gl-ctg-test

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttest
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 1 - 6 < sentence 7 - 17 > sentence 18 - 28

A empresa porá á disposición dos traballadores e traballadoras o medio de transporte para o seu desprazamento desde o lugar da súa residencia habitual ao centro de traballo e regreso ao primeiro, unha vez finalizada a xornada de traballo. O resultado obtido debe ser considerado coma o valor medio de 7 empresas, que presentan diferentes formas de aprovisionamento, e que polo tanto teñen distintas formas de pagamento ou condicións de pagamento (105, 95, 86, 40, 136, 99 e 26). Aliméntase de pequenos crustáceos e de peixes, e mentres que para comer o krill nadan dispersos, cando perseguen ós bancos de peixes xúntanse moitos exemplares. O risco de padecer este tipo de cancro de esófago asóciase tamén con certos hábitos alimentarios, como o consumo de alimentos que inclúan nitratos, nitritos e nitrosaminas, e tamén coa inxesta pobre de froita e verdura. Todo o persoal da empresa ten dereito ao servizo de cociña e comedores, de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto. Os criterios de selección da poboación de estudo permitiron clasificar os propietarios catastrais como se presenta na táboa 2. A porcentaxe de hospitalizacións ocasionadas por doentes procedentes de fóra de Galicia con problemas do aparello respiratorio foi de 0,7; sendo en 1997 e 1998 de 0,6 (ver anexo II). Ademais, se atendemos á súa desagregación parece conveniente sinalar que os efectos da amortización fiscal foron superiores aos do crédito fiscal para todos os grupos de tamaño durante o período temporal analizado. Existe unanimidade en apreciar que é o sector xuvenil o que máis axiña e máis decididamente se adaptou a esta civilización do ocio. despois da queixa formulada pola FEG perante o Valedor do Pobo, o Director Xeral de Obras Públicas volveu convocar a Xunta de Goberno, celebrándose dúas reunións no ano 2000, unha delas para aprobar o Plano Hidrolóxico de Galiza-Costa. En estudiantes de enfermería extranxeiros, os diversos autores atopan concentracións da maioría dos seus fumadores entre os 5 e 19 cigarros/día, sendo os fumadores de 20 e máis cigarros dun 2,4% en Italia, dun 18% no Reino Unido e dun 13% nos Estados Unidos.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees