s-2
| A esta calculadora tamén se pode acceder pulsando a tecla F5 en calquera dos datos da aplicación, permitindo devolver resultados no caso de datos numéricos. |
s-3
| Este fenómeno de incorporación de novos socios traballadores á entidade poderíase dar cando a dimensión da empresa medra progresivamente e ten boas perspectivas de futuro; sen embargo, as reticencias son habituais entre os socios orixinarios fundamentalmente por dous motivos. |
s-4
| Segundo a EPA (enquisa de poboación activa) do ano 1991 e a nível de Estado Español o 85% das familias monoparentais están a cargo das nais e o 15% restante dos pais. |
s-5
| Os centros iniciais dos clusters fórmanse asignando cada comarca ó cluster que teña o centro máis próximo a ela. |
s-6
| Asi mesmo, realizarase unha avaliacion conxunta ao remate da intervencion en cada caso, asi como no remate dos diferentes periodos da intervencion, e dicir, ao finalizar o embarazo, con posterioridade ao parto, e cando o neno cumpra 3 meses, 6 meses e 1 ano. |
s-7
| A empresa porá á disposición dos traballadores e traballadoras o medio de transporte para o seu desprazamento desde o lugar da súa residencia habitual ao centro de traballo e regreso ao primeiro, unha vez finalizada a xornada de traballo. |
s-8
| O resultado obtido debe ser considerado coma o valor medio de 7 empresas, que presentan diferentes formas de aprovisionamento, e que polo tanto teñen distintas formas de pagamento ou condicións de pagamento (105, 95, 86, 40, 136, 99 e 26). |
s-9
| Aliméntase de pequenos crustáceos e de peixes, e mentres que para comer o krill nadan dispersos, cando perseguen ós bancos de peixes xúntanse moitos exemplares. |
s-10
| O risco de padecer este tipo de cancro de esófago asóciase tamén con certos hábitos alimentarios, como o consumo de alimentos que inclúan nitratos, nitritos e nitrosaminas, e tamén coa inxesta pobre de froita e verdura. |
s-11
| Todo o persoal da empresa ten dereito ao servizo de cociña e comedores, de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto. |
s-12
| Os criterios de selección da poboación de estudo permitiron clasificar os propietarios catastrais como se presenta na táboa 2. |
s-13
| A porcentaxe de hospitalizacións ocasionadas por doentes procedentes de fóra de Galicia con problemas do aparello respiratorio foi de 0,7; sendo en 1997 e 1998 de 0,6 (ver anexo II). |
s-14
| Ademais, se atendemos á súa desagregación parece conveniente sinalar que os efectos da amortización fiscal foron superiores aos do crédito fiscal para todos os grupos de tamaño durante o período temporal analizado. |
s-15
| Existe unanimidade en apreciar que é o sector xuvenil o que máis axiña e máis decididamente se adaptou a esta civilización do ocio. |
s-16
| Só despois da queixa formulada pola FEG perante o Valedor do Pobo, o Director Xeral de Obras Públicas volveu convocar a Xunta de Goberno, celebrándose dúas reunións no ano 2000, unha delas para aprobar o Plano Hidrolóxico de Galiza-Costa. |
s-17
| En estudiantes de enfermería extranxeiros, os diversos autores atopan concentracións da maioría dos seus fumadores entre os 5 e 19 cigarros/día, sendo os fumadores de 20 e máis cigarros dun 2,4% en Italia, dun 18% no Reino Unido e dun 13% nos Estados Unidos. |
s-18
| Este resultado pode te-la súa explicación en que ata 1989 se dá un comportamento relativamente uniforme nas políticas de endebedamento das CC.AA., producíndose de novo unha certa converxencia a partir do ano 1992. |
s-19
| Un plano que concibe principalmente a auga como un recurso productivo e non como un activo ecosocial non é un plano sustentábel. |
s-20
| En ningún caso se procederá á asignación ou á renovación do nome ou enderezo sen que se efectuara previamente o pagamento da taxa. |
s-21
| Por iniciativa de Pasionaria, tratouse de formar unha coalición entre todos os grupos de mulleres; Mujeres Libres non o aceptou temendo que detrás desa proposta estaba o interese dos comunistas por absorbelas e facerse cunha posición predominante entre as mulleres. |
s-22
| Ademais da aplicación de medidas efectivas de control da contaminación industrial, cómpre promover intensamente cambios tecnolóxicos que permitan unha reducción en orixe da contaminación industrial. |
s-23
| Os lugares tradicionais de emigración de galegos, o País Vasco, Cataluña ou Madrid, envían a Galicia máis persoas das que reciben. |
s-24
| A suposición de que o veo é un sinal que anula a muller, que a deixa sen voz, é o que realmente a está deixando sen voz, o que a está velando ante este debate. |
s-25
| E fan mal, creo, porque, de promover a crítica e fuxir da apoloxética, axudarían a sandar a sociedade do nihilismo filosófico que a afoga. |
s-26
| Segundo datos do 5.º Informe do Observatorio Español sobre Drogas e do Estudo de Saúde e Xuventude do Consello da Xuventude de España, podemos observar as seguintes tendencias: |
s-27
| A radiografía de tórax pode ser normal, máis na meirande parte dos casos obsérvanse infiltrados intersticiais que suxiren pneumonía atípica ou síndrome de distrés respiratorio. |
s-28
| Así mesmo, son aplicables a todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren comprendidas no parágrafo anterior, resulten afectadas polos ditos preceptos. |
s-29
| Outra liña de acción que se debe ter en conta é a noción de simbiose industrial e os ecosistemas industriais. |
s-30
| Os primeiros resultados da Enquisa de condicións de vida das familias realizada polo IGE en 1999 mostran que o número medio por vivenda é de 3,2 persoas. |
s-31
| Por outra banda, a diminución da transmisión fai que os adultos estean sometidos a unha menor forza de infección. |
s-32
| Case a metade (46,3%) dos nosos estudiantes de enfermería están de acordo con que 'debería existir unha prohibición total dos anuncios do tabaco'. |
s-33
| Os iogures pasteurizados despois da fermentación sofren un tratamento pola calor posterior á fermentación equivalente a unha pasteurización (apartado 3.2.1.2). |
s-34
| Se fracasou a primeira dose ou hai risco de asistolia, continuarase con atropina a 0,5 mg cada 3-5 min, ata un máximo de 3 mg. |
s-35
| O coñecemento é a cualidade que permite ó ser humano actuar sobre o medio, primeiro: explorando e recoñecendo o contorno e as circunstancias (as súas variables), segundo: elaborando estratexias ou desenvolvendo actuacións para modificalo ó seu favor ou a prol do seu beneficio. |
s-36
| A Comisión, ben como o Banco Central Europeo nos casos específicos previstos pola Constitución, adoptarán recomendacións. |
s-37
| A EA entende o coñecemento dun xeito interdisciplinar polo que os EqEA son lugares idóneos para mostrar todos os valores do territorio e propor intervencións que redunden na mellora e conservación. |
s-38
| Estatisticamente, 8 de cada 10 persoas sufrirán de dores lumbares nalgún momento das súas vidas e esta é a principal causa de baixa laboral no mundo occidental. |
s-39
| Os gastos de locomoción serán por conta da empresa, sen que en ningún caso o tempo investido nas viaxes dea lugar a suplemento ningún porque a súa duración supere a xornada legal. |
s-40
| Nomeadamente resaltamos o primeiro libro sobre educación para a paz da historia de Galicia: Educar para ama-la paz, editado en 1986 por Vía Láctea (A Coruña). |
s-41
| Para a implantación desta técnica cómpre seguir estas liñas de actuación: Establecer a calidade de auga requirida para cada operación. |
s-42
| A distinta natureza das augas residuais repercute nun pH das augas variable que comprende rangos desde a acidez á basicidade en función da ampla diversidade de substancias químicas e tratamentos existentes. |
s-43
| Pola súa part e, os prezos dos inputs adquiridos polos agricultores continuaron a súa intensa alza, a unha taxa media que pode estimarse no 5% ou 6% intera nual. |
s-44
| A disposición de determinados bens e servicios da a medida da súa adecuación ós niveis de habitabilidade aceptados como normais. |
s-45
| Aínda que as enquisas son un deus menor da miña mitoloxía persoal, os indicios delas derivados revelan que esa é a situación da Galicia dos nosos tempos. |
s-46
| En fin outra posibilidade consistiría en recorrer a varias empresas de traballo temporal que, á súa vez poñen á disposición da usuaria traballadores así mesmo diferentes. |
s-47
| O contexto constrúese interactivamente no curso das interaccións verbais, e nel teñen unha posición salientable o que John Gumperz denominou apuntamentos, indicios ou pegadas de contextualización (contextualization cues) (cfr. Gumperz 1982). |
s-48
| No caso do imposto sobre a renda das persoas físicas, tamén terán a devandita consideración as cotizacións á Seguridade Social nas condicións que regulamentariamente se determinen. |
s-49
| A metade dos edificios son de nova construción e a outra metade foron rehabilitados ou adaptados para o uso actual. |
s-50
| Nas páxinas que seguen preséntanse propostas concretas de actuación para que Galicia consiga no 2010 unha situación de maior desenvolvemento económico e benestar social. |
s-51
| Se esta dirección xeral expresa a súa conformidade á adquisición ou incremento de participación significativa, poderá fixar un prazo máximo distinto ao comunicado para efectuar a adquisición. |
s-52
| A media de IMC obtido foi de 21'4 kg/m2 (21'2-21'5) e atopáronse diferenzas estatísticamente significativas en función do sexo (Táboa 3). |
s-53
| Imos dividir a análise entre económica e financeira, facendo referéncia por último á información extraída da conta de resultados que xa de seu ten releváncia. |
s-54
| Constatamos un efecto castelanizador no ámbito militar, xa que o valor das medias é inferior en todos os ámbitos de interacción ao da lingua habitual. |
s-55
| En ningún caso se pronunciará o xuíz sobre a oposición do concursado sen que logo de audiencia do Ministerio Fiscal resolvese a cuestión de competencia promovida. |
s-56
| A Xunta de Goberno remitiralles ao Consello da Avogacía Galega e ao Consello Xeral da Avogacía testemuño dos expedientes de rehabilitación de que coñeza. |
s-57
| Considéranse : Instaladas: aquelas salas coas que conta o hospital de agudos como dotación fixa, sexan ou non utilizables, incluídas as salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc. |
s-58
| Encóntrase en situación de residencia permanente o estranxeiro que fose autorizado a residir en España indefinidamente e a traballar en igualdade de condicións que os españois. |
s-59
| Nos tests de fluidez mental que lles aplicamos aos nosos pacientes rexistran mellor puntuación as mulleres ca os homes, pero descubrimos que era porque nos cuestionarios de actividades cotiás figuran preguntas relativas a tarefas domésticas que os homes non aprenderon nunca? |
s-60
| O capítulo IV recolle o sistema de complementos para mínimos, que se regula en dous artigos, relativos, respectivamente, a pensións de clases pasivas e pensións do sistema da Seguridade Social. |
s-61
| Tampouco se estende a exención ós servicios prestados ó cedente no marco dos contratos de 'factoring', con excepción dos de anticipo de fondos que, se é o caso, se poidan prestar nestes contratos. |
s-62
| Na comarca de Ferrol observamos, dende un gran crecemento en municipios como Narón (39,34%) ou Fene (39,09%), ata outros de forte baixón poboacional como os de Cabanas (-36,03%) ou Neda (-22,59%). |
s-63
| Esta confluencia a un lugar común crea vínculos entre a poboación da comarca, xerarquiza as relacións entre os concellos e, en definitiva, crea espacios comúns, puntos de encontro, que afortalan a noción de identidade. |
s-64
| Para facilitar esta separación, as estelas sométense a un prequentamento con vapor a unha presión de 9-10 kg/cm2 e a unha temperatura de 170°C ou máis, o que incrementa notablemente a disolución dos compoñentes da madeira. |
s-65
| Polo xeral, o peso dos mercados exteriores é decrecente coa dimensión da economía, de modo que para as economías máis grandes resulta máis relevante o que sucede no seu interior e para as máis pequenas o contrario. |
s-66
| Por iso é desexábel a reducción dos límites de velocidade nas estradas (o cumprimento dos límites actuais xa sería un avanzo importante). |
s-67
| Este campo estendeuse máis aló da identificación e prevención de cancronóxenos para abarcar estudios de intervencións específicas destinadas a diminuí-lo risco do cancro e tamén a detección selectiva para o diagnóstico precoz deste . |
s-68
| Tampouco poderán ser nomeados administradores concursais os que fosen separados deste cargo dentro dos dous anos anteriores, nin os que se encontren inhabilitados, conforme o artigo 181, por sentencia firme de desaprobación de contas en concurso anterior. |
s-69
| Colectivos de cidadáns, como agrupacións cívicas e asociacións de veciños (incluídas as minorías étnicas e colectivos de mulleres). |
s-70
| Por este motivo, os ambientalistas adoitan opoñerse de modo particular á aplicación da análise económica ós temas ambientais. |
s-71
| Os mellores resultados na situación final dos tratamentos instaurados en adolescentes explica en parte a case coincidencia das cifras de prevalencia coa incidencia da enfermidade tuberculosa neste grupo de idade. |
s-72
| Os datos contidos nos cadros 4.22 e 4.23 permiten apreciar con maior detalle os fluxos migratorios (emigración e inmigración) que están detrás dos saldos que acabamos de comentar para os anos recentes. |
s-73
| Normalización dos datos en canto a unidades Balances de materia permítenos interrelacionar as entradas e saídas entre os diferentes subsistemas. |
s-74
| Máis do 50% fálano de maneira exclusiva, mentres que os que empregan o galego, ben de forma exclusiva, ben preferente, non chegan ao 25%. |
s-75
