Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Partdev
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Select a sentence

Showing 305 - 404 of 860 • previousnext

s-305 Unhas peculiaridades que xorden tamén da súa evolución morfolóxica pasada e recente e da súa posición latitudinal e que lle imprime, como xa vimos, un marcado carácter de área de transición.
s-306 Neste período existiron fases de recesión e expansión pero nunca se chegou a alcanzar a cifra antes indicada.
s-307 Por outra parte, Ruesga e Da Silva (2004) amosan como historicamente España foi un importador neto de capital, pero esta situación cambia radicalmente tras o ano 1997.
s-308 Nesta sentido, á pequena empresa se lle esixe a mesma protección que ó resto, nembargantes, está claro que vai ter máis dificultades para levala a cabo e polo tanto faise necesario un maior apoio institucional (subvencións, asistencia técnica...).
s-309 Os procesos de axustes e converxencia económica nos que está inmersa a Unión Europea inflúen sobre os sistemas de rendas mínimas.
s-310 Así, no campo máis específico das infraestructuras enerxéticas, e como xa se comentou, deberíanse levar a cabo as medidas que se presentan a continuación:
s-311 E Keynes _por exemplo, na súa elaboración da _preferencia pola liquidez__ válese do estudio do comportamento individual do _especulador_ (Delfaud, 1986a, p. 74; Delfaud, 1986b).
s-312 Algunhas preguntas orientadoras para abordar esta revisión poderían ser: ¿Existe identificación do alumnado co centro?, ¿e do profesorado e outros membros da comunidade?, ¿podemos explicarnos por que?...
s-313 Modifícase a redacción do número 5 e créase un novo número 6 no artigo 31 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores:
s-314 No que afecta ó sistema universitario, e co horizonte dos próximos 10 anos, resulta esencial aumenta-lo financiamento público ó sistema, asociado á obtención de obxectivos concretos polas universidades na mellora da súa calidade.
s-315 A non ser que os distintos documentos elaborados sexan lexitimados pola aprobación do consistorio, terán escaso valor para a comunidade e será difícil a súa execución, agás no caso de accións voluntarias e coincidencia nas decisións.
s-316 A súa primeira intención é ser enfermeira pero os postos están xa cubertos e ela está disposta a ir á fronte.
s-317 Poderán comprender zonas ribeirás, costeiras ou adxacentes, así como as illas ou extensións mariñas de profundidade superior aos seis metros en marea baixa cando estas se atopen dentro do terreos húmidos.
s-318 Esta participación ten carácter salarial e complementa a remuneración que, de similar natureza, estableza a normativa laboral aplicable, a non ser que esta sexa inferior e, neste caso, substituiraa .
s-319 Con este obxectivo o que se pretende é dar a coñecer unha análise exploratoria dun conxunto amplo de variables que se coidaba, nun principio, que poderían estar relacionadas coa _capacidade económica_ das distintas comarcas.
s-320 Inherente a esta idea é o concepto de que as comunidades non poden resolve-los seus problemas limitándose a exportalos , ben a outra zona xeográfica ou relegándoos ó futuro.
s-321 Deberá reflectir as vantaxes e inconvenientes de carácter ambiental que se van producir como consecuencia da realización da alternativa elixida.
s-322 Estas liñas de actuación poden idealmente contar con financiamento da Unión Europea, pero é necesario impulsa-las en calquera caso ó marxe da existencia deste apoio financeiro extraordinario ou non.
s-323 Estes volumes limítanse ao tumor primario sen irradiación ganglionar electiva ou limitada a mediastino adxacente e a dose recomendada oscila entre 60 -70 Grays (Gy) cun fraccionamento convencional de 180 a 200 cGy día.
s-324 En relación con este tema, identificáronse dúas maneiras principais nas que estas tecnoloxías continuarán profundando e ampliando a súa influencia na seguinte década.
s-325 Debido ó longo período que cobre este Plan, 2000-2006, detectouse a necesidade de ampliar, nalgúns casos, a capacidade de tratamento dalgunhas plantas de tratamento existentes e de crear outras novas.
s-326 Estas consideracións lévanme a afirmar que, en todo caso, as listaxes competenciais dos artigos 25-2º da Lei de 1985 e 80-2º da Lei galega de 1997 deben encontrar a súa plasmación na atribución ós municipios de competencias propias e non delegadas.
s-327 Mais hai unha eiva da que o novo CDH non foi quen de se desfacer, e que agoira un futuro incerto, ou un novo fracaso.
s-328 Nembargante deberá comunicar a circunstancia á delegación da Consellería de Economía e Facenda onde se presentase a autoliquidación pola autorización da máquina destruída á que substitúe a nova, para efectos de obtención do correspondente distintivo acreditativo.
