Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain
AnnotationGarcia, Marcos

Select a sentence

Showing 101 - 200 of 600 • previousnext

s-101 A presión recibida forzouno a continuar adiante co concurso para a ordenación da ETEA ou co apoio financieiro ás obras de remodelación de rúas que Corina Porro denominou pomposamente 'Vigo 2005'.
s-102 Porén, comezou a introducir cambios substanciais en cada un dos proxectos coa intención de protexer os desembolsos económicos realizados e garantir a recuperación do diñeiro investido.
s-103 'abonda'.
s-104 A ampliación do polígono de Balaídos ou a construción do parque empresarial de Matamá son accións estratéxicas para o futuro da empresa automobilística e Riera non quere vacilacións na súa execución.
s-105 De a súa chamada de atención na prensa, da que rapidamente tomou nota López Peña.
s-106 Non era necesario e foi suficiente cunha insinuación de Riera para que a alcaldesa fixese mutis e desaparecese da escena.
s-107 Así funcionan as cousas en Vigo.
s-108 Alejandro Amenábar
s-109 As causas polas cales alguén, na arte que sexa, entra na intemporalidade.
s-110 Visitábel desde calquera civilización.
s-111 Feito elo polo que circula todo o fluxo poético, ou a tradición arquitectónica, ou a xenialidade musical.
s-112 Porque o que canta, ou pinta ou relata, atinxe a cada un dos mortais, de calquera época.
s-113 Algúns acadan a fama, parecen definitivos e ao cabo dos anos esváense .
s-114 Dicía Jean Cocteau que a moda é o que pasa de moda.
s-115 Hainos tamén, claro que si, que son festexados polas multitudes do seu tempo e fican para sempre.
s-116 Asombran os que apenas chegaron e xa construíron un mundo tan propio, tan lúcido e tan vigoroso.
s-117 Esas expresións que moi axiña nos parece imposíbel que non tivesen existido antes.
s-118 Lars Von Trier con Europa.
s-119 Sen frivolidade nin estupidez.
s-120 E sen renunciar á complexidade cando é precisa.
s-121 Alleo á cultura do ha ha ha.
s-122 Á mediocridade do cinema español.
s-123 Entrou como un canón con Tesis.
s-124 Como facía Picasso, aínda que esaxeremos.
s-125 E desde aquí estamos agradecidos.
s-126 Como ten que ser.
s-127 E tamén por poder vernos no seu espello.
s-128 Para marcar que chegaron a Galiza, o director fai un silencio longo.
s-129 E un paisano, desde o mostrador di: 'Pois si, ho...' e outra pausa longa.
s-130 É o indicador de entrada neste país.
s-131 Noutro filme, moi celebrado nestas catro provincias, o director coloca unha familia comendo o polbo enriba dun mantel á beira dun río... sácano da pota...
s-132 Despois pasean unhas vacas pola cidade de Lugo... para falar de baloncesto!
s-133 Teresa Casal
s-134 Teresa Casal é integrante do goberno municipal de coalición en Pontevedra e nas pasadas eleccións encabezou a lista electoral do PSdeG.
s-135 Como máxima dirixente local dos socialistas manifesta unha posición inequívoca a prol do traslado de ENCE.
s-136 Sigo a selo .
s-137 Moi cómoda, tanto no partido como no grupo municipal.
s-138 De feito, dos cinco concelleiros que somos, tres temos esa tendencia.
s-139 Nos meus tempos no Partido Nacionalista Galego sempre me reclamaba socialdemócrata e galeguista.
s-140 Así é.
s-141 Por iso deixei o partido cando se integrou no Bloque.
s-142 Dentro do partido había varias sensibilidades;
s-143 Mais vostede non entrou.
s-144 Daquela a UPG era o núcleo duro do Bloque, unha organización marxista e case separatista;
s-145 Creo nunha España plural, pero non quero fronteiras.
s-146 ¿E considera que o PSdeG está ao mesmo nivel que o PSC, os socialistas cataláns?
s-147 Gustaríame que así fose.
s-148 É un rango que ten o PSC que a min me gustaría que alcanzase o PSdeG.
s-149 Quixera un Maragall co mesmo peso que ten no Estado.
s-150 En todo caso, parece que se entende ben cos nacionalistas.
s-151 En calquera grupo de goberno, sexa de coalición ou dunha soa cor, ten que haber disensión.
s-152 O goberno está apoiado por quince concelleiros fronte a dez do PP.
s-153 Digamos que temos un acordo de respecto mutuo, con liberdade na xestión das nosas respectivas áreas pero con negociacións e acordos nas cuestións relevantes.
s-154 ¿Non teme que lle pase como ao BNG en Lugo, que o PSdeG rendibilizou o seu traballo?
s-155 Nas últimas municipais o BNG saía dun goberno en solitario e afrontaba os comicios coa seguridade da maioría absoluta.
s-156 Non sucedeu iso e nós entramos no goberno.
s-157 Eu dígolle sempre ao alcalde que o BNG ten unha visión máis endogámica que lle dificulta o diálogo con outras administracións.
s-158 É máis, conseguimos que o noso estilo de goberno se distinga do anterior, co Bloque en solitario.
s-159 Agora hai máis capacidade de diálogo coas outras administracións, por exemplo.
s-160 Fala dun goberno de acordos en temas relevantes.
s-161 É unha cuestión importantísima para a cidade e para o futuro dela .
s-162 A miña postura sobre iso vén de longo e o mesmo sucede co meu partido.