| Os requisitos correspondentes á toma mínima de datos e ó período de observación non inclúen as perdas de datos debidas á calibración periódica ou ó mantemento normal dos aparellos. |
s-76
| Ese corpus lexislativo rara vez se ocupa do que ocorrería se, pese á normativa, se producisen danos ás persoas, aos seus bens e ao medio ambiente. |
s-77
| Medíronse máis de 100 decibelios en salas de festa, bares ou cines, sen esquecérmo-lo uso estendido do walkman, con altofalantes no oído, preto do tímpano, e que se empregan decote cun nivel sonoro moi elevado. |
s-78
| Unha lixeira decoloración é permisible na fabricación de ladrillos ocos, pero pode causar problemas de sales en ladrillos cara vista. |
s-79
| As distintas variables utilizadas inciden en expresar cada tipo de débeda segundo o seu vencemento ou ben con respecto á débeda total ou ben con respecto ó pasivo total. |
s-80
| Se se realiza esta determinación, debe vacinarse ós anti Hbc(+) e ós HBsAx(-) e ós contactos susceptibles dos anti Hbc(+) e HBsAx(+). |
s-81
| A enerxía empregada en producir 1 Kg de goma virxe é de 8.772 Kcal fronte ós 2.555 Kcal necesarias para a producción de 1 Kg de goma reciclada. |
s-82
| A base de datos SABE, sobre a que se realizou o estudio, contén datos económicos- financeiros de empresas depositados no Rexistro Mercantil. |
s-83
| O proxecto naceu auspiciado por un Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado no derradeiro Consello da Xunta dese réxime fraguiano que esnaquizou gran parte do noso litoral sen sentido, e que hipotecou o restante. |
s-84
| A día de hoxe, a saúde ambiental da que falamos atópase nun fráxil estado, mesmo ao límite da capacidade de carga do propio ecosistema. |
s-85
| Do éxito destes dependerá non só o retroceso da transmisión do VIH, senón o avance na construción dunha sociedade onde as persoas gocen de mellores condicións de vida. |
s-86
| No que se refire áo xénero, a noticia capitaliza practicamente a totalidade do espazo que Galiza Nova ocupa en prensa. |
s-87
| Os procesos de urbanización da poboación, que son cada vez máis importantes en Galicia, están axudando a este proceso. |
s-88
| O 27 de abril de 1999, a vixilancia activa diaria a que estivo sometida a enfermidade meningocócica en Galicia dende 1996, cambiou a súa periodicidade, fíxose semanal. |
s-89
| Os veciños pagábano con detrimento da súa saúde e pérda da confianza nas institucións democráticas. |
s-90
| Hai casos nos que a afectación muscular é mínima ou inexistente e practicamente só teñen enfermidade cutánea, e casos nos que só existe afectación muscular sen alteración da pel (polimiosite xuvenil). |
s-91
| Estudaranse as afeccións na hidroloxía da zona, tanto na súa parte superficial como subterránea, analizando as modificacións que se produzan, en cada caso, no réxime hidráulico ou na calidade dos distintos cursos. |
s-92
| Cando a tarefa se adecúa as expectativas e a capacidade do traballador, contribúe o benestar psicolóxico e supón un elemento motivador. |
s-93
| Así mesmo, unha cultura forte, na medida en que é amplamente compartida por toda a organización, pode axudar a enfrontarse tanto co risco de rotación como cos problemas de información. |
s-94
| Ata non hai moito, era práctica habitual no sector verter directamente as augas de proceso sen ningún tipo de tratamento. |
s-95
| En terceiro lugar, cómpre sinala-la converxencia no número medio de horas mensuais traballadas por ocupado entre empresas grandes e pequenas. |
s-96
| Moitos homes, educados nunha forte asertividade, non entenden que se rebaixen os propios méritos e cren que se moitas mulleres reaxen así é debido á inferioridade feminina que provoca unha baixa autoestima nas mulleres. |
s-97
| Incentiva-la implantación de sistemas de xestión medioambiental nas empresas e industrias galegas para favorece-la correcta xestión dos residuos. |
s-98
| A historia familiar asóciase de xeito consistente co risco de cancro de próstata, sendo esta asociación máis intensa que a observada noutros cancros, como os de mama e colon. |
s-99
| Cando é prolongado, o sometimiento doutro ser humano acaba converténdose no centro da vida do agresor, é o referente que lle outorga significado primordial á súa existencia. |
s-100
| Se mantén os sistemas de escape dos seus vehículos en correcto estado reducirá a emisión de ruídos. |
s-101
| Aumentou o consumo de enerxía eléctrica 6,3 puntos con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior e finalmente, o crecemento total das importacións permite intuír un incremento na demanda de bens de consumo procedente do exterior. |