Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest
AnnotationGarcia, Marcos

Select a sentence

Showing 1 - 100 of 400 • previousnext

s-1 O Foro para o Novo Estatuto recolle o dereito á autodeterminación
s-2 Intervención de Xosé Luís Barreiro Rivas.
s-3 Partindo, entre outras, da base de que o compromiso coa democracia e co dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade é irrenunciábel, e convencidos de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental e de que non pode ser outorgado nin limitado, os redactores da proposta recibida polo BNG defenden a idea de que 'os galegos e galegas declaramos a nosa libre e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretación dinámica, evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue por unha Europa dos pobos, na que queremos ser recoñecidos en total igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea'.
s-4 Liberdade, xustiza, benestar
s-5 De conformidade co dereito de autodeterminación, 'o Pobo Galego ten o dereito de definir o seu marco relacional co Estado español e coa Unión Europea' e 'Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e paccionadamente como Comunidade Autónoma na estructura política plurinacional do Estado español'.
s-6 O galego é a lingua nacional, e todos os cidadáns galegos temos a obriga de coñecelo e o dereito de usalo .
s-7 O castelán, como lingua oficial do Estado, terá carácter cooficial, e o seu uso e ensino serán garantidos polos poderes públicos galegos.
s-8 Cidadanía galega
s-9 Toda a cidadanía galega asume os dereitos e deberes que recoñecen o Estatuto, a Constitución, os Tratados da Unión Europea e os Acordos e Pactos internacionais da ONU e do Consello de Europa.
s-10 A proposta de novo Estatuto recolle o dereito a unha educación pública de calidade, inspirada nos principios do respecto á diversidade e da convivencia multirracial, da pluralidade política e relixiosa e nos valores propios da tradición cultural de Galiza e da historia común europea.
s-11 Igualmente, o mantemento dos niveis básicos de benestar medidos segundo os parámetros da renda básica, vivenda, educación e sanidade.
s-12 O novo xornal gratuito Qué! (25 de febreiro) dedica a súa portada á longa duración da xornada de traballo.
s-13 'Votamos a Constitución.
s-14 En titulares máis pequenos pódese ler:
s-15 Traballamos máis horas que os xaponeses.
s-16 dedican máis tempo nos Estados Unidos.
s-17 Cabrera Infante e Cuba
s-18 'O 22 de febreiro dous articulistas afirmaban no periódico que vostede dirixe que a obra de Guillermo Cabrera Infante foi prohibida en Cuba.
s-19 Os editores cubanos fixemos o posíbel para lograr a publicación dalgúns dos seus títulos e, xunto coa súa morte, deploramos que en vida Cabrera Infante, de xeito expreso, prohibise ser publicado no noso país, antepoñendo á literatura e ao coñecemento da súa obra polo público lector cubano a súa obsesión política contra a Revolución, amplificada en sistemáticas declaracións que a propaganda tendenciosa se encargaba de axigantar.
s-20 Walesa critica unha emisora católica
s-21 Lech Walesa, líder histórico do sindicato polaco Solidariedade, que rematou co sistema socialista en Polonia, Nobel da Paz e devoto fillo da Igrexa Católica, vén de emprender unha aguda campaña contra unha popular emisora católica do seu país.
s-22 Walesa pídelle ao Goberno e á Igrexa Católica que fagan o posíbel para poñer fin a unha incesante campaña de odio e calumnias contra o inimigo 'infiel, laico, xudeo, masón, comunista', con que a emisora da orde dos redentoristas, dirixida polo padre Tadeusz Rydzyk e arroupada nun manto de devoción mariana, vén envelenando a vida pública polaca.
s-23 Babecas da (in)cultura
s-24 E bárbaros deses _Atlántico Diario, 27 febreiro último_ teñen a posibilidade de predicar a súa ignorancia e transmitirlles aos demais a súa incultura.
s-25 Ou sexa, que Viqueira, Risco, Otero Pedraio, Filgueira Valverde, etc, foron un obstáculo para a cultura.
s-26 E como o falar non ten cancela, engade:
s-27 Home, que isto o diga alguén que vai dirixir unha delegación do Instituto Cervantes non deixa de ser un bo despropósito, pois, ¿haberá algo máis subsidiado, en cultura, que o labor dun organismo como o Instituto Cervantes?
s-28 Ou sexa, que os fusilamentos do 2 de maio debidos a Goya xa non teñen encaixe na nosa sociedade, e o seu españolismo, más ben o seu madrileñismo, escluiría a universalidade, polo que Goya empobrecería o mundo.
s-29 ¡Meu Deus!