s-329 A mesma fonte indica que en BTL ('below de line' ou alternativas á ) se factura un pouco máis: 6.303,9 millóns de euros.
s-330 Así, por exemplo, Beato Espejo ('El medio ambiente como bien jurídico', pax. 22), rexeita ós concellos que fomentasen ás veces un sistema de vida 'aberto á vía que lexitimou conductas atentatorias á tranquilidade da vecindade e á paz social'.
s-331 Así mesmo, entenderase acreditado o cumprimento destas circunstancias cando a Administración pública competente lle ceda á Administración pública contratante a información que acredite que a empresa cumpre as circunstancias das alíneas b) a e).
s-332 Na táboa seguinte mostrámo-lo número de hospitalizacións por enfermidades do aparello respiratorio diferenciando as procedentes das provincias de Galicia e outras de fóra e as que foron atendidas nos hospitais do Sergas agrupados por provincias ó longo do ano 99.
s-333 Tanto internamente, entre si, como respecto aos grandes eixes de desenvolvemento exteriores, ben dos espazos europeos, ben do resto de España.
s-334 Trátase de probas complementarias complexas ou caras que, habitualmente, realizarán médicos coa experiencia suficiente para valorar os datos clínicos e para tomar medidas a partir dos seus resultados.
s-335 A xornada do persoal que na actualidade traballe en quenda fixa de noite reducirase , respectivamente, 97 h no ano 2005 e no ano 2006, ata acadar as 1.430 horas de xornada anuais.
s-336 De acordo co establecido no parágrafo 86 da NIC 1 (IASB, 1997a), estas últimas refírense aos seguintes aspectos: a) Ás operacións de capital cos propietarios e á distribución de beneficios.
s-337 Finalmente, en función do criterio xeográfico decídese a conveniencia ou non de que a entidade de depósito estea presente en determinadas zonas, sendo o obxectivo reforza-la presencia de bancos e de caixas en áreas específicas de negocio.
s-338 O Observatorio Galego de Educación Ambiental creará, por acordo do seu Pleno, as comisións de traballo que resulten necesarias para a análise de aspectos sectoriais ou problemáticas concretas vencelladas coas funcións relacionadas no artigo deste decreto.
s-339 A eficacia da radioterapia mellorou substancialmente grazas ao emprego de tecnoloxía de imaxe que permite ver mellor onde está o tumor e cales son os seus límites.
s-340 Nas residencias, as terapias están dirixidas e individualizadas en función do tipo de limitación do residente, sendo a súa abordaxe multidisciplinar.
s-341 Clinicamente caracterízase pola presenza dunha sensación de ardentía acompañada de arrubiamento, calor e inflamación dos pés ou, de xeito máis infrecuente, das mans.
s-342 En contrapartida, a cooperación preséntase como medio de resolución de conflictos, constituíndo, ademais, a base de partida para consegui-lo funcionamento eficiente da devandita canle.
s-343 Deste xeito, durante o período estudiado, as taxas específicas por idade (ve-lo cadro 1) nos homes de 40-44 anos (17'3 m/105h) foron 20 veces inferiores ás dos homes de 75-79 anos (403'5 m/105h).
s-344 A FEGAS, de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia que ten afectado de modo duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral.
s-345 Cando se limpa un equipo inmediatamente despois do seu uso evítase a formación de depósitos endurecidos, que esixen o consumo de grandes cantidades de disolventes ou de auga para o seu arrastre.
s-346 De calquera xeito, tampouco era o canarés a lingua materna de dúas das tres aldeas, o cal me fixo sentir mellor.
s-347 En Galiza, nos últimos anos, a cifra de mulleres ocupadas aumentou significativamente, pero séguense producindo grandes diferenzas entre homes e mulleres nas distintas taxas de actividade, ocupación e paro.
s-348 Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que se deberá acreditar documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.
s-349 No referente ós réximes especiais de Seguridade Social, modifícase o texto refundido da Lei sobre Seguridade Social das Forzas Armadas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2000, do 9 de xuño.
s-350 Sen embargo, a título informativo, é importante sinalar que existen correntes feministas que alertan sobre este recoñecemento e asunción da igualdade de maneira mecánica.
s-351 Nél instábase á Alcaldía 'promove-las medidas tendentes a garantir-la efectiva aplicación dos preceptos legais a que se refire o exhaustivo recordatorio' do Valedor do Pobo.
s-352 Da silandeira noite e da sulagada ilusión parideira de pantasmosos fillos, quizais ti chores Galiza, por esa longa e parideira vida de exilios e de mortos de saudades e anceios ó pe de cada intre, a carón de cada hora.
s-353 Este principio, consagrado no artigo 174 do Tratado CE, estivo presente na acción da Comunidade Europea en materia de medio ambiente desde a adopción do I Programa de acción nesta materia de 1973.
s-354 Logo, como non poden ser eliminadas, as moléculas de PrPSc deste xeito formadas acumúlanse na célula ata a súa destrucción e posterior difusión polo sistema nervioso central.
s-355 Polo que se refire ás entidades colaboradoras, os programas executados abranguen áreas moi diversas, que van dende a apertura de pisos de acollida ata o asesoramento legal, pasando polo apoio de actividades formativas e culturais e de loita contra o racismo e a xenofobia.
s-356 A maiores, brinda unha coartada perfecta para reforzar o autoritarismo destes réximes cuns líderes que argumentan o asedio exterior como escusa para demorar calquera proposta de reforma política democratizadora na medida en que pode afectar á seguridade do país.
s-357 Segundo os autores, esta discrepancia é debida a problemas de rexistro e codificación das defuncións directamente relacionadas con drogas no Rexistro Xeral de Mortalidade.
s-358 Para diminuír a presenza nelas do automóbil cómpre adoptar simultaneamente medidas que estimulen os peóns, o uso da bici e o transporte colectivo e accións que restrinxan a utilización do coche.
s-359 O éxito dunha estratexia desenvolvida por unha empresa, o seu crecemento sostible e os resultados económicos da empresa, van intimamente ligados ao concepto de competitividade.
s-360 Tanto a dirección como o persoal están obrigados a facilitar as tarefas e a cooperar coa comisión paritaria para o mellor desenvolvemento da mesma.
s-361 As gráficas presentadas a continuación teñen o propósito de ofrecer información acerca da dotación de capital humano dos países da UE.
s-362 Así, ao ano seguinte, festéxase por primeira vez o 25 de xullo no seo dalgunhas sociedades, con música, xantares e artigos nos xornais afíns.
s-363 Os ingresos por venda de madeira son a principal orixe das rendas forestais, cunha gran diferenza sobre o resto dos ingresos (87%).
s-364 No caso dos primeiros, podemos aplicar o dito arriba para a prensa escrita; na maioría dos casos a nova publicada é idéntica á da versión escrita.
s-365 O dereito ao reembolso do custo das garantías atinxirá aquelas que, prestadas de conformidade coa normativa aplicable, fosen aceptadas e que se mencionan a continuación:
s-366 O nitróxeno e o fósforo poden alcanzar augas superficiais (ríos e lagos) tras a chuvia e poden infiltrarse a través do solo ata as augas subterráneas (acuíferos).
s-367 Ademais, cando nas salas de espera o espazo o permita, invitaráselles a que se senten polo menos a 1 metro de distancia doutras persoas.
s-368 Diferentes estudos estatísticos poñen de manifesto que a carga horaria é máis elevada no caso das mulleres se temos en conta as horas adicadas ao traballo asalariado e o do fogar (traballo doméstico, coidado de persoas dependentes, nenos e nenas...).
s-369 Os da subpoboación M o fan da Dirección Xeral de Producción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, da Consellería do Medio Rural.
s-370 A función financeira concrétase nun conxunto de accións que tenden a resolver o problema da consecución e asignación dos recursos, de maneira que se poidan alcanzar os obxectivos empresariais.
s-371 A resolución do contrato dará lugar á comprobación, medición e liquidación das obras realizadas de acordo co proxecto, fixando os saldos pertinentes a favor ou en contra do contratista.
s-372 A normativa básica de ordenación da flota pesqueira, orientada pola política de estructuras comunitaria, está dirixida a adapta-la capacidade da nosa flota ás nosas posibilidades de pesca, evitando a súa infrautilización ou sobredimensión.
s-373 A súa incorporación á vida económica e social ofrece innumerables vantaxes, como a mellora da eficiencia empresarial, o incremento das posibilidades de elección dos usuarios e a aparición de novas fontes de emprego.
s-374 Por último, a terceira categoría sería a extensión da coxeración como método para a xeración de calor e electricidade.
s-375 Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas a cargo do empregador, correspondentes á Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.
s-376 A LPRL estabrece dúas posibres formas de intervención da negociación colectiva no marco da participación dos traballadores na prevención de riscos laborais:
s-377 E posto que estes capitais entran masivamente, a acumulación de reservas impón unha política de esterilización custosa en termos de xuros para incitar a compra de títulos da banca central emitidos para esta ocasión.
s-378 Consta da información precisa para o manexo inmediato da diabete polo paciente acabado de diagnosticar, ou ben o paciente que acode por primeira vez á consulta e na avaliación detectamos un nulo nivel de coñecementos aínda que leve anos coa diabete.
