s-604
| Desde o punto de vista dos aspectos institucionais, cando se pretende xustifica-lo endebedamento crecente das CC.AA., xenericamente adoitan sinalarse os seguintes motivos principais: |
s-605
| A insuficiencia financeira que entraña o propio sistema de financiamento autonómico xera un endebedamento crecente. |
s-606
| Fenómenos como a redución no número de explotacións, a maior fragmentación da propiedade e o descenso poboacional no medio rural orixinaron profundos cambios no sistema agrario tradicional (Crecente et al., 2004; Marey et al., 2004). |
s-607
| Tamén están presentes os endemis- mos do oeste da península Ibérica, como o pintafontes común, a ra patilonga, a lagartixa dos penedos ou a lagartixa da serra. |
s-608
| Cando en relación con estes datos se proceda a procura- lo consentimento a que se refire o número seguinte, o interesado será advetido acerca do seu dereito a non o prestar. |
s-609
| A metade dos fumadores (50,1%) iniciaron o consumo de tabaco cando tiñan entre 15 e 17 anos por tan só un 1,1% que o iniciou con máis de 23 anos (táboa 9 e figura 4). |
s-610
| No tocante á doutrina de Freud, e ó papel do subconsciente non determinismo dos síntomas somáticos e dos estados psiconeurósicos, véxase o que se fala en diferentes capítulos deste libro. |
s-611
| De acordo coas conclusións do diagnóstico realizado, e atendendo ós aspectos ambientais esenciais para Galicia, propóñense as seguintes liñas de actuación prioritarias que, en todo caso, en maior ou menor medida, deben segui-las políticas socioeconómicas galegas. |
s-612
| As suas procedencias maioritarias seguen a ser Marrocos (15,54%) e Ecuador (13,12%), se ben en Galicia a maioria son portuguesas e latinoamericanas, fundamentalmente colombianas1. |
s-613
| Para iso créanse en diversos hospitais galegos unidades funcionais integradas por persoal do centro, que se encargarán de realiza-lo estudio diagnóstico dos lactantes remitidos das unidades de cribado por sospeita de hipoacusia incapacitante (bilateral permanente maior de 40 dB). |
s-614
| Sen embargo, os últimos estudios realizados calculan que a producción de residuos aumentou un 17% entre 1994 e 2000 e que aumentarán outro 27% ata 2020. |
s-615
| Inherente á Axenda 21 é a crenza de que o proceso de outorgar poder á cidadanía para xestiona- las súas propias comunidades comportará necesariamente a toma de opcións ambientais correctas. |
s-616
| Consideramos, pois, que a prolongación da vida dos individuos, e sobre todo a consecución dunha calidade de vida digna, debe constituir unha das dimensións fundamentais da loita polo progreso social. |
s-617
| Real Decreto 1431/1992, de 27 de novembro, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Arquipélago de Cabrera (Boletín Oficial do Estado nº 42, de 18 de febreiro de 1993). |
s-618
| En xeral, son máis rápidos e menos custosos ca os estudos de cohortes, e son útiles para investigar efectos (enfermidades) raros, pero están máis expostos a nesgos que limiten a súa validez. |
s-619
| Entre as queixas que se presentaron ó Valedor do Pobo, sinalamos aquí tres nas que a gravidade do problema de contaminación acústica viña dada, en toda ou en boa parte, por esta concentración de locais emisores de ruídos. |
s-620
| Do mesmo xeito, en moitas pasaxes oponse ós dogmas e á pretensión de que todos os seres humanos teñan as mesmas crenzas e opinións. |
s-621
| En 1965 practicouse en España o primeiro transplante dun órgano sólido, e na actualidade realízanse no noso país cerca do 10% dos transplantes de fígado e corazón de todo o mundo, malia representar tan só un 0,7% da poboación mundial. |
s-622
| Sen embargo, o resultar dita denominación un selo específico e fundamental de identidade, parece conveniente incluír no Estatuto de Autonomía a denominación establecida legalmente e xa amplamente asentada. |
s-623
| O consumo de enerxía eléctrica específico dun sistema de deshidratación é de 315,8 kWh/t de produto ou de 25 kWh/t de leite cru. |
s-624
| De xeito xenérico, pódese afirmar que existen dúas grandes clases de anticiclóns, os cálidos e os fríos. |
s-625
| Dentro do diamante, chegar polo radio ao punto 100 presenta a situación de sustentabilidade perfecta, a máxima xerarquía en todas as dimensións e nos indicadores que compoñen cada unha delas . |
s-626
| Esta é a vía para que os Gobernos autónomicos poidan _controlar_ o proceso de privatizacións que afecten a empresas establecidas nos sus territorios. |
s-627
| Isto fai que a introducción dalgúns aspectos da xestión empresarial clásica sexa difícil no contexto sanitario. |
s-628
