s-102
| Xestión do aloxamento: sistemas de ventilación e calefacción, illamento, sistemas de subministración de auga e alimento, deseño do tipo de soleira, tipo de cama, sistema de xestión do zurro/esterco. |
s-103
| A diferencia do que se observa na maior parte dos países de Europa, as actividades agrícolas de Galicia non supuxeron unha fonte destacable de contaminación (extensiva) por metais pesados. |
s-104
| Os lodos metálicos procedentes do tratamento fisicoquímico das correntes residuais da instalación almacénanse en contedores específicos. |
s-105
| Pero se o español medio ten, cando nace, unha expectativa media de vida lixeiramente superior ós 76 anos, iso non quere dicir que teña garantida unha calidade de vida digna na súa vellez. |
s-106
| Dado que o noso obxectivo principal é o de obter índices de PTF para o sector agrario galego, intentaremos recolle-la maior cantidade de productos (prezos e cantidades) coa finalidade de que representen unha porcentaxe alta da producción final agraria. |
s-107
| Califícanse así ' en atención a natureza do deber infrinxido e a entidade de dereito afectado' (artigo 45.2) trala instrucción dun expediente sancionador que se inicia a proposta da Inspección de Traballo e Seguridade Social. |
s-108
| Non entanto, como xa se comentou nun BEG anterior, estimouse que para eliminar a rubéola dos EEUU a inmunidade da poboación debe superar o 87'5%, e que este valor debería de ser válido para Galicia. |
s-109
| Na opinión deste autor o compromiso de gobernar unha comunidade organizada sempre requiriu unha ética, isto é, un conxunto de principios, estilos, costumes, límites e de valores compartidos destinados a exercer como cimentos da vida organizada das comunidades. |
s-110
| Tamén a política agraria galega presenta a necesidade de contar con maiores extensións para o correcto dimensionamento das explotacións gandeiras, porque a falta de terreo limita a capacidade productiva e a extensificación destas explotacións. |
s-111
| Das outras figuras de conservación, vemos que se está a construír 1 Centro de Interpretación no único Monumento Natural da provincia (do Litoral-Costa de Mera). |
s-112
| Noutro caso, a cualifica- ción como culpable decidirase tras un contradictorio, no que serán partes o Ministerio Fiscal, a administración concursal, o debedor e tódalas persoas que puidesen resultar afectadas pola cualificación. |
s-113
| Unha terza parte da poboación urbana vive en suburbios, sen as necesidades básicas de auga potábel, saneamento e vivenda. |
s-114
| No suposto de existencia de coaseguro, a solicitude realizaraa a entidade abridora que teña a representación de todas elas. |
s-115
| No título IV, dedicado á función docente, establécese o marco xeral que rexerá un dos factores determinantes da calidade e mellora do ensino: o profesorado. |
s-116
| Un aspecto importante para a correcta valoración das ditas determinacións bioquímicas é que debemos coñecer con exactitude a idade xestacional. |
s-117
| E non remata aquí o abandono destas boas prácticas, cando se analiza a adhesión á avaliación das políticas locais de desenvolvemento sustentable a través de indicadores, o denominado Proxecto ECI. |
s-118
| En ocasións, as actividades levadas a cabo pola Casa de España resultaban ser obxecto da censura, co obxectivo de ocultalas ante a opinión pública: |
s-119
| Noutro lugar expuxen a idea de que en vez de considerar a conciencia como 'unha corrente que flúe', no sentido indicado por W. |
s-120
| Estes axentes tamén se consideran como carcinóxenos, pero nestes casos se denominan carcinóxenos epixenéticos (tamén denominados promotores). |
s-121
| Neste sentido é que se define a sustentabilidade desde a economia ecológica, concepto que trata de ser especificado no apartado seguinte. |
s-122
| Nos supostos de infraccións tipificadas nas alíneas a), d), f), g), h), i), j) e k) do artigo 34.3, revogación da autorización ou suspensión desta por un tempo de ata un ano. |
s-123
| A vixilancia da gripe realízase en todo o mundo coordinada pola Organización Mundial da Saúde, que puntualmente recolle datos de tres tipos: virolóxicos, clínicos e de incidencia. |
s-124
| A sua aplicación debe ser activa, sen agardar á obtención de resultados definitivos, cando existan indícios de risco sobre a saude ou o ambiente, e apesar dos níveis de protección adoptados. |
s-125
| As súas tres primeiras figuras _Veblen, Mitchell e Commons_, sen embargo, máis alá de certas similitudes metodolóxicas cos historicistas, non tiveron un enfoque nacionalista, sendo a súa perspectiva máis liberal e democrática (Oser e Blanchfield, 1975, p. 394). |
s-126
