Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Partdev
AnnotationGómez Guinovart, Xavier

Select a sentence

Showing 106 - 205 of 860 • previousnext

s-106 IV O título III da lei contén diversas medidas que afectan o persoal ó servicio das administracións públicas e do sector público estatal.
s-107 Polo que respecta a recollida dos datos, e aínda que nun principio o censo abranguía o mes de Xuño, a maioría dos recibidos estaban realizados nos meses de Xullo e Agosto.
s-108 Así mesmo, o carácter de empresa de participación confírelle á sociedade cooperativa determinados matices con respecto ás relacións persoais, que permite evitar o lado escuro da especialización flexible que se xeraría no caso de utilizar empresas capitalistas convencionais.
s-109 Cuarto.-Á vista da impugnación presentada por Marcos Deive Novo, acordouse a anulación das preguntas 43 e 52 (de reserva) do primeiro exercicio de oposición da quenda de promoción interna para o acceso a categoría 006 (xefe de servizo técnico).
s-110 O detalle de cada entrega, coa súa data e cantidade, poderase expresar nela ou unir como documento adxunto, integrando a factura.
s-111 Fóra da Comunidade Autónoma de Galicia cabe destaca-lo asesoramento realizado ó Hospital Severo Ochoa e ó C.H. de Toledo así como a outras empresas do ámbito privado.
s-112 Estas excedencias non poderán volver a ser solicitadas polo traballador até que transcorran tres anos desde o final da anterior.
s-113 En particular, a derogación desde a votación por maioria para matérias fiscais relacionadas co ambiente sufocou efectivamente o uso destas medidas cruziais.
s-114 Para o cálculo do valor neto contable dos bens aplicaranse as táboas de amortización aprobadas para os efectos do imposto sobre sociedades na porcentaxe media resultante delas .'
s-115 O valor engadido creado por unha empresa será o incremento de valor incorporado ós bens e servicios consumidos e adquiridos a outras entidades, ou dito doutro modo, representa o valor novo creado no proceso productivo durante o periodo considerado.
s-116 E tan importante é o aspecto político e funcional como a dimensión solidaria desa política que despois se proxecta sobre toda a sociedade.
s-117 Durante o ano 2005 será preciso informe favorable conxunto dos ministerios de Economía e Facenda e de Administracións Públicas para proceder a determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal laboral e non funcionario ao servizo de:
s-118 Cabe mencionar, como primeiro de todos eles, a apertura legal á realidade de canto pode ser conducente para fundar un xuízo de certeza sobre as alegacións fácticas, apertura incompatible coa idea dun número determinado e pechado de medios de proba.
s-119 En moitos casos resulta útil pintar o deseño previsto da incisión para non perder as referencias cando preparemos o campo.
s-120 No período estudado, as taxas anuais axustadas á poboación europea, pasaron de 37 d/105 en 1980 a 17 d/105 en 2004, nos homes, e de 19 d/105 e 8 d/105 nas mulleres.
s-121 Considérase que a exclusión social de non poucas persoas e fogares é consecuencia directa dos cambios estructurais que se veñen producindo nas economías e sociedades de hoxe.
s-122 Complexo da madeira: esta industria está integrada pola silvicultura, explotación forestal, e o conxunto de actividades da cadea de transformación da madeira (desde o serrado ata industrias da madeira como carpinterías).
s-123 As negociacións entre fabricantes e detallistas da canle de distribución de bens alimentarios poden interpretarse coma un xogo no que a curto prazo unha das partes pode saír beneficiada fronte á outra en virtude da súa posición de poder.
s-124 En canto ao gasto comparativo preciso para ofrecer unha boa infraestructura, existe un enorme diferencia entre a bicicleta e os vehículos motorizados.
s-125 Da información recadada extráese que a poboación xitana asalariada se emprega, fundamentalmente, e polo que atinxe aos homes, no sector da construción, na carga e descarga, e noutras actividades como a reparación de vehículos.
s-126 O persoal que traballe en dúas quendas, cando a coincidencia entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora.
s-127 Unha das consecuencias máis graves desta situación é o grande debate que houbo en Francia sobre os problemas da laicidade.
s-128 Esta iniciativa política é regresiva para os colectivos de poboación máis pobres, entre os que se atopan maioritariamente as mulleres.
s-129 A vacina da triple vírica, non está recomendada a súa administración sistemática, deben valorarse riscos e beneficios, por existir un risco mínimo de contaxio e por ser un virus vivo atenuado, sempre que non haxa unha inmunodepresión grave.
