s-503
| A limpeza e desinfección de chans e superficies está incluída dentro da Guía de procedementos de limpeza no medio hospitalario e o lavado de mans, así como a utilización de antisépticos, será motivo doutra guía. |
s-504
| A pesares de que en 2003 houbo en Galicia o mesmo número de casos de lexionelose que en 2002, o IEAc segue elevado (2'34). |
s-505
| O principal interese de anelar en lugares estables radica na amplia información que se obten ó ter unha zona controlada durante todo o ano (control de paso, invernantes, aniñantes, tasas de supervivencia anual, etc.). |
s-506
| Hai que prever pendentes, normalmente do 6%, para que se produza o escorrido do esterco líquido e das augas de chuvia cara a regueiros periféricos que desemboquen na foxa (figura 3.16). |
s-507
| A lixiviabilidade total, o contido de contaminantes dos residuos e a ecotoxicidade do lixiviado deberán ser insignificantes, e en particular non deberán supoñer un risco para a calidade das augas superficiais e/ou subterráneas. |
s-508
| A comparación entre estas preferencias e as opcions posibles se realiza en térmos de eficacia en relación o custe. |
s-509
| Expedientes de suspensión de clasificacións e comunicación e publicidade dos acordos de suspensión de clasificacións e de prohibición de contratar. |
s-510
| A delegación da URSS xulga que é esencial que o Consello declare a súa opinión máis clara e firmemente ao respecto desta actitude dos estados árabes perante as decisións do Consello de Seguridade'). |
s-511
| Algunhas permiten debuxar sobre o filme a área da ferida para, posteriormente, medila e mesmo gardar ese contorno na historia do paciente. |
s-512
| Consumo de produtos As boas prácticas que se deben ter en conta na xestión de consumo de produtos son as seguintes [28, 29, 30]: - Atender ao criterio ambiental no aprovisionamento, mediante a elección de materiais, produtos e subministradores con certificación ambiental. |
s-513
| Ante a falta de expresión do estado dos predios no momento de se concertar a parzaría, enténdese que se recibiron en bo estado, agás proba en contrario. |
s-514
| Bush segue a enfocar a crise iraquí baixo os seus parámetros triunfalistas de 'vitoria total contra o terrorismo', que oculta calquera iniciativa multilateral. |
s-515
| O potencial das TIC para favorecer o desenvolvemento empresarial reside na súa capacidade de reducir os custos de transacción dunha empresa co exterior, e en facilitar unha xestión integrada da mesma. |
s-516
| Esta proba permite contrastar a hipótese nula de que as medias de ambas as dúas variables (ítems) son iguais, podendo rexeitar esta hipótese cun nivel de probabilidade do 95%, se o nivel de significación é inferior ao 0,05. |
s-517
| En función de todo o anterior contrastamos a seguinte hipótese: H3: Os grupos que xeran internacionalmente actividades tecnolóxicas posúen maior diversificación xeográfica que os que non as xeran. |
s-518
| Porén, estas dúas magnitudes só representan o 32,7% e o 6,8%, respectivamente, do valor da produción, polo que dentro da estrutura de custos desta industria os custos laborais non serán, cuantitativamente, os máis salientados. |
s-519
| Como resultado, nas condicións actuais, a biostaxia, o formación de solos estables, sería a consecuencia lóxica en todo o territorio e, polo tanto, a erosión debería ser mínima. |
s-520
| No SIX-07 algún colexio (a instancias do director) solicitou o permiso de xeito activo, mais isto non supón problema algún xa que a forma de solicitar o permiso (activo vs pasivo) non inflúe nos resultados obtidos. |
s-521
| En definitiva, nunha pequena empresa dependendo do número de traballadores, da actividade e dos riscos que estén presentes na mesma será preciso levar a cabo labores preventivas de nivel básico, intermedio ou superior. |
s-522
| Con caracter xeral, o límite máximo de axuda non superará a porcentaxe do 50% calculada sobre a base subvencionable aprobada. |
s-523
| Dentro do prazo de 2 meses contados a partir da recepción, o órgano de contratación deberá aproba-la certificación final das obras executadas, que será aboada ao contratista a conta da liquidación do contrato. |
s-524
| Estímase que non existe rendemento de capital mobiliario nas transmisións lucrativas, por causa de morte do contribuínte, de activos representativos da captación e utilización de capitais alleos (art. 23.6 Lei). |
s-525
| Nesta situación, a proposta individual de cada axente da canle polo que se refire á busca da súa eficiencia na súa parcela na canle, fomentou o endurecemento dos procesos de negociación entrámbalas dúas partes, como xa se comentou. |
s-526
| Limítase nalgúns casos o número de veces ao mes ou ao ano que se pode acudir ou indícase un número máximo de horas. |
s-527
| Os poderes públicos teñen a responsabilidade de asumir a iniciativa nesta cuestión, alén dos intereses privados, que deben ser estimulados, pero que nunca deberán coutar as necesidades estratéxicas do país. |
s-528
| Trimestralmente, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro destas bases para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros de subvención, expresando beneficiario, finalidade, contía, emprego creado e aplicación orzamentaria. |
s-529
| Real Decreto 2423/1984, de 14 de novembro, sobre o Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Nacional do Teide (Illa de Tenerife) (Boletín Oficial do Estado nº 39, de 14 de febreiro de 1985). |
s-530
| No ano 2000, grazas á política de defensa de prezos, o importe das exportacións petroleiras venezolanas alcanzou os $29,3 mil millóns. |
s-531
| Para os homes as mulleres son un perigo potencial porque todas son seductoras, teñen a capacidade de enganalos , de convencelos e están dominadas por un apetito sexual pouco menos que insaciable. |
s-532
| No fogar tamén se xeran outros residuos como por exemplo pilas, medicamentos, radiografías, tubos fluorescentes, aceite usado, teléfonos móbiles, material eléctrico, electrodomésticos, etcétera. |
s-533
| Como se pode observar no seguinte cadro, no ano 2000 os 1.600 nenos xitanos atopábanse matriculados en 205 centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia. |
s-534
| Son fundamentalmente as axudas encamiñadas a reducir o diferencial de prezos existente entre a utilización de aceite de oliva e outras formas vexetais. |
s-535
| E por iso entendemos que unha xusta implicación do empresariado eólico na xestión do medio ambiente supón a necesidade de interpretar os pronunciamentos da autoridade administrativa competente de acordo con tres principios fundamentais: |
s-536
| Xerente de procesos: é o responsable último da implantación e xestión deste procedemento e, polo tanto, de garantir a existencia do PNT do seu centro e o coñecemento deste por parte de todas as unidades implicadas na súa aplicación. |
s-537
| Durante o horario habitual de oficina, utilizará os teléfonos das seccións de epidemioloxía das diferentes delegacións provinciais (en adiante, DP) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (ve-lo cadro). |
s-538
| O traslado será coordinado pola Central de Coordinación 061 en colaboración co Servizo de Cardioloxía do hospital receptor e emisor. |
s-539
| Cómpre promover decididamente alternativas á pesca e habilitar as medidas necesarias para evitar que se agudizen as desigualdades sociais e territoriais. |
s-540
| A xestión dos animais de granxa mortos vén recollida no Real Decreto 2224/1993, do 17 de decembro, sobre Normas Sanitarias de Eliminación e Transformación de Animais Mortos e Desperdicios de Orixe Animal. |
s-541
| Son un pulsar do meu día a día en Tiruchy, dez anos de querer cambiar o mundo, esa cousa que está tan deostada. |
s-542
