Text view

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain
AnnotationGarcia, Marcos

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 18 - 28 < sentence 29 - 39 > sentence 40 - 50

A nosa editorial, usando a intermediación de algúns escritores cubanos que o coñecían e que viaxaban a Londres por diferentes motivos, fixo varios intentos por lograr a súa aprobación para publicar títulos representativos dentro da súa obra, como Tres tristes tigres e A Habana para un infante difunto. Non embargante, sempre batemos ou coa inaccesibilidade do autor, ou coa negativa pública de non permitir que os seus libros circulasen en Cuba en canto vivisemos na Revolución'. Á dereita, Lech Walesa nunha fotografía de 1999. Walesa escribiu que 'Radio María amenaza a nova democracia polaca e compromete a imaxe de Polonia e da Igrexa católica en Polonia'. O ex sindicalista, hoxe con escaso predicamento no país, logrou non obstante que esta opinión sobre a emisora fose moi comentada. (La Vanguardia, 28 de febreiro). Un índice da incultura deste país poden ser as manifestacións que acostuman facer moitos licenciados e profesores: un bótase as mans á cabeza e non acerta a comprender como certos túzaros puideron pasar por unha universidade sen que esta lles afectase para nada. E así sucede con certo profesor de arte recentemente nomeado para dirixir o Instituto Cervantes en Milán, non sei se prodixio de ignorancia ou de pailán atordado coas luces da cidade, para quen o nacionalismo é un obstáculo para a cultura. E nin sequera se lle ocorre pensar o evidente: se na Galicia de entón é posible atopar algo semellante entre os non nacionalistas.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees