Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttest
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Select a sentence

Showing 403 - 502 of 861 • previousnext

s-403 Son as cabezas ou mostras de maior calidade de entre as tipoloxías arquitectónicas presentes no casarío do conxunto histórico.
s-404 O Programa de autovías e autoestradas prevé actuar, entre o período 2000-2010, sobre o eixe Ourense-Lugo e a súa conexión con Santiago de Compostela.
s-405 Cando a provisión matemática se calcule unha vez devengada a prestación, o seu importe coincidirá co valor actual actuarial dos pagamentos futuros que a completen.
s-406 Este efecto föhn existe tamén, aínda que é de menor intensidade, no Xistral coas situacións de sudoeste, de forma que cando se esta situación, hai chuvias en toda Galicia, agás na Mariña luguesa.
s-407 A campaña, na que se empregou unha vacina de polisacáridos non conxugada (ve-lo anexo III), acadou unha cobertura global superior ó 86%, aínda que con algunha variación en razón da idade dos individuos (táboa 1).
s-408 Moitas ideoloxías aportan a base teórica a comportamentos intolerantes, dos que abondan exemplos ó longo da historia e máis aínda nos tempos actuais.
s-409 Todos eles foron responsábeis da lesa culpa de opinar mais alá da comodidade, quizais mais alá da corrente e, sen dúbida, mais alá da prudencia.
s-410 O feito de que estes lugares reúnan un gran número de actividades lúdicas e consumistas resulta cada vez máis atractivo para dous tipos de agregados sociais: adolescentes e familias con fillos pequenos.
s-411 Tamén se observa como, a partir do período 1999-2000, se presenta unha redución na taxa de crecemento do desemprego, explicado por un crecemento negativo (redución) da oferta laboral e polos crecementos positivos na demanda laboral e na taxa de emprego.
s-412 En España, ao igual ca noutros países europeos, comprobouse que existe carencia de iodo en diversas zonas de Andalucía, Asturias, Catalunya, Extrema-dura, Galicia e Castilla e probablemente noutras zonas non estudadas e incluso en zonas non montañosas.
s-413 Pacientes con diagnóstico previo de Hipertensión severa (mayor o igual a 210/120 mmHg), pacientes que deben reducir su presión arterial por debajo de 130/85 mmHg (diabéticos e insuficiencia cardiaca) o de 125/75 mmHg (insuficiencia renal con protenuria mayor de 1 gr. al día).
s-414 Informarase das emisións polas fontes e a absorción polos sumidoiros de gases de efecto invernadoiro que garden relación con esas actividades dunha maneira transparente e verificable e serán examinadas de conformidade co disposto nos artigos 7 e 8.
s-415 Orde do 25 de xuño de 1984, sobre instalación en centrais térmicas de equipos de medida e rexistro da emisión de contaminantes á atmosfera.
s-416 Fálase nestes casos de Cartografía do Coñecemento: * mapas de información, * mapas de competencias, * mapas de procesos de deseño, de traballo e de decisión elaborados e actualizados mediante as correspondentes ferramentas que permiten unha verdadeira eficacia da xestión.
s-417 Aínda que a informática permita simplificar moitas tarefas, a ampliación de productos e de servicios é tan intensa que o manexo dos programas e o seu aproveitamento óptimo con fins comerciais esixe un cambio no perfil dos empregados.
s-418 Analizando os resultados, tendo en conta as distintas compoñentes do ICC, neste mes de outubro destaca o empeoramento no saldo relativo ás perspectivas de evolución da situación económica en Galicia, acadando este saldo un valor de -20,3 puntos.
s-419 Cada establecemento pode ofertar as que considere convenientes, pero as máis usuais son as seguintes: - Pago inmediato ou ó contado: o cargo realizase no momento de efectuar as compras e non leva consigo xuro algún.
s-420 Os danos causados por erro xudicial, así como tamén os que sexan consecuencia do funcionamento anormal da Administración de Xustiza, darán dereito a unha indemnización a cargo do Estado, conforme a lei.
s-421 Despois do sector servicios, son os parados sen emprego anterior os que concentran o maior volume de desempregados, en concreto, o 26,0% dos parados da área urbana, o 25,2% dos da comarca e o 19,3% dos de Galicia estaban nesta situación.
s-422 As emisións de CH4 obtéñense a partir dos valores de emisións de COV, tomando o valor calculado para o Inventario de Emisións Atmosféricas e Fontes Responsables (EPER).
s-423 Aqueles nenos con síntomas e analíticas moi suxestivos de FMF deben ser tratados con colchicina, durante uns seis meses.
s-424 A lingua, ferramenta de precisión onde as haxa, limítase a reflectir esa ideoloxía, ás veces a radiografala con portentosa exactitude'.
s-425 Cando o dano renal é importante aparece sangue e proteínas nos ouriños así como, se non se trata, retención de líquidos e inchazo dos pés e das pernas.
s-426 As medidas restritivas de dereitos contidas neste capítulo deberanse adoptar mediante auto motivado en que se aprecie a súa proporcionalidade e necesidade, e, en todo caso, con intervención do Ministerio Fiscal e respecto dos principios de contradición, audiencia e defensa.
s-427 Como complemento de idéntica valoración poden lerse diversos traballos do profesor Alvarez Corbacho, e en concreto o titulado 'O crecemento económico de Galicia', de 9 de setembro de 1997, no mesmo diario.
s-428 En caso necesario, este debe de ser de iguais características ca o orixinal e deberase identificar o contido e etiquetarse da mesma maneira ca o envase orixinal.
s-429 Esta íntima identificación cultural da Compostela patrimonial con Galicia, apórtalle ó contorno cultural representado pola cidade un contido referencial e simbólico que transcende amplamente do ámbito local para pertencer ó conxunto da comunidade galega.
s-430 Na revisión feita por Lensely e colaboradores (1982), especifícase que as funcións máis empregadas son a normal, a log-normal, a log-Pearson de tipo III, a gamma, a raíz cadrada normal e a raíz cúbica normal.
s-431 Doutro lado, modifícase a acción de cesación ou rectificación da publicidade lexitimando as institucións e asociacións que traballan a favor da igualdade entre homes e mulleres para o seu exercicio.
s-432 Esta é o instrumento de comunicación idóneo para transmitir o coñecemento que alberga o museo nos obxectos que conserva.
s-433 Esta ameaza pode ser real ou percibida como tal, baseada na necesidade de atribuír -males- a alguén externo á propia comunidade.
s-434 Os sistemas de recompresión do vapor permiten un aforro de enerxía aínda maior e poden ser de dous tipos: recompresión térmica e mecánica.
s-435 Non obstante, ao expirar o prazo do seu mandato continuarán no exercicio das súas funcións deica a toma de posesión dos novos vogais ou, se é o caso, do presidente ou presidenta.
s-436 Pois ben, debe lembrarse tamén que todas estas liñas de pensamento rexeitaban a independencia e esforzábanse en buscar un encaixe de Galicia como entidade política dentro de España.
s-437 Para calcula-la diminución na xeración dos residuos producidos nas centrais térmicas galegas, tívose en conta que a producción de residuos é inversamente proporcional ó poder calorífico do carbón empregado.
s-438 Dado o interese productivo e turístico das nosas rías e a súa sensibilidade ante a contaminación, a intervención pública en todas as instancias, municipais ou autonómicas faise imprescindible para alcanzar a súa sustentabilidade.
s-439 Os perfís de lectores determinados polo uso dun motor de procura véndense a comerciantes dexeosos de apuntar mellor aos seus consumidores potenciais...
s-440 Os factores que serían básicos para manter un gobernante no seu asento da demoditadura fundamentaríanse no control dos medios de comunicación, sen sitio para a máis mínima crítica, e o apoio incondicional dos líderes locais.
s-441 Tamén relacionado co consumo, a gran maioría da sociedade descoñece que actualmente se está gravando o seu gasto en electricidade mediante impostos proporcionais sobre o consumo.
s-442 Iguala-los salarios de homes e mulleres pasa pola incorporación de máis mulleres ós sectores de actividade con mellores retribucións e nas categorías mellor pagadas.
s-443 Non obstante, a ordenación territorial de Galicia continúa caracterizándose por unha distribución urbanística difusa e usos edificatorios en solo rústico.
s-444 Pola contra, a distribución dos casos do serogrupo C en 1997 amosan outro patrón, no que os casos das idades vacinables acadan 1/3 do total.
s-445 Distribución acerca de inventarios de equipos que empregan SF6 detallando as cantidades instaladas e ano de instalación, o cal permitirá calcula-las emisións resultantes de fugas operacionais para os anos de referencia.
s-446 Describiranse os usos actuais na zona, así como calquera previsión de cambio nestes , detallando os plans, políticas ou programas relativos aos usos de solo da zona.
s-447 Estes equipos teñen dúas saídas de gases ao exterior, unha de gases de combustión e outra de aire de quentamento.
s-448 Invernada forte e en aumento pois leva catro anos de máximos consecutivos, pasando das 24-27 aves de 1998-2000 ás 39 aves de 2001.
s-449 O traballo de campo, enquisa telefónica, realizouse entre decembro de 2006 e marzo de 2007 e incluíronse 7.840 persoas residentes en Galicia, Entre os obxectivos da enquisa estaba o de recoller información relacionada coa realización de citoloxías entre as mulleres galegas.