| Neste sentido, probablemente a prolongación do tempo de experimentación, ao nivel laboral, de lugar de residencia, de vida en parella, estea a contribuír a retardar o momento no que se forma un corpus estable de opinións e actitudes sociais. |
s-127
| A Comisión ten intención de desenvolver un proceso de avaliación sistemático para mellorar as políticas futuras e a súa aplicación, e para poder avaliar posíbeis evolucións futuras. |
s-128
| Ademais, no ano 1999 tamén se requiriu información sobre o sexo e a etioloxía de tódolos incidentes, clasificados por grupos de idade, así como sobre a modalidade de tratamento substitutivo inicial. |
s-129
| Nembargantes, e a título de curiosidade indícanse algúns dos erros e contradiccións observados na memoria presentada por Unión Fenosa: Páx. 2: |
s-130
| Sen embargo, diversos traballos sosteñen que os procesos de adquisicións e fusións non conseguen a rendibilidade financeira desexada, nin tampouco crean o valor pretendido para os accionistas. |
s-131
| Trátase de estudos universitarios de primeiro ciclo, de tres anos de duración e impartidos polas facultades de ciencias da educación ou escolas de formación do profesorado. |
s-132
| Por outra parte a Directiva 96/62/CE do 27 de septembro de 1996, sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ambiente, contempla o establecemento de límites para o Ar, Cd, Ni e Hg. |
s-133
| Asumindo este principio, é de esperar que o repartimento de recursos da administración seguise esta división e, polo tanto, hanse supor uns recursos similares en función da poboación que acollen. |
s-134
| No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción. |
s-135
| Tomando como referencia as 8.869 empresas máis importantes con sede social en Galicia (Ver táboa 1), estas dúas provincias concentran case o 80% do total en número e máis do 85% do valor engadido bruto xerado. |
s-136
| Os suicidios son o resultado inevitábel dunha política agrícola que protexe os intereses do capitalismo global e ignora os dos pequenos agricultores. |
s-137
| A recuperación na demanda das familias galegas fica reflectida na evolución do valor en euros do gasto medio por persoa no trimestre proveniente da Encuesta Continua de Presupuestos Familiares. |
s-138
| De feito, observouse un exceso de mortalidade estatísticamente significativo, aínda que de moi pouca intensidade (SMRs entre 1'07 e 1'93, ver o SIMCA) en concellos das comarcas do Barbanza, Muros e o Deza. |
s-139
| Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días. |
s-140
| Dentro deste terceiro nivel de apoio, o sistema público de servizos sociais desenvolve unha serie de programas: 1.Programa de orientación, asesoramento e información. |
s-141
| Desde esta perspectiva parecería que a globalización supón, antes que nada, unha grave ameaza para as culturas locais. |
s-142
| En consecuencia, sen menoscabo da contabilización tradicional, cómpre establecer un sistema de indicadores de desenvolvemento sustentable propios desta nova realidade que se pretende cuantificar. |
s-143
| O interese por ambos conceptos parece derivar de que nas conversas reproducimos comportamentos sociolingüísticos e construímos marcos de referencia que tenden a reflecti-la distancia social formulada nas relacións sociais. |
s-144
| O coeficiente de variación de Pearson evidencia que a dispersión relativa no crecemento rexional (1,35) é maior que a dispersión no ámbito nacional (0,94). |
s-145
| As citadas tomas de mostras efectuaranse coa periodicidade e rotación de persoal que dispoñan as xerencias de atención primaria, en función das necesidades organizativas e de atención ós usuarios. |
s-146
| Gracias ós compoñentes psíquicos acumulados, toda nova percepción tende a transformarse nun compoñente aperceptivo, nunha apercepción, dando lugar á formación de xuizos máis complexos. |
s-147
| Ademáis está prevista a publicación de novos números da revista ECCO, dunha colección de manuais de educación ambiental, de libros e folletos de boas prácticas ambientais, de monografías, etc. |
s-148
| Unha das distincións sutís entre recursos e capacidades é a efectuada por Penrose (1962) ó describir os recursos como un conxunto de servicios potenciais que poden, na maioría das ocasións, ser definidos independentemente do seu uso. |
s-149
| O vapor de auga, o máis abundante e importante deles , atópase maoiritariamente na troposfera e pódese considerar conservativo. |
s-150
| A chamada pasará directamente ao xefe de sala, que recabará a información clínica do paciente e solicitará o envío do ECG por fax á Central de Coordinación para confirmar o diagnóstico e a aceptación do paciente. |
s-151
| Complemeta o cadro a visión de equipo do Instituto de Medicina Legal que traballa no mapa xenético da poboación galega, co capítulo redactado por Antonio Salas e colaboradores. |
s-152
| Presumirase que concorren os requisitos indicados no número anterior cando o interesado percibise durante o ano 2004 ingresos por contía igual ou inferior a 5.915,49 euros. |
s-153
| Así mesmo, os solicitantes deberán cubrir as autorizacións pertinentes ante o Banco de España para os efectos de comprobación de riscos, segundo o anexo II. |
s-154
| Pódense tomar como referencia as figuras 3.1, 3.2 e 3.3 deste documento, sen que isto leve a non considerar algunha etapa do proceso. |
s-155
| Asemade, froito dunha necesidade detectada no estudo piloto desenvolvido na Área de Saúde de Lugo, creouse tamén un comité de asesoramento para asuntos legais, laborais e éticos. |
s-156
| Desde outra perspectiva, outra liña argumental é a que se centra nas políticas de actuación vixentes que inciden na situación da poboación xitana. |
s-157
| As novas tecnoloxías ofrecen a oportunidade para loitar en ambas frontes, é dicir acadar unha mellor e máis eficaz xestión dos procesos crónicos e ó mesmo tempo xerar unha mellor calidade do seguimento do paciente. |
s-158
| Cómpre aproveitar e potencia-las características dos sistemas naturais para mellora-lo metabolismo da área urbana, como activos na protección ecolóxica, na depuración do aire, das augas, na conservación da biodiversidade, e para a restauración periurbana con base ambiental. |
s-159
| A súa duración establécese en dous anos, 2004 e 2005, e os seus efectos económicos enténdense retrotraídos ao día 1 de xaneiro de 2004. |
s-160
| Os pacientes foron maioritariamente homes (64%) de idade media 57 anos [30-83] e só en catro deles figuran antecedentes de trastornos musculoesqueléticos asociados a estatinas. |
s-161
| Porén, malia que entre algúns deses defensores figuraban recoñecidos ecoloxistas, o certo é que a enerxía nuclear non pode ser a alternativa. |
s-162
| O parágrafo c) do artigo 75.3 da Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, queda redactado da seguinte maneira: |
s-163
| Optouse por unha combinación entre unha análise xenérica dos datos de acordo coa clásica división en persoa, lugar e tempo e por outra parte fíxose unha breve análise segundo as causas de mortalidade máis importantes. |
s-164
| Na fachada setentrional (Cantábrica-Rías Altas) a plataforma aparece cuberta de areas, aínda que nalgúns puntos hai áreas lamosas. |
s-165
| No que se refire a tubos de drenaxe, nas táboas 5.17 e 5.18 ofrécense datos das emisións de CO2, subdividas en provisión e produción. |
s-166
| Neste punto, é preciso incluír as regras de urbanidade ou regras de educación urbana, o tráfico, a ecoloxía e a calidade de vida, o voluntariado, o respecto á autoridade, os modelos de negociación e a asunción de responsabilidade... |
s-167
| Na mesma liña, Fenoglio et al. (2003) estiman os custos sociais do consumo de alcohol, tabaco e drogas ilegais en Francia para o que toman como ano de referencia 1997. |
s-168
| Así, non é frecuente que os varóns, se non padecen algún tipo de enfermidade crónica con manifestacións perceptibles ou dolorosas, ou se non están ou estiveron vinculados a un consumo de estupefacientes, visiten os servizos de medicina de familia. |
s-169
| Os falantes de galego estarían asociados a un nulo ou escaso uso das novas tecnoloxías, é dicir, non estarían asociados ás características de modernidade. |
s-170
| Non obstante, á hora de aplicar estes ou outros sistemas cómpre ter en conta, tal e como indica Welford (1996b, pp. 10-11), unha serie de atributos que o sistema debe cumprir: Ser comprensible, cubrindo tódalas actividades da organización. |
s-171
| Este sistema tamen formula un novo modelo de aprendizaxe baseada na aprendizaxe do estudante e non nas horas lectivas ou docentes como se fai agora. |
s-172
| Adicionalmente, conta Galicia cunha notable riqueza e diversidade de hábitats que puideran chamarse seminaturais e que son parte de ecosistemas e paisaxes de orixe antrópico, producto da vida rural ancestral sobre o territorio galego. |
s-173
| Para a avaliación da colocación e dispoñibilidade do material valorouse a existencia do mesmo, necesaria para poder cumprir as medidas de barreira á transmisión. |
s-174
| Prevención: anamnese adecuada, evitando o consumo de AAS e outros antiagregantes nas dúas semanas anteriores e posteriores á cirurxía e coa utilización sempre que sexa posible de: |
s-175
| Orde do Ministerio de Industria do 18 de outubro de 1976, sobre prevención e corrección da contaminación atmosférica de orixe industrial. |
s-176