s-130 Nos últimos anos observouse a nivel internacional un proceso de gran concentración que provocou a creación de fortes grupos de distribución, o cal tivo basicamente dúas consecuencias sobre a distribución en España.
s-131 Dende o momento en que se incorporan socios con dedicación parcial reflíctense distintos graos de participación en función da clase de socio.
s-132 Se é necesario recorrer, por indicación profesional, á alimentación preparada, existen diferentes marcas comerciais que ofrecen fórmulas adaptadas, que garanten o fornecemento de nutrientes necesario.
s-133 Froitos: as noces son moi nutritivas e ricas en aceites con propiedades vermífugas; diminúen a cantidade de colesterol no sangue e son vasodilatadoras.
s-134 O campo isobárico superficial aparece dominado polas altas presións, con pequenos núcleos de baixas relativas individualizadas en distintos puntos da Península.
s-135 Cómpre, xa que logo, atallar con urxencia esta situación de deterioración laboral, xa que as consecuencias sociais a medio e longo prazo poden ser irremediábeis.
s-136 Ademais, mediante a eliminación parcial da auga do leite obtense un produto concentrado que se emprega como substituto do leite líquido ou como materia prima na elaboración doutros produtos alimentarios.
s-137 Teremos que esperar, pois, ao relatorio de control elaborado pola Comisión para o período 2003-2005 para ver se a situación mellora coas novas estratexias adoptadas.
s-138 Por outra banda, a perspectiva mentalista considera que as actitudes son un estado interno e mental que pode dar lugar a certas formas de comportamento.
s-139 Neste contexto, a poboación susceptible seméntase con virus VOP nunhas condicións óptimas para seleccionar os virus que teñan unha transmisibilidade maior.
s-140 Esta información, excepto aquela á que se refire a alínea c), non se poderá esixir antes do inicio da actividade e subministrarase no prazo que se estableza en cada requirimento, atendidas as circunstancias do caso.
s-141 A delegación: Constatou directamente como os saharauis están sendo sometidos a prácticas xenocidas para minguar á súa poboación e impedir o seu desenvolvemento económico e cultural como pobo.
s-142 O primeiro estudio en España foi en transporte (Riera, 1993a), e nel valorábase o impacto ambiental dun determinado deseño de circunvalación urbana.
s-143 Pero sería un mal sinal cando os barrios con elevada presenza de estranxeiros son tamén os barrios que concentran indicadores de pobreza tales como o paro, os edificios en malas condicións, baixo nivel de estudos, etc.
s-144 As modificacións da solicitude inicial, deberán ser presentadas utilizando a aplicación de axuda para xerar un cuestionario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas aclaracións.
s-145 Decisión 101/97/CE, do Consello, do 27 de xaneiro, polo que se establece un intercambio recíproco de información e datos das redes de estacións illadas de medición de contaminación atmosférica nos Estados membros.
s-146 As asociacións carecen, na súa gran maioría, de estratexias activas e efectivas para a dinamización da poboación e a activación social sobre a base da responsabilidade compartida.
s-147 Hai Estados comunitarios e do Espazo Económico Europeo que non os impoñen, como son os casos de Noruega, Chequia, Italia, Eslovaquia, Austria, Finlandia e Letonia.
s-148 Aproveitamos un tempo libre que tiñamos para facer algo que normalmente non se fai no sábado: ir a montaña galega.
s-149 Os principais destinatarios son os usuarios dos recursos do PGD nos que se obxective algún déficit na súa incorporación social, xa sexa de índole laboral, de participación social, formativa ou derivado da súa problemática xudicial.
s-150 Desde o punto de vista da demanda dirixida cara ás empresas localizadas en Galicia, os indicadores mostran unha caída na carteira de pedimentos, sendo este o principal factor que limita a producción industrial.
s-151 Respecto de 1998 A Coruña e Lugo incrementaron o número de hospitalizacións nun 6,8% e 3,0% respectivamente e Ourense e Pontevedra diminuíron nun 1,0% e 3,0% (Ver Anexo II).
s-152 O 60% das mortes producidas ocorreron fóra do hospital, o 30% no primeiro día de ingreso no hospital e o 10% entre o e o día 28.
s-153 Nesta data, xa foran executadas ou estaban en fase de execución un total de 35 depuradoras fronte ás trece existentes no período anterior.
s-154 Nestas reunións definiuse o plano de traballo e asignáronse temas concretos a membros do relatorio, que se prepararon en formato de borrador.
