Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - PUD

LanguageGalician
ProjectPUD
Corpus Parttest

Select a sentence

Showing 202 - 301 of 1000 • previousnext

s-202 Mentres tanto, a clientela do Bank of Scotland gaña un 3% sobre saldos de 3.000 a 5.000 libras ao engadir a opción gratuíta Vantage á súa conta.
s-203 En teoría, deste xeito vostede ten acceso ao seu diñeiro sempre que o desexe.
s-204 Esa taxa do 3% tamén se aplica ás persoas titulares dunha tarxeta Nectar que queiran pedir prestadas de 15.001 a 19.999 libras nun período de entre dous e tres anos.
s-205 O xofre é un nutriente vital para o crecemento saúdable das plantas, pero os chans de Reino Unido teñen por natureza deficiencia deste mineral esencial.
s-206 Avanzamos rapidamente ata 2016 e isto merece cada vez máis atención.
s-207 Por sorprendente que pareza, incluso despois de tormentas de choiva ácida sae o sol.
s-208 É posible que o mundo sexa exasperante e absurdo, pero polo menos hai alguén co amor propio necesario como para seguir protestando contra iso.
s-209 Acabas por esperar máis atentamente a escoitar o seguinte ruído e irritándote cando oes.
s-210 Iso é simplemente horroroso.
s-211 É xusto dicir que Rocco Catalano traballa, vive e respira ao estilo retro.
s-212 Penso que esa é a razón pola que se mergullaron no patrón e na cor.
s-213 Catalano regresou á zona tras vivir en Londres e a continuación en Glasgow, onde estudou deseño de xoias na Glasgow School of Art.
s-214 'Encantáronme as cores tropicais', di el.
s-215 'Visito as exposicións de fin de grado da Northampton University para descubrir novos talentos', di el.
s-216 Mais cando suxiro que use a Frank de modelo, ela ri.
s-217 Naturalmente, o espazo de oficina dispón de moita roupa e pouca comida.
s-218 A propia Wintour aparece brevemente e é gravada poñéndose as lentes de sol antes de ser entrevistada.
s-219 Fixeime no motocrós e, canto máis miraba, máis aparecía o rostro desta muller en fotografías que semellaban dos anos 70.
s-220 Encántame xogar con iso e sempre estou á procura de musas que encaixen, xa que é moi interesante coleccionalas cando atopo algunha.
s-221 No mellor dos casos, peca de inocencia e, no peor, deixaría novamente libres de problemas aos grupos de presión a favor das armas.
s-222 O seu director de políticas de natureza, Jeff Knott, declarou: 'Sorprenderíame que se introducise unha prohibición ou unha licenza en base a isto'.
s-223 A postura de RSPB tamén provocou o enfrentamento a moitos líderes conservacionistas, desde o autor da petición, Mark Avery, ao presentador de televisión Chris Packham.
s-224 Simplemente digamos que está enganado.
s-225 E que hai da posición de Australia?
s-226 Neste sentido, un punto da axenda en Marrocos terá lugar o segundo sábado, cando países desenvolvidos se cuestionen publicamente uns aos outros acerca dos seus plans e ambicións.
s-227 Citóuselle dicindo: 'Estamos a pensar activamente en formas posíbeis de limitar o ámbito do litixio exclusivamente a aquelas persoas que teñan unha posición real no proxecto'.
s-228 'O bacallau do Mar Céltico podería desaparecer' sen os límites propostos, afirmou un funcionario da UE.
s-229 Mais tamén se planearon grandes reducións para o bacallau, o linguado, a solla, o rapante e o abadexo no mar Céltico e no mar de Irlanda.
s-230 Os conservacionistas celebraron o anuncio da comisión.
s-231 50 eran mercados.
s-232 'O acceso á ágora era con invitación, pero moitos deses mercados son de fácil acceso se se sabe como buscar', engade o doutor Lee.
s-233 Non os tiñan na nosa época, e as persoas que non teñen fillos expresan a través da súa desaprobación o seu rexeitamento cara a paternidade moderna.
s-234 Non digo á lixeira que é unha besta.
