s-301
| En terceiro lugar, permítese que cada autoridade portuaria, sen superar nunca o límite porcentual que fixa a propia lei, conceda beneficios para captar e consolidar tráficos de cada porto. |
s-302
| Os seus artigos 256 a 258 traspoñen as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas. |
s-303
| Para el (1865, pp. 14, 20, 34, 40-42), a verdadeira historia de Galicia principia co asentamento dos celtas, 'padres y generadores de una población que lleva todavía impresa en el rostro las señales inequívocas de la raza á que pertenece'. |
s-304
| As condicións climáticas, en xeral, con temperaturas suaves e un elevado nivel de humidade favorecen a gandería porcina. |
s-305
| Desta forma é aconsellable que o pequeno empresario debera contratar ou pedir asesoramento externo que o teña informado dos seus deberes e dereitos de xeito que cumpra co seu estándar de dilixencia. |
s-306
| Entre eles temos: ~ Postos de hospital de día: considéranse como tales aqueles destinados á atención de pacientes de xeito simultáneo na área de hospital de día (tanto os terapéuticos, como os de convalecencia) |
s-307
| Unha comunidade con recursos e con sensación de poder decidir sobre os seus problemas é, en principio, unha comunidade cunha autoestima alta. |
s-308
| As salas dotadas e non utilizadas, senón están pechadas por obras ou outros motivos estructurais, contabilízanse igualmente incluso en períodos vacacionais. |
s-309
| Tamén mediante convenio con estas Universidades, consígnanse un total de 303.800 euros para a realización de actividades culturais e estudios. |
s-310
| Pero na funcional non hai ningunha enfermidade orgánica que xustifique a sintomatoloxía e todo é normal, agás os síntomas que presenta o dispéptico. |
s-311
| A miúdo os dispépticos presentan ardor de estómago, pirose, e non é infrecuente que teñan sensación de náusea matutina, ás veces con vómitos que non producen alivio. |
s-312
| Este tipo de dosificación produce máis efectos secundarios, aínda que en ocasións é o único xeito de conseguir un mellor control da enfermidade. |
s-313
| O caso das economías da Europa central, da Europa do leste e dos países bálticos que se uniron á Unión Europea no mes de maio do ano 2004 alude ao seguinte paso das reformas institucionais das economías pos-socialistas. |
s-314
| Dende o Concello estableceuse un plan para a incorporación activa das novas tecnoloxías da informática e a comunicación ó sistema educativo local. |
s-315
| A decisión pode ser de carácter político cando os estándares foron elixidos polo goberno central pero dada a situación local considerouse máis axeitada unha normativa máis estricta. |
s-316
| En Barreiros existe unha situación de equilibrio entre aqueles enquisados que reciben axuda familiar e aqueles que non a reciben. |
s-317
| Polo tanto, ante un ictus progresivo será necesario revisar estas posibles complicacións, solicitar unha nova TC cerebral sen contraste (no ictus isquémico é importante realizar unha nova RM-DWI) e chamar urxentemente o neurólogo. |
s-318
| Para o cómputo de carrís, para efectos do disposto nos artigos anteriores, non se terán en conta os reservados a determinados vehículos ou a certas manobras de acordo co disposto no artigo seguinte. |
s-319
| No caso da lagoa de Carregal permanece en comunicación constante co mar a través dunha canle, e polo tanto, o seu nivel vai variar en función da marea. |
s-320
| A SEPI mantén unha participación maioritaria, que podería reducirse en breve, pois é unha das empresas susceptibles de privatización segundo os planos do Goberno. |
s-321
| Dentro das primeiras regúlanse as taxas por ocupación privativa do dominio público portuario, por utilización especial das instalacións portuarias e por aproveitamento especial do dominio público no exercicio de actividades comerciais, industriais e de servicios. |
s-322
| Para eles os mortos non valen o mesmo, os únicos asasinos son os soldados israelís mentres que da outra beira só hai combatentes pola liberdade e a paz. |
s-323
| Non obstante, no ámbito dos países da Unión Europea, o 4 de marzo de 2002 alcanzouse un acordo que permite a ratificación do Protocolo de Kioto. |
s-324
| Poden empezar como unha enfermidade aguda, ás veces grave ou mesmo potencialmente mortal, evolucionando progresivamente cara a unha enfermidade máis crónica. |
s-325
| O consumo de produtos animais pode ser entendíbel, ora que outra cousa é a experimentación, os amoreamentos e transportes vexatorios, a escravitude salvaxe e os sufrimentos a que son sometidos milleiros de seres polas producións intensivas desta porcallada de sociedade de consumo. |
s-326
| Só no caso de enfermidades renais, hepáticas, cardíacas ou varices moi desenvolvidas se pode, por indicación médica, diminuí-la inxestión de líquidos. |
s-327
| A Constitución e o dereito adoptado polas institucións da Unión no exercicio das competencias que se lle atribúen a esta primarán sobre o dereito dos Estados membros. |
s-328
| Poden inducir cambios no patrón de voo, sempre moito menores cós ocasionados polas paredes de selado, xa que las reixas ofrecen múltiples puntos por onde atravesalas . |
s-329
| No caso de que non exista a dita especialidade farmacéutica xenérica, o farmacéutico dispensará a especialidade farmacéutica prescrita a prezo de referencia, efectuando o beneficiario, se é o caso, soamente a correspondente achega sobre prezo de referencia. |
s-330
| Xeralmente, as axudas non son compatibles co PPP, aínda que se admiten de modo excepcional en casos como a renovación de instalacións obsoletas, o desenvolvemento de tecnoloxías limpas, etc. |
s-331
| Exame da necesidade de medidas de protección de plantas e animais contra as radiacións ionizantes e elaboración de normas de calidade medioambiental a tal efecto. |
s-332
| Dende entón un sinfín de xentes exploradoras (moitas delas de orixe mediterránea), guiadas polo azar dos espíritos, esculpiron a nosa contemporaneidade. |
s-333
| Alemaña e Suecia tamén experimentaron importantes incrementos da súa superficie forestal certificada, Alemaña pasou de 9,28% ao 20,51% por cento e Suecia do 27,13% ao 35,40%. |
s-334
| O reparto espacial das precipitacións queda modulado polas formas topográficas provocando rexistros elevados nas vertentes a barlovento dos relevos das Rías Baixas e da Dorsal Galega. |
s-335
| En segundo lugar, a forma estructural do modelo BVAR identificado permite tres análises: descomposición da varianza dos erros de predicción, función de resposta ós impulsos e análise histórica. |
s-336
| Así mesmo, é de salientar a incorporación en Ourense de afluentes, como o Barbaña, que chegan moi contaminados procedentes do polígono de San Cibrao. |
s-337
| Estas persoas teñen un risco aumentado de contraer a enfermidade e tamén de transmitila á persoas de alto risco dentro dun centro sanitario, tanto de atención primaria como de especializada. |
s-338
| No mobbing, temos dúas partes, a parte instigadora que ten máis forza ou máis recurso que o traballador ou traballadora acosado/a. |
s-339
| A conducta sexual inapropiada é pouco común en pacientes afectos de demencia, pero en caso de que xurda, non reaccione esaxeradamente e trate de soluciona-los problemas con calma, buscando axuda profesional. |
s-340
| Dado que a presenza de mutacións nunha soa copia non produce síntomas, os pais poden ser portadores da enfermidade, isto é, poden transmitir a FMF sen padecela . |
s-341
| Eivas do relativismo: O relativismo, cando se -absolutiza-, conduce á negación de todo criterio universal de validez, con respecto ós valores. |
s-342
| Neste ámbito, cabe destaca-la continuidade do dinamismo empresarial, reflectido polo crecemento do número de empresas e Pemes e pola práctica estabilización do peso específico de Galicia respecto a España neste ámbito (Cadro 7). |
s-343
| Pódese observar na táboa como a diminución máis significativa de precipitación tivo lugar, maioritariamente, no ano 1990, con valores que supoñen dun 18% a un 54% (IPa) de diminución respecto á media do período 1985-94. |
s-344
| A contaminación, xa proceda das industrias ou doutras actividades humanas, xunto co cambio climático tamén tivo a súa contribución no proceso de redución das poboacións ou á desaparición de peixes nalgunhas zonas. |
s-345
| Estes obxectivos non constitúen a base máis idónea para a toma de decisións, xa que en moitos casos a súa maximización non ten porque implicar a creación de valor para o accionista. |
s-346
| Aínda que se demostre finalmente que os recursos da terra son finitos, os do Sistema Solar e os da Gran Galaxia que o rodea son, para todos os fins prácticos, infinitos. |
s-347
| Nesta etapa do diagnóstico tamén se poden utilizar uns criterios de clasificación, deseñados para axudar a recoñecer a enfermidade. |
s-348
| O presente estatuto é de aplicación a todos os colexiados desta corporación, así como a todos aqueles avogados que exerzan no seu ámbito territorial. |
s-349
| Nós entendemos que esta é unha adaptación da Política Agraria Común ás posicións da globalización neoliberal, o que vai permitir incrementar o dumping, a industrialización das produccións agrarias, e o aprovisionamento a prezos artificialmente baixos. |
s-350
| Borrasca (tamén chamada baixa ou depresión): configuración isobárica constituída por isóbaras cerradas, elípticas ou circulares. |
s-351
| Nota: Declararanse por liña de garda xa que nalgúns hospitais é normal a existencia de gardas tronculares, polo que non se poden asignar a un GNA específico |