s-155 Por iso a liña de traballo sinalada por proxectos como os mencionados preséntase como un horizonte irrenunciable para a política local das cidades inclusivas.
s-156 Por iso propoñen ensinarlles ós nenos uns hábitos de vida saudables, e é onde o papel da muller resulta clave, debido ó seu rol na sociedade actual.
s-157 Na procura de ampliar e diversificar o impacto destas sobre o maior número posible de veciños, puxéronse en marcha outras iniciativas complementarias ó discurso do propio museo.
s-158 Por ultimo, é importante que a rede empresarial galega estea formada por empresas competitivas, por aquelas que presenten características de competitividade de acordo coa cualificación: empresas gacela, de alto rendemento, xeradoras de riqueza, de alta produtividade, con certificado de calidade e exportadoras.
s-159 En particular, deberase incluír unha representación de cada un dos deseños, con indicación dos productos ós que se apliquen, conforme o disposto nas alíneas c) e d) do número 1 do artigo 21.
s-160 Pola conta, os homes presentan unha taxa de paro do 7,2% en Galicia, dúas décimas por riba da media estatal.
s-161 En función da resposta procédese a extracción e desconectase o corpo da máquina e se lle suprime a medicación.
s-162 Esta definición do interés xeral inscríbese , necesariamente, dentro do modelo económico e político que se adoptou.
s-163 Cómpre destacar a forte influencia dalgunhas observacións, en particular das observacións 5, 19 e 36, que teñen un comportamento diferente ao resto da mostra.
s-164 Emporiso, cando a persoa ou entidade non residente en España opere mediante establecemento permanente, o domicilio será o que resulte de lle aplicar ó devandito establecemento permanente as regras establecidas nas alíneas a) e b) deste punto.
s-165 A concepción e vinculación das zonas rurais como áreas atrasadas levou á desvalorización económica e social das actividades primarias e dos valores do territorio, co conseguinte éxodo agrario cara as cidades e ó abandono das explotacións.
s-166 O establecemento desta banda protectora das canles estendeuse coma unha práctica habitual en numerosos países desenvolvidos de Europa e Norte América, onde é fase inicial na restauración e conservación do medio fluvial (Petersen et al., 1992).
s-167 Como sinala Mikel Aizpuru (2000, p. 58), durante o reinado de Carlos III empréndese unha política sistemática de unificación lingüística do imperio.
s-168 As limitacións inducidas por factores xeográficos non desaparecerán, senón que poden limitar o desenvolvemento de novas infraestructuras e servicios nas súas etapas máis iniciais.
s-169 Existe pois un comportamento diferencial favorable a Galicia, pero se manteñen as tensións inflacionistas, que non veñen motivadas pola suba no prezo dos carburantes, o que repercute negativamente na nosa economía.
s-170 Así, o desenvolvemento das políticas de planificación urbana e rehabilitación do centro histórico tiveron un eco fundamental na posición de Compostela no mundo internacional da cultura.
s-171 Tamén destaca a regulación no ámbito tributario do procedemento de revogación para revisar actos en beneficio dos interesados.
s-172 Así se vive hoxe en día a cultura local e é neste marco no que os nosos mozos constrúen na actualidade as súas identidades.
s-173 No seu título primeiro establece o obxecto xeral da lei, un sistema de defensa, protección, conservación e restauración (...) do medio ambiente en Galicia, así como o aseguramento da utilización racional dos recursos naturais (cfr. art.1º).
s-174 Xunto coas partículas das nubes (gotas de auga, aerosois e cristais de xeo), estes gases contribúen nun 95% ao efecto invernadeiro na troposfera.
s-175 Neste mesmo sentido manifestábanse os líderes do movemento republicano, que subliñaban o claro protagonismo alcanzado por esta tendencia política dentro da comunidade española inmigrante e as súas institucións no Uruguai:
s-176 En efecto, se os dirixentes do Partido dos Traballadores sacrifican os grandes equilibrios é porque parten da constatación de que no pasado o equilibrio non foi máis reaccionario, nin o desequilibrio máis progresista.
s-177 Ao contrario que a enerxía, os índices de producción industrial de xaneiro e febreiro reflicten unha desaceleración, especialmente na fabricación de bens destinados ao consumo.
s-178 Nesta fase valórase se os resultados son acordes cos obxectivos previstos e se as asignacións de recursos foron correctas ou eficientes.
s-179 Real decreto 1644/1999, do 22 de outubro, sobre o control do organismo nocivo denominado 'Ralstonia solanacearum (Smith) Yabuuchi et al', e a súa normativa de desenvolvemento.