s-235 Día tres, estaba de volta no EMicro.
s-236 O mundo (e, por extensión, o Reino Unido) enfróntase á escaseza de persoas coas habilidades necesarias para montar unha defensa efectiva.
s-237 As empresas poden intentar establecer un cortalumes entre os sistemas sensíbeis e as potencias estranxeiras, mais non sempre funciona.
s-238 Pero polo menos poden colocar trampas para confundir e disuadir, un concepto coñecido como 'defensa activa'.
s-239 Tras descubrir un amplo filón de discusións sobre o tema en Internet, a miña lista fíxose excesivamente longa e cubría case todos os estados da unión.
s-240 Avistei algunhas.
s-241 A miña seguinte parada foi Bellingham, moi preto da fronteira canadense.
s-242 De volta no tren, continuamos cara ao sur.
s-243 Unha cidade pequena con dous minaretes pasa deslizándose .
s-244 En cada estación, un garda cunha gorra vermella preside o andén e unha persoa encargada de puntear as rodas camiña ao longo do tren cun martelo, golpeando suavemente o chasis.
s-245 A continuación, bote unha ollada ao mercado da mañá (de 6:30 a 10:00): piruletas de arroz, casulos de avespa (as pupas son consideradas unha delicia), pulmón de búfalo, cortiza e follas de noz de areca, siluros e sapos vivos.
s-246 Esta é potencialmente a intervención de maior alcance realizada por Pequín desde a cesión de Hong Kong por parte do Reino Unido en 1997.
s-247 O xuramento implica que os lexisladores xuren lealdade a Hong Kong como parte da República Popular da China.
s-248 O goberno de Hong Kong, que está liderado por lexisladores partidarios de Pequín, argumentou que a parella non debería ocupar o cargo.
s-249 'Pequín considera que a súa intervención é necesaria para evitar unha parálise lexislativa prolongada na cidade', afirmou.
s-250 Mentres tanto, Hong Kong parece estarse preparando para unha onda de protestas.
s-251 No programa de Andrew Marr da BBC declarou: 'Francamente, o último que quere o goberno son unhas eleccións xerais'.
s-252 O seu soño é terminar aquí a súa carreira profesional.
s-253 É fácil non dar importancia a empatar un partido que dominaches, pero facelo tres veces seguidas indica unha debilidade.
s-254 Estamos moi decepcionados porque nos deixamos seis puntos xogando en casa.
s-255 Non cabe dúbida de que ese foi o caso de Andy cando xogou contra Benoît Paire en Montecarlo en abril.
s-256 Pero neste momento todo está desaxustado e el parece estar a buscar respostas todo o tempo.
s-257 Eu tamén me pregunto se a Copa Davis tivo algo que ver.
s-258 A enquisa anual tamén revelou que a preocupación acerca de asumir novas cargas económicas disparouse.
s-259 A señora Hopley engadiu: 'O aumento do risco político non debe pasar desapercibido'.
s-260 A noticia de fraude na empresa (o cal se prolongara durante anos) fixo diminuír o valor de VW en decenas de miles de millóns de euros e custoulle o seu traballo a Martin Winterkorn, o director executivo.
s-261 Tamén expuxo a VW a grandes demandas de indemnización e accións legais, así como a provisionar máis de 16 mil millóns de euros.
s-262 A investigación comezou en xuño, centrada no señor Winterkorn e no xefe da marca, Herbert Diess, o cal continúa traballando para a fabricante de automóbiles.
s-263 Foi ascendido a presidente en outubro de 2015, un mes despois de que o escándalo saíse á luz.
s-264 As empresas esperaban comezar a reducir os seus beneficios en xullo, inmediatamente despois da votación do Brexit, pero no seu lugar conseguiron manter un crecemento constante.
s-265 As empresas minoristas e maioristas expandíronse grazas ao continuado optimismo dos consumidores, e as compañías de servizos ao consumidor tamén creceron.
s-266 Con todo, haberá límites á súa capacidade de gasto, xa que o goberno aínda ten un déficit orzamentario substancial.
s-267 O custo cambiará mensualmente e espérase que o prezo aumente no inverno co incremento do seu uso.
s-268 A prezo da tarifa fixa de Eon é de 760 libras e os clientes de Avro Energy pagarían sobre 760 libras polas súas tarifas Simple e Select.
s-269 Ou trátase dunha tarifa de prepago ou estándar cara?
s-270 Un inversor con sorte media e 10.000 libras en bonos podería esperar recibir 125 libras en premios ao ano.
s-271 Se o fixesen, os bonos con prima non serían diferentes ás contas de aforro ordinarias.
s-272 O diñeiro investido en bonos con prima, así como noutras contas de aforro nacional e investimento, utilízase para axudar a financiar o gasto gobernamental.
s-273 Isto non impediu que os investidores acudisen en masa a depositar o seu diñeiro nos fondos.
s-274 Foi seguido polos fondos Target Return e Income de Aviva Investors Multi Strategy, nos que os investidores investiron 2 mil millóns e 1,4 mil millóns de libras respectivamente.
s-275 Isto significa que non se beneficiaron do crecemento dos activos no estranxeiro causado pola caída da libra.
s-276 Adidas está axudando a limpar os océanos da Terra mediante a utilización do lixo que flota por todo o mundo para fabricar calzado.
s-277 O consumidor pode impulsar a demanda de mudanza.
s-278 Un importante informe publicado en xaneiro informou de que en 2050 os océanos conterán máis plástico que peixe a non ser que a humanidade adopte medidas radicais para impedir que o lixo termine no mar.
s-279 Tras unha cirurxía fantástica e unha dura rehabilitación, recupereime completamente.
s-280 Coa advertencia de que neses momentos o servizo nacional de saúde británico estaba baixo 'unha presión enorme', pediu ao público que se responsabilizase máis da súa propia saúde.
s-281 Catro de cada dez adultos resultaron feridos a causa do mal tempo, mentres que nove de cada dez subestiman o frío que pode facer en Gran Bretaña no inverno.
s-282 Xogarán o sábado 10 de xuño.
s-283 O ano pasado foi un ano incrible e espero que volvamos aínda mellor en 2017.
s-284 Empezou na RSC a mediados dos anos 60 interpretando a unha interna dun psiquiátrico en Marat/Sade.
s-285 O vestido é contemporáneo.
s-286 De onde vén toda a súa enerxía? Ou esa voz, que pode explotar con suficiente forza como para crear ondas de choque?
s-287 O seu pescozo diríxese cara á fronte coas veas acentuadas en actitude de confrontación, as mans tremen.
s-288 Pero tras permitir que Glenda se marcase semellante actuación, quen pode culpalo ?
s-289 Traballou nas noticias e en asuntos de actualidade en radio e televisión durante décadas.
s-290 En teoría, se se fai ben, é indetectable.
s-291 Solta o micrófono.
s-292 Segundo a conta do propio director, ata agora fixo oito películas.
s-293 O cine cambiara tan drasticamente que Hollywood afastara ao público familiar.
s-294 Desde o punto de vista do director, a película é un precario exercicio de equilibrismo entre unha alegre gamberrada para toda a familia e un contundente drama social.
s-295 Por un lado, funciona como un amable e reconfortante produto sen pretensións que parece feito a medida para ver o domingo pola tarde.
s-296 E, por suposto, está Bob, unha fonte constante de entretemento.
s-297 Polo tanto, o resultado non é precisamente fantástico.
s-298 Para o público moderno, que na súa maioría ten pouca experiencia en conflitos de primeira liña, as proezas de Doss pertencen á esfera do inimaxinable.
s-299 A historia de Doss tamén ten unha natureza improbable que a fai todavía máis atraente.
s-300 Todos os médicos estaban armados, excepto eu.
s-301 Cando morreu Millican, demos por feito que tampouco volveríamos ver ao problemático e nervioso Odi.

Text viewDownload CoNNL-U