s-450 Complementariamente, a patronal hostaleira sitúa a ocupación en Galicia durante ese mes no 31,6%, a porcentaxe máis baixa de todas as Comunidades autónomas españolas coa excepción de Castela-A Mancha.
s-451 En moitas ocasións, isto redunda nunha maior e mellor calidade nas relacións, ou nunha alternativa e defensa diante da insuficiente ou inexistente cobertura pública de servizos de apoio.
s-452 Como pode observarse , as porcentaxes previstas de maiores crecen constantemente nas provincias de Pontevedra e A Coruña con respecto do conxunto de Galicia, namentras baixan nas de Lugo e Ourense.
s-453 Uns dous terzos das árbores da Unión Europea sofren agresión, e os incendios forestais son un problema no sur.
s-454 Respostas ás presións O grao e a capacidade de resposta da nosa sociedade fronte ó deterioro das súas augas superficiais podemos avalialo para a próxima década coas seguintes recomendacións:
s-455 Na análise do medio ambiente atmosférico nunha rexión é necesario considerar a acción do home sobre o medio e os efectos que esa acción estea exercendo, tanto no ámbito local como global.
s-456 Co fin de poder comparar os modelos de regresión obtidos para os seis conxuntos mostrais, na táboa 10 preséntanse as principais características dos modelos de regresión lineal múltiple obtidos con todas as variables explicativas.
s-457 O tardío despegue do crecemento urbano e a potencia e calidade da cidade histórica fixeron que Santiago de Compostela tardara máis que outras cidades en albisca-la crise da súa cidade histórica.
s-458 Polo tanto, as organizacións utilizarán unha serie de recursos en función das súas posibilidades e imaxinación.
s-459 Cada hospital debe ter asignado un hospital de referencia para o tratamento de enfermos con IAM e debe existir un circuíto de derivación ben definido, estable e fluído.
s-460 Así pois para esta campaña do 97, esperamos contar con tódo-los que censastes o ano pasado e polo que sabemos, de seguro que se incrementarán as localidades.
s-461 Unha vez elaborada a correspondente proposta mediante acta motivada, dirixirase ao director xeral, quen elevará proposta de resolución ao conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, quen resolverá.
s-462 Porén, estes niveis de produción están orixinando un alto grao de sobreexplotación dos recursos na maior parte dos océanos, situación que enfronta á industria pesqueira cun futuro de incertas consecuencias.
s-463 Sutcliffe tamén realizou varios cálculos sobre a desigualdade global aplicándolles aos datos da distribución de D/S de alta calidade dúas estimacións diferentes de renda: os datos WDI e os de Maddison 2001.
s-464 Xa nos anos setenta BAJO FERNÁNDEZ, ao estudar a circunstancia mixta de parentesco, sinalaba que 'resultaría grotesco fundamentar a pena de reclusión maior a morte do parricidio en razón da necesidade de protexer a orde familiar'.
s-465 Ben, agora xa non porque os dous están en Kajapettai nunha escola de rehabilitación de nenas e nenos traballadores.
s-466 Eles, nunha mostra de anciáns norteamericanos maiores de 80 anos, determinaron que eran a enfermidade coronaria, a diabete, a necesidade de axuda na elaboración de comidas e a limitación física os principais factores que condicionaban a posibilidade dun ingreso hospitalario.
s-467 Mais sobre todo, é ter claro que, ás veces, o desenvolvemento non pode ser sustentábel, non é compatíbel coa conservación.
s-468 Ter clara a indicación e a técnica máis adecuada e ante a dúbida non intervir e derivar.
s-469 Nalgúns casos seleccionados a resección cirúrxica é posible, como na invasión directa dun corpo vertebral, a vea cava superior, o esófago ou a aurícula.
s-470 Urxe sentar as bases para emprender o cambio de rumbo coa reorganización das empresas actuais e coa creación doutras novas.
s-471 Na súa obra doutrinal máis relevante, El regionalismo, publicada en 1889, hai un parágrafo condensado de Brañas -que sería publicado de novo no xornal compostelán El Alcance, en 1897- que ben merece a cita completa:
s-472 Tanto a TVG como a Radio Galega emiten e retransmiten as 24 horas a través de Internet (usando o programa Real Player), nunha iniciativa que foi pioneira en Europa.
s-473 Nunha explotación intensiva porcina, o esterco debe ser tratado axeitadamente mediante procesos de fermentación e estabilización para evitar danos ambientais en augas, solos e atmosfera.
s-474 Desta forma, a incapacidade de proxectar unha política internacional común é principalmente resultado dos fenómenos experimentados no interior da UE, a cal deu prioridade aos temas de integración.
s-475 Deste xeito, os mozos e as mozas terían a oportunidade de converterse en responsables directos da consecución de retos como a eliminación das barreiras étnicas, culturais e de xénero e a protección do medio.
