s-202
| Coa fin de lograr o máximo consenso para un novo texto estatutario que ou é de todos ou non será. |
s-203
| A carón do proxecto de Estatuto elaborado, no seo do Seminario de Estudos Galegos, polas mellores cabezas do nacionalismo republicano. |
s-204
| Como este, parte do dereito inalienábel de Galiza, dos seus homes e das súas mulleres, a decidir libre e democraticamente o seu futuro e, no exercicio deste dereito, opta pola integración de Galiza, libre e paccionadamente, como Comunidade Autónoma nun Estado español plurinacional. |
s-205
| Mais para alén dos contidos concretos do documento cómpre destacar a relevancia política e social dun acto no que, arredor do nacionalismo organizado no BNG, persoas que discreparon e discrepan con algúns dos seus posicionamentos e decisións (como ben recentemente se puxo de manifesto a respeito do Tratado Constitucional da Unión Europea) foron capaces de traballar xuntos debatendo as diferenzas mais, sobre todo, resaltando as coincidencias e, de entre elas, unha fundamental: a defensa de Galiza e a confianza nas súas potencialidades. |
s-206
| Especialmente nestes tempos nos que a defensa mesquiña de intereses persoais e de grupo son obxecto de atención preferente nos medios de comunicación. |
s-207
| A Casa da Auga |
s-208
| Cando asistimos estes días a entrada en vigor do Protocolo de Kioto e os máis célebres agoiros sobre o futuro ecolóxico do planeta e amósasenos , diariamente, nas páxinas, nos diais e nas pantallas dos medios de comunicación a catástrofe do cambio climático, resulta coma unha sopradela de aire fresco a construción da chamada 'Casa da Auga' na Coruña. |
s-209
| E aínda máis, se se trata de materia tan ecolóxica como a auga que concita en todos nós o ideario dun medio ambiente integrado no home e viceversa. |
s-210
| Así, esta que se denomina Casa da Auga, especie de balneario urbano que se está a construír na explanada situada tras a emblemática Torre de Matatón do Estadio de Riazor, será un espazo termolúdico único e un avanzado e ambicioso complexo de máis de corenta millóns de euros sobre un proxecto do arquitecto Xosé Manuel Casabella que contará cos últimos elementos tecnolóxicos e unha riola de instalacións dedicadas, en exclusiva, ao lecer cidadán e a servizos inéditos na bía galega neste tipo de ofertas públicas. |
s-211
| Pois a iniciativa da obra, por encargo do Concello, débese á Empresa Municipal de Subministro de Auga EMALCSA, sociedade de servizos de solvencia recoñecida por todos os grupos municipais, que constitúe un instrumento político de control de primeira magnitude do goberno local e que leva moitos anos dando beneficios económicos ás arcas municipais, como expresión sensíbel de que a empresa pública tamén pode ser tan rendíbel como a privada cunha administración adecuada. |
s-212
| Pero esta obra aparca, ao noso entender, de xeito case definitivo o proxecto de Peter Eisenman para o Novo Riazor, que fora apresentado polo presidente do Deportivo en 2003 e que incluía, practicamente, case todas as instalacións contidas neste proxecto xa en construción, ademais do propio campo de fútbol, hostalaría múltipla e hotel de luxo, parque infantil, amplos espazos verdes e aparcadoiros, tanto públicos coma privados. |
s-213
| Un estadio de cinco estrelas como figuraba na propaganda e que se estendía dende a Praza de Portugal até o campón que ocupará a xa citada Casa da Auga. |
s-214
| A larvada guerra política que se mantén entre o mandatario branquiazul e o Concello facía inviábel, como en moitas outras cousas, a súa materialización. |
s-215
| A idea permanece esquecida nas gabetas da incomprensión e a Casa da Auga resulta coma un sucedáneo, quizais rebaixado, daquel monumental proxecto do arquitecto norteamericano, pero que tan difícil materialización tiña. |
