s-603
| O resto de minerais teñen escasa relevancia económica e social e non se prevé que a súa proxección de futuro mellore sensiblemente. |
s-604
| O vector pode rexenerar virus de enfermidades ou insertarse no xenoma das células, interrompendo as funcións dos xenes e provocando cancro. |
s-605
| Tales factores podemos agrupalos en seis pares, que a continuación describimos: Cognitivos/Afectivos: Os factores cognitivos fan referencia a un proceso comparativo individual e colectivo de obxectivos e logros acadados (Cantril2, 1965). |
s-606
| Demostrouse un incremento do 5% na supervivencia global a 5 anos naqueles pacientes con enfermidade limitada a tórax aos que se lles administra IPC. |
s-607
| Seis dos membros do comité consultivo obtiveron libre acceso á planta e permitíuselles a tódolos membros visita-las instalacións durante a execución das probas trala notificación á empresa. |
s-608
| A Comunidade internalizará progresivamente os custes externos do transporte para asegurar que o princípio de quen contamina paga é completamente respeitado. |
s-609
| A inhalación do fume ambiental do tabaco (FAT), independentemente da súa concentración no ambiente, é un factor de risco para a saúde dos nenos e dos non fumadores. |
s-610
| Chama igualmente a atención o crecemento da participación da industria de México nas importacións da OCDE (do 1,1% ao 3,8%). |
s-611
| O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, atribúelle á comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social. |
s-612
| Artigo 1.1.-España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordeamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. |
s-613
| O xurro deshidrátase e mézclase cun axente esponxante: serrín ou virutas de madeira (libres de organohaloxenados), fracción fermentable recollida selectivamente dos residuos sólidos urbáns, etc. |
s-614
| A realización de paseos fluviais non se debería contemplar dentro das 'posibilidades de mellora do medio ambiente hidráulico'. |
s-615
| O previsto nos parágrafos anteriores representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva. |
s-616
| Ten que ser rápido, instantáneo porque se non é así os usuarios iran a lugar, coa rapidez alcanzada xa pola mensaxaría personalizada. |
s-617
| Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. |
s-618
| A forma máis habitual é o sangrado en saba sobre o leito cirúrxico e que é de orixe capilar, pero pode ser venoso ou arterial, sendo este tipicamente de cor vermella intensa, de carácter pulsátil e cuantioso. |
s-619
| Todo isto, mesturado, produce a sensación de que a violencia contra as mulleres ten crecido espectacularmente nestes dez anos que leva no punto de mira da sociedade. |
s-620
| Unha mostra do castelán como cultura dominante vémola nos periódicos, cando traducen as entrevistas en galego para o castelán. |
s-621
| Polo que a pesca fluvial se refire é preciso elaborar e poñer en práctica os plans de ordenación ós que se fai referencia na vixente Lei de Pesca Fluvial. |
s-622
| A amplitude e a profundidade requirida por este tipo de metodoloxía sobarda as nosas posibilidades e os nosos medios, de aí que só apuntemos algunhas grandes liñas de exploración. |
s-623
| Dáselle nova redacción ao punto 2 do artigo 7, que queda redactado nos seguintes termos : 2 Enténdese por solo de natureza urbana: a) O clasificado ou definido polo plan urbanístico como urbano, urbanizado ou equivalente. |
s-624
| No meu contorno de Karnataka, a idea de que alguén e en especial unha muller poida vivir soa, viaxar soa, gozar da soidade, resulta unha excentricidade. |
s-625
| Para manter a ilusión e o empeño en realizar un proxecto, necesitase tamén saber que os que te respaldan senten interese por el. |
s-626
| Hai moitos exemplos de autoridades de diferentes tamaños, pero a composición exacta dependerá do carácter único da área local. |
s-627
| A pesar de que a estas alturas xa está claro que o home deixou de ser a única fonte de ingresos da familia, o traballo doméstico segue a ser tarefa da muller na maioría dos casos. |
s-628
| O territorio será a área sobre a que o estado exercerá o seu poder de mando, _o seu poder originário de mando_, segundo indica Jorge Jellineck. |
s-629
| Referímonos , pois, a ese conxunto poboacional de máis de 440.000 persoas, superior xa ó 16 por cento do toda a poboación galega, rondando o 22 e o 23 por cento respectivamente nas provincias de Lugo e Ourense. |
s-630
| Neste sentido, aparecen no seo do discurso social xuízos positivos sobre aqueles que se emborcan no traballo coma os de Supotaina que son todos mui traballadores, mui escravos... son xente honrada. |
s-631
| Que é máis bonito vivir en USA, Suecia ou Inglaterra, cal destes se achega máis ao socialismo do século XXI? |
s-632
| A recombustión leva consigo a inxección do combustible nunha segunda zona de combustión subestequiométrica co fin de reduci-lo NOx producido nunha zona primaria. |
s-633
| Aínda así, a cidade -núcleos de poboación de máis de 50 mil habitantes- é o hábitat onde crecen proporcionalmente máis os monolingües en galego e onde aumentan menos, tamén proporcionalmente, os monolingües en castelán. |
s-634
| Este desfase entre oferta e demanda soluciónase en parte coa emigración (como veremos máis adiante), senón as taxas de paro serían aínda superiores. |
s-635
| Como se pode observar na figura 12, os sectores de queima de combustibles distintos a fontes fixas industriais e transporte experimentaron un incremento dun 16,3% nas emisións de gases de efecto invernadoiro desde 1990 a 2001. |
s-636
| A posibilidade de contar con esta mostra permite un nivel de desagregación temporal (probabilidades anuais) imposible para as pequenas mostras coas que habitualmente se adoita traballar. |
s-637
| Pero non comezan e acaban coa manifestación dos seus bens polo executado os instrumentos para localiza- los ditos bens para os efectos da execución. |
s-638
| Ambos diagnósticos na orde mencionada correspóndense cos dous principais motivos de ingreso ao longo de todos e cada un dos anos da serie analizada (1998-2003). |
s-639
| Pero non existe unha teoría ou unha regra que nos permita determinar nin os factores concretos que explican un determinado investimento nelas nin a contía e calidade que se precisa. |
s-640
| Por último, as ecuacións E.2 e E.3 estimáronse empregando as series de capital público total, infraestructuras e capital público social. |
s-641
| Coa finalidade de xerar ingresos para a protección do Dominio Público Hidráulico, deberíase implantar canto antes o canon de utilización do Dominio Público Hidráulico, conforme ao establecido no artigo 104 da Lei de Augas. |
s-642
| Por ese motivo, estabrece que 'os resultados da vixiancia (...) serán comunicados ós traballadores afectados' que, como titulares que son desa información son os lóxicos eprimeiros destinatarios dela . |
s-643
| Os métodos de control da placa bacteriana son o conxunto de procedementos encamiñados á eliminación dos depósitos acumulados sobre as superficies dentarias: placa dental, cálculo, restos alimentarios e tincións. |
s-644
| Nisto conflúen un factor de fondo, que vai seguir operando a medio prazo, e outro en principio máis conxuntural. |
s-645
| Avaliación do comportamento ambiental da técnica analizando aspectos ambientais como o aire, auga, residuos, solo, enerxía, utilización de recursos naturais, ruído e vibracións. |
s-646
| O artigo 14, en canto establece o mecanismo relativo á forma e ós requisitos de provisión de vocais do consello de administración; |
s-647
| Iso non exclúe que poida usarse un placebo, ou ningún tratamento, en estudos para os que non hai procedementos preventivos, diagnósticos ou terapéuticos probados_ (Declaración de Helsinqui, parágrafo 29).2,3. |
s-648
| En 2005 o porto de Cariño foi o que presentou o maior movemento de mercadorías cargadas e descargadas, con 672,5 miles de toneladas, seguido do porto de Ribadeo, con 426,8 miles de toneladas. |
s-649
| O colo uterino é un órgano accesible, facilmente explorable, no que se produce un cancro frecuente e mortal en moitas ocasións, e na maioría dos casos existen lesións precursoras diagnosticables. |
s-650
| Sen prexuízo de que se comente, ben que non de modo sistemático, a bagaxe do devandito proceso, debe recoñecerse que a Directiva cando menos constituíu un primeiro paso homoxeneizador. |
s-651
| Non obstante, coma noutras enfermidades autoinmunes, espérase que este tipo de terapias poida representar unha achega significativa ó tratamento da DMX. |
s-652
| Non obstante, fíxo baixo unha permanente tensión e polémica entre as CCAA de alta capacidade fiscal ou máis desenvolvidas e as de baixa capacidade ou menos desenvolvidas. |
s-653
| Pódese xerar unha pequena cantidade de residuos de material de limpeza ou de reactivos químicos necesarios para operar en procesos como en tratamento de aire mediante lavadores. |
s-654
| Así, o ano e a rexión practicamente non explican a varianza da rendibilidade (un 0,23% e un 0%, respectivamente), polo que o seu efecto merece escasa consideración. |
