s-303
| Bach, Scarlatti, Tárrega... forman parte do seu repertorio. |
s-304
| A guitarra clásica é un instrumento arraigado na cultura popular española. |
s-305
| A verdade é que en España existe un amplo público seguidor deste instrumento. |
s-306
| Actualmente hai un nivel moito máis alto ca hai un século, en parte polas gravacións. |
s-307
| Hoxe coas técnicas que hai na gravación fanse marabillas, pois se alguén grava algo no norte do Canadá todos o coñecemos de seguido. |
s-308
| España está case na dianteira, pero tamén en Italia ou en Alemania hai xente nova cun alto nivel; |
s-309
| en China un nivel técnico alucinante porque traballan moitísimo... |
s-310
| Eu sempre aconsello aos alumnos que tendo a carreira feita en calquera conservatorio vaian a outros países a perfeccionarse . |
s-311
| O feito de que a guitarra sexa un instrumento con pouco volume, onde os fallos soan case máis forte que os acertos é un grande inconveniente. |
s-312
| Por esta razón a guitarra é difícil de tocar en público. |
s-313
| Noutros instrumentos a evolución faise con máis suavidade, pois teñen obras que, aínda sendo tecnicamente fáciles, resultan bonitas. |
s-314
| A guitarra é un dos instrumentos con máis repertorio, situado só por detrás da clave. |
s-315
| O mesmo Bach adaptou unha suite de violoncello para o laud, que era o máis semellante que había á guitarra no seu tempo. |
s-316
| se cando a paso á guitarra, esa obra perde non a fago. |
s-317
| Cal é a mellor época para a guitarra nos eidos do repertorio e da técnica? |
s-318
| No XIX tamén hai moito escrito, pero a maioría son miniaturas seguindo o estilo de Schubert que, en xeral, non teñen grande nivel. |
s-319
| Hai diversas causas. |
s-320
| Por iso moito do repertorio queda reducido a Mozart e pouco máis, o que o pon moi difícil aos compositores de hoxendía, quen por outro lado deixaron atrás ao seu público. |
s-321
| Por exemplo, se ti vas a un hotel facilmente te atoparás cun cadro moderno, non figurativo... é algo normal. |
s-322
| Fallan as 'relacións públicas' da música contemporánea que fagan que a xente realice o esforzo de escoitar este estilo de música. |
s-323
| Se queres un público de masas hai que facer outro tipo de música como U2, Duran Duran.... pero a música clásica ten un público e se hai promoción a xente vai. |
s-324
| Considera importante que calquera músico teña certas nocións dun instrumento harmónico? |
s-325
| A harmonía compréndese mellor se a tocas. |
s-326
| É unha compilación de obras de catro grandes guitarristas e compositores do século XX: Emilio Pujol e Miguel Llobet, alumnos de Tárrega e os compositores para guitarra máis importantes antes dos anos corenta e Andrés Segovia e Regino S. de la Maza, que destacaron despois destes anos. |
s-327
| Facer un disco de música do Renacemento. |
s-328
| É, sen dúbida, a arte máis misteriosa. |
s-329
| O Estatuto de nación: |
s-330
| Velaquí as súas principais vantaxes e carencias. |
s-331
| Os redactores mostran até que punto é posíbel facer propostas ambiciosas sobre o autogoberno de Galiza sen someterse á ideoloxia e aos límites impostos polo poder do Estado español, inseríndoas sen reservas sectarias na realidade estratéxica da Unión Europea. |
s-332
| O documento é coherente coa especial conxuntura que se vive en Galiza e no Estado e non incide no erro de reservar para Europa as reivindicacións máis avanzadas: |
s-333
| Afirman a condición de Galiza como nación; |
s-334
| O documento fala en voz alta do pobo galego, dándolle o papel protagonista no Preámbulo do Estatuto, tal como correspondería a un texto de carácter constitucional. |
s-335
| Sitúa no centro de todo os dereitos e liberdades a cidadanía e a cohesión social, situando 'os valores propios da tradición cultural de Galiza' dentro dos que pertencen á 'historia común europea'. |
s-336
| Define sen reservas o galego como 'lingua nacional, oficial e propia de Galiza', afirmando consecuentemente que 'os cidadáns galegos teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo ', nunha sentenza tan próxima ao sentido común democrático como contraria á hexemonía do castelán incrustada polo poder do Estado na Constitución de 1978. |
s-337
| Di que o sistema fiscal galego se fundamentará na 'autonomia financeira e responsabilidade fiscal plena, sen prexuízo do mantemento e mesmo da potenciación dos necesarios mecanismos e fondos de redistribución tanto no ámbito estatal como no da UE', propondo neste sentido unha 'administración tributaria de seu'. |
s-338
| Como o Estatuto da II República, abre a posibilidade da incorporación dos territorios próximos de cultura galega hoxe en Asturias e Castela (sic) e León. |