s-216
| En calquera caso agardemos que as iniciais boas impresións se consoliden e que poidamos ter unha instalación axeitada á verdadeira dimensión humana da cidade como continente de cultura e respecto pola Natureza, nestes tristes tempos de cegos egoístas que non ven máis aló dun escaso espazo temporal e os intereses das grandes corporacións, fechando os ollos a ese futuro negro que se lles está manifestando, día a día, e do que prefiren desviaren a ollada. |
s-217
| Os patróns maiores quéixanse da falta de medios para deter novas marés negras |
s-218
| Aínda que algúns dos representantes dos pescadores gabaron as axudas institucionais, outros queixáronse do desprezo aos seus problemas. |
s-219
| Mariñeiros de baixura declarando na Comisión do Prestige. |
s-220
| O 28 de febreiro compareceron os patróns maiores de Corme, Lira, Arcade, Aguiño, Portonovo, O Grove, Caión e O Vicedo. |
s-221
| A maioría falaba da fatalidade do mar, do mal tempo, do saneamento das rías, da auga doce, mais a palabra Prestige semellaba ser unha palabra maldita. |
s-222
| Houbo quen nomeou nesa comisión o medo ás represalias que sufrían os traballadores do mar, como estaban atados ás subvencións, ás prevendas ofrecidas polo poder, e certas afirmacións que falaban da coordinación, da atención recibida pola Administración ou da preocupación que a patroa do Vicedo puido observar no 'meu presidente Aznar', Faustina Solloso _ao mesmo tempo concelleira e dirixente do PP na zona_, viña certificar que estas presións existen e que os comparecentes chamados polo PP viñeron falar non como afectados senón como comisarios políticos. |
s-223
| O máis salientábel destas intervencións foi o unánime recoñecemento por parte de todos os patróns maiores da falla de medios de prevención e loita contra a contaminación mariña, e a certeza de que estamos xa de novo na conta atrás cara a outro Prestige. |
s-224
| A Plataforma Nunca Máis foi chamada a comparecer nesta comisión o vindeiro luns, 7 de marzo, representada por Rafa Villar, que irá acompañado por persoas representativas dos distintos ámbitos nos que traballa esta organización. |
s-225
| Villar explicou para A Nosa Terra que realizará unha intervención 'crítica con esta comisión de investigación, crítica coa xestión da catástrofe, e na que abordaremos cuestións como a falla de medios, a manipulación e a situación actual, que nos obriga a non poder pasar páxina no tema Prestige. |
s-226
| Francisco Iglesias |
s-227
| Francisco Iglesias explicou diante da comisión a súa propia visión sobre a catástrofe do Prestige. |
s-228
| Reproducimos a intervención do patrón maior do Grove. |
s-229
| Perdelo para facer referencia a unha cuestión, ao meu xuízo, esencial. |
s-230
| Para todo isto e solicito a súa libre colaboración, vou facer un minuto de silencio. |
s-231
| O FIDAC cualificou o Prestige como a peor catástrofe dos ultimos 25 anos. |
s-232
| Señores deputados, co debido respecto, a maré negra do Prestige non entende de propaganda, a contaminación non se limpa con titulares de xornais ou da TVG. |
s-233
| Dito isto quixera formular tres cuestións: |
s-234
| Os ataques e presións antidemocráticas que sufrimos as voces críticas do Prestige e o medo que se está a xerar no mundo do mar. |
s-235
| Está mal que compañeiros, incluso algúns con carné do PP, nos acusasen disto , cando algúns deles non se recataban en ocultar a verdade ou facer actos electorais para o seu partido. |
s-236
| O abandono, o maltrato ás xentes do mar e falla de medios con que se abordou esta catástrofe. |
s-237
| Teñen que saber que non había ningún plano serio para facerlle fronte ao chapapote nas rías, o único eran os plásticos para defender as bateas e dirixir o fuel ás zonas de sacrificio internas, que non se puxeron as barreiras prometidas, que as quixeron poñer as romperon os propios técnicos de SASEMAR. |