| A pesar de existir unha evidente relación co número de ganglios con metástases (o seu numerador), ámbalas dúas manteñen valor prognóstico independente. |
s-177
| En todo caso, deberán ser respectadas as premisas indicadas de seguido: -A realización de funcións de categoría superior non excederá de seis meses consecutivos ou alternos nun período dun ano natural, ou oito meses durante dous anos. |
s-178
| A ruta das chousas, que sae da Aula de Natureza de Veral, discorre inicialmente polas marxes do río Mera, do que se vai desviar para achegarnos ata o lugar de Abelairas a través de camiños entre campos, chousas, fragas e prados... |
s-179
| Así mesmo, no que atinxe á actividade de investigación de accidentes de traballo e á xestión derivada desta , impulsarase , polos medios precisos, a relación institucional entre as autoridades laborais e as autoridades xudiciais. |
s-180
| Aínda hoxe, e por moitos séculos máis, Norteamérica é a nación da comunidade hispana, a comunidade irlandesa, a comunidade negra, a comunidade chinesa... |
s-181
| E se incluímos o asalariamento por tempo determinado ou CDD (novidade no cadro da norma salarial dos _30 gloriosos_) teremos nada menos cás 3/4 partes da mostra. |
s-182
| O sistema é incitador e permite a renovación, a innovación técnica, o investimento e a reducción da contaminación. |
s-183
| Para iso, pode ser substituído o criterio da maximización polo da satisfacción adecuada das preferencias do socio, tanto a través da renda de carácter económico, coma daquelas de tipo non financeiro, ademais das satisfaccións non pecuniarias. |
s-184
| Na práctica, a principal forma de acceso ao emprego para os membros da sociedade maioritaria, da que a comunidade xitana carece case por completo. |
s-185
| Cada cadea de tratamento está formada por un cambiador de catións, dous de anións e un de leito mixto. |
s-186
| Critico o obxectivismo, esaxeración que fai coincidir obxectividade e verdade, que defende a idea da neutralidade da ciencia e recusa a dimensión social e histórica do coñecemento. |
s-187
| Igual que os intercambiadores de placas, os equipos tubulares están constituídos polas seccións de rexeneración, quentamento, mantemento e refrixeración. |
s-188
| Para estes efectos consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos e familiares (artigo 55.4º da Lei 4/1988). |
s-189
| A partir deles , os avogados xerais identifican os principios xerais do dereito comunitario e, entre eles, os dereitos fundamentais recoñecidos no ámbito da Unión. |
s-190
| A vacinación consiste nunha soa dose no momento elixido, logo do estudio analítico dos anticorpos para comprobar que a interesada non padeceu a enfermidade. |
s-191
| Desenvolver hábitos, actitudes e comportamentos acordes cunha democracia, xa que o principio de desenvolvemento sostible inclúe como inherentes valores tales como: cooperación, xustiza social, co-responsabilidade e participación. |
s-192
| Ocorría, tamén, que a nova estratexia era, de seu, máis axeitada ás características epidemiolóxicas da enfermidade. |
s-193
| Sen embargo, poderán subsistir aquelas limitacións a título de licencia, permiso ou concesión administrativa das que o exercicio resulte compatible co fin da afectación. |
s-194
| Rodeado de pulmón ou pleura visceral, sen evidencia broncoscópica de invasión máis proximal que o bronquio lobar (1). |
s-195
| En cuarto lugar, a profundación nas accións sobre elementos do contorno, que afectan tanto ó desenvolvemento económico coma á calidade de vida de Galicia, pero que teñen unha especial incidencia na percepción final do turista. |
s-196
| Tal como as multinacionáis, e os investigadores vinculados a elas, falan da biotecnoloxía da a impresión de que todo é infinitamente sinxelo, que está baixo control. |
s-197
| A verdadeira cuestión é que eses fillos, unha vez que nacen, sexan realmente valorados e queridos por si mesmos, e iso ocorre na gran maior ia dos casos independentemente das motivacións de partida. |
s-198
| En moitas culturas, a contratación dos servizos dun canguro, tan habituais no noso entorno, sería inexplicable, facéndose cargo a familia extensa, que convive ou non, ou outras persoas da comunidade, ligadas por relacións veciñais. |
s-199
| Moi probablemente, a futura Lei española de Investigación Biomédica abordará en extenso este tema, regulará e matizará estes aspectos. |
s-200
| Ademais, probablemente habería atraso na dispoñibilidade de vacinas e antivíricos; e alteraría as infraestruturas nacionais e comunitarias, incluíndo transporte, comercio, e os servizos e a seguridade públicos. |
s-201
| Non existe ningunha nova nos medios analizados no cal o debate se centre na nación ou en discusión teóricas sobre a mesma. |