gl-treegal-train
Universal Dependencies - Galician - TreeGal
Language | Galician |
---|
Project | TreeGal |
---|
Corpus Part | train |
---|
Annotation | Garcia, Marcos |
---|
View options
Text: - Show: - Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
O BNG solicitoulle a proposta a un equipo de expertos en diferentes áreas Dereito á autodeterminación, cidadanía galega, presenza nas institucións internacionais e maior autogoberno. Estes son algúns dos aspectos que presenta o documento de base para o novo Estatuto que o BNG quere negociar na próxima lexislatura. Á dereita, outros participantes no foro, Paulo González Mariñas e Ramón Villares. Decididos a progresar no camiño desa unidade, 'os galegos e galegas precisamos de proclamar conxuntamente a nosa identidade política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos e a nosa inequívoca vontade de colaborar na instauración dunha comunidade internacional que asuma a vivencia plena da democracia global, legalizada e institucionalizada, de acordo cos principios inspiradores da política exterior española e europea da que democraticamente queremos ser partícipes'. A vontade estatuínte dos galegos declárase indeclinabelmente vencellada a todos os avances que se produzan na afirmación dos dereitos humanos, sociais e políticos, 'non recoñecendo as posíbeis limitacións que puidesen derivarse dunha interpretación ríxida ou dunha resistencia política á reforma e constante mellora dos marcos constitucionais máis próximos'.
Download XML • Download text
• Sentence view • Dependency trees