s-655
| Non obstante, aínda que tanto o Título como os preceptos en particular son de nova regulación, pódese sinalar como precedente deste , no Código Penal de 1973, o delito de tortura que aparecía recollido polo artigo 204 bis. |
s-656
| Polo tanto, pasado este período, decidi-la investigación queda a criterio do clínico, que debe ter presente o grao no que pode estar errada a estimación do período de xestación e que un diagnóstico específico: |
s-657
| Así, o consumo medio diario de cigarros entre os fumadores habituais foi de 7,7 (IC 95%: 6,6-8,8) e o consumo medio semanal entre os ocasionais foi de 6,8 (IC 95%: 5,5-8,1). |
s-658
| A utilización deste tipo de medidas, xunto con outros rexistros de morbilidade, mortalidade ou de carácter sociodemográfico, leva a unha avaliación e/ou diagnóstico da comunidade máis próximo e real. |
s-659
| Dende eiquí ata finais da década dos anos noventa ( Pombo, A. A., 1999) non se coñecen datos ( v. gr., migratoloxía , invernada) . |
s-660
| As notificacións nas que estes medicamentos figuran como sospeitosos de producir a RAM foron 111, o que supón un 20% das notificacións totais do 2001. |
s-661
| O sistema de vixilancia da parálise flácida aguda (PFA) instaurado en Galicia debido ao programa de erradicación da polio non detectou en 2005 ningún un caso de PFA. |
s-662
| Tódolos luns, mércores e venres, o 061 envíalle por correo electrónico os datos á DXSP, onde se actualizan cunha periodicidade semanal. |
s-663
| A empresa concertará con prima íntegra ao seu cargo, unha póliza de seguros que cubra as seguintes continxencias e indemnizacións. |
s-664
| Outros servicios tamén considerados esenciais, como a sanidade ou a educación, combinan a prestación pública xeral coa existencia de centros privados, nalgúns casos concertados coa propia Administración. |
s-665
| Elaboración e actualización do Catálogo de Residuos de acordo coa disposición adicional da Lei 10/1997, de RSU de Galicia. |
s-666
| Hai tamén sensación de plenitude, de inchazón abdominal despois das comidas, que, ademais, é máis acentuada coas comidas graxas. |
s-667
| Analizando a poboación parada atendendo aos grupos de idade, o 38,1% (60,9 miles de persoas) atópase entre os 25 e os 34 anos e o paro nesta franxa de idade incrementouse entre o ano 2002 e o 2003 nun 3,75%. |
s-668
| Antes de comeza-la ACP e a AF fixéronse unha serie de ensaios factoriais que tiveron bastante incidencia nas variables seleccionadas finalmente. |
s-669
| A violencia dáse nunha dinámica de produción que o persoal profesional da psicoloxía chamou ciclo da violencia. |
s-670
| E máis cando o referente prestixiado durante tanto tempo polo Estado e os medios de comunicación foi o modelo cultural urbano, español...? |
s-671
| Respecto á idade, a análise realizada amosa que o uso preferente ou exclusivo do castelán está asociado aos grupos de 16 a 35 anos e, en menor medida, aos de 36 a 45. |
s-672
| Así, dentro dos factores de atracción destácanse as seguintes categorías: fisiografía, cultura e historia, lazos co mercado, actividades, acontecementos especiais e superestructura. |
s-673
| O leite desnatado e a nata que proveñen de dúas conducións diferentes énchense directamente no envase que recibirá o consumidor. |
s-674
| Porter (1979a, 1979b, 1980a, 1980b, 1985, 1990) estableceu un avance significativo nesta teoría engadindo tres conceptos aos dous anteriores: a análise da estrutura industrial, a análise competitiva e a análise da evolución industrial. |
s-675
| En Francia, logo da revolta urbana de novembro de 2005, produciuse unha discusión pública: xornalistas, expertos, intelectuais máis ou menos mediáticos, debateron amplamente nos medios de comunicación. |
s-676
| Pola súa propia natureza, a agricultura ecolóxica non obtén as ratios de produción da denominada agricultura tradicional ou do sistema produtivista. |
s-677
| Aínda que no momento da realización deste Plan non existe a definición oficial desta zona sensible, esta ría xa é considerada como zona sensible dentro do Plan Nacional de Saneamento e Depuración de Augas Residuais. |
s-678
| As situacións máis severas prodúcense cando a contaminación por metais pesados vai asociada a procesos con xeración de ácidos, sobre todo, en áreas de influencia directa sobre acuíferos superficiais ou profundos. |
s-679
| Outros ámbitos son a promoción e apoio á xuventude, e cuestión relativas á promoción da muller, como a violencia, saúde, e o funcionamento do Plan para a Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas (1998-2001), entre outros. |
s-680
| Outros animais que habitan neste particular medio son crustáceos como os cangrexos e queimacasas, equinodermos como os ourizos de mar ou mesmo peixes como os lorchos. |
s-681
| Os países poderán intentar mante-lo seu desenvolvemento económico, pero sempre integrando mecanismos de protección da contorna e, en materia de emisións contaminantes de GEI, adoptando medidas correctoras eficientes, como instrumentos xurídicos e económicos, e tecnoloxías limpas. |
s-682
| Os profesionais da saúde en xeral, e dos coidados paliativos en particular, podemos ter un importante papel para facilitar a creación e o aumento de redes de apoio entre a poboación subsidiaria dos nosos servizos. |
s-683
| No tocante ás bibliotecas o seu número debe ser acompañado dos horarios de apertura, a efectos de avaliar a accesibilidade para os colectivos potencialmente interesados no seu emprego, así como do número de usuarios a respecto da poboación total. |
s-684
| Outro aspecto que se debe ter en conta é a temperatura á que están estes efluentes, pois o aumento de temperatura diminúe a concentración de osíxeno disolto, facendo a vida acuática máis vulnerable a enfermidades, parasitos e substancias tóxicas. |
s-685
| Os fornos necesitan un revestimento cerámico especial para resisti-las temperaturas de fundición das cinzas e o ataque químico debido a isto. |
s-686
| Sobre todo por medio do traballo, se adquire a seguridade en si mesmo, a autoestima contrastada coa realidade, a autonomía económica que posibilite o exercicio real das libertades. |
s-687
| Nos últimos anos, 85.000 civís foron vítimas de homicidios e máis de 200.000 morreron por causas relacionadas con a guerra. |
s-688
| Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre-Real Casa da Moneda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. |
s-689
| O colectivo de redeiras agrupa a todas aquelas persoas que traballan nunha actividade asociada á pesca consistente na reparación, mantemento e construción de redes. |
s-690
| Os gastos derivados desta relación desenvolven un papel secundario fronte á motivación e ó compromiso das entidades para o bo desenvolvemento da operación. |
s-691
| Nela o relevo descomponse claramente nas dúas unidades morfolóxicas básicas: as depresións tectónicas, e os vales fluviais, que no sector meridional da Galicia interior acadan o seu maior grao de encaixamento. |
s-692
| Sen embargo o aspecto que máis nos interesa é examinar a validez das auditorías ambientais como instrumentos de aplicación das políticas públicas, tal e como se pretende facer no ámbito comunitario. |
s-693
| Ao non existir vacina ou tratamento curativo, a prevención segue sendo a única forma eficaz de loitar contra o VIH. |
s-694
| Polo que atinxe aos servicios portuarios, estos supoñen 19,366 millóns, que son adicados concretamente a remuneración dos servicios de grua, carro e báscula. |
s-695
| Por iso, o obxectivo do desenvolvemento sostible debe ser lograr un benestar per cápita non decrecente ao longo do tempo. |
s-696
| En consideración ós programas de orientación plurianuais aprobados pola Comisión para España, a política de construcción, modernización e reconversión de buques está dirixida a non aumenta-lo esforzo pesqueiro agás en supostos excepcionais. |
s-697
| Só é posible que un dos pais goce do permiso, non ambos os dous simultaneamente, salvo que o desfrute se efectúe a tempo parcial. |
s-698
| Em segundo lugar, é preciso explicitar o âmbito de gestom quando falamos da capacidade dum sistema para manter a sua estrutura e funçom. |
s-699
| Non parece razoable que o Estatuto conteña referencias sobre estes temas e estas queden baleiras de contido por unha excesiva interpretación do que é normativa básica de competencia estatal. |
s-700
| Despois da recuperación que os mercados iniciaron no mesde marzo, a súa tónica foi alcista ata finais do mes de agosto, especialmente desde que se coñecese a resolución do conflicto bélico co Iraq. |
s-701
| Complementariamente, a necesidade de materializar a autonomía financeira das universidades fixo que en determinadas comunidades autónomas, como a galega, se organizasen planos de financiamento que posibilitasen compaxinar o financiamento público coa capacidade de programación propia das universidades. |
s-702
| A liberdade elemental de andar, de elixir o rumo dos nosos pasos, a liberdade para ir ao encontro dos outros é o fundamento da vida en común. |