s-180 O emblema oficial da profesión será o descrito na Orde ministerial do 25 de outubro de 1966, circundado pola inscrición 'Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia'.
s-181 En primeiro lugar, para manter os actuais efectivos de poboación requírense maiores incrementos de fecundidade e saldos migratorios de maior magnitude que os previstos no escenario de referencia.
s-182 Se hai un tempo se consideraba positivo estimular con subvencións o desenvolvemento da actividade pesqueira, agora considérase que este desenvolvemento ten un efecto negativo ao presionar aínda máis os stocks sobreexplotados ou plenamente explotados.
s-183 Os datos foron compilados en forma de información, que foi analizada pola unidade de Política Ambiental dentro do departamento de Planificación do condado de Lancashire.
s-184 Da información segmentada que se obtén das estatísticas publicadas, clasificando ás empresas do sector segundo o seu volume de facturación, o grupo galego Industria de Diseño Textil, S.
s-185 O alleamento da terra non afectará o contrato de parzaría, e o adquirente subrogarase en todas as obrigas do cedente.
s-186 O parágrafo b) do artigo 27.3 da Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, pasa a te-la seguinte redacción:
s-187 En definitiva, a tendencia xeral do IVU das importacións explícase pola particular evolución dos IVUs dos productos intermedios non enerxéticos, sobre todo desde os primeiros meses de 1995 en adiante.
s-188 Apróbase o Regulamento sobre mercados de comunicacións electrónicas, acceso ás redes e numeración, que se insire a seguir.
s-189 Outro dos indicadores do programa son os tempos entre os principais procedementos: a mediana entre a realización da mamografía de cribado e a gravación de resultados foi de 9 días, e de 28 ata a cita ao hospital.
s-190 Ritmo da unión acelerado: tres ou máis impulsos consecutivos que se orixinan na unión AV a unha frecuencia entre 60 e 100 lpm.
s-191 O funcionamento do equipo de enchedura-envasado limita a temperatura mínima de conxelación, porque para esta operación o produto non pode ser excesivamente duro.
s-192 En xeral, o efecto intersectorial é negativo para a maioría dos anos estudiados, o que pode estar reflectindo un incremento da participación na productividade agregada de sectores con productividades inferiores á media.
s-193 Agás cando se trate de manchas de aceite, os ciclos de auga morna ou fría permiten lavar e limpar completamente a roupa.
s-194 O problema da contaminación das augas de fondo por nitratos, do que se di que non reviste gravidade, non está suficientemente avaliado, polo que non se deberian descartar medidas preventivas nestes sentido.
s-195 Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán un límite segundo a táboa anexa por traballador.
s-196 Entre os anos 2000 e 2003 o país conseguiu producir como máximo o 50% das súas necesidades, producindo tamén _con produto de baixa calidade e moitas veces de produción propia_ para o consumo animal.
s-197 Dado o carácter de proceso da EGDS non se descarta o propolo nun estudo posterior se se considerara necesario un indicador apropiado.
s-198 Para o pasaxeiro de cruceiro turístico en tránsito a cota da taxa será de 2,00 E por pasaxeiro e día ou fracción de estadía en porto.
s-199 Tamén é moi importante coida-la situación legal do enfermo que progresivamente non vai ser capaz de atende-los seus asuntos, así haberá que consulta-lo tema cun avogado.
s-200 O exemplo que ofrecemos no recadro seguinte corresponde a unha pequena cidade alemana que recibiu un premio pola súa política pero que atopou graves dificultades na execución do seu programa.
s-201 De feito, este é o modelo das universidades non presenciais clásicas, aínda que por outra banda todas sigan copiando o modelo presencial en todo o demais (Universitat Oberta de Catalunya, UOC, por exemplo).
s-202 Resaltar, tamén, que, en contra do que se podería esperar a taxa de alumnos/as por computador é sensiblemente maior nos centros privados (12,9) que nos centros públicos (9,9).
s-203 Parentes e coñecidos dos emigrantes galegos deciden desenvolver o seu ciclo migratorio e vital nesta Comunidade Autónoma, o que en gran medida facilita a súa regularización xurídica.
s-204 No programa de formación 2002-2003 houbo 6.019 persoas interesadas, das que 984 pasaron polas diferentes aulas multimedia nas que se realizaban os cursos.
s-205 Nesta etapa, en Galicia no curso 2002/2003, a ratio de alumnos/unidade foi de 22,15 nos centros públicos e de 26,15 nos privados.

Text viewDownload CoNNL-U