Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttest
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Select a sentence

Showing 208 - 307 of 861 • previousnext

s-208 Aínda que a humidade da madeira entrante nas industrias é variable, en xeral, sempre se aplica a mesma cantidade de adhesivo.
s-209 O axuste que se está producindo no emprego da construcción, a pesar das relativamente boas expectativas na actividade, recae sobre o estrato de idade comprendido entre 20 e 24 anos, polo xeral integrado polos traballadores de máis baixa cualificación.
s-210 De todas as transferencias a que se refire este artigo, remitiráselles trimestralmente información ás Comisións de Orzamentos do Congreso dos Deputados e do Senado, identificando as partidas afectadas, o seu importe e a finalidade delas .
s-211 Un contexto no que as diferentes subxectividades en liberdade e no seo da sua corporalidade atopen as condicións que lle permitan o seu desenvolvimento integro sen violéncia.
s-212 A avaliación ambiental é unha ferramenta concibida para minimizar os impactos xerados por intervencións no medio, que introduce novas perspectivas e elementos de estudio sobre a viabilidade dos proxectos.
s-213 As causas anatómicas productoras desta forma de afasia consisten en lesións extendidas ó pe da terceira circunvolución frontal esquerda, onde reside o centro das imaxes quinestésicas da palabra.
s-214 O decano e a Xunta de Goberno son competentes para o exercicio da xurisdicción disciplinaria, aténdose ás seguintes normas:
s-215 Don Ramón Nóvoa, agora xa como tenente por ese destino a Ultramar, no peirao coruñés embarca o 22 de novembro de 1895, no vapor 'León XIII' con destino á guarnición da Habana.
s-216 As administracións públicas establecerán criterios comúns para ordena-las actividades de formación continuada, coa finalidade de garanti-la calidade no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
s-217 O feito de que os servizos da _vella economía_, tales como os de transporte, financeiros, servizos empresariais, etc., sexan os principais investidores en TIC pon de manifesto a súa importancia no desenvolvemento da nova economía.
s-218 Algúns expertos en psicoloxía infantil coincidiron en afirmar que un neno que medra nun ambiente de violencia leva no seu interior a semente do maltrato.
s-219 A través duns enlaces e despois de recibir unha carta do meu cuñado, César Ríos, cheguei a San Sebastián, coa pistola como única documentación.
s-220 O fundamento das propostas e decisións mediante un asesoramento científico da maior calidade posíbel é crucial para conseguir a aceptación dos interesados e evitar conflitos innecesarios cos nosos socios comerciais.
s-221 Por outra parte, deben cubrirse áreas aínda non integradas nos sistemas de información corporativos e que supoñen importantes áreas de xestión.
s-222 Que maiores causas de inseguridade económica que a provocada por esta amálgama de endebedamento, privatización, integración subordinada ao mercado financeiro globalizado?
s-223 Pero con anterioridade a estas datas, os xitanos desenvolvían unha serie de ocupacións baseadas no intercambio de bens e servizos coa poboación agraria en cuncas de emprego determinadas.
s-224 Unha vez de neno escoiteille a un larchán que decía que os galegos emigraban por que eran xente moi aventureira.
s-225 Haberá que incluír tamén a restauración da zona, procedendo a realizar os seguintes pasos: Definición e xustificación ecolóxica, económica e social dos usos futuros da área explotada.
s-226 En particular, daqueles de natureza arxilosa, con idéntica composición cás materias primas empregadas na industria cerámica que fabrica cerámica estrutural.
s-227 Deberase incluír a documentación requirida para obter a licenza de actividade, regulada no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
s-228 Nas épocas máis chuviosas agóchanse tras do veo dunha fina fervenza, que se precipita dende algo máis de 15 m.
s-229 O diagnóstico diferencial é con outras enfermidades que producen febre recorrente, especialmente a febre mediterránea familiar e a síndrome hiper IgD.
s-230 A provincia de A Coruña acolle o maior número de parques empresariais e a maior superficie, con 29 parques e polígonos industriais cunha superficie total de 16,1 millóns de metros cadrados.
s-231 Mantemento durante períodos chuviosos dun manto mínimo de vexetación que absorba o nitróxeno do solo que, pola contra, podería causar fenómenos de contaminación da auga por nitratos.
s-232 Dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea, de 1.840 m e 30 m de lonxitude respectivamente, ambas con orixe no C.T. proxectado.
s-233 Isto é particularmente patente cando as montañas se atopan próximas ao mar e cando as masas de aire conteñen unha elevada cantidade de humidade, tal e como lle sucede a boa parte das que arriban a Galicia dende o océano.