s-476 Programa de redución da produción de RSU a redución na orixe presenta importantes vantaxes económicas e ambientais.
s-477 Non obstante, os Estados membros así como as autoridades rexionais e locais son responsábeis de moitos dos pasos que hai que dar, por exemplo na política de transporte, a planificación dos usos do chan e as campañas de sensibilización.
s-478 A exclusión do emprego primario na análise da ocupación en ambas economías non modifica significativamente a evolución cíclica antes comentada.
s-479 Así mesmo foi modificada, en virtude da habilitación conferida na súa disposición adicional ó Consello da Xunta, polo D. 207/1994, do 30 de xuño (DOG 131, do 8 de xullo.
s-480 Estímase o valor monetario en tres direccións (output recreativo que lle proporciona o MA ós visitantes e valor de conservación para usuarios e non usuarios para as IC) correspondentes ó excedente equivalente (Johansson, 1987).
s-481 Os cidadáns europeos están moi comprometidos a favor da protección do medio ambiente e, nos últimos anos, comezaron a desempeñar un papel máis activo, como individuos, nese campo.
s-482 Tan nos últimos anos cabería relacionar este dato co avellentamento da poboación, debido ós baixos niveis de fecundidade rexistrados nas recentes décadas.
s-483 Aínda que ambos os dous nutrientes son esenciais para a vida vexetal e animal, as concentracións excesivas destes elementos actúan como contaminantes e son ambientalmente daniñas de diversas formas.
s-484 Avisará o/a supervisor/a da unidade de cribado ou o médico asociado delegado para que informe a familia, entregándolle a carta de citación.
s-485 Esta cobertura garántese mediante a contratación dunha póliza para os empregados ou mediante a creación dun fondo de autoseguro.
s-486 Outras prioridades son acordadas anualmente polos servizos de inspección da Comisión Europea, logo de facer unha análise dos aspectos máis sensibles e valorando, por suposto, os medios humanos e materiais dos que se dispón.
s-487 As diferenzas substanciais nas vidas de mulleres e homes explican o feito de que políticas aparentemente non discriminatorias teñan un impacto diferente en homes e mulleres e reforcen as desigualdades existentes.
s-488 Este vai aumentando a medida que o vapor vai cedendo o seu contido enerxético, para poder aproveitar mellor a súa enerxía.
s-489 Mais o tema das orixes altomedievais da comarcalización de Galicia non ten un interese exclusivamente anticuario, non é algo pertencente a un pasado moi afastado e extinto.
s-490 No ano 1991 o Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente (MOPTMA) comezou a realización dun primeiro Inventario de Espacios Contaminados que, abranguendo todo o territorio español, servise de referencia e base de datos para futuros traballos.
s-491 Dende que o caso índice enfermou ata a chegada da súa nai o día do seu ingreso, a tía foi quen a coidou.
s-492 Agora ben, o establecemento destes acordos non exime da aparición de problemas e de conflictos entrámbalas dúas partes.
s-493 A adopción de medidas que afecten ó réxime de aplicación dun dos dous principios implica necesariamente a consideración do outro.
s-494 Posteriormente, no ano 1996, observamos cómo o comportamento é precisamente o contrario, os prezos dos productos exportados son superiores ós dos productos destinados o mercado interior.
s-495 Facer fincapé en actuacións que erradiquen comportamentos industriais agresivos co medio natural, previndo situacións perigosas, así como detendo e revertendo os procesos de deteriorización.
s-496 A policía xudicial depende dos xuíces, dos tribunais e do ministerio fiscal nas súas funcións de pescuda do delicto e de descubrimento e aseguramento do delincuente nos termos que a lei estableza.
s-497 Este está alicerzado sólidamente numha base material, a natureza, e sujeito, como acabamos de ver, a determinadas restriçons que o fam unidireccional e irrevocável.
s-498 Tais recursos som as modificaçons duradeiras da terra e da água (muros de contençom que achandam o terreno, fontes de água que xordem de fluxos subterráneos....).
s-499 Se a solicitude non presentase irregularidades, ou fosen emendadas estas, o órgano competente da comunidade autónoma remitirá o expediente á Oficina Española de Patentes e Marcas, notificándollo ó solicitante.
s-500 Recórdase a tódolos profesionais sanitarios a obriga de notificar as sospeitas de RAMs observadas na súa práctica clínica habitual e remitilas ca maior celeridade posible ó Centro de Farmacovixilancia de Galicia, mediante a tarxeta amarela (Real Decreto 711/2002; art.7.a).
s-501 Mentras retornan xubilados galegos da emigración a Europa e América, mancheas de titulados universitários emigran na procura do seu primeiro emprego.
s-502 Seguidamente realizouse unha análise que permitiu identificar as compoñentes da demanda interna máis relevantes para predicir o crecemento.

Text viewDownload CoNNL-U