s-805
| Os principios de Bandung foron asumidos anos máis tarde (1961), con moi diversas implicacións, polo Movemento de Países Non Aliñados -NOAL-, que fundaron en Belgrado 25 estados e que aínda sobrevive, malia que a Guerra Fría sexa xa historia. |
s-806
| Os areais, cantís, rochedos, illotes, incluso os parques urbanos e diques de abrigo dos peiraos son lugares de refuxo de aves migratorias durante varios meses ó ano. |
s-807
| Unha mención especial merece o solo industrial porque, en ocasións, non se cobre na medida suficiente a demanda, o que orixina unha desorde urbanística e se constituíndose nun elemento retardatario da economía urbana. |
s-808
| Por outra parte, a súa utilidade depende en gran maneira non só da calidade da ciencia e tecnoloxía que desenvolve, senón tamén da súa articulación co tecido empresarial. |
s-809
| A maioría (51,6%) reside en localidades de menos de 10.000 habitantes, aínda que é tamén numerosa a proporción dos que residen en cidades (40,2%). |
s-810
| En calquera caso, a presentación da solicitude prorroga a validez da autorización anterior ata a resolución de procedemento. |
s-811
| Este indicador mide o impacto da mortalidade por unha causa de morte sobre o promedio de anos que vive a poboación entre dúas idades, neste caso os 35 e os 65 anos. |
s-812
| Os concellos desenvolven a acción social mediante os Servicios Sociais Comunitarios, aínda que as cidades e vilas máis grandes apoian a iniciativa social, prestan axudas de emerxencia e dispoñen de centros de servicios sociais. |
s-813
| O lugar anatómico de inxección é, en xeral, o músculo deltoide aínda que se é preciso pode utilizarse a cara anterolateral da coxa. |
s-814
| Tensións financeiras no Complexo Hospitalario Universitario por mor dun rápido incremento do gasto sanitario no nivel autonómico, que poderían afectar ó seu desenvolvemento futuro (investimentos, investigación, etc.). |
s-815
| Cando a organización financiada exhiba o seu propio logotipo, o da cooperación galega deberá figurar co mesmo tamaño e en iguais condicións de seguridade. |
s-816
| Galicia encóntrase en proceso de desenvolvemento desta normativa e polo tanto debemos incluíla nun segundo grupo de Comunidades Autónomas nas que a normativa está desenvolta parcialmente. |
s-817
| Na empresa pública, o proceso denominado autofinanciación, que se define contablemente como o beneficio neto non distribuido máis amortizacións (beneficio - impostos - dividendos + amortizacións), é casi inexistente. |
s-818
| Os suplementos de calcio e vitamina D poden axudar a previr ou a reducir a osteoporose inducida polo tratamento, o resto de suplementos vitamínicos non demostrou ningunha utilidade en nenos con LES. |
s-819
| Deberán mencionarse as condicións climáticas do territorio onde se situará a instalación e identificar as zonas concretas cuxas peculiaridades difiran das do resto. |
s-820
| O período medio de permanencia das primas será o resultado de calcular o sumatorio das primas multiplicadas polo seu número de anos de permanencia e dividilo entre a suma total das primas satisfeitas. |
s-821
| Cando hai unha iniciativa centrada no patrimonio sempre hai unha serie de obxectos ou inmobles que se queren poñer en valor ante a comunidade e que están dotados dun carácter histórico. |
s-822
| Ten un gran valor estético e protector, pois as súas masas son a mellor defensa dos terreos que coloniza. |
s-823
| Querendo dicer-nos que un aumento nese consumo supón melloras na situación do país, porque vai asociado a un aumento do PIB. |
s-824
| Con tódolos datos que viñemos analizando ó longo do documento, a conclusión ou reflexión final pode ser incluso contradictoria. |
s-825
| Os aspectos que derroga son pois aqueles referentes aos procedementos de solicitude, concesión, revisión e cumprimentos das respectivas autorizacións. |
s-826
| Instalarse nun marco teórico e utilizar os seus paradigmas coma se fosen os únicos posibles ten necesariamente como consecuencia o apoiarse nunha serie de coñecementos cuxa frecuencia nos fai pensar na súa lexitimación como únicos, indiscutibles e inamovibles. |
s-827
| Sen embargo, en Centroamérica aumentou a taxa de participación laboral das mulleres, basicamente debido á súa inserción masiva na industria maquiladora. |
s-828
| Para RUBIO CASTRO, 'marcar a diferenza sexual supón unha ruptura lóxica que permite enfrontarse á historia e á teoría da igualdade. |
s-829
| O actual perfil socioeconómico dos galegofalantes non é máis ca o resultado da dinámica de cambio lingüístico experimentada pola poboación galega nos últimos anos. |
s-830
| Entre eles podemos salientar as investigacións de Rojo (1979), Rodríguez Neira e Rubal Rodríguez (1987), Rubal Rodríguez (1992), Seminario de Sociolingüística da RAG (1995) e Monteagudo e Bouzada (2002). |
s-831
| Na oficina de reclamacións creada na Consellería de Economía e Facenda os clientes das caixas de aforros galegas poderán presentar as súas queixas referidas ao incumprimento por parte daquelas de calquera das normas de disciplina. |
s-832
| Así, se os Estados membros non toman medidas que remedien inmediatamente as debilidades detectadas nos seus sistemas de control e vixilancia, a efectividade das medidas de conservación dos recursos pode resultar diminuída. |
s-833
| Así, entre o persoal directivo das empresas e administracións públicas a porcentaxe de galegos é do 9% (3.427), mentres que o índice porcentual do resto das comunidades inmigrantes do Estado é do 7,9%. |