s-339
| Asegura a competencia exclusiva sobre os procesos electorais internos galegos e converte a Galiza en circunscrición única para os procesos electorais estatais e europeos. |
s-340
| Dá pautas de desenvolvemento para todos os sectores económicos básicos, afirmando que 'a capacidade económico-financeira endóxena de Galiza abonda para un crecemento sustentábel'. |
s-341
| Afirma a educación como un servizo público esencial, considerando a participación cidadá, dando bases de acción para todos os ciclos, garantindo o ensino en galego, especialmente nas gardarías e no ensino infantil, tratando a potenciación da investigación, o desenvolvemento, a innovación, a sociedade da información e do coñecemento. |
s-342
| Sería preciso interpretar o dereito de autodeterminación nas circunstancias máis favorábeis da UE, na perspectiva da ampliación interna. |
s-343
| Tampouco convén resaltar a presenza no Comité das Rexións, porque está xa garantida, e porque non se lle debe conceder desde aquí unha importancia que non ten nin para Galiza nin para as demais nacións sen Estado. |
s-344
| Claro está, non lles corresponde aos redactores das Bases falar da estratexia que seguir en Galiza para un Estatuto de Nación ser aprobado no Parlamento de Galiza despois de ter o respaldo necesario nas eleccións deste ano 2005. |
s-345
| En todo o caso, as Bases constituen unha preciosa e esclarecida axuda para percorrer ese camiño. |
s-346
| A lingua galega que ocupa unha parte menor, pero significativa, dos diálogos de Mar adentro, soou en Hollywood. |
s-347
| Alejandro Amenábar durante a rodaxe de Mar adentro. |
s-348
| Fronte a unha pleiade de autores (cineastas ou escritores) que preferiron pasar por alto o noso país ou que o usaron como recurso folclórico, Amenábar demostrou que ter sensibilidade a este respecto non é tan difícil, nin converte o produto en algo raro. |
s-349
| Todo un exemplo para outros, mesmo para algúns nacidos na propia casa. |
s-350
| O humor de Sampedro, o tetrapléxico filosofante, sitúase de cheo no eido da 'razón galega' que analiza o antropólogo Marcial Gondar, seguindo a liña antes trazada por García Sabell ou Celestino Fernández de la Vega, na súa teoría sobre o humor autóctono. |
s-351
| Ver o que outros non ven _por moito que resulte obvio_ é un mérito dos artistas, igual que na fábula de O rei espido. |
s-352
| Heroes reais ou de ficción que expresan unha teoría do mundo e que neste caso ten bastante que ver coa visión da vida e da morte propia dos galegos (aínda que, por suposto, non só deles ). |
s-353
| Un premio que só se entende se o que se quere é galardoar máis unha vez esta etapa madura do antigo vaqueiro almeriense. |
s-354
| As visións do tema resultan esteticamente (aínda que non eticamente) opostas, con resultado claramente favorábel ao director español. |
s-355
| O actor suízo Bruno Ganz no papel de Adolf Hitler. |
s-356
| O filme consegue que a atención non decaiga, mesmo en esceas parsimoniosas, rodadas case en tempo real, e en medio dunha atmosfera claustrofóbica que lembra o cine de submarinos dos sesenta, batidos polas cargas de profundidade. |
s-357
| Aínda que semelle extraño é moito o que se ignora sobre o nazismo e de rebote poderíase dicir que é moito tamén o que se ignora sobre o nazismo propio, é dicir o franquismo. |
s-358
| O nazismo ficaba así excluído da análise, da comprensión das causas e do establecemento de complicidades. |
s-359
| Goebbels pide resistir uns días máis o ataque soviético para así negociar con Eisenhower. |
s-360
| O fundimento é unha obra ben realizada que ten a virtude de romper a clausura, establecida sobre todo desde o outro lado do Atlántico, contra toda comprensión non irracional do fenómeno nazi. |
s-361
| Cabe lembrar que, hai algúns anos, unha maioría de xaponeses respondeu a un inquérito dicindo que as bombas de Hiroshima e Nagasaki foran guindadas polos rusos. |
s-362
| Marisol Lorenzo, economista, exerceu de profesora nun instituto de Formación Profesional de Ourense. |
s-363
| Hoxe é unha experta nesta arte floral xaponesa. |
s-364
| Ten a súa orixe nos monxes chineses que levaron ao Xapón a tradición de ofrecerlle flores a Buda. |
s-365
| Polo século X, os xaponeses empezaron a enriquecer esa ofrenda coa inclusión de recipientes. |
s-366
| A ikebana baséase na harmonía que pode ofrecer unha sinxela construción liñal que inclúa flores ou outros elementos procedentes da propia natureza. |
s-367
| É algo que che fai ver a natureza de maneira diferente. |
s-368