s-352
| A análise da situación final dos tratamentos instaurados en adolescentes ao longo do quinquenio 1998-2002, arroxa mellores resultados que os dispoñibles para a poboación xeral. |
s-353
| Non é un segredo de que un trazo definitorio da maioría das sociedades do mundo, cando non da totalidade, é a diferenciación do trato entre os homes e as mulleres, nun sentido discriminatorio cara a estas. |
s-354
| Aínda que sexan órganos consultivos, as súas críticas e propostas deben ser tidas seriamente en conta polos gobernos municipais, se de verdade desexan fortalecer a participación cidadá. |
s-355
| Así, unha vez que as instalacións son clasificadas segundo o seu nivel de risco, pódese fixar a periodicidade da vixilancia das condicións sanitarias das instalacións e concretar os prazos necesarios para que resolvan calquera deficiencia que presenten. |
s-356
| Porque as Administracións autonómica e central están tamén suxeitas a unha restricción orzamentaria cada día máis ríxida. |
s-357
| De prosperar tal moción, os membros da Comisión deberán dimitir colectivamente dos seus cargos e o ministro de Asuntos Exteriores da Unión deberá dimitir do cargo que exerce na Comisión. |
s-358
| En Galicia inventariáronse 27 especies vexetais incluídas no Anexo II da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. |
s-359
| No suposto de valores representados mediante títulos físicos, será necesaria, ademais, a súa entrega ó beneficiario da garantía ou a un terceiro establecido por común acordo entre as partes. |
s-360
| A concreción do que se entende especificamente por variedade difire desde as perspectivas máis xeneralistas e inclusivas ata aqueloutras máis específicas e exclusivas. |
s-361
| Esta hipótese pretende corroborar se a pertenza a un determinado grupo corporativo pode influír na variabilidade da rendibilidade económica dunha organización. |
s-362
| O indicador social debe de formar parte dun sistema, de forma que a totalidade do sistema estea elaborado para cubrir un conxunto ou parte dun conxunto referido a unha área de preocupación social. |
s-363
| Os efectos da acidificación evidéncianse pola defoliación e a redución da vitalidade das árbores, a diminución dos recursos pesqueiros e da biodiversidade en lagos, ríos e regatos, e cambios na composición do solo. |
s-364
| Para acreditar esta ausencia abondará co recordo dos pais, porque, en xeral, este recordo é acertado, como mostran os resultados de numerosos estudos realizados en adolescentes e mozos de países con climas temperados sen un programa de vacinación infantil sistemática. |
s-365
| En efecto, desde o ano 1998 ata o ano 2002 a taxa de pobreza mostra unha tendencia crecente finalizando cunha diminución no ano 2003, máis acentuada no caso da NEA que se sitúa en torno ao 16% con respecto ao ano anterior. |
s-366
| Os seus resultados indican, polo tanto, que a transformación modificada de Box e Cox é a mellor para evaluar os totais de precipitación mensual para un amplo espectro de climas. |
s-367
| Neste grupo de modelos están o de Los Ángeles (Hall e Licari, 1974), o modelo de Mississippi (Adams et al., 1975) e o modelo para a economía andaluza de Ramírez (1993). |
s-368
| Se se ten en conta, ademais dos convenios rexistrados en 2005, os rexistrados anteriormente pero con vixencia expresa neste último ano, son un total de 420 convenios (91 de sector e 329 de empresa) os que teñen efectos para o ano 2005. |
s-369
| Nembargantes, coñecer polo miudo esta distribución ten grande importancia hoxe ó dispor dunha vacina que, aínda que en España ten unhas indicacións precisas, poderíase incluir no calendario de vacinacións, como ocorre xa nos Estados Unidos ou Canadá. |
s-370
| Durante os sete primeiros meses que levan transcurridos do ano 2002, o número de varamentos rexistrados na costa de Galicia foi enorme. |
s-371
| A lei trata así de dar resposta á crecente demanda de axilidade e eficiencia que esixen as nosas empresas na nova sociedade da información. |
s-372
| Saliéntanse as incidencias do período chamado transitorio, os cambios operados entre 1986 e 1996, a primeira cesión do 15% IRPF e os resultados dispoñibles do modelo 1997-2001. |
s-373
| El itinerario formativo a recomendar a los promotores de los proyectos podrá constar de una combinación de actividades formativas, utilización de herramientas metodológicas y tutorías personales. |
s-374
| O descenso do número de casos estivo acompañado tamén doutro parello na letalidade, que pasou de 6,2 mortes por cada dez mil casos no período 1977-1982 a 1,2 no período 1983-1996. |
s-375
