Por iso moito do repertorio queda reducido a Mozart e pouco máis, o que o pon moi difícil aos compositores de hoxendía, quen por outro lado deixaron atrás ao seu público.
Se queres un público de masas hai que facer outro tipo de música como U2, Duran Duran.... pero a música clásica ten un público e se hai promoción a xente vai.
É unha compilación de obras de catro grandes guitarristas e compositores do século XX: Emilio Pujol e Miguel Llobet, alumnos de Tárrega e os compositores para guitarra máis importantes antes dos anos corenta e Andrés Segovia e Regino S. de la Maza, que destacaron despois destes anos.
Os redactores mostran até que punto é posíbel facer propostas ambiciosas sobre o autogoberno de Galiza sen someterse á ideoloxia e aos límites impostos polo poder do Estado español, inseríndoas sen reservas sectarias na realidade estratéxica da Unión Europea.
O documento é coherente coa especial conxuntura que se vive en Galiza e no Estado e non incide no erro de reservar para Europa as reivindicacións máis avanzadas:
O documento fala en voz alta do pobo galego, dándolle o papel protagonista no Preámbulo do Estatuto, tal como correspondería a un texto de carácter constitucional.
Sitúa no centro de todo os dereitos e liberdades a cidadanía e a cohesión social, situando 'os valores propios da tradición cultural de Galiza' dentro dos que pertencen á 'historia común europea'.
Define sen reservas o galego como 'lingua nacional, oficial e propia de Galiza', afirmando consecuentemente que 'os cidadáns galegos teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo', nunha sentenza tan próxima ao sentido común democrático como contraria á hexemonía do castelán incrustada polo poder do Estado na Constitución de 1978.
Di que o sistema fiscal galego se fundamentará na 'autonomia financeira e responsabilidade fiscal plena, sen prexuízo do mantemento e mesmo da potenciación dos necesarios mecanismos e fondos de redistribución tanto no ámbito estatal como no da UE', propondo neste sentido unha 'administración tributaria de seu'.
Como o Estatuto da II República, abre a posibilidade da incorporación dos territorios próximos de cultura galega hoxe en Asturias e Castela (sic) e León.
Asegura a competencia exclusiva sobre os procesos electorais internos galegos e converte a Galiza en circunscrición única para os procesos electorais estatais e europeos.
Dá pautas de desenvolvemento para todos os sectores económicos básicos, afirmando que 'a capacidade económico-financeira endóxena de Galiza abonda para un crecemento sustentábel'.
Afirma a educación como un servizo público esencial, considerando a participación cidadá, dando bases de acción para todos os ciclos, garantindo o ensino en galego, especialmente nas gardarías e no ensino infantil, tratando a potenciación da investigación, o desenvolvemento, a innovación, a sociedade da información e do coñecemento.
Tampouco convén resaltar a presenza no Comité das Rexións, porque está xa garantida, e porque non se lle debe conceder desde aquí unha importancia que non ten nin para Galiza nin para as demais nacións sen Estado.
Claro está, non lles corresponde aos redactores das Bases falar da estratexia que seguir en Galiza para un Estatuto de Nación ser aprobado no Parlamento de Galiza despois de ter o respaldo necesario nas eleccións deste ano 2005.
Fronte a unha pleiade de autores (cineastas ou escritores) que preferiron pasar por alto o noso país ou que o usaron como recurso folclórico, Amenábar demostrou que ter sensibilidade a este respecto non é tan difícil, nin converte o produto en algo raro.
O humor de Sampedro, o tetrapléxico filosofante, sitúase de cheo no eido da 'razón galega' que analiza o antropólogo Marcial Gondar, seguindo a liña antes trazada por García Sabell ou Celestino Fernández de la Vega, na súa teoría sobre o humor autóctono.
Heroes reais ou de ficción que expresan unha teoría do mundo e que neste caso ten bastante que ver coa visión da vida e da morte propia dos galegos (aínda que, por suposto, non só deles).
O filme consegue que a atención non decaiga, mesmo en esceas parsimoniosas, rodadas case en tempo real, e en medio dunha atmosfera claustrofóbica que lembra o cine de submarinos dos sesenta, batidos polas cargas de profundidade.
Aínda que semelle extraño é moito o que se ignora sobre o nazismo e de rebote poderíase dicir que é moito tamén o que se ignora sobre o nazismo propio, é dicir o franquismo.
O fundimento é unha obra ben realizada que ten a virtude de romper a clausura, establecida sobre todo desde o outro lado do Atlántico, contra toda comprensión non irracional do fenómeno nazi.
Cabe lembrar que, hai algúns anos, unha maioría de xaponeses respondeu a un inquérito dicindo que as bombas de Hiroshima e Nagasaki foran guindadas polos rusos.
Calcúlase que hai arredor de 15.000 escolas, e mesmo hai países (Australia, Alemaña e Suíza) nos que esta arte floral é estudada nas propias universidades.
O Alcalde de Narón, Xoán Gato; o de Ferrol, Xoán Xuncal; o presidente de Portos de Galicia, Carlos Negreira; e Xoán Fernández, Primeiro Tenente de Alcalde de Ferrol.
Se se sabía que a crise definitiva da industria naval ía chegar a Ferrol inexorabelmente, por que os distintos gobernos e administracións públicas non souberon ou non quixeron _ocorreron as dúas cousas_ poñerlle remedio á imparábel decadencia da cidade que ocupou o terceiro lugar de Galiza durante moito tempo?
Paralelamente, a cidade desolvolvía unha dinámica actividade sindical, política e cultural que viña dos anos anteriores e que colocou a Ferrol no mapa da resistencia á ditadura franquista e a prol do encontro coa democracia, o progreso e a saída da longa noite de pedra.
Por se todo fose pouco, tamén cando mandaba en Madrid Felipe González, a Comandancia da Flota foi trasladada de Ferrol a Rota (Cádiz), coa influencia que isto tivo nunha cidade das características navais de Ferrol, e con José María Aznar na Moncloa, a capital galega do mar foi desposuída da súa condición de sede da Zona Marítima do Cantábrico.
Cos socialistas de volta no goberno do Estado, a cidade na que naceu o fundador do PSOE está padecendo agora outra gran reestruturación do sector naval que parece disposta a rematar definitivamente coa antiga potencia industrial de Ferrol.
Un profesional da seguridade pública con moitos anos de experiencia local, díxonos que 'a degradación laboral de Ferrol non deu aínda síntomas de incidir en aspectos preocupantes da seguridade, pero xa comenza a haber algo que nos está apuntando que as cousas poden cambiar pronto, e non para mellor'.
Conta o que lle pasa a un cadro superior que foi despedido debido a deslocalización da súa empresa despois de prestarlle quince longos anos de eficaces e leais servizos.
O responsábel comarcal da CIG tamén ten claro que 'o que se vai facer é potenciar os asteleiros do Sur, onde nos copian a idea dun complexo integral naval, e Ferrol vai quedar nunha empresa de xestión e traballo subcontratado, e, coa entrada dos coreanos na fabricación de guerra, máis aínda'.