s-834
| No caso de vivendas que figuren no patrimonio da entidade antes do momento de se acolleren ó réxime, o prazo computarase desde a data de inicio do período impositivo en que se comunique a opción polo réxime. |
s-835
| A evolución da psoríase é por brotes de agudización e remisión, pero hai circunstancias que poden actuar como factores desencadeantes e agravantes: |
s-836
| En nenos e adolescentes non existe non obstante un consenso tan amplo a este respecto, xa que a media de IMC varía coa idade e o sexo nas dúas primeiras décadas da vida. |
s-837
| Os regulamentarios incautados serán devoltos ó interesado se a resolución apreciase a inexistencia de infracción ou, se é o caso, unha vez feito efectivo o importe da fianza imposta. |
s-838
| Este proceso de evolución continua a partir dunha primeira cepa epidémica, que nos subtipos dos virus A coincide cunha cepa que no seu momento foi pandémica (ver logo), chámase 'tendencia (drift) antixénica'. |
s-839
| Outra especie representativa pero moito menos abundante é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) e por último, como especies ocasionais se atopan a tartaruga verde (Chelonia mydas), a tartaruga carey (Eretmochelys imbricata) e a tartaruga golfina ou bastarda (Lepidochelys kempii). |
s-840
| Cada Kwh eléctrico producido xera unhas emisións de CO2 entre 2 e 2,5 veces maiores que un Kwh térmico xerado con gas, gasóleo ou GLP (gas licuado de petróleo). |
s-841
| Pola contra, Mato (1990) e Maroto (1996), ó igual cás series esvaradías da CBBE, observan que son as grandes as que reducen máis o seu endebedamento en períodos de crecemento. |
s-842
| Estar informado non é máis que estar formado, en esencia, por outros; o saber, pola contra, é unha construción libre, desde cada un, por cada un e para todos. |
s-843
| Estas rochas están formadas por calcaria, mineral brando que fractura con facilidade e soluble na auga que contén ácido carbónico. |
s-844
| A pesar de estar atravesando o emprego feminino unha mellor conxuntura, a fenda entre as taxas de paro de ambos sexos practicamente se mantén. |
s-845
| Contaminación de solos e de augas debido ás insuficientes infraestructuras das áreas receptoras de poboación estacional e a conductas pouco respectuosas das persoas que se desprazan. |
s-846
| Por ambas razóns, poderíamos considerar ás asociacións de veciños como un dos piares do aínda feble capital social da cidade. |
s-847
| Na distribución mensual do total de ingresos por herpes zóster non se observa unha estacionalidade definida, feito característico da epidemioloxía do herpes zóster. |
s-848
| Trala Recollida Selectiva tódolos concellos: Entregarán a fracción seca dos RSU nas instalacións de selección ou nas estacións de transferencia. |
s-849
| Se as augas residuais xeradas na instalación se recollen axeitadamente e non se mesturan co zurro xerado polos animais, o promotor deberá sinalar os aspectos que se indican a continuación. |
s-850
| En canto ós tumores malignos, son o grupo de enfermidades responsables dunha maior proporción de anos potenciais de vida perdidos en Galicia (31,6%), entre os que destacan o cancro de pulmón nos homes e o de mama nas mulleres. |
s-851
| A complexidade do noso contorno é tal que este coñecemento resulta crítico para a preparación de políticas efectivas. |
s-852
| O plan xeral do edificio pretende achegar á sociedade o coñecemento e uso das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías audiovisuais e da comunicación, así como mostra-la sociedade e cultura galegas dende un punto de vista innovador e de futuro. |
s-853
| Os beneficiarios destas axudas, unha vez executado o proxecto e no prazo máximo de dous meses contado desde a data de pagamento da derradeira factura, deberán solicitar o cobramento da subvención concedida segundo modelo que figura como anexo III. |
s-854
| Neste grupo temos varias especies endémicas, e a máis importante, pois só se en-controu en Ancares foi o Haptoderus subiasi. |
s-855
| A segunda é a proposta por Legates (1991) e lévase a cabo mediante a maximización da seguinte función: L = -n/2 Ln s2 y + (lambda-1) onde s2 é a varianza mostral, Ln é a base de logaritmos naturais e lambda é o coeficiente de trasformación. |
s-856
| Por mor da práctica inexistencia de cavidades naturais en Galicia, as galerías e cortas mineiras abandonadas constitúen un hábitat sustitutorio de extraordinaria importancia para os morcegos (tamén para algúns anfibios e aves). |
s-857
| Principio de audiencia previa na forma que máis adiante se regula, en harmonía co previsto no Convenio 158 de OIT. |
s-858
| Todo o anterior enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración con outros organismos e autoridades estranxeiras en relación co resto de materias reguladas nesta lei. |
s-859
| De non estimarse a existencia de delito, a administración iniciará ou continuará o expediente sancionador con base nos feitos que os tribunais considerasen probados. |
s-860
| Os recursos forestais teñen unha especial importancia en Galicia, polo que a teñen igualmente os recursos xenéticos implicados no desenrolo do conxunto do sector forestal. |
s-861
| Resultan de indubidable transcendencia desde o punto de vista mediático, o que favorece unha visión individual e colectiva preocupada en gran medida pola temática do medio ambiente (cambio climático, efecto invernadoiro, etc.). |