| O gas de combustión reintrodúcese na zona da chama actuando como un diluente e disminuindo a disponibilidade de osíxeno e a temperatura da chama, co que se reduce a formación de NOx. |
s-629
| Cando se configuran situacións de advección inversa, poden chegar ata nós aire ártico continental (Ac) e aire polar continental (Pc). |
s-630
| As poboacións europeas son bastante homoxéneas en canto á súa composición mitocondrial e do cromosoma Y, como querendo reflectir a orixe común de todas elas a partir dun substrato común proveniente de Oriente Medio e do oeste asiático. |
s-631
| O horizonte do 2010 presenta uns obxectivos que incluso sobrepasarán estas perspectivas, garantindo un compromiso máximo da Comunidade Autónoma. |
s-632
| A mellor maneira de trata-las cuestións ambientais é coa participación de tódolos cidadáns interesados, no nivel que corresponda. |
s-633
| Así pois, as columnas expresan cales son os inputs de cada rama de actividade, en tanto que as filas reflicten o destino dos seus outputs. |
s-634
| Mantéñense as restricións á contratación de persoal laboral temporal e ao nomeamento de funcionarios interinos, atribuíndolles un carácter rigorosamente excepcional e vinculándoo a necesidades urxentes e inaprazables. |
s-635
| En canto ao limiar de pobreza, tal e como se dixo na introdución, o método máis utilizado en América latina é o baseado nas Necesidades Básicas Insatisfechas, fundamentado nunha serie de indicadores censuais. |
s-636
| Contra a resolución que dite o ministro de Fomento, o interesado poderá interpor, dentro do prazo legalmente previsto, recurso contencioso-administrativo. |
s-637
| Pola súa banda, Aragón permite que os menores de idade que teñan cargas familiares podan solicita-lo ingreso aragonés de inserción. |
s-638
| As ribeiras cubertas de vexetación representan zonas cunha capacidade de retención de sedimentos moi elevada, ó teren unha pendente moi pequena e solos moi permeables (Pinay et al., 1990; Petts, 1990). |
s-639
| Rexistro da Propiedade nº 1 Pontevedra 3,49 A Total líquido 2.522,53 A Segundo.-Tendo en conta: * O capital hereditario remanente líquido resultante: 2.522,53 euros. |
s-640
| Habida conta da dispersión da poboación e a flexibilidade de que debe estar dotado o sistema, previuse construir tamén Estacións de transferencia dun grupo compactador, custo do cal se cifra nas seguintes cantidades: |
s-641
| Con esta directiva, que se debe traspoñer antes do 19 de xullo de 2001, adoptaranse os novos valores límites de inmisión. |
s-642
| As corporacións non contratan man de obra en rexións afastadas para que os consumidores en Estados Unidos poidan aforrar diñeiro. |
s-643
| Implantación de áreas 30 (con velocidade máxima limitada a 30 Km/h), barrios tranquilos e áreas de coexistencia de tráfegos. |
s-644
| Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpor recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. |
s-645
| Os emigrantes poden pasar longos períodos con parentes e as empresas pequenas con frecuencia dependen da forza de traballo que subministra a familia extensa. |
s-646
| Pola contra, a caída máis importante, tanto en termos absolutos coma relativos, deuse en Pontevedra, cun descenso do 6,5% (82.375 viaxeiros menos). |
s-647
| Alí si, entón, será posíbel non só o dereito á alimentación, senón tamén a maioría dos dereitos humanos que, por agora, sofren de profunda invisibilidade para os fillos da terra usurpados dende hai máis de cinco séculos. |
s-648
| Na fachada occidental (Atlántica e Rías Baixas) a parte interna e media da plataforma está cuberta por unha potente capa de lama procedente dos numerosos canles fluviais que desembocan nela . |
s-649
| Para algúns produtos dentro dunha industria, a innovación segue tendo unha importancia crucial e a industria está actuando sobre a fronteira tecnolóxica, mentras que outros produtos están xa estandarizados e a innovación ten menor importancia. |
s-650
| Este traballo completouse coa cesión dunha cámara para ter no barco para que a propia tripulación recolla fotos, e así o fixeron; deste xeito podemos confirmar as identificacións. |
s-651
| Tamén a forma de executar estas accións de mellora pode ser moi variable, xa que dependerá da súa envergadura e, en boa medida, do grao de compromiso que supoñan. |
s-652
| Observacións: neste grupo están os datos obtidos non só das estacións meteorolóxicas, senón tamén de avións, barcos, boias... |
s-653
| De coincidir o dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. |
s-654
| No resumo non técnico incluiranse todas as indicacións do proxecto básico, así como do resto dos documentos requiridos na solicitude da autorización ambiental integrada. |
s-655
| A formalización do plan de emprego de promoción conxunta requirirá a incorporación dos anexos subscritos polas empresas promotoras. |
s-656
| Refórzanse as competencias e facultades da Comisión do Mercado das Telecomunicacións en relación coa supervisión e regulación dos mercados. |
s-657
| Os principais retos ós que se enfronta o transporte galego para integra-lo medio ambiente na súa política sectorial pódense traducir nas seguintes liñas de actuación prioritarias que a Comunidade Autónoma de Galicia debe emprender: |
s-658
| De acordo coas directrices do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, seleccionáronse para a primeira fase do estudio os seguintes sectores, que se considera que presentan, potencialmente, unha destacada incidencia: |
s-659
| Facemos votos para que tal recompilación de datos poidan ser útiles suxerindo indicadores, aínda que estes se vexan un tanto cortapisados pola falta dun modelo teórico con amplo apoio. |
s-660
| Moitos obreiros, nais solteiras, familias novas con máis de dous fillos e persoas maiores non poden permitirse paga-los prezos que establece o mercado. |
s-661
| Cabe destacar no Xacobeo 2004 a súa importante colaboración, ó igual que nos anos 1993 e 1999, en apoio dos peregrinos nas distintas rutas xacobeas. |
s-662
| Así, poden ser verdadeiros tíos, isto é, anciáns con autoridade, ou poden ter un poder de máis dubidosa procedencia. |
s-663
| Engádense dúas novas alíneas b) e c), co conseguinte desprazamento das actuais, no número 2 do artigo 34 da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, co seguinte contido: |
s-664
| Ao longo do traballo de campo contactamos con mulleres que, fundamentalmente, puxeron negocios orientados ao sector servizos, desde librerías, quioscos, restauración, ciber-cafés, tendas de regalos e decoración, téxtil, bixutería, franquías de tinturerías e panaderías, etc. |
s-665
| Os pneumáticos usados téñense empregado na construcción de arrecifes mariños artificiais, rompeolas e muros de contención, ademais de en intervencións para controlar a erosión. |
s-666
| Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ao que viñese disfrutando. |
s-667
| Cando se lles pregunta aos fogares galegos na ECV do INE por cal é a contía que precisarían para chegaren a fin de mes, de media din necesitar preto duns 1.500 euros mensuais (táboa 20). |
s-668
| Esta última licenza, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que se lle poidan impoñer ao traballador que alegue causas que resulten falsas. |
s-669
| A comisión reunirase con carácter ordinario polomenos unha vez cada dous meses e, con carácter extraordinario, cando o soliciten un mínimo de oito membros de calquera das partes. |
s-670
| Os datos macroeconómicosque apuntan unha desaceleración da economía do Reino Unido pasaron factura á libra esterlina, que perdeu valor fronte ao euro e o dólar. |
s-671
| A continuación móstranse a localización e as características de cada tipo para ter en conta á hora de definir este apartado [44]. |
s-672
| Respecto do artigo 12, propón que se contabilicen as 14 pagas anuais da pensión non contributiva, e que se llas actualice segundo a evolución do IPC, á hora de fixa-la coantía mensual da axuda básica a percibir. |
s-673
| Entendemos que o nomeamento debe recaer no alumno/a delegado/a de curso, que é o que ostenta a representación, por elección, dos seus compañeiros/as, da mesma maneira que os Delegados/as de Prevención nas empresas. |
s-674
| Para a aplicación desta directiva o Plan Nacional de Saneamiento y Depuración do Ministerio de Medio Ambiente elaborou un inventario de instalacións de depuración (1992) e realizou un diagnóstico da situación da depuración en España (gráfico 8). |
s-675
| Ao aumentar o tamaño do mercado, permitindo compatibilizar o aproveitamento das economías de escala co acceso a unha variedade de produtos, resólvese o problema da estreiteza da demanda. |
s-676
| Obxectivos que se concretan en accións como a revitalización dos centros históricos, a oferta cultural, a promoción común de grandes eventos e a integración do turismo urbano na rexión da que son centro. |
s-677
| Se observamos a Táboa 7, vemos cómo a taxa de crecemento en volume foi dun 54% no período 1986-1996, pasando das 7.002 toneladas do ano 1986 ás 10.807 toneladas do 96. |
s-678
| Consumos aproximados en instalacións metalúrxicas, a través do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia (delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio) e das propias instalacións. |
s-679
