Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain
AnnotationGarcia, Marcos

Select a sentence

Showing 201 - 300 of 600 • previousnext

s-201 elaborado un primeiro documento de bases, apresentado o 23 de Xullo do ano pasado, culmina agora un proceso de reflexión aberto e rigoroso no que os participantes, á marxe de calquera militancia ou directriz partidaria, puxeron o mellor do seu saber e da súa experiencia ao servizo de Galiza.
s-202 Coa fin de lograr o máximo consenso para un novo texto estatutario que ou é de todos ou non será.
s-203 A carón do proxecto de Estatuto elaborado, no seo do Seminario de Estudos Galegos, polas mellores cabezas do nacionalismo republicano.
s-204 Como este, parte do dereito inalienábel de Galiza, dos seus homes e das súas mulleres, a decidir libre e democraticamente o seu futuro e, no exercicio deste dereito, opta pola integración de Galiza, libre e paccionadamente, como Comunidade Autónoma nun Estado español plurinacional.
s-205 Mais para alén dos contidos concretos do documento cómpre destacar a relevancia política e social dun acto no que, arredor do nacionalismo organizado no BNG, persoas que discreparon e discrepan con algúns dos seus posicionamentos e decisións (como ben recentemente se puxo de manifesto a respeito do Tratado Constitucional da Unión Europea) foron capaces de traballar xuntos debatendo as diferenzas mais, sobre todo, resaltando as coincidencias e, de entre elas, unha fundamental: a defensa de Galiza e a confianza nas súas potencialidades.
s-206 Especialmente nestes tempos nos que a defensa mesquiña de intereses persoais e de grupo son obxecto de atención preferente nos medios de comunicación.
s-207 A Casa da Auga
s-208 Cando asistimos estes días a entrada en vigor do Protocolo de Kioto e os máis célebres agoiros sobre o futuro ecolóxico do planeta e amósasenos , diariamente, nas páxinas, nos diais e nas pantallas dos medios de comunicación a catástrofe do cambio climático, resulta coma unha sopradela de aire fresco a construción da chamada 'Casa da Auga' na Coruña.
s-209 E aínda máis, se se trata de materia tan ecolóxica como a auga que concita en todos nós o ideario dun medio ambiente integrado no home e viceversa.
s-210 Así, esta que se denomina Casa da Auga, especie de balneario urbano que se está a construír na explanada situada tras a emblemática Torre de Matatón do Estadio de Riazor, será un espazo termolúdico único e un avanzado e ambicioso complexo de máis de corenta millóns de euros sobre un proxecto do arquitecto Xosé Manuel Casabella que contará cos últimos elementos tecnolóxicos e unha riola de instalacións dedicadas, en exclusiva, ao lecer cidadán e a servizos inéditos na bía galega neste tipo de ofertas públicas.
s-211 Pois a iniciativa da obra, por encargo do Concello, débese á Empresa Municipal de Subministro de Auga EMALCSA, sociedade de servizos de solvencia recoñecida por todos os grupos municipais, que constitúe un instrumento político de control de primeira magnitude do goberno local e que leva moitos anos dando beneficios económicos ás arcas municipais, como expresión sensíbel de que a empresa pública tamén pode ser tan rendíbel como a privada cunha administración adecuada.
s-212 Pero esta obra aparca, ao noso entender, de xeito case definitivo o proxecto de Peter Eisenman para o Novo Riazor, que fora apresentado polo presidente do Deportivo en 2003 e que incluía, practicamente, case todas as instalacións contidas neste proxecto xa en construción, ademais do propio campo de fútbol, hostalaría múltipla e hotel de luxo, parque infantil, amplos espazos verdes e aparcadoiros, tanto públicos coma privados.
s-213 Un estadio de cinco estrelas como figuraba na propaganda e que se estendía dende a Praza de Portugal até o campón que ocupará a xa citada Casa da Auga.
s-214 A larvada guerra política que se mantén entre o mandatario branquiazul e o Concello facía inviábel, como en moitas outras cousas, a súa materialización.
s-215 A idea permanece esquecida nas gabetas da incomprensión e a Casa da Auga resulta coma un sucedáneo, quizais rebaixado, daquel monumental proxecto do arquitecto norteamericano, pero que tan difícil materialización tiña.
s-216 En calquera caso agardemos que as iniciais boas impresións se consoliden e que poidamos ter unha instalación axeitada á verdadeira dimensión humana da cidade como continente de cultura e respecto pola Natureza, nestes tristes tempos de cegos egoístas que non ven máis aló dun escaso espazo temporal e os intereses das grandes corporacións, fechando os ollos a ese futuro negro que se lles está manifestando, día a día, e do que prefiren desviaren a ollada.
s-217 Os patróns maiores quéixanse da falta de medios para deter novas marés negras
s-218 Aínda que algúns dos representantes dos pescadores gabaron as axudas institucionais, outros queixáronse do desprezo aos seus problemas.
s-219 Mariñeiros de baixura declarando na Comisión do Prestige.
s-220 O 28 de febreiro compareceron os patróns maiores de Corme, Lira, Arcade, Aguiño, Portonovo, O Grove, Caión e O Vicedo.
s-221 A maioría falaba da fatalidade do mar, do mal tempo, do saneamento das rías, da auga doce, mais a palabra Prestige semellaba ser unha palabra maldita.
s-222 Houbo quen nomeou nesa comisión o medo ás represalias que sufrían os traballadores do mar, como estaban atados ás subvencións, ás prevendas ofrecidas polo poder, e certas afirmacións que falaban da coordinación, da atención recibida pola Administración ou da preocupación que a patroa do Vicedo puido observar no 'meu presidente Aznar', Faustina Solloso _ao mesmo tempo concelleira e dirixente do PP na zona_, viña certificar que estas presións existen e que os comparecentes chamados polo PP viñeron falar non como afectados senón como comisarios políticos.
s-223 O máis salientábel destas intervencións foi o unánime recoñecemento por parte de todos os patróns maiores da falla de medios de prevención e loita contra a contaminación mariña, e a certeza de que estamos xa de novo na conta atrás cara a outro Prestige.
s-224 A Plataforma Nunca Máis foi chamada a comparecer nesta comisión o vindeiro luns, 7 de marzo, representada por Rafa Villar, que irá acompañado por persoas representativas dos distintos ámbitos nos que traballa esta organización.
s-225 Villar explicou para A Nosa Terra que realizará unha intervención 'crítica con esta comisión de investigación, crítica coa xestión da catástrofe, e na que abordaremos cuestións como a falla de medios, a manipulación e a situación actual, que nos obriga a non poder pasar páxina no tema Prestige.
s-226 Francisco Iglesias
s-227 Francisco Iglesias explicou diante da comisión a súa propia visión sobre a catástrofe do Prestige.
s-228 Reproducimos a intervención do patrón maior do Grove.
s-229 Perdelo para facer referencia a unha cuestión, ao meu xuízo, esencial.
s-230 Para todo isto e solicito a súa libre colaboración, vou facer un minuto de silencio.
s-231 O FIDAC cualificou o Prestige como a peor catástrofe dos ultimos 25 anos.
s-232 Señores deputados, co debido respecto, a maré negra do Prestige non entende de propaganda, a contaminación non se limpa con titulares de xornais ou da TVG.
s-233 Dito isto quixera formular tres cuestións:
s-234 Os ataques e presións antidemocráticas que sufrimos as voces críticas do Prestige e o medo que se está a xerar no mundo do mar.
s-235 Está mal que compañeiros, incluso algúns con carné do PP, nos acusasen disto , cando algúns deles non se recataban en ocultar a verdade ou facer actos electorais para o seu partido.
s-236 O abandono, o maltrato ás xentes do mar e falla de medios con que se abordou esta catástrofe.
s-237 Teñen que saber que non había ningún plano serio para facerlle fronte ao chapapote nas rías, o único eran os plásticos para defender as bateas e dirixir o fuel ás zonas de sacrificio internas, que non se puxeron as barreiras prometidas, que as quixeron poñer as romperon os propios técnicos de SASEMAR.
s-238 O que é máis grave é que a Consellaría, en vez de apoiarnos como fixo na crise do Mar Exeo, agora resulta que están empeñados en converter o Prestige nunha especie de remedio milagreiro cos nosos recursos.
s-239 E cando isto non chegou utilizáronse as descargas da pesca de altura para solapar as perdas que estamos a sufrir nas zonas afectadas.
s-240 Máis cartos por aparcar por cuartos
s-241 Os consumidores non conseguiron a tarifa por minutos.
s-242 Será a partir do 1 de abril e non sen polémicas nin alegacións polo medio.
s-243 O dos cuartos é un avance, un achegamento, ao que semella, de xustiza, pero parece non estar nada claro se a nova forma de recadar suporá unha vantaxe real para o cidadán en canto a cartos.
s-244 Nas porcentaxes estimadas de beneficiados e prexudicados por esta medida que vén de aprobar, inicialmente, o Concello de Santiago, xa hai diverxencias.
s-245 Tarifas que semellan feitas por especialistas en deseñar labirintos que teñen entre os seus obxectivos conseguir que o usuario pague sempre máis do que sería xusto e non entenda moi ben canto e como paga.
s-246 Un acaba escollendo a opción que lle parece menos mala pero nunca está moi seguro de ter escollido ben.
s-247 Cos móbiles aínda hai a posibilidade de usalos a xeito de busca.
s-248 Se teño que chamar, salvo caso de emerxencia, xa o farei desde o fixo.
s-249 No caso dos aparcamentos, o asunto é moito máis complicado, porque non nos deixaron espazos para aparcar nas rúas.
s-250 agora o que fai falta é tempo para pasear por elas.
s-251 Menos que agora, se é un cuarto de hora para un recado rápido.
s-252 Pero seguramente máis que agora, por unha hora ou máis.
s-253 Xa non nos vale a escusa de hai dez ou quince anos, cando en Santiago sempre chovía.
s-254 Sería a mellor opción para a saúde, para o medio ambiente e para o peto.
s-255 O negocio redondo.
s-256 Os preámbulos da guerra ianqui sempre comezan así: avisos ao mundo de que o terrorismo utiliza bases do país que os imperialistas queren atacar, ou de que nace alí mesmo.
s-257 Van quentando o ambiente, e chamando aos seus aliados para que lles axuden a poñer lume nas denuncias, que normalmente son mentiras (onde están as armas terroríficas de Sadan?).
s-258 Pasarán uns meses intensos moéndonos a cabeza para que interioricemos as maldades do que queren atacar, mais escondendo que o seu obxectivo real é roubalo e dominalo .
s-259 Moitos presidentes sorríronlle .
s-260 Os da ONU calan.
s-261 Agora, o Líbano levántase contra o seu goberno, e Israel acusa a Siria de terrorismo;
s-262 Os ianquis tiñan nas follas das invasións, moitos anos antes de entrar no Iraque a sangue e lume, a Siria e Irán, como eixes do mal, e agora queren cumprir outro xenocidio.
s-263 as pombas dos nosos labios poden frear estes preparativos.
s-264 Mais han de voar xa para que non nos pillen adormecidos.
s-265 Pés
s-266 Derivados patrimoniais son peón, pezuña, pegada, piollo, apear, sopé ou traspés (palabra que en portugués é admitida pero non en galego normativo).
s-267 Peón é unha palabra de distintas acepcións que parten do significado de 'aquel que vai a '.
s-268 O peón ou trompo baila enriba dun .
s-269 Si ten que ver con ela a pegada 'marca deixada polo ', polo que non deberiamos falar de pegadas dactilares ou dixitais senón de impresións (como en portugués) ao ser un contrasentido.
s-270 Os derivados cultos son moi numerosos, dende aqueles que pasaron ao uso común (pedal, pedestre, supeditar, etc.) a aqueloutros que aínda teñen un uso moi científico ou especializado (pedúnculo, pecíolo, pedículo, pedicuro, etc).
s-271 É o caso de pedestal, de orixe italiana ou dos galicismos peatón (para o que a normativa restituíu peón) e mais peaxe (pago medieval polo dereito de paso a , aínda que agora pasemos en vehículo) que o portugués non introducíu, conservando a denominación de portagem (pago polo dereito de pasar a porta).
s-272 A primeira vén do occitano pe tanco ' chantado', que é como se mantén o ao lanzar a bóla do xogo.
s-273 A segunda vén do inglés pedigree mais a súa orixe está no francés pied de grue ' de grou' pois nos rexistros xenealóxicos ingleses utilizábase un signo con tres riscos que lembraban a pegada _aquí si_ daquela ave.
s-274 En xeral son palabras de uso técnico e científico.
s-275 sermos bípedes ou dípodos, e irmos ao pedicuro ou ao podólogo.
s-276 E, para completarmos este trípode, trespés ou trepia, un terceiro que traemos do inglés.
s-277 O que entra na composición do deporte/espectáculo/distracción de masas (ou negocio a conta das masas) por excelencia: o football.
s-278 Xurxo Salgado
s-279 'O principal problema dos xornalistas é a precariedade laboral'
s-280 O colectivo nace co obxecto de 'defender as condicións laborais de todos aqueles que participan no proceso informativo'.
s-281 Con que obxectivo nace o Sindicato de Xornalistas de Galicia?
s-282 A nosa principal pretensión é rematar coa precariedade laboral, que é o principal problema dos medios galegos.
s-283 Hai que comezar por regular os contratos en precario, meter man nos contratos de autónomos e regular as prácticas profesionais, para que os rapaces poidan aprender pero non sexan escravizados.
s-284 Pensa que as empresas de comunicación están por aceptar unha regulación do sector?
s-285 A día de hoxe non.
s-286 En canto varios medios accedan, o resto irán detrás porque non poderán aguantar a presión pública.
s-287 Ese foi un dos temas que máis discutimos na Asamblea Constituínte.
s-288 Chegamos á conclusión de que os sindicatos de clase teñen intereses que van máis alá dos medios de comunicación.
s-289 Nunhas xornadas sobre precariedade laboral que fixemos a mediados do 2004, os membros dos sindicatos tradicionais recoñecían que as súas centrais non prestaban demasiada atención aos problemas dos xornalistas.
s-290 Non nacemos para pelexar con ninguén, senón para colaborar.
s-291 Non somos un perigo para UGT, CCOO ou CIG.
s-292 Os estudos falan dun mozo de entre vinte e trinta anos, cun salario que oscila entre os 600 e 900 euros e que traballa máis horas das que lle corresponden por contrato.
s-293 Todos os días o vemos nos nosos medios e nos dos compañeiros.
s-294 Os salarios son moi baixos, hai a quen obrigan a traballar como autónomo, hai compañeiros sen contrato ou que traballan máis horas das que lle corresponden ou fotógrafos cuxas imaxes son usadas pola empresa sen recoñecerlle os dereitos de autor.
s-295 A estes tres colectivos as empresas non lles recoñecen os seus dereitos de autor e usan a súas imaxes sen permiso.
s-296 Ese é un dos maiores problemas.
s-297 Cada ano acaban a carreira en Galicia arredor de cen xornalistas.
s-298 Créase polo tanto unha bolsa de licenciados en precario da que se aproveitan as empresas.
s-299 Por iso tamén pediremos que se limiten as prazas na Facultade, co obxectivo de que quen se licencie teña unhas condicións salariais dignas.
s-300 Galegos nos Premios da Música

Text viewDownload CoNNL-U