| No caso do CISI de Poio se comezará a dispoñer deles en breve, contra a oportuna realización das obras descritas e no caso de Sada, agardaremos o levantamento das reservas sobre o emprego de estes fondos por parte da nosa Asociación. |
s-376
| Todo o persoal ten que recibir dúas fundas ou batas ao entrar na empresa por primeira vez e unha peza de roupa máis cada seis meses. |
s-377
| Galicia presenta no seu conxunto unha estructura poboacional envellecida, cunha porcentaxe de persoas con 65 e máis anos que en 1999 alcanzaba o 19,8%, porcentaxe netamente superior ás medias española e europea. |
s-378
| Para elixi-lo punto da masaxe seguiremos cos dedos o rebordo inferior das costelas, ata chegar á liña media, onde nos atoparemos coa punta do esterno (apéndice xifoides). |
s-379
| Neste sentido, a crecente e constante xeración de demandas sociais fai necesaria unha simultánea expansión da capacidade de organización e decisión das nosas institucións. |
s-380
| Se a declinatoria se fundar na falta de competencia territorial, deberá de indica-lo tribunal ó que, por considerarse territorialmente competente, deberían remitirse as actuacións. |
s-381
| A clasificación habitual desta actividade distingue dous tipos de obra, os traballos de enxeñería civil e a edificación; e dentro desta última distínguese entre edificación residencial, fundamentalmente vivendas, e non-residencial. |
s-382
| Como novidade, aclárase que a suspensión terá efectos desde a data da solicitude e establécense os efectos en caso de denegación da suspensión. |
s-383
| A esta demanda tamén responde a celebración en curso (Xenebra 2003- únez 2005) do Cumio Mundial da Sociedade da Información (WSIS)5. |
s-384
| Hai estudios de casos dende unha perspectiva 'local', pero a maioría non están centrados na forma no que o turismo se distribue no espacio senón na estructura das necesidades, nos procesos de desenvolvemento e nos diferentes tipos de impacto. |
s-385
| O axente con poder, desde esta perspectiva, tería capacidade para influír nos procesos de toma de decisións dos axentes que del dependen. |
s-386
| A táboa 11 mostra a existencia dun elevado grao de especialización en Irlanda na industria da alimentación e en industrias intensivas en capital humano, fundamentalmente nas industrias de productos químicos, maquinaria eléctrica e equipo profesional. |
s-387
| O proceso de integración europeo que se iniciou en 1958, ó que España se adheriu en 1986, tivo e terá consecuencias importantes sobre o crecemento económico dos estados nacionais que a el se sumaron. |
s-388
| Non obstante, en canto a evolución do número de socios, os diferentes centros e asociacións galegas no mundo amosan unha diferenza substancial entre os emigrados ao estranxeiro e os emigrados ao resto de España. |
s-389
| A xente vive sen medo á violencia ou á persecución por razóns ideolóxicas, xénero, orientación sexual ou raza |
s-390
| O disposto nos números 2 e 3 acerca dos créditos dos traballadores afectará unicamente á parte destes créditos que exceda daquela que lle corresponde aboar ó Fondo de Garantía Salarial.' |
s-391
| Os logros físicos acadados son importantes, feito que debe ter contribuído a remover unha magnitude non desdeñable dos efectos fixos negativos para o desenvolvemento rexional. |
s-392
| Considerando que os meses de inverno son os que rexistran unha maior frecuencia de bloqueos, entenderemos a importancia das ditas configuracións no réxime de precipitacións da rexión galega. |
s-393
| Como reactivos utilizáronse carbonato sódico, bicarbonato sódico e óxido de calcio, pero actualmente téndese ó uso xeralizado deste último producto en forma de calea de cal. |
s-394
| Na nosa lingua resoan milleiros de matices que saben a lonxanía, nos nosos costumes adivíñase unha miscelánea de culturas diversas, na nosa pel debúxanse as cores do universo. |
s-395
| Non obstante, poderase prescindir desta información pública cando se denegue a autorización por non reunir os requisitos legalmente exixibles para a cesión. |
s-396
| Así mesmo, destacaría unha máis ampla oferta de restauración e bares, que xunto coa restante oferta cultural e de ocio constitúen un importante estímulo para a afluencia de consumidores de áreas cercanas. |
s-397
| O seu art. 94 traspón as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas. |
s-398
| Encontrámonos agora ante o muíño da Roxa, un muíño que tamén foi vivenda e aínda conserva algunhas construccións asociadas. |
s-399
| A economía chilena tamén incrementou o seu ritmo de crecemento ata malcanzar unha taxa interanual do 3%, dúas décimas máis que no trimestre anterior. |
s-400
| Decidiuse empregar como ferramenta para a codificación a CIAP (clasificación internacional de Atención Primaria), normalizada pola WONCA (Organización Mundial de Médicos de Familia). |