s-379 Un bo indicador pode ser a oferta de cines, dado que é unha forma de ocio apreciada actualmente e accesible a amplos segmentos da poboación, polo que pode ser bastante representativo da relación oferta-demanda de ocio.
s-380 Por último, incorpóranse ó regulamento determinadas cláusulas dos pregos de cláusulas administrativas xerais (Decreto 3854/1970, do 31 de decembro, para contratos de obras;
s-381 Para que tanto esforzo?
s-382 O de Quino, e os prexuízos herdados dos seus maiores andaluces, ou os nosos prexuízos que poderían atribuír a esa orixe a súa escasa producción total.
s-383 Ou sexa, hai diferencia entre alumnos fumadores e non fumadores en relación a que fume a súa mellor amizade (70,1 vs 33,3%), sendo a diferencia puntual de 36,8% e o seu IC 95% de 35,2 a 38,5%.
s-384 O xornal é un medio local e a súa vantaxe é que chega a unha porcentaxe de xente dentro do mercado local a un custo relativamente baixo.
s-385 Os 6.865 episodios de hospitalización por enfermidades do aparello circulatorio atendidos no C.H. Juan Canalejo supoñen o 50,3% do total (13.640) da provincia da Coruña.
s-386 Recibe este nome polo gran parecido que presentan as súas follas co plátano (Platanus hibrida), árbore introducida en parques, xardíns e rúas de moitas cidades.
s-387 A continuación, detállase a técnica de gaiolas en pisos con lados de gaiolas desmontables e secado do esterco con aire forzado, para ter en conta á hora de establecer as mellores técnicas dispoñibles nos aloxamentos de pavos.
s-388 Por sexo dos 14.279 homes e 13.588 mulleres que morreron en Galicia preséntanse importantes diferencias naqueles casos nos que a causa da morte foi un proceso neoplásico, con porcentaxes que se sitúan ó redor do 31 (4.445) nos homes e do 20 (2.718) no caso das mulleres.
s-389 Primeiro, o egoísta considera a vida como unha guerra sen compaixón, e entón tómase a molestia de instruir aos seus inimigos en guerra.
s-390 O solicitante deberá indicar os consumos de enerxía eléctrica que se producen na instalación, tendo en conta os consumos de enerxía que se mostran no apartado 1.3 do capítulo 5 deste documento.
s-391 Desde o ano 1993 en que Galicia superou os 200.000 parados (219.200 exactamente) a tónica foi sempre manterse por encima dos 200.000, con lixeiras oscilacións dun ano a outro.
s-392 Posta en marcha do Rexistro de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos, creado polo artigo 14 da Lei 10/1997, de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.
s-393 A disposición transitoria primeira do Real decreto 27/ 2003, do 10 de xaneiro, sobre reinvestimento de beneficios extraordinarios, que se inclúe como disposición transitoria segunda.
s-394 Pola súa banda, o ideal igualitario tende a favorecer normalmente a participación dos individuos e, con elo, a realización persoal e a loita contra a alienación.
s-395 Tanto en petróleo como en gas, estímase que o crecemento da demanda se ralentizará no último quinquenio do período de previsión, coincidindo coa progresiva saturación dalgunhas demandas finais.
s-396 Nos mapas do tempo españois represéntase cun B, nos franceses cun D, e nos correspondentes ó idioma inglés aparece cun L.
s-397 No resto da zona palustre e, en concreto, nos medios acuáticos e hábitat de vexetación halófila radicante non se aprecian alteracións significativas.
s-398 Nestes casos, será preceptiva a obtención previa dunha autorización da Comisión Europea á proposta de medida, para o que se lle remitirá esta, xunto co resto da documentación pertinente, e realizarase a notificación no marco do procedemento administrativo en curso.
s-399 A pesar de que nos meses do período de referencia a taxa de inflación mostrou un comportamento atenuado (reducíndose en 1 punto), nos meses seguintes os prezos aceleraron o seu crecemento deica agosto.
s-400 O Servizo de Xestión Tributaria non procederá á subministración dos cartóns solicitados sen que antes se xustifique o pagamento do imposto mediante a entrega da correspondente carta de pagamento.
s-401 Para isto amplía a posibilidade de que estas se financien a través do 'factoring', ó permiti- la cesión en masa das súas carteiras fronte ás administracións públicas.
s-402 O exterior non se ten como espacio da muller, 'marcho que teño que fase-la comida', 'marcho que teño todo sen faser'.
s-403 De feito, moitos autores sinalaron as diferenzas entre a maneira en que as novas formas de organización do traballo se empregaban no Xapón e o modo no que estaban sendo utilizadas no Brasil.
s-404 Se ben estes autores consideran non xustificado o contraste de efectos fixos versus efectos aleatorios, algúns tests analíticos foron elaborados.

Text viewDownload CoNNL-U