| O meu home ocupou un destino diplomático na China primeiro e logo no Xapón. |
s-369
| En Xapón metinme nunha escola de arte floral moderna. |
s-370
| Falamos de algo moi particularmente xaponés ou que xa se estendeu polo mundo? |
s-371
| Calcúlase que hai arredor de 15.000 escolas, e mesmo hai países (Australia, Alemaña e Suíza) nos que esta arte floral é estudada nas propias universidades. |
s-372
| Coida que é unha arte apreciada en Galiza? |
s-373
| Saben apreciala como técnica creativa e como terapia de revivencia e estímulo do seu interior. |
s-374
| Hoxe en día é moi distinto, e na ikebana hai moitísimas mulleres, pero os seus grandes mestres aínda seguen sendo homes. |
s-375
| Gustaríame moito desenvolver esta arte aquí por varias razóns. |
s-376
| A reconversión de Astano deixa a cidade sen expectativas económicas |
s-377
| Ferrol é hoxe unha cidade deprimida. |
s-378
| Agora é a cidade galega con menos habitantes. |
s-379
| O Alcalde de Narón, Xoán Gato; o de Ferrol, Xoán Xuncal; o presidente de Portos de Galicia, Carlos Negreira; e Xoán Fernández, Primeiro Tenente de Alcalde de Ferrol. |
s-380
| Se se sabía que a crise definitiva da industria naval ía chegar a Ferrol inexorabelmente, por que os distintos gobernos e administracións públicas non souberon ou non quixeron _ocorreron as dúas cousas_ poñerlle remedio á imparábel decadencia da cidade que ocupou o terceiro lugar de Galiza durante moito tempo? |
s-381
| En 1981, tiña máis de 91.000 poboadores e a Ferrol aínda seguía emigrando xente de toda Galiza e mesmo de fóra. |
s-382
| Paralelamente, a cidade desolvolvía unha dinámica actividade sindical, política e cultural que viña dos anos anteriores e que colocou a Ferrol no mapa da resistencia á ditadura franquista e a prol do encontro coa democracia, o progreso e a saída da longa noite de pedra. |
s-383
| A Ferrol caeulle enriba o peor das sucesivas fases da reconversión naval até rematar na postración económica que padece hoxe. |
s-384
| Por se todo fose pouco, tamén cando mandaba en Madrid Felipe González, a Comandancia da Flota foi trasladada de Ferrol a Rota (Cádiz), coa influencia que isto tivo nunha cidade das características navais de Ferrol, e con José María Aznar na Moncloa, a capital galega do mar foi desposuída da súa condición de sede da Zona Marítima do Cantábrico. |
s-385
| Cos socialistas de volta no goberno do Estado, a cidade na que naceu o fundador do PSOE está padecendo agora outra gran reestruturación do sector naval que parece disposta a rematar definitivamente coa antiga potencia industrial de Ferrol. |
s-386
| Hai unha diferenza coas reestruturacións anteriores e é que, desta vez, destrúense postos de traballo sen crear ningún novo. |
s-387
| Alguén pensa que Ferrol pode seguir sendo o que foi no tocante ao desenvolvemento da industria naval? |
s-388
| Son moitos os traballadores de Ferrol que emigraron a distintos sitios de España ou do estranxeiro. |
s-389
| Un profesional da seguridade pública con moitos anos de experiencia local, díxonos que 'a degradación laboral de Ferrol non deu aínda síntomas de incidir en aspectos preocupantes da seguridade, pero xa comenza a haber algo que nos está apuntando que as cousas poden cambiar pronto, e non para mellor'. |
s-390
| Conta o que lle pasa a un cadro superior que foi despedido debido a deslocalización da súa empresa despois de prestarlle quince longos anos de eficaces e leais servizos. |
s-391
| Faise cos currículos de todos os que lle pode birlar un posto de traballo e, un a un, vainos matando. |
s-392
| Piño Vidal, responsábel da Secretaría de Formación e Comunicación de CCOO en Ferrol e afectado polo expediente de Izar. |
s-393
| 'Estamos sufrindo o ir a menos dunha cidade que foi creada para o servizo do Estado, e que o Estado agora non atende. |
s-394
| O tráfico de contedores no porto exterior pode ser unha esperanza e servirá para sacar o carbón e a chatarra do medio da ría. |
s-395
| O problema é que, cando morramos os que agora imos seguir cobrando, rematan eses ingresos. |
s-396
| Pérdense . |
s-397
| Daquela creáronse 350 postos de traballo para aprendices. |
s-398
| Empresa de xestión e subcontratas |
s-399
| Pois esa garantía debe ser para a totalidade dos traballadores, e non para uns cantos que lle puideran ser afíns a CCOO. |
s-400
| O responsábel comarcal da CIG tamén ten claro que 'o que se vai facer é potenciar os asteleiros do Sur, onde nos copian a idea dun complexo integral naval, e Ferrol vai quedar nunha empresa de xestión e traballo subcontratado, e, coa entrada dos coreanos na fabricación de guerra, máis aínda'. |