s-163 Trataba de evitar o concello coa declaración de supramunicipalidade que decretou a Xunta e que está sub iudice, cando as licenzas están reguladas e deben concederse de adaptarse a uns parámetros determinados.
s-164 En todo caso, Pontevedra ten dereito, despois de soportar durante cincuenta anos unha instalación nunca aceptada, a albiscar un ano 2018 no que por lei figura a obriga de que se retire ENCE do actual emprazamento.
s-165 Aínda así, con trampas e aliada co PP, a empresa pretende consolidar a súa localización en Lourizán.
s-166 Que se cumpra a legalidade, que busque outra localización non perniciosa.
s-167 Tamén están os traballadores.
s-168 Aquí hai unha manipulación deste colectivo por parte da empresa.
s-169 Esa compañía di que a única saída é continuar onde está.
s-170 Digo eu que haberá que falar, procurar unha nova localización.
s-171 O concello quere buscarlle alternativas porque tamén hai que darlle saída á riqueza forestal que ten esta zona, pero non pode continuar nun lugar declarado pola UE zona sensíbel, que é único no mundo e que representa moitas posibilidades de crecemento _e non urbanístico_ de Pontevedra e Marín.
s-172 É evidente.
s-173 Empregaron a infantería de mariña, apuntando ao pobo coas súas armas.
s-174 Era a ditadura.
s-175 Asumiron ese risco e, en lugar de buscar unha nova localización, trataron de consolidar a actual co proxecto da fábrica de tisú.
s-176 Renunciaron.
s-177 Hai que ter en conta que a Lei de Costas de 1988 prevé que en 2018 remate a concesión non de Celulosas, senón doutras moitas instalacións en situación semellante.
s-178 Unha delas é que cando se rescata a concesión antes dese prazo, hai que indemnizar e iso permite obter recursos para un novo emprazamento.
s-179 Tamén hai recursos da UE para o traslado de empresas por razóns ecolóxicas.
s-180 Existen instrumentos, pero é algo que a empresa non quere ouvir.
s-181 ¿Van esperar que chegue o PP a Madrid para vulnerar a lei e agardan que Fraga recunque na Xunta?
s-182 Falando do seu partido, vostede está en contra da Celulosa, pero no PSOE hai posturas ambiguas.
s-183 Poden parecelo .
s-184 O director xeral de Costas ten a mesma postura e a ministra de Medio Ambiente é rotunda.
s-185 Pero hai un proxecto para incluír no porto de Marín os terreos onde está Celulosas e que continúe alí.
s-186 Non hai tal proxecto.
s-187 Son consultas que responden a outras consultas previas.
s-188 Unha normativa baseada no Estado do benestar
s-189 Na súa base V, a proposta presenta varias medidas de cohesión social destinadas, entre outras cousas, a garantir a igualdade das mulleres na participación e na distribución da riqueza, na seguridade fronte á intimidación e á violencia, na incorporación do saber feminino á sociedade, na defensa da liberdade sexual das mulleres, etc.
s-190 No tocante á organización do poder galego, a proposta presenta varias novidades no que se refire sobre todo ao poder xudicial, concebido arredor dun Consello Xudicial de Galiza que represente o órgano de goberno dese poder en Galiza.
s-191 Organización territorial
s-192 Sobre o réxime dos entes locais de Galiza, o proxecto de novo Estatuto pretende que se estabeleza 'un modelo propio, 'interiorizado' na Comunidade Autónoma, afastado do imposto carácter bifronte dos entes locais e da inútil superposición de figuras correspondentes a sistemas distintos, que sexa quen de conciliar as esixencias da nosa tradicional forma de asentamento convivencial coas dunha organización territorial e administrativa flexíbel, operativa e eficaz, propia dunha sociedade democrática moderna e en proceso de acelerada urbanización'.
s-193 A nova organización contemplará particularmente os espazos metropolitanos de A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra , e dotaraos de institucións específicas.
s-194 No referente ás relacións coa Unión Europea, proponse unha 'lexítima e efectiva participación por canles directas ou indirectas nos asuntos europeos'.
s-195 Galiza terá voz e voto directos no Comité de Rexións e en calquera outra institución ou órgano de representación territorial da Unión.
s-196 A proposta estatutaria tamén defende a lexitimación e recoñecemento da 'capacidade de Galiza para actuar na escena internacional co obxectivo de promover e defender os seus intereses políticos, económicos e culturais específicos'.
s-197 Respecto a competencias, recollidas na Base XII, sería moi longo e difícil presentar aquí un resume.
s-198 E pasa o mesmo coas bases XIII (A actividade económica e o desenvolvemento substentábel), a XIV (O financiamento público do Poder galego. O sistema fiscal e a Facenda galega) ou a XV (O dereito universal á prestación sanitaria e a sanidade galega).
s-199 O Foro
s-200 Conclúe, deste xeito, a segunda fase do proceso ideado polo BNG para elaborar un novo Estatuto de Nación para Galiza:

Text viewDownload CoNNL-U