Text view

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Partdev
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

indexsentence 29 - 39 < sentence 40 - 50 > sentence 51 - 61

Esta última forma de amnesia obsérvase nas lesións destructivas difusas das neuronas cerebrais, na demencia senil, na hemorraxia e no reblandecemento cerebrais e na demencia paralítica. As modificacións non autorizadas nas obras con respecto aos proxectos polos que se rexa a súa realización orixinarán responsabilidades dos funcionarios de acordo coas normas a que se refire o apartado anterior. Ademais, resulta obrigado o recoñecemento expreso dos instrumentos que permiten recoller e reproducir palabras, sons e imaxes ou datos, cifras e operacións matemáticas. Grazas ao seu esforzo, decenas de nenos, escasos de roupa pero de mirada celestial, acceden, do mesmo xeito que o vástago dun sultán, ao mellor sistema educativo. O PEIT estrutura os seus obxectivos en catro grandes obxectivos cualitativos: a mellora da eficiencia do sistema; o fortalecemento da cohesión social e territorial; a sostenibilidade; e o impulso do desenvolvemento económico e a competitividade. Recoméndase especialmente unha atención prioritaria ao sector de servizos e, dentro del , ao turismo, polo impacto que esta actividade ten en determinadas zonas do mundo. A macroeconomía, en canto método, non é debedora exclusivamente de Keynes, xa que os fisiócratas operaban desde esa perspectiva cando dividían a sociedade en tres _clases_ para demostra-la _circulación da riqueza_ (Brooman, 1970, cap. 1). Resultan baldíos posicionamentos pechados de si a incorporación ten que ser sempre en recursos xerais ou sempre en recursos específicos. Acompañando á difusión do proxecto, organizaranse xornadas de formación do profesorado, nas que se presentarán os materiais elaborados e se explicitarán as intencións educativas dos mesmos. A pulverización do concentrado en pequenas gotiñas realízase nun cabezal de atomización que pode ser un disco xiratorio ou unha tobeira de presión. Ademais, resulta difícil establecer unha relación entre o deseño e o desenvolvemento da OPV e a posterior evolución das cotizacións, dado que estas dependen doutros moitos factores tanto do mercado como específicos da empresa emisora.

Download XMLDownload textSentence viewDependency trees