s-103
| A inspección tamén está a investigar unhas entradas incendiarias de setembro publicadas en Facebook que se atribúen, presuntamente, a axentes de policía da rexión norte da cidade de Ontario. |
s-104
| Os directivos tamén recibiron a denominada 'remuneración por desempeño' por cumpriren ou superaren as expectativas, compartindo un bote de 1,5 millóns de dólares entre eles ou arredor de 15.000 dólares por persoa. |
s-105
| O seu orzamento anual supera os 1,4 mil millóns de dólares e emprega a máis de 6.000 persoas. |
s-106
| O goberno federal informa de maneira proactiva sobre o total das remuneracións por desempeño e os niveis de incentivos de cada departamento, mais a última publicación na páxina web é de 2013-2014; é dicir, de hai dous anos. |
s-107
| Nese ano, o total das remuneracións por desempeño e os incentivos foi de 1,5 millóns de dólares, unha contía similar á de 2015-2016. |
s-108
| Gomery, que liderou a comisión de investigación sobre o escándalo do patrocinio federal entre 2004 e 2006, afirmou que eses corpos eran esenciais para axudar a restaurar a confianza do público no estado de dereito. |
s-109
| Isto revelou, nos últimos dous días, que a policía provincial centrou súas operacións de vixilancia en polo menos outros seis xornalistas do Quebec. |
s-110
| As directrices indicaban que non debería existir un acceso preferente ao goberno, ou un aparente acceso preferente, para persoas ou organizacións por realizaren contribucións económicas a políticos ou partidos políticos. |
s-111
| O xuíz do caso de Duffy por fraude e abuso de confianza ditaminou que se obedecían as normas do Senado cando retirou todos os cargos contra Duffy. |
s-112
| Hoxe en día, os teléfonos móbiles son moito máis que teléfonos. |
s-113
| 'É incríble', afirmou o mes pasado Lindsay Gay, unha clienta cunha tarifa de datos ilimitados de SaskTel. |
s-114
| Tamén sinalou que Rogers presentara hai pouco unha nova aplicación que axuda a clientela a monitorizar o seu uso de datos. |
s-115
| Iso é o que nos fai seguir volvendo por máis. |
s-116
| Estas estimacións coinciden coas porcentaxes de novos apartamentos que entran no mercado de alugueiro unha vez terminados, o que sinala o importante papel que xogan os investidores (nacionais) no mercado da vivenda da Área Metropolitana de Toronto. |
s-117
| 'Esta cepa axuda coa dor de costas, esta cepa axuda coas náuseas, este produto facilita o soño polas noites', di Dietrich dende a sede da empresa en Denver (Colorado), onde a herba se vende legalmente. |
s-118
| Pero sen un marco lexislativo, e coas orixes populares da herba como un remedio caseiro que altera o estado de ánimo, as empresas teñen máis dúbidas que respostas. |
s-119
| O ferro é un elemento esencial que o corpo necesita para producir hemoglobina, a proteína que se atopa nos glóbulos vermellos e que se encarga de levar osíxeno aos tecidos do corpo. |
s-120
| O período de espera actual é de oito semanas. |
s-121
| Pódense ter uns niveis normais de hemoglobina e ter baixas as reservas de ferro totais, afirma o Servizo Canadense de Transfusión de Sangue (CBS). |
s-122
| As novas directrices sobre os niveis de ferro fan que se precisen máis doantes. |
s-123
| O que comezou como unha ecografía habitual complicouse cando a muller embarazada, Margaret Boemer, de Plano (Texas), recibiu a noticia de que o feto presentaba unha enfermidade rara e precisaba dunha cirurxía para sobrevivir. |
s-124
| O teratoma sacrococcíxeo é un tumor que se desenvolve antes do nacemento e que crece no cóccix do bebé. |
s-125
| É o tumor máis frecuente en bebés e prodúcese nun de cada 35.000 nacementos. |
s-126
| Tiña 84 anos. |
s-127
| Describiuna como unha muller 'excepcional, agarimosa e marabillosa' que deixou unha pegada no mundo literario coas súas historias. |
s-128
| 'Algúns homes píllano e Bono é un deles ', dixo Leive hai pouco nunha entrevista. |
s-129
| Con só 20 anos, é unha das grandes voces contra o acoso e axuda as mozas a aceptar os seus propios ideais de beleza. |
s-130
| 'A súa voz deu a volta ao mundo', dixo Leive. |
s-131
| Así que se publicaron as fotos oficiais da festa, as redes sociais enchéronse de comentarios moi pouco favorables. |
s-132