s-238
| O que é máis grave é que a Consellaría, en vez de apoiarnos como fixo na crise do Mar Exeo, agora resulta que están empeñados en converter o Prestige nunha especie de remedio milagreiro cos nosos recursos. |
s-239
| E cando isto non chegou utilizáronse as descargas da pesca de altura para solapar as perdas que estamos a sufrir nas zonas afectadas. |
s-240
| Máis cartos por aparcar por cuartos |
s-241
| Os consumidores non conseguiron a tarifa por minutos. |
s-242
| Será a partir do 1 de abril e non sen polémicas nin alegacións polo medio. |
s-243
| O dos cuartos é un avance, un achegamento, ao que semella, de xustiza, pero parece non estar nada claro se a nova forma de recadar suporá unha vantaxe real para o cidadán en canto a cartos. |
s-244
| Nas porcentaxes estimadas de beneficiados e prexudicados por esta medida que vén de aprobar, inicialmente, o Concello de Santiago, xa hai diverxencias. |
s-245
| Tarifas que semellan feitas por especialistas en deseñar labirintos que teñen entre os seus obxectivos conseguir que o usuario pague sempre máis do que sería xusto e non entenda moi ben canto e como paga. |
s-246
| Un acaba escollendo a opción que lle parece menos mala pero nunca está moi seguro de ter escollido ben. |
s-247
| Cos móbiles aínda hai a posibilidade de usalos a xeito de busca. |
s-248
| Se teño que chamar, salvo caso de emerxencia, xa o farei desde o fixo. |
s-249
| No caso dos aparcamentos, o asunto é moito máis complicado, porque non nos deixaron espazos para aparcar nas rúas. |
s-250
| agora o que fai falta é tempo para pasear por elas. |
s-251
| Menos que agora, se é un cuarto de hora para un recado rápido. |
s-252
| Pero seguramente máis que agora, por unha hora ou máis. |
s-253
| Xa non nos vale a escusa de hai dez ou quince anos, cando en Santiago sempre chovía. |
s-254
| Sería a mellor opción para a saúde, para o medio ambiente e para o peto. |
s-255
| O negocio redondo. |
s-256
| Os preámbulos da guerra ianqui sempre comezan así: avisos ao mundo de que o terrorismo utiliza bases do país que os imperialistas queren atacar, ou de que nace alí mesmo. |
s-257
| Van quentando o ambiente, e chamando aos seus aliados para que lles axuden a poñer lume nas denuncias, que normalmente son mentiras (onde están as armas terroríficas de Sadan?). |
s-258
| Pasarán uns meses intensos moéndonos a cabeza para que interioricemos as maldades do que queren atacar, mais escondendo que o seu obxectivo real é roubalo e dominalo . |
s-259
| Moitos presidentes sorríronlle . |
s-260
| Os da ONU calan. |
s-261
| Agora, o Líbano levántase contra o seu goberno, e Israel acusa a Siria de terrorismo; |
s-262
| Os ianquis tiñan nas follas das invasións, moitos anos antes de entrar no Iraque a sangue e lume, a Siria e Irán, como eixes do mal, e agora queren cumprir outro xenocidio. |
s-263
| Só as pombas dos nosos labios poden frear estes preparativos. |
s-264
| Mais han de voar xa para que non nos pillen adormecidos. |
s-265
| Pés |
s-266
| Derivados patrimoniais son peón, pezuña, pegada, piollo, apear, sopé ou traspés (palabra que en portugués é admitida pero non en galego normativo). |
s-267
| Peón é unha palabra de distintas acepcións que parten do significado de 'aquel que vai a pé'. |
s-268
| O peón ou trompo baila enriba dun pé. |
s-269
| Si ten que ver con ela a pegada 'marca deixada polo pé', polo que non deberiamos falar de pegadas dactilares ou dixitais senón de impresións (como en portugués) ao ser un contrasentido. |
s-270
| Os derivados cultos son moi numerosos, dende aqueles que pasaron ao uso común (pedal, pedestre, supeditar, etc.) a aqueloutros que aínda teñen un uso moi científico ou especializado (pedúnculo, pecíolo, pedículo, pedicuro, etc). |