s-30 Porque pavor é o que un sente de pensar que xente así ten o privilexio de ensinar a outros, isto é, licenza para deformar e empobrecer.
s-31 Touriño un xiro na súa estratexia de campaña
s-32 O optimismo semella desatarse nas fileiras socialistas e nacionalistas, pero cada vez máis voces internas dunha e doutra formación demandan que fagan visíbel esa alternativa para non frustrar as expectativas.
s-33 'Aos socialistas fállalles a estratexia, non a teñen, pero será máis fácil de gañar que nas eleccións xerais', afirmou Joan Campmany, o catalán inventor de ZP, que se encargará da campaña de Emilio Pérez Touriño de cara ás próximas eleccións autonómicas.
s-34 postularse como presidente afirmando que vai gañar por maioría absoluta, polo que non tería que contar cos nacionalistas.
s-35 Tamén Anxo Quintana afirma que sairá a gañar os comicios no outono.
s-36 Loxicamente, non é lexítimo, senón de pór o sombreiro na cabeza, que un e outro aspiren a lograr unha maioría suficiente para formar goberno en solitario, pero moi improbábel.
s-37 Demanda, polo tanto, que xa que a coalición cos nacionalistas é obrigada se o PP perde as eleccións, Touriño a inclúa como 'argumento electoral'.
s-38 Considera o presidente do Consello Nacional do BNG que é imprescindíbel que nacionalistas e socialistas desenvolven unha estratexia conxunta, que interioricen a necesidade de unirse , 'como factor necesario para derrotar a Fraga'.
s-39 Beiras considera que o BNG, 'hoxe por hoxe, non está en condicións de gañar con maioría absoluta, malia que é o único proxecto de fondo que existe na Galiza e para Galiza'.
s-40 O PP vai basear parte da súa campaña electoral nas diferenzas entre socialistas e nacionalistas e na incapacidade para ter un proxecto común.
s-41 Até de agora non tivo éxito.
s-42 Neste sentido, persoas no entorno nacionalista e socialista están mantendo conversas e reunións nas que tratan de perfilar as liñas mestras dun futuro goberno BNG-PSOE, ou PSOE-BNG, porque, finalmente, de gañar un ou outro o peso e mesmo o programa sería diferente.
s-43 Desde o PSOE tamén están a traballar con outra posibilidade:
s-44 Outros socialistas van máis alá e consideran que os escindidos do PP lles poderían chegar para formar goberno sen ter que contar co BNG.
s-45 Reclama o primeiro posto na lista da Coruña ao Parlamento
s-46 Xosé Manuel Beiras xa abriu a batalla publicamente ao reclamar para si o primeiro posto da candidatura coruñesa, ao que aspira o candidato á presidencia Anxo Quintana.
s-47 Analizaron os resultados e a situación interna e chegaron ao acordo da necesidade de ollar cara a adiante, sen debates estériles, e impulsar a discusión sobre a reforma estatutaria.
s-48 Anxo Quintana, que xa lle comunicara a Beiras a súa intención de ocupar o numero un da lista pola Coruña, considera que 'hai unha tradición non escrita, que todo candidato á Xunta exerceu cando puido, que é a de encabezar a lista pola Coruña'.
s-49 Pero, ao mesmo tempo, coinciden con Quintana, en que Beiras 'ocupará sempre un lugar preferente mentres sexa presidente do Consello Nacional'.
s-50 Un Quintana que é o máis prexudicado desta poxa de Beiras, que o presidente do Consello Nacional, non sitúa na súa persoa, senón que estende a outros seus compañeiros que poderían quedar relegados nas próximas listas.
s-51 A tricefalia do PSdeG-PSOE en Vigo
s-52 A Emilio Pérez Touriño non lle quedaba outro remedio que apoiar esta vez a Miguel Barros fronte a Carlos Príncipe se non quería que o ex alcalde controlase a provincia de Pontevedra, a de máis peso partidario, e ameazase o seu liderado no próximo congreso galego, que é ao que aspira o ex alcalde vigués.
s-53 Pero despois de situar un home seu á fronte da comarca pontevedresa, a dirección galega tomoulle medo e deixou de procurar terceiras vías.
s-54 Mariño tamén está enfrontado ao presidente do comité executivo da Zona Franca, o socialista Francisco López Peña.
s-55 Na dirección opuxéronse , até de agora, que fose o substituto de Pérez Mariño, malia ao importante apoio co que conta no partido e en importantes ámbitos económicos da cidade.
s-56 Pero Carlos Príncipe, de xeito interposto, segue comandando a asemblea local de Vigo, que fora disolta para apartalo como candidato ás municipais últimas.
s-57 Permanecerá relegado Miguel Barros?