| Se ben é certo que a interpretación da cartografía meteorolóxica presenta serias dificultades, xa que non existen dous mapas sinópticos idénticos. |
s-680
| Nesa dirección, o primeiro paso é a elaboración de políticas activas para conducir o proceso de cambio estructural, crear emprego e evitar o esfaragullamento da sociedade. |
s-681
| No ámbito do voluntariado, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza ten prevista a actuación dentro das seguintes liñas marco: |
s-682
| Polo que puidemos observar, encontramos en moitas mulleres o Síndrome do Inmigrante con Stress Crónico, tamén chamado Síndrome de Ulises (J. |
s-683
| Os movementos máis salientábeis no sur de América xa hai tempo que deixaron de ser militares, igual que hai xa tempo que o político vai detrás do social. |
s-684
| As escolas italianas _Mazzola, De Viti di Marco_ e sueca _Wicksell e Lindhal_ presentaran xa a cuestión, que alcanzou _a formulación máis elegante_ (Delfaud, 1986a, p. 110) con Samuelson. |
s-685
| Hai que ter en conta, pois, que aínda que ao longo da historia os xitanos adaptaron o seu sistema de crenzas ás doutrinas relixiosas das comunidades nas que se asentaron, nunca chegaron a asumir verdadeiramente unha confesión determinada. |
s-686
| A maior parte dos dispositivos que están no mercado posúen unha superficie de cobre superior a 300 mm2 e son considerados de alta carga. |
s-687
| A taxación directa dun producto ten efectos imediatos sobre a súa preséncia no mercado e sobre o seu desenvolvemento. |
s-688
| A súa concesión queda condicionada á ampliación ou remanente do crédito da aplicación orzamentaria 08.05.432A.740.0 segundo se indica no mencionado anexo. |
s-689
| O artigo 31, número 2, parágrafo b), da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, queda redactado nos seguintes termos : |
s-690
| Un sistema económico ideal debería maximizar a eficiencia estática, é dicir, a utilización e a asignación óptimas dos recursos existentes, así como maximizar tamén a eficiencia dinámica, é dicir, a creación óptima de novos recursos. |
s-691
| Pola contra, o porto de A Coruña foi o único que presentou un descenso do tráfico portuario, cunha caída do 2,0% respecto ao tráfico do ano anterior. |
s-692
| A poboación dedicada á agricultura áchase envellecida debido fundamentalmente á marcha dos mozos ás zonas urbanas, e á falta de posibilidades para que estes últimos se fagan cargo das explotacións. |
s-693
| Tamén colabora coas empresas e as súas asociacións sectoriais na mellora das redes de comercialización e na promoción da pedra natural galega, tanto a nivel nacional como internacional. |
s-694
| En Galicia, a rede Natura 2000 está constituída por 14 zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e pola proposta de 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), tal como se amosa nas figuras 2.7 e 2.8. |
s-695
| Da mesma forma que antes, as perdas non son exclusivamente en productos senón tamén en posibilidades turísticas, e as que se deriven dos impactos no medio e na productividade natural. |
s-696
| Os instrumentos e enfoques de análise de economía ambiental e formulación de políticas proceden basicamente de dúas fontes: as universidades e a Administración. |
s-697
| Contra este acordo non poderá formularse recurso baseado na concorrencia de prohibicións absolutas ou relativas, pero si poderá fundarse no incumprimento dos requisitos esixidos para a válida transformación ou concesión directa do rexistro internacional solicitado. |
s-698
| Así mesmo, tamén se ha de incluír calquera outro tipo de actividade que se leve a cabo dentro da instalación. |
s-699
| Pois non hai que olvidar que, como xa apuntamos antes, a lonxevidade como fenómeno social prodúcese pola combinación de tres factores: baixa taxa de natalidade, baixa taxa de mortalidade e movementos migratorios. |
s-700
| Ofrecemos a continuación unha sintética reflexión analítica sobre os seus contidos e significados: _ Características demográficas familiares. |
s-701
| Nembargantes, neste caso sería necesario axusta-los parámetros de control e así poder procesa- lo xurro de diferentes explotacións, polo que o control da instalación dentro das marxes establecidas é vital para o seu funcionamento. |
s-702
| Un indicador sintético da estructura demográfica pode ser o índice de recambio, operativizado como a relación entre o conxunto de xóvenes que entran na poboación activa e os activos próximos a saír do mercado laboral. |
s-703
| A MELLOR ALIMENTACIÓN QUE PODES DAR Ó TEU FILLO É LEITE MATERNO SÓ DURANTE OS PRIMEIROS 6 MESES E CONTINUA-LO ALEITANDO DESPOIS ATA OS 2 ANOS DE IDADE OU MÁIS XUNTO COAS COMIDAS COMPLEMENTARIAS AXEITADAS. |