| Moitas persoas, incluídos os pobos indíxenas, defenden que se trivializa a cultura das primeiras nacións. |
s-133
| Estas audiencias da Comisión de Radiotelevisión e Telecomunicacións Canadense (CRTC) teñen como obxectivo recadar respostas do público e das partes interesadas do sector. |
s-134
| Isto non só afectaría o contido de entretemento, senón tamén a educación, a investigación científica e, quizais o que é máis importante, o discurso político. |
s-135
| No fin de contas, Internet non é un luxo; é unha ferramenta esencial. |
s-136
| Os detritos formaron un anel ao redor do ecuador da Terra e, co tempo, a gravidade uniunos e deron lugar á Lúa. |
s-137
| Aínda así, hai preguntas para as que non hai resposta. |
s-138
| Na cidade de Hillsborough, ás aforas de Chapel Hill, alguén lanzou un artefacto incendiario contra a sede do Partido Republicano o mes pasado. |
s-139
| Tras a aprobación da lei que restrinxe o dereito a voto en Carolina do Norte no ano 2013, Campbell visitou igrexas para ensinar á xente como solucionar problemas á hora de rexistrarse. |
s-140
| Notaba os efectos das eleccións ao seu redor cando xurdían conflitos e na curiosa intersección entre as novas e vellas ideas. |
s-141
| Esta falta de correspondencia entre os datos económicos e a retórica política resulta ou debería resultar familiar. |
s-142
| Os economistas republicanos advirten de que non se deberían entender eses datos como proba de que o seu partido é pésimo na política económica. |
s-143
| 'Descoñezo cal foi o crecemento do PIB durante os gobernos de Washington e Lincoln, pero o desenvolvemento institucional que se produciu neses mandatos tivo uns efectos duradeiros e de grande envergadura'. |
s-144
| Hai máis diferenzas que similitudes entre Sulla e Trump, Roma e EE.UU., pero iso non nega as semellanzas. |
s-145
| E admitiu: 'Debedes prestar atención ao que recoñeceu que temos que facer doutro xeito, porque podemos facelo mellor, e a aquilo sobre o que expresou o seu pesar'. |
s-146
| Porén, a medida que as críticas contra Clinton como primeira dama se tornaban máis incisivas, Karel mostraba máis empatía. |
s-147
| 'Síntome poderoso cando o imito', explicou a Slate John Di Domenico, imitador de Donald Trump, o ano pasado. |
s-148
| A medida que aumenta a histeria das eleccións presidenciais de 2016, a Karel preocúpalle unha ameaza que resulta máis problemática que as estupideces. |
s-149
| Normalmente son artistas que queren facer unha morea de cousas. |
s-150
| Entón remata o anuncio. |
s-151
| Os produtores de Miami bass mostráronse impecables na que é a súa maior preocupación: a arte de facer mover o cu. |
s-152
| Nunha entrevista recente, Zay e Zayion describiron como gravaron a súa versión de 'Knuck If You Buck' nun ordenador portátil de uso persoal. |
s-153
| Con todo, os desafíos, así como as cancións que os recollen, engaden un sistema nervioso rastrexable e conectivo ao conxunto de retorceduras que aparecen nos vídeos de bucles de estética granular. |
s-154
| As súas versións subliñan o atractivo dun bo desafío, xa sexa artístico ou doutro tipo: incomodidade, crecemento e unha conexión significativa. |
s-155
| Sería moito máis seguro, pensou Platón, outorgar o poder a gardiáns instruídos minuciosamente. |
s-156
| Como moita xente que coñezo, pasei os últimos meses en vela lendo as enquisas con pánico. |
s-157
| Caplan descarta o voto retrospectivo citando a dous académicos que afirman que 'é igual de irracional que matar o faraón cando o Nilo non desborda'. |
s-158
| Porén, non había nada máis que fose evidentemente artístico sobre ela ou o seu comportamento con outras persoas. |
s-159
| En 2010, a fundación lanzou unha edición tipográfica de 'Zettel's Traum' coa que eliminou as limitacións de acceso para quen se resistía á sensación de borrador da impresión offset. |
s-160
| Tratei de revelar un étimo cando mantiña correspondencia con Woods por correo electrónico. |
s-161
| Alice, a súa muller, declarou: 'Unha completa falta de coidado da súa propia saúde'. |
s-162
| Cada mapa da exposición conta a súa propia historia, aínda que non todas están baseadas en feitos reais. |
s-163