s-58 Quen decidirá os candidatos ás futuras eleccións autonómicas e locais?
s-59 O próximo 5 de marzo Miguel Barros presentará o seu libro Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galiza (A Nosa Terra), no que reivindica non a súa traxectoria de socialista e galeguista, senón na que aposta por un entendemento necesario cos nacionalistas.
s-60 diálogo a través dos medios
s-61 Un sistema moi usado na cidade.
s-62 Porén, hai ocasións en que o máximo responsábel da factoría que máis diñeiro move de Galicia deixa que a súa voz se escoite fóra do despacho do polígono de Balaídos e utiliza os xornais para enviar determinadas mensaxes.
s-63 Ocorreu non hai moito tempo, cando os directivos do Celta estaban empeñados en crear ás portas da fábrica de automóbiles o gran centro comercial e de ocio co que pretendían sanear as contas do club.
s-64 Hai anos que Riera leva traballando con discreción e eficacia coa finalidade de que as principais empresas fornecedoras da cadea de montaxe de PSA poidan instalarse en Vigo.
s-65 Coa colaboración do goberno municipal, daquela co BNG comandando a área de urbanismo, Riera conseguiu que a Zona Franca alterase os seus planos orixinais para o Parque Tecnolóxico de Valadares e permitise a instalación nesa superficie de empresas como Faurecia ou o grupo Antolín.
s-66 O que López Peña descubriu á súa volta ao consorcio levouno da inicial sorpresa á indignación.
s-67 Alarmado, Peña decidiu botar o freo e paralizar a meirande parte das iniciativas en marcha, pero encontrouse cunha oposición xeneralizada das forzas políticas e sociais da cidade que o obrigaron a rectificar sobre a marcha.
s-68 Nesa liña de traballo estaba o delegado da Zona Franca cando se lle ocorreu poñer en cuestión a participación do consorcio na creación de novo solo industrial en Vigo, e foi nese momento cando Riera dixo:
s-69 O grupo PSA non está disposto a renunciar a uns proxectos coidadosamente preparados durante anos de traballo en íntima colaboración co Concello.
s-70 Aproveitando a circunstancia, Porro, sempre atenta á posibilidade de pendurarse medallas, quixo apuntarse un tanto propagandístico ofrecéndose como mediadora entre as partes.
s-71 PSA e a Zona Franca acabarán entendéndose , pero para iso tiveron que escenificar antes o seu desencontro nos medios.
s-72 Discutir que é un clásico.
s-73 As circunstancias que converten o artista nun creador que nunca perecerá.
s-74 A universalidade.
s-75 Unha vella discusión sen acordo fácil.
s-76 Outros son esquecidos, ou nunca atendidos, e rescatados, para acabar acompañando os clásicos.
s-77 Eis a Verdi e a Whitman e a Gaudí sen ir máis lonxe.
s-78 Francisco Leiro desde as primeiras esculturas.
s-79 Paco de Lucía desde a primeira nota de Entre dos aguas.
s-80 Amenábar pertence ao grupo.
s-81 Ao envelope lindo sen nada de nada dentro.
s-82 Deixounos coa boca aberta en Los Otros, por sistemático, polo esforzo e a capacidade para deglutir os clásicos e relanzalos desde os seus filtros.
s-83 Pero afirmando que é o mellor director de cinema español desde Luis Buñuel.
s-84 Por emocionarnos e facernos sentir.
s-85 Contábame Arturo Casas que viu un filme no que os protagonistas están de viaxe, estacionan, entran nunha taberna.
s-86 Nin outra palabra.
s-87 Así nos ven.
s-88 É tenente de alcalde de Pontevedra
s-89 'Os socialistas reclamamos o traslado de Ence sen ambigüidades'
s-90 Vostede era de procedencia galeguista, mais agora está integrada no PSdeG.
s-91 ¿Séntese cómoda?
s-92 É mais, a nivel galego tamén se segue esa liña.
s-93 Galeguista, ¿non nacionalista?
s-94 No Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista primeiro marchou un pequeno grupo do PG, precisamente parte dos que están a tratar de revivilo .
s-95 houbo un grupo encabezado por Pepe Peña que entendeu que non había outra opción que entrar no BNG.
s-96 eu non podía entrar así.
s-97 A súa desaparición é un logro europeo que defendo.
s-98 No caso dos cataláns, son unha federación que funciona con moita independencia.
s-99 Ás veces iso depende das persoas.
s-100 Comparte goberno municipal co BNG, que ten a alcaldía de Pontevedra e dez concelleiros, fronte aos cinco socialistas.

Text viewDownload CoNNL-U