s-271
| É o caso de pedestal, de orixe italiana ou dos galicismos peatón (para o que a normativa restituíu peón) e mais peaxe (pago medieval polo dereito de paso a pé, aínda que agora pasemos en vehículo) que o portugués non introducíu, conservando a denominación de portagem (pago polo dereito de pasar a porta). |
s-272
| A primeira vén do occitano pe tanco 'pé chantado', que é como se mantén o pé ao lanzar a bóla do xogo. |
s-273
| A segunda vén do inglés pedigree mais a súa orixe está no francés pied de grue 'pé de grou' pois nos rexistros xenealóxicos ingleses utilizábase un signo con tres riscos que lembraban a pegada _aquí si_ daquela ave. |
s-274
| En xeral son palabras de uso técnico e científico. |
s-275
| sermos bípedes ou dípodos, e irmos ao pedicuro ou ao podólogo. |
s-276
| E, para completarmos este trípode, trespés ou trepia, un terceiro pé que traemos do inglés. |
s-277
| O que entra na composición do deporte/espectáculo/distracción de masas (ou negocio a conta das masas) por excelencia: o football. |
s-278
| Xurxo Salgado |
s-279
| 'O principal problema dos xornalistas é a precariedade laboral' |
s-280
| O colectivo nace co obxecto de 'defender as condicións laborais de todos aqueles que participan no proceso informativo'. |
s-281
| Con que obxectivo nace o Sindicato de Xornalistas de Galicia? |
s-282
| A nosa principal pretensión é rematar coa precariedade laboral, que é o principal problema dos medios galegos. |
s-283
| Hai que comezar por regular os contratos en precario, meter man nos contratos de autónomos e regular as prácticas profesionais, para que os rapaces poidan aprender pero non sexan escravizados. |
s-284
| Pensa que as empresas de comunicación están por aceptar unha regulación do sector? |
s-285
| A día de hoxe non. |
s-286
| En canto varios medios accedan, o resto irán detrás porque non poderán aguantar a presión pública. |
s-287
| Ese foi un dos temas que máis discutimos na Asamblea Constituínte. |
s-288
| Chegamos á conclusión de que os sindicatos de clase teñen intereses que van máis alá dos medios de comunicación. |
s-289
| Nunhas xornadas sobre precariedade laboral que fixemos a mediados do 2004, os membros dos sindicatos tradicionais recoñecían que as súas centrais non prestaban demasiada atención aos problemas dos xornalistas. |
s-290
| Non nacemos para pelexar con ninguén, senón para colaborar. |
s-291
| Non somos un perigo para UGT, CCOO ou CIG. |
s-292
| Os estudos falan dun mozo de entre vinte e trinta anos, cun salario que oscila entre os 600 e 900 euros e que traballa máis horas das que lle corresponden por contrato. |
s-293
| Todos os días o vemos nos nosos medios e nos dos compañeiros. |
s-294
| Os salarios son moi baixos, hai a quen obrigan a traballar como autónomo, hai compañeiros sen contrato ou que traballan máis horas das que lle corresponden ou fotógrafos cuxas imaxes son usadas pola empresa sen recoñecerlle os dereitos de autor. |
s-295
| A estes tres colectivos as empresas non lles recoñecen os seus dereitos de autor e usan a súas imaxes sen permiso. |
s-296
| Ese é un dos maiores problemas. |
s-297
| Cada ano acaban a carreira en Galicia arredor de cen xornalistas. |
s-298
| Créase polo tanto unha bolsa de licenciados en precario da que se aproveitan as empresas. |
s-299
| Por iso tamén pediremos que se limiten as prazas na Facultade, co obxectivo de que quen se licencie teña unhas condicións salariais dignas. |
s-300
| Galegos nos Premios da Música |
s-301
| Os temas 'Camiño das estrelas', de Los Limones, 'Hai un paraíso', de Luar na lubre e 'O segredo', da gaiteira Susana Seivane foron elixidos finalistas dos IX Premios da Música na categoría de Mellor Canción en Galego. |