s-234 Se consideramos as principais variables relacionadas co acceso ao tratamento (táboa 4) observamos que a maior parte da demanda se refire a tratamento con metadona (41%) e desintoxicación (23%).
s-235 No novo estatuto os colexios fixarán exclusivamente honorarios orientativos, o que permitirá unha maior competencia e mellora dos servicios ofertados.
s-236 Deberán establecerse fórmulas de colaboración entre as Administración Públicas e as empresas multimedias para manter unha tensión permanente sobre a lectura como hábito de lecer entre os cidadáns de tódalas idades.
s-237 Poderíamos , por exemplo, comparar federación e confederación, aínda que hoxe en día esta última sexa apreciable na perspectiva histórica, xa que apenas subsiste nos estados contemporáneos.
s-238 A demolición de edificios vellos non implica o tratamento de grandes cantidades de entullos, señón o manexo de materiais perigrosos, como o amianto.
s-239 Neste contorno e ante a variedade e sofisticación dos instrumentos financeiros utilizados, estase a observar que un factor competitivo de enorme importancia está formado polo ordenamento xurídico ó que se suxeitan os intermediarios.
s-240 O obxectivo era xerar un diálogo entre gobernos e representantes dos principais grupos de interese implicados, e identificar directrices políticas que reforzasen os impactos positivos do turismo respecto ao desenvolvemento sostible.
s-241 Obrigas en materia de acceso condicional, acceso a determinados servicios de radiodifusión e televisión, televisión de formato largo e obrigas de transmisión.
s-242 E nen coa axuda do exécito do Estado Español se consegue diminiur o número de hectáreas queimadas.
s-243 Os cambios no pH que se producen debido á vertedura de augas ácidas procedentes do lavado dos gases poden favorecer a floculación de substancias e a solubilización de metais pesados que estean nos sedimentos, afectando á vida acuática.
s-244 En virtude das chamadas 'reaccións afectivas', ('cólera anómala'), que fan que a persoa afectada elabore a súa resposta activa, encontrándose psicolóxicamente bloqueada, 'cortocircuitada'.
s-245 Cando se fala de patróns de uso de servizos entre os internautas, como xa quedou de manifesto para os servizos básicos ou o comercio electrónico, existen moi leves diferenzas entre as diferentes comunidades autónomas.
s-246 As datas de validez e caducidade, e, polo tanto, nas que se pode realizar o transporte, son as que figuran no documento de notificación.
s-247 Coñecer estas dinámicas e ós colectivos implicados permitirá saber cómo se xera a exclusión e anticiparse , con alternativas e propostas, ó dito fenómeno.
s-248 O principal reto é garantir a aplicación íntegra e apropiada da lexislación en vigor e lograr a integración dos obxectivos comunitarios de calidade da auga nas demais políticas sectoriais, tais como a agricultura, a industria e a política rexional.
s-249 En realidade, segundo indica Ruas (1992, p.02), a partir da entrada da nova década dous factores empurran ás empresas cara a unha estratexia innovadora máis efectiva.
s-250 Cando se trate de edificacións, non será amortizable a parte do prezo de adquisición correspondente ao valor do solo.
s-251 Esta investigación supón que o custo financeiro vén determinado polo custo medio da débeda que a empresa obtén para o seu financiamento ao longo do ano (r).
s-252 Nos casos de morte por causas non naturais, débese solicita-la autorización para a extracción de órganos ó xuíz-maxistrado de garda.
s-253 Para obter resultados anuais homoxéneos, e que poidan compararse cos obtidos dos datos españois, optouse , posteriormente, por seleccionar as ondadas que corresponden ao mes de maio de todo o período considerado (1993-2003).
s-254 De modo que estas corporacións teñen unha responsabilidade indirecta na 'desaparición' de individuos que teñen unha inserción débil e precaria nas súas empobrecidas sociedades.
s-255 Con respecto ás CC.AA., a CE non establece un modelo de atribucións pechado, senón que permite amplia-las competencias reformando os diferentes estatutos, e por delegación ou transferencia do Estado, como reflectimos na táboa 1.
s-256 Este país necesita máis que nunca un goberno que teña á cabeza un presidente nacionalista e que poña ao servizo da cidadanía todos os recursos da administación autonómica, e doutras administacións, nomeadamente os fondos estruturais da UE.
s-257 Tampouco vale para detectar tumores en pacientes con risco alto de cancro de mama, polo elevado número de falsos positivos que presenta.
s-258 A segunda é que a variedade de impactos ambientais é moito maior tempo ou ca outros bens semellantes, polo tanto resulta difícil establecer convencións.
s-259 O balance é positivo (hai exceso de nitróxeno) nos seguintes municipios: A Coruña: Mesía, Frades, A Capela, Curtis-Teixeiro, Monfero, Santiso, Sobrado, Tordoia.
s-260 A diferencia desta , é de folla caduca, habita en zonas un pouco máis elevadas, sombrías e frescas, e as súas follas son menos grosas e espiñentas.
s-261 Os resultados obtidos en cada zona son remitidos ao Ministerio de Medio Ambiente, institución que obtén a información de todas as comunidades autónomas e que, á súa vez, transmite o resultado final á Comunidade Europea.
s-262 A contía da taxa anual no caso da alínea f) non será superior ó sete por cento do importe neto anual da cifra de negocio ou, no seu defecto, do volume de negocio desenvolvido no porto ó abeiro da autorización ou licencia.
s-263 Estes criterios -obrigatorios e optativos descríbense na Decisión da comisión para concesión da etiqueta ecolóxica comunitaria aos servizos de aloxamento turístico.
s-264 Ao longo da alternativa seleccionada proxéctanse un enlace e oito interseccións a nivel para articular funcionalmente a nova estrada coa rede de estradas existente e as principais poboacións polas que discorre.
s-265 En efecto, as importacións medidas en IVUs de 1995 son superiores ás que se contabilizan en pesetas/ano e ó mesmo tempo, coas exportacións sucede ó contrario: as exportacións en IVUs de 1995 son inferiores ás exportacións en pesetas correntes.
s-266 Así Hutton en 1785 chega á conclusión de que certas rochas presentes nos montes Jura, en Francia, procedían en realidade dos Alpes, e foran transportadas alí por extensos glaciares no pasado.
s-267 Pola contra, a menor penetración dos sistemas máis complexos xera variacións nos niveis de presenza de até case trinta puntos.
s-268 Observacións: A época estival é a idónea para a realización desta ruta pois as crecidas do río poden impedir o paso nalgún dos seus puntos.
s-269 Cás 7 áreas dependentes deseñadas, tratase de formar un Centro de Inserción Sociolaboral; perfectamente desenrrolado, tratarase de evitar as barreiras arquitectónicas e de conquerir unha maior armonia co entorno que o rodea.
s-270 Todos eles contemplan medidas, nalgúns casos coincidentes, e o nivel de posta en práctica dos cales non é doado determinar debido á falta de avaliación e seguimento sistemático.
s-271 Como isto é unha mostra do tesouro e parece que non chega de abondo para fachendear, a risco de que Facenda se meta coa miña renda, vou declarar outros bens que adornan o meu patrimonio.
s-272 Nesta fase avalíanse os impactos ambientais potenciais xerados como consecuencia das entradas e saídas mencionadas na etapa anterior, clasificándoos en distintas categorías en función da natureza do impacto.
s-273 Esta regra aplicarase no período impositivo en que se efectúe o cambio de residencia e durante os catro períodos impositivos seguintes.
s-274 O mecanismo empregado consistiu en selecciona-las cinco CC.AA. que destacan polos seus elevados ou escasos niveis de ingresos ou gastos en cada un dos conceptos, e incluílas de forma separada na especificación do modelo.
s-275 En relación ó transporte privado discútense diferentes alternativas que teñen unha estructura paralela á do transporte público, anque a selección non necesariamente ha de ser coincidente coa tomada para aquel:
s-276 Existen varios métodos, procesos e tecnoloxías para reduci-las emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes de GIC, especialmente no caso das emisións de CO2.
s-277 Agora parece que os líderes políticos de Alemaña, hoxe en día a economía de exportación máis potente do mundo, están empezando a pensar nos mesmos termos .
s-278 Nada máis coñecerse os resultados definitivos das eleccións, Quintana ofreceu unha rolda de prensa na que reclamou «un nuevo estatuto, un estatuto de nación» para Galiza.
s-279 Cando a empresa estea obrigada á realización dunha auditoría externa, os interventores poden ser eximidos da presentación do informe de censura de contas.
s-280 A inaturábel presión antidemocrática do Partido Popular ten sen dúbida razóns diversas, a principal a recuperación do goberno.
s-281 En segundo lugar, deben deseñarse as normas de maneira que intenten reproduci-las solucións eficientes cando os custos de transacción impiden a realización das transaccións necesarias para chegar ó óptimo (Castellano, 1998).
s-282 Na actualidade, ofértanse múltiples tratamentos non convencionais ós pacientes con enfermidades crónicas, polo que é necesario considerar coidadosamente as consecuencias das recomendacións sanitarias realizadas por persoal non cualificado.
s-283 Mellora-la eficiencia do transporte de mercadorías mediante solucións integradas de transporte que optimicen a combinación estrada/ferrocarril/barco (transporte intermodal).
s-284 Neste caso esixiráselle unha garantía definitiva polo 20 % do importe de adxudicación ou do orzamento base de licitación, cando o prezo se determine en función de prezos unitarios.
s-285 O plan de pensións poderá prever a participación facultativa doutras entidades de calquera tipo que formen parte da unidade de decisión e comunidades de bens constituídas por empresas do grupo.
s-286 Unha das lesións máis habituais nos ollos son as queimaduras químicas, que se poden producir por múltiples causas: salpicaduras de lixivia, productos de limpeza_
s-287 Algúns deles orixinan, ademais, un agravio comparativo, porque a restricción non existe de igual maneira para tódalas comunidades autónomas.
s-288 Mais agora amósannos un decálogo -coma sempre sen consensuar- que vai dende protexer o 10% de cada ecorexión (tema xa vello) a reducir a contaminación ou protexer os dereitos dos pobos indíxenas.
s-289 O desenvolvemento sustentábel a escala local non pode realizarse á custa do impacto noutros lugares e pobos do planeta, nin das posibilidades das xeracións futuras para satisfaceren as súas necesidades e disfrutaren dun ambiente saudábel e diverso.
s-290 Se o resultado é negativo, as mulleres reciben a información por carta personalizada, recomendándolles seguir no programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos.
s-291 Un dato importante é que un 98% das explotacións agrarias familiares cooperativistas incrementaron o número de cabezas de gando nos últimos cinco anos, amosando unha indubidable vitalidade social e económica.
s-292 Porén, o principal efecto de internet sobre a estrutura de mercado pode resumirse na redución dos custos de transacción, a través dos seus dous principais compoñentes: os custos de coordinación e os custos de motivación.
s-293 A FEG aposta 'por unha flota artesanal forte e moderna, que practique unha pesca ecoloxicamente sustentábel e comprometida coa conservación do medio mariño'.
s-294 Hai que evitar danala pel con disolventes orgánicos que eliminan a capa sebácea natural e impiden a entrada de sustancias hidrófilas, ou con outras sustancias, corrosivas e irritantes.
s-295 Así, a súa actuación desenvolvese arredor de varias competencias que lle corresponden: funcións en materia de familia, menores, muller, xuventude, formación ocupacional e promoción do emprego.
s-296 En toda Europa prodúcense movementos de ultradereita que conlevan violentas actitudes de racismo contra grupos de persoas que proveñen doutros países.
s-297 Normalmente nunha granxa avícola non se producen grandes cantidades de zurro e a maior parte dos residuos das dexeccións son sólidos.
s-298 Fomos o primeiro grupo en denunciar perante autoridades e perante o Valedor do Pobo a extracción de pedra dos montes de Pasarela e Traba, que finalmente se parou gracias á intervencion do colectivo social da comarca.
s-299 Neste caso, os fertilizantes orgánicos deberían incorporarse con antelación suficiente e empregar os minerais en función da época de cultivo e da climatoloxía correspondente.
s-300 As empresas máis tradicionais, incapaces de innovar, tenden a conformarse con reproducir o discurso das máis exitosas, tratando así de crear unha imaxe de modernidade e parecerse á moda.
s-301 En terceiro lugar, permítese que cada autoridade portuaria, sen superar nunca o límite porcentual que fixa a propia lei, conceda beneficios para captar e consolidar tráficos de cada porto.
s-302 Os seus artigos 256 a 258 traspoñen as normas de emisión sinaladas na Directiva do Consello 80/68/CEE, do 17 de decembro, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación causada por determinadas substancias perigosas.
s-303 Para el (1865, pp. 14, 20, 34, 40-42), a verdadeira historia de Galicia principia co asentamento dos celtas, 'padres y generadores de una población que lleva todavía impresa en el rostro las señales inequívocas de la raza á que pertenece'.
s-304 As condicións climáticas, en xeral, con temperaturas suaves e un elevado nivel de humidade favorecen a gandería porcina.
s-305 Desta forma é aconsellable que o pequeno empresario debera contratar ou pedir asesoramento externo que o teña informado dos seus deberes e dereitos de xeito que cumpra co seu estándar de dilixencia.
s-306 Entre eles temos: ~ Postos de hospital de día: considéranse como tales aqueles destinados á atención de pacientes de xeito simultáneo na área de hospital de día (tanto os terapéuticos, como os de convalecencia)
s-307 Unha comunidade con recursos e con sensación de poder decidir sobre os seus problemas é, en principio, unha comunidade cunha autoestima alta.

Text viewDownload CoNNL-U