Decididos a progresar no camiño desa unidade, 'os galegos e galegas precisamos de proclamar conxuntamente a nosa identidade política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos e a nosa inequívoca vontade de colaborar na instauración dunha comunidade internacional que asuma a vivencia plena da democracia global, legalizada e institucionalizada, de acordo cos principios inspiradores da política exterior española e europea da que democraticamente queremos ser partícipes'.
A vontade estatuínte dos galegos declárase indeclinabelmente vencellada a todos os avances que se produzan na afirmación dos dereitos humanos, sociais e políticos, 'non recoñecendo as posíbeis limitacións que puidesen derivarse dunha interpretación ríxida ou dunha resistencia política á reforma e constante mellora dos marcos constitucionais máis próximos'.
O Estatuto proposto quere garantir 'a liberdade, a xustiza, o benestar e a seguridade de toda a cidadanía galega e de cantas persoas vivan ou se encontren no seu territorio'.
Configurada en 17 bases, a proposta asume 'como tarefa principal a defensa e fortalecemento da identidade de Galiza e dos seus dereitos e intereses, así como a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego, ao abeiro da idea de galeguidade, entendida como o dereito a colaboraren e compartiren a vida social, cultural, económica e política da nación'.
O territorio de Galiza é 'o abranguido nos límites da actual Comunidade Autónoma, sen prexuízo da incorporación voluntaria de territorios limítrofes de características históricas, económicas, culturais ou xeográficas análogas', de acordo coas leis.
A adquisición de cidadanía será regulada por unha Lei de desenvolvemento estatutario básico, cos requirimentos esixidos polas leis do Estado para a nacionalidade española.
Tamén, o dereito ao traballo e ao acceso a un posto de traballo estábel, ou a un emprego público, sen discriminacións por razóns de xénero, ideoloxía, crenzas, orientación sexual ou calquera outra significación persoal.
A nosa editorial, usando a intermediación de algúns escritores cubanos que o coñecían e que viaxaban a Londres por diferentes motivos, fixo varios intentos por lograr a súa aprobación para publicar títulos representativos dentro da súa obra, como Tres tristes tigres e A Habana para un infante difunto.
Non embargante, sempre batemos ou coa inaccesibilidade do autor, ou coa negativa pública de non permitir que os seus libros circulasen en Cuba en canto vivisemos na Revolución'.
E así sucede con certo profesor de arte recentemente nomeado para dirixir o Instituto Cervantes en Milán, non sei se prodixio de ignorancia ou de pailán atordado coas luces da cidade, para quen o nacionalismo é un obstáculo para a cultura.
O candidato nacionalista aínda vai máis alá e considera que só el garante un 'verdadeiro cambio', un 'cambio con respecto porque os galegos non se conforman cun cambio para facer unha segunda reconversión naval ou para deixar a factoría de Ence en Pontevedra'.
Roberto Blanco Valdés afirma que 'Touriño pode seguir coa súa retórica, pero é como se aspirase a tocar a lúa coa man' porque 'non hai agora, nin existiu nunca un só estudo de opinión que lle atribúa a maioría absoluta ao Partido Socialista'.
Beiras propuxo que nacionalistas e socialistas mostren 'compenetración perfecta' porque os cidadáns captan se son capaces de entenderse nun futuro goberno ou non, algo decisivo para que os votantes aposten polo cambio de goberno.
Do mesmo parecer é o alcalde socialista de Compostela, Xosé Bugallo, que vén facendo diversos chamamentos a ambos os partidos para que mostren publicamente unha sintonía que lle faga comprender á cidadanía que 'é posíbel unha alternativa'.
Tanto nacionalistas como socialistas son conscientes de que o maior inimigo para derrotar o PP é transmitir a idea de revoltixo nun futuro goberno autonómico.
Tanto é así que persoas próximas ao BNