s-401
| Por que din que o Papa está grave se xa conseguiu pronunciar algunhas palabras? |
s-402
| Fraga non é capaz de pronunciar ben ningunha e din que está en plena forma. |
s-403
| Na Idade Media a caste dos Soutomaior ramifícase pola costa galega en catro ponlas non sempre ben relacionadas. |
s-404
| As pegadas do crime van até o século XIX. |
s-405
| Alberto Fortes recupera en Tristemil unha historia gótica sobre a imaxe do dobre, ese outro que é coma nós sen ser nós. |
s-406
| O lobo quedou coa carapucha |
s-407
| Neste relato, compendio de todas as versións que se fixeron do mito recollido por Perrault, a Carapuchiña consegue fuxir do lobo a cambio de perder a propia prenda que lle dá nome. |
s-408
| Amais do lobo e a avoa, hai un gato ben pavero neste conto. |
s-409
| Xerardo Agra Foxo gañou o Premio 'García Barros' 2004 con Unha viaxe no Ford T. |
s-410
| Libro de aventuras co poder evocador da literatura. |
s-411
| Edita Galaxia. |
s-412
| Revista de Análise e Estudos Internacionais |
s-413
| O activista social Frei Betto reflexiona sobre o problema político que representa a fame. |
s-414
| Carmen Rial e Milton Rondó analizan a política social do novo goberno de centro-esquerda. |
s-415
| João Pedro Stedile dá conta da relación entre os gobernos brasileiros e a terra. |
s-416
| Este número adícase por completo a reflexionar sobre a política e a administración na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal desde diferentes enfoques. |
s-417
| Para iso, a revista conta coas sinaturas de Enrique Varela, Celso Cancela, Mónica López, Argimiro Rojo, Álvaro López, Mar de Santiago, Isabel Estrada, José Antonio Palmeira, Ramón Bouzas, Miguel Anxo Bastos e Guillermo Márquez, entre outros. |
s-418
| Revista galega de pensamento cristián |
s-419
| Soedade López explica como educar para a sexualidade. |
s-420
| Andrés Torres Queiruga achégase ao pensamento de Amor Ruibal e Manuel Suárez dá conta das dificultades dos emigrantes galegos na Arxentina. |
s-421
| Ofrécese escritor de best-sellers |
s-422
| Agustín Fernández Paz visto por Calros Silvar. |
s-423
| Agustín Fernández Paz é, con toda probabilidade, o escritor que mellor conecta cos novos lectores, cecais porque só tenta describir o seu mundo ou ben porque a súa produción literaria abrangue estes lectores. |
s-424
| É evidente que os escritores de obras para os máis novos son debedores do ensino, mais o certo é que Contos por palabras se desmarca pola temática variada dos relatos, pola aposta da imaxinación e fantasía, pola fina ironía e humor que atopamos nas súas páxinas mais sobre todo porque o que narran estes dez contos que forman o libro nada teñen que ver co mundo infantil e xuvenil, agás que estes tamén poden achegarse a súa lectura. |
s-425
| A partir destes e coma se dun exercicio ou dunha proposta de A gramática da fantasía, do Obradoiro Literario 'Gianni Rodari' se tratase, o vilalbés constrúe os relatos que nos levan ao mundo do cómic, que o autor coñece ben por ser unha das súas grandes paixóns, para nos presentar un superheroe que xa non exerce de tal, humanizando a Spiderman aínda máis do que o fixo o seu creador Stan Lee; un vampiro en paro ou un rotulista que está chantado na realidade do país e que, sen estridencias, nos mostra o que somos. |
s-426
| Crítica irónica e sincera sobre a colonización cultural. |
s-427
| Contos por palabras foi merecente no seu tempo do premio Lazarillo e foi incluído na lista de honra do IBBY, traducido a varios idiomas agora coas ilustracións de Enjamio e nesta edición que coido definitiva agardo que siga a recolleitar o favor dos lectores, como fixo dende a súa publicación. |
s-428
| Con prólogo e ilustracións de Xulio García Rivas ve lume o libro de Antón García Teixeiro Polo camiño do incerto. |
s-429
| Libro que consta dun só poema, dividido en catro partes (seis, sete, doce e catro poemas, respectivamente) e mais un epitafio. |
s-430
| , e con ela as paisaxes dos lugares por onde pasa, a natureza e, en certa maneira, os homes. |
s-431
| Se ben hai poemas nos que o ritmo está conseguido, debido, sobretodo, aos varios rexistros utilizados polo poeta, moitas veces semella que en troco dun ritmo baseado no acento ou no verso, estea baseado máis na respiración do lector. |
s-432
| A visión que deita o autor é á vez mítica e realista, polo que o poeta, demasiadas veces, entrega un verso cheo de lugares comúns: |
s-433
| E aquela viaxe rematara como lle estaban a indicar os deuses que escribiran a historia inconclusa do Home'; |
s-434
| Malia os acertos parciais _case sempre asolagados polo conxunto_ o lector decidirá se por estes acertos pagou a pena ler o libro enteiro. |
s-435
| Mercedes Núñez, voz de muller presa |
s-436
| Adiántanse aquí dous capítulos desta obra que se publica dentro da colección Mulleres de A Nosa Terra, cun amplo prólogo introdutorio de Carme Vidal. |
s-437
| Nunca como aquel día vira Mercedes Núñez a morte tan de perto. |
s-438
| Sabía que ningunha enferma saía de alí con vida e o seu destino inevitábel era a inmediata cámara de gas. |
s-439
| Quedaríalle aínda un longo exilio en Francia pero a súa volta a Galiza pasaría os seus últimos anos explicando o horror do holocausto en centros de ensino e asociacións e tratando de reunir o listado de galegos que pasaron polos campos de exterminio desde o seu cargo de representante na Galiza de Amical de Mathaussen. |
s-440
| No seu exilio francés escribe 'Cárcere de Ventas', un extraordinario memorial das presas do franquismo que en breves días porá nas librarías Edicións A Nosa Terra. |
s-441
| 'Explícalle aos da rúa o que viches aquí' a frase coa que se despide dela unha das reclusas bátelle na cabeza ate que uns trinta anos despois pon por escrito algúns dos episodios máis crueis da represión pero tamén historias de poderosa solidariedade carcelária. |
s-442
| Presa na Coruña, pasará no madrileño cárcere de Ventas un tempo de prisión que deixará boa pegada na súa vida, partindo a súa biografía para sempre. |
s-443
| David Russell |
s-444
| 'A música é a arte máis misteriosa' |
s-445
| Este premio consolida definitivamente a quen xa estaba considerado un dos máis talentosos intérpretes da guitarra clásica. |
s-446
| Que significa este premio para a súa carreira? |
s-447
| Supón unha axuda enorme tanto persoalmente como para a promoción e venda de discos. |
s-448
| Que particularidades ten? |
s-449
| Son temas moi fáciles de escoitar e que nos achegan o ambiente sudamericano. |
s-450
| O seu pai acompañouno nos primeiros pasos. |
s-451
| El corrixíame os erros, facíame diversas suxerencias, ensinábame a ler música... e xuntos sacabamos moitas cancións de oído. |
s-452
| Cal dos seus profesores o marcou máis? |
s-453
| José Tomas, de Alacante. |
s-454
| Dende entón considéroo o mellor profesor que tiven. |
s-455
| Que criterios segue para escoller cada programa? |
s-456
| Gústame interpretar a moitos compositores, pero cada CD comprende exclusivamente un só estilo para dedicarlle moitos meses de estudo e empaparme ben dese estilo até que me sinto preparado para a gravación. |
s-457
| Cal é o panorama actual? |
s-458
| Sen embargo, noutros lugares aínda se está loitando para que sexa valorada e para a xente moza continúa sendo difícil facer unha carreira concertística porque non hai tantos concertos e o nivel é altísimo. |
s-459
| Como evoluciona a interpretación guitarrística? |
s-460
| Antes as gravacións eran en vivo, con todos os erros que conleva un concerto. |
s-461
| Isto fai que teñamos que tocar mellor, xa que sabendo o nivel que hai, os concertistas vémonos obrigados a acadalo . |
s-462
| Cal considera a mellor escola para formar guitarristas? |
s-463
| en Los Ángeles hai un grupo de profesores excelente; |
s-464
| Pero é un fenómeno que non está estendido ao longo de todo un país; |
s-465