| Tamén se expoñen, por primeira vez, mapas do Ministerio de Defensa do Reino Unido que idean batallas da guerra fría e que se empregaron en exames de escolas militares. |
s-164
| A circunscripción electoral atópase no termo municipal de North Kesteven, onde o 62% do electorado apoiou a saída da UE. |
s-165
| Botarase en falta a súa capacidade de obter respostas para as persoas contribuíntes. |
s-166
| Christian Wolmar, que escribiu varios libros sobre historia ferroviaria, participará na competición o 1 de decembro. |
s-167
| Liberais Demócratas, que representaron o acomodado barrio ata 2010, esperan recuperalo coa súa candidata Sarah Olney. |
s-168
| Mentres tanto, a distanciada muller do deputado lanzou a súa campaña para ocupar o posto. |
s-169
| Foi extremadamente elegante e tomouno ben, estou que boto lume. |
s-170
| Hai máis de 330 tripulantes a bordo do navío. |
s-171
| Vega suxeriu que, por cuestións de idade, moitos descoñecerían a súa historia. |
s-172
| Aquí asasinouse xente. |
s-173
| Unha central eléctrica de carbón situada en Badarpur, no sueste de Delhi, deixará de operar durante 10 días xunto con xeradores de diésel da cidade. |
s-174
| Pasou entón catro anos na radio BBC World Service en Bush House. |
s-175
| Traballou unha década para a BBC. |
s-176
| Unha das moitas entradas que se publicaron en Facebook na súa memoria contén unha frase que lle encantaría a Chris: 'Non coñecín a ninguén máis africano ca ti'. |
s-177
| Quen pode deter a este equipo australiano? |
s-178
| Sería que xa non tiñan garantido o seu divino dereito a ser os mellores do mundo? |
s-179
| Teñen a oportunidade de redimirse gañando a Inglaterra. |
s-180
| África do Sur atópase case nun punto de non retorno e debemos igualar o seu empeño. |
s-181
| Xoga forte, pero tamén ten unhas mans delicadas. |
s-182
| Contamos cun grande equipo e temos a oportunidade de avanzar. |
s-183
| Tes que facerlle fronte, eu prefiría que a xente fose directa e que non andivese con voltas. |
s-184
| Era como se estivese pasando a bóla dun lado para o outro por debaixo de tres vasos que estaban virados cara abaixo. |
s-185
| Australia, que mellorara nos últimos partidos do Rugby Championship, estaba moi preparada. |
s-186
| Unha vitoria de Donald Trump faría o mundo máis preocupante e inestable do que xa é ao instante. |
s-187
| A señora Clinton ten fama de militarista, mais este feito verase atenuado por unha opinión pública estadounidense cansada da guerra. |
s-188
| Pronunciouse a favor da tortura. |
s-189
| Eu tamén teño problemas cos contrasinais. |
s-190
| Tamén hai as chamadas historias reais, que se publican nunha serie de imaxes significativas con textos na parte inferior. |
s-191
| Claro, entendo que se debe separar a Alemaña de hoxe en día do réxime nazi. |
s-192
| Na esquina hai unha moza que leva un pano na cabeza e uns pantalóns vaqueiros; vai moi discreta, o que me fai pensar que é outra asistente. |
s-193
| Quen se dedican á arte chegan ao corazón das persoas; é a única ocasión na que nos reunimos nun mesmo lugar e deixamos de lado as nosas diferenzas. |
s-194
| Entre os seus títulos máis peculiares atópanse o de embaixador internacional da Asociación de Hospitais e de Saúde da Cidade de Nova York, e unha praza na Escola de Negocios de Harvard. |
s-195
| Podo simplemente dedicarme a iso. |
s-196
| Quería velo con eles, pero ao final decidiron que preferían velo sen min. |
s-197
| Non podemos deixar que alguén tan racista, sexista e tan pouco preparado para ser comandante en xefe como Donald Trump gañe as eleccións. |
s-198
| 'Cada vez hai máis xente recorrendo aos créditos...aínda que, polo de agora, pedir estes préstamos é viable, un cambio repentino das circunstancias pode levar a problemas de endebedamento'. |
s-199
| A súa explicación é que non ofrece suficiente protección aos traballadores estadounidenses que poderían ver danados os seus traballos e niveis de vida. |
s-200
| Neste contexto, ten sentido mobilizarse contra a industria. |
s-201
| En teoría, unha parella podería abrir catro contas en Tesco e gañar o 3% de 12.000 libras (360 libras). |
s-202
| Mentres tanto, a clientela do Bank of Scotland gaña un 3% sobre saldos de 3.000 a 5.000 libras ao engadir a opción gratuíta Vantage á súa conta. |