrogan, chantaxean, rapan as mulleres, non perden ocasión de mallar na xente...
s-378 Constrúese así un discurso a tres bandas mediante a interacción das forzas represoras por un lado, os fuxidos por outro e, no medio, as xentes de Abades.
s-379 Unha personaxe pon en contacto os tres mundos, Robertiño, fillo de Roberto, mozo de Abades que coñece moi ben os camiños da Corza e que os visita, e que será apresado polas forzas represoras.
s-380 Serán os únicos axudantes dos fuxidos.
s-381 Constrúese así, como dicimos, un discurso a tres bandas, mais non se detén especialmente en ningunha delas (o cuartel, na que menos), deambula dunha noutra sen excesivo tempo que adicarlles pois tamén ten que atender ás analepses que dan conta do que lles aconteceu antes de chegaren á Corza.
s-382 Concretamente nesta resulta dificil sinalar as máis salientábeis, as mellor configuradas.
s-383 Porque todas padecen de falta de credibilidade, son moi pouco críbeis xa desde uns parlamentos nos que fan gala de vocabulario e expresións impropios para a súa condición, producíndose nivelación estilística entre as intervencións das personaxes e a do narrador, isto ademais de mostraren un exceso de idealización que tamén as penaliza.
s-384 Por outro lado, continuando coas personaxes, non son poucas as veces nas que se lles encomendan traballos que deberan ser responsabilidade do narrador.
s-385 Non desatendendo ningunha (a inseguranza e temores da xente de Abades, o heroísmo e tráxica vida dos fuxidos, a maldade e inquina dos represores) tampouco decanta a novela por algunha, de xeito que se perde entre todas elas e todas resultan un tanto insubstanciais.
s-386 Con todo benvida sexa esta homenaxe aos fuxidos, esta novela que, iso si, dará un bo guión cinematográfico.
s-387 Benvido sexa este recordatorio de que na Galiza non houbo guerra, o que aquí verdadeiramente houbo foi unha feroz purga social de non afectos ao ditador.
s-388 non podían, continuando a represión.
s-389 Os ollos da ponte, de Ramiro Fonte, volve ao escenario que o escritor eumés reflectira en Os meus ollos.
s-390 Esta non é unha segunda parte, nin sequera un avanzo cronolóxico, senón outra revisitación da infancia en Pontedeume, un exercicio de memoria na que o autor deitou o mellor da súa prosa.
s-391 Edita Xerais.
s-392 Antes había comercios que xuntaban grupos de mulleres para aprenderlles o funcionamento da ola express.
s-393 Hoxe fan o mesmo algunhas sex-shop para explicar a mecánica de vibradores e demais obxectos de autosatisfacción feminina.
s-394 Xente nova, como dicía o anuncio, sobradamente preparada.
s-395 As empresas debían crear un posto de traballo para responder curriculos.
s-396 En Cataluña a polémica do 3% (que supostamente cobraron algúns políticos das construtoras);
s-397 Moralexa, o caciquismo e demais herbas non son unha especie autóctona galega, senón universal.
s-398 Simple:
s-399 ninguén lles ofrece traballo, porque non hai traballo.
s-400 O himno da 'revolución laranxa' representará a Ucraína en Eurovisión.
s-401 Por que din que o Papa está grave se xa conseguiu pronunciar algunhas palabras?
s-402 Fraga non é capaz de pronunciar ben ningunha e din que está en plena forma.

Text viewDownload CoNNL-U