| pola contra trátase de puntos concretos dispersos en varios países. |
s-466
| Cales son as principais dificultades técnicas da guitarra? |
s-467
| É moi fráxil neste senso. |
s-468
| Os ruídos que existen en todo instrumento, por exemplo, os das unllas ao rozar coas cordas, soan moi forte en comparación coa notas boas. |
s-469
| Ademais durante a formación dáse un grande salto pasando directamente de estudios moi básicos a un repertorio moi difícil. |
s-470
| Pero na guitarra case todo o bo require certo nivel técnico para facer algo de calidade. |
s-471
| É suficiente o repertorio clásico escrito directamente para guitarra ou o concertista vese obrigado a arranxar constantemente obras doutros instrumentos? |
s-472
| O que pasa é que como non quero pasar toda a vida sen tocar Bach ou Scarlatti teño que coller obras doutros instrumentos. |
s-473
| Hai guitarristas que só tocan obras de guitarra. |
s-474
| Eu tomo a decisión de arranxar unha obra doutro instrumento en base a un feito: |
s-475
| Se alomenos gaña tanto como perde, se engade algún aspecto novo, entón si que a fago. |
s-476
| O século XX, pois é cando se fixeron máis obras, onde incluso compositores non guitarristas compuxeron para este instrumento. |
s-477
| Hai moitas obras que aínda non foron tocadas, que non todo o mundo quere facer. |
s-478
| No tocante á música clásica, por que o público prefire música doutras épocas (do Renacemento, Barroco, Clasicismo...) rexeitando a contemporánea? |
s-479
| A familiaridade é unha delas . |
s-480
| En xeral, á xente gústalle escoitar cousas que xa coñece, que non estean fóra da súa experiencia sonora, aínda que os hai que precisamente o que ansían é ser sorprendidos. |
s-481
| As artes visuais avanzaron porque están ao noso arredor. |
s-482
| Pero na música non pasa isto. |
s-483
| É raro que escoites música atonal en cine ou na publicidade, e por iso non hai avance. |
s-484
| Aínda así existe un gran desinterese pola música clásica en xeral, sobre todo, no público xuvenil... |
s-485
| Pero claro, Madonna fai un concerto e gástase moito diñeiro en promoción, sen embargo toca un grande pianista e non se fai ese mesmo esforzo promocional, polo que estamos tamén diante de razóns comerciais. |
s-486
| De todos modos, o meu público é, sobre todo, xuvenil. |
s-487
| Todo músico que toca un instrumento melódico debería tocar un harmónico e viceversa. |
s-488
| Ademais se o alumno vai ser profesor de escola ou de música en xeral serve de moito ter certas nocións básicas para realizar acompañamentos. |
s-489
| Fáleme do seu último disco, Lendas españolas. |
s-490
| Cal é o seu próximo proxecto? |
s-491
| Defina a música |
s-492
| É unha das grandes artes que nos toca un nervio, unha emoción que as outras non son quen de tocar... chega ao corazón doutra maneira. |
s-493
| A música é unha linguaxe sinxela que todos entendemos sen saber o que entendemos. |
s-494
| No bo camiño |
s-495
| Galiza xa ten un proxecto de novo Estatuto baseado nas necesidades do país. |
s-496
| As Bases do Novo Estatuto apresentadas estes días en Santiago de Compostela polos representantes do grupo de redactores convidados polo BNG supoñen un paso adiante afortunado no proceso que debería levar á aprobación por referendo dun Estatuto de Nación para Galiza. |
s-497
| Os redactores merecen a gratitude de todos. |
s-498
| No documento mantense unha posición nacionalista, ignorando a morna posición oficial que até non hai moito tempo antes de pretender un novo Estatuto nacional quixo darlle prioridade á aplicación plena do actual. |
s-499
| as Bases contemplan o Estatuto como a norma fundamental e primaria da nación galega, e como fundamento político para a relación co Estado español, coa Unión Europea e coas restantes nacións e pobos do mundo. |
s-500
| aseguran que os poderes das institucións propias emanan do pobo galego e pretenden a libre integración na estrutura plurinacional do Estado español. |