| Co sistema da Lei de 1881 e as súas reformas, a caución esixida ó solicitante eliminaba ese perigo, pero á custa de cerrar en exceso a execución provisional, deixándoa só en mans de quen dispuxese de recursos económicos líquidos. |
s-543
| A eliminación do risco de cambio entre as moedas integrantes do euro e a consecuente unificación de prezos fai que o mercado español gañe en atractivo para os demandantes europeos. |
s-544
| O tamaño medio do supermercado galego é de 660 m2, o que resulta sensiblemente inferior ao tamaño medio do supermercado español (815 m2). |
s-545
| Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2004 o salario base do convenio será de 12,3579 euros por día e punto de calificación, o que supón un aumento salarial do 3% con respecto ao vixente no ano 2003. |
s-546
| Así e todo, se a terra estivese inscrita con asignación de diferente titularidade en virtude de sentenza ditada en xuízo declarativo, suspenderase a tramitación e os efectos do expediente ata que recaia resolución ditada pola xurisdición ordinaria. |
s-547
| Para o que expoñerei a continuación, vou apoiarme inicialmente nos traballos de Bernard Mommer, principalmente en Ese chorro que atraviesa el siglo (Mommer, 2000) e en Subversive Oil (Mommer, 2002). |
s-548
| Vémonos obrigados a acometer este proxecto non tanto por unha demanda interior da sociedade galega como polo discurso acelerado de acontecementos exteriores (do conxunto do Estado Español). |
s-549
| Os contentores 'nación' e 'Estado nación' mantiveron formas de vida, de identificación, de identidade, modalidades específicas e soberanas de relación e decisión no campo político, económico e social. |
s-550
| Polo demais, as alucinacións hipnagóxicas, que xorden durante ese estado impreciso entre o sono e a vixilia, son relativamente frecuentes en individuos completamente sans. |
s-551
| Tomando como referencia esta tipoloxía, a opinión de fabricantes e detallistas sobre o tipo de relacións que manteñen entrámbolos dous na actualidade recóllese na figura 4. |
s-552
| Sen embargo, os intentos de cuantificar os seus efectos non ofrecen resultados tan claros e concluíntes como cabería esperar. |
s-553
| Se o paciente cae, a dificultade na exploración debida á súa deterioración cognitiva non pode ser óbice para non descartar posibles fracturas. |
s-554
| Ademais das atribucións que lle confire o artigo 6 da Lei 6/2004, do 12 de xullo, terá as demais funcións que lle poidan corresponder, segundo a lexislación vixente. |
s-555
| Por iso mentres nos macroescenarios oíase o de 'make poverty history', nas rúas de Edimburgo berraban 'make G8 history'. |
s-556
| Os acordos do comité, sobre a base das propostas presentadas por Portos do Estado, serán adoptados por maioría simple dos asistentes, correspondendo ó presidente o voto de calidade en caso de empate. |
s-557
| Neste caso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no que corresponde aos órganos superiores, queda configurada do seguinte modo: |
s-558
| Se os continentes se manteñen baixos en latitude, o océano tende a dulcifica-lo clima, porque a auga, ó ter maior capacidade calorífica, conserva mellor a calor e evita a aparición de xeos permanentes. |
s-559
| Estava claramente baseado no artigo 2 do Tratado saínte, mas o conceito de desenvolvimento sustentável foi borrado, ademais do obxectivo de mellorar a qualidade do ambiente. |
s-560
| A modo de exemplo, nun sistema que posúa cinco evaporadores traballando 3.000 horas/ano cunha capa de xeo de 0,87 mm, o aforro potencial é de aproximadamente 100.000 kWh/ano. |
s-561
| Non se corresponde a importancia dada pola sociedade a situacion migratoria, co debate e a resposta politica a mesma, como se demostrou especialmente no contido e propostas da campana previa as eleccions xerais, cando menos ata o dia 11 de marzo. |
s-562
| Esta descrición deberá ser clara e sinxela, sen utilizar xerga propia do sector, evitando as abreviaturas e nomenclaturas alfanuméricas para referirse ás diferentes etapas do proceso. |
s-563
| Ratificar o Protocolo de Quioto e cumprir o obxectivo de reducir emisións nun 8% para 2008-2012 en relación a 1990 e para os actuais Estados membros. |
s-564
| A mortalidade segundo a causa de morte utilízase cando se determina a importancia dos problemas de saúde nun momento determinado ou cando se observa a súa evolución no tempo. |
s-565
| Animar a asistencia ás reunións, e asegurar a circulación de información, expresada nunha linguaxe clara, con tempo suficiente para traballala (tanto durante as reunións como despois e entre elas). |
s-566
| En situacións de hipotensión arterial, valorarase a colocación dunha sonda de presión venosa central (evitar a xugular polo aumento da presión intracranial) e aumentarase a perfusión de soro salino. |
s-567
| Por tanto, desde idade moi temperá, o razoamento abstracto, matemático e espacial (considerado especialmente complexo e importante, polo que é moi valorado socialmente) asóciase ó rol masculino. |
s-568
| A profesionalización debe desenvolverse a través de ciclos de formación profesional e de grao medio que preparen os traballadores do sector agrícola. |
s-569
| Asímesmo, vixiará o cumprimento, polos prestadores de servicios de certificación que non expidan certificados recoñecidos, das obrigas establecidas no artigo 11. |
s-570
| Isto queda ben reflectido en datos como os da figura 6, que mostra a evolución do número total de casos de CCX, de carcinoma escamoso e de adenocarcinoma rexistrado na poboación dos EEUU cuberta pola SEER dende 1973 a 2003. |
s-571
| Estaba nunha cafetería en Colombia e achegóuseme un rapaz que era irmán da señora que me trouxo, díxome : gustaríache viaxar a España? |
s-572
| Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, (BOE nº 160, 5.7.97), polo que se modifica o regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos, aprobado mediante o RD 833/1988, e co que se pretende adapta-la normativa española á Directiva 91/689. |
s-573
| Notificáronse 8 reaccións adversas: Unha reacción anafiláctica que cedeu con tratamento; dúas reaccións dermatolóxicas alérxicas e 5 reaccións febrís, todas elas autolimitadas e sen secuelas. |
s-574
| A decembro de 2002, e tendo en conta os datos de ONUSIDA e a OMS, a situación é de 42 millóns de persoas afectadas polo VIH/Sida no mundo. |
s-575
| No caso dos accidentes mortais, Galicia rexistrou un total de 10,9 accidentes por cada cen mil medio afiliacións a réximes da Seguridade Social coa continxencia de accidentes de traballo especificamente cuberta, sendo este índice de incidencia de 6,3 accidentes no conxunto do Estado. |
s-576
| A experiencia desenvolvida ata o momento permitiu que, de modo crecente, a poboación identifique a protección do patrimonio cultural coa recuperación ambiental do medio natural. |
s-577
| O descubrimento está facilitando que se desenvolvan estudos específicos que asocian fármacos xa coñecidos con perfís xenéticos. |
s-578
| Modifícase o número tres do artigo 80 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, que quedará redactado como segue: |
s-579
| Adicionalmente, pódese aforrar o 25-30% da calor mediante a utilización de conducións illadas previamente en lugar de utilizar o illamento tradicional. |
s-580
| Vexamos por exemplo, por ter máis a man cifras referentes a este país, os datos de Estados Unidos e a súa comparación con España. |
s-581
| O noso minifundismo portuario só ten a excepción da Coruña, que nin chega a selo cando nos centramos nas decisivas cargas xerais (excluídos graneis líquidos e sólidos). |
s-582
| A dificultade maior destas iniciativas é a de non contarmos cun interlocutor tan facilmente localizable como no caso das actividades que se levan a cabo no sistema educativo. |
s-583
| En calquera caso, o tempo medio de supervivencia dun transplante de ril está arredor dos 10 anos; de corazón, 13 anos, e de fígado, 17 anos. |
s-584
| Segundo Nacións Unidas, antes de 1991 neses países había unha alta seguridade social de base, o emprego completo estaba garantido de por vida e os ingresos, aínda que baixos, eran seguros e estábeis. |
s-585
| Próxima a zonas de alta densidade de poboación, permanece como unha illa que aínda conserva un patrimonio natural, etnográfico e arquitectónico de extraordinario valor, merecedor dunha protección oficial. |
s-586
| Durante os últimos anos, fóronse desenvolvendo granxas de cebo onde os animais se engordan con pensos e non teñen ningunha vinculación á terra. |
s-587
| Cando se poñen en contacto os consumidores e os produtores cos seus planos de consumo e produción no mercado, é cando se determina o prezo. |
s-588
| Cómpre evitar a excesiva extracción de aire, por riba dos requirimentos de seguridade, dado que isto pode incrementar as perdas de esmalte e restrinxir as oportunidades da súa recuperación. |
s-589
| Pero, mesmo nos casos en que estes últimos non aparecen expresos na definición da identidade, esta está ideoloxicamente subordinada sempre á reivindicación do dereito dese grupo humano ou conxunto de grupos (agora 'nación') a autodeterminarse politicamente. |
s-590
| O estudo da deposición de especies iónicas maioritarias en auga de chuvia levouse a cabo ao longo de 19 puntos de mostraxe diaria durante o ano 2000, 18 puntos durante o ano 2001 e 17 no ano 2002. |
s-591
| Estas mulleres, dunha maneira máis autónoma, emigran a España e empréganse en clubs ou pisos de contactos, traballando máis independentemente e non relacionadas con grandes organizacións ilegais de tráfico e prostitución. |
s-592
| A reiteración na utilización do punto limpo implicará unha análise por parte da inspección regulamentaria, ó fin de determinar unha utilización inadecuada. |
s-593
| Por outra parte, tamén debe facerse unha diferenciación entre as medidas propias do que se denomina Educación Especial e aqueloutras máis relacionadas co que debe constituír a Educación Compensatoria. |
s-594
| Non son púlpitos, nin plataformas de predicación, nin axentes didácticos, aínda que ás veces algo teñen de todo isto. |
s-595
| Estas xornadas de licenza serán disfrutadas, unha vez salvadas as necesidades do servizo, nas datas acordadas entre a dirección da empresa e o empregado que teña que as disfrutar. |
s-596
| O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación poderá colaborar, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, coas comunidades autónomas no financiamento dos programas de control que se establezan, especialmente naqueles que se refiran a pragas de corentena non establecidas no territorio nacional. |
s-597
| Hai que subliñar igualmente o descenso na exportación de maquinaria e o mantemento da dinámica expansiva na adquisición de bens farmacéuticos que nutren á industria localizada no sur da provincia de Pontevedra. |
s-598
| Se o voto que gañou nestes dous países tivese unha orientación inequívoca, as cousas serían, en Europa, relativamente máis sinxelas. |
s-599
| A análise da causalidade contemporánea das variables endóxenas no noso modelo, mediante a utilización do test de Hausman, confírmano-la evidencia da existencia de interdependencia entre emprego non-agrario e poboación nas rexións europeas. |
s-600
| Por outro, a política de reestruturación da flota tampouco resultou satisfactoria debido sobre todo á confluencia dunha serie de factores que provocaron unha evolución asimétrica, orixinando un serio desaxuste entre as previsións establecidas e a súa evolución real. |
s-601
| Se se fan por outro motivo poden ser normais ou poñer de manifesto pequenos fragmentos de óso na tuberosidade anterior. |
s-602
| Por unha banda, existe a incerteza acerca de se se manterá á parte o sistema de financiamento da sanidade, ou se esta competencia se integrará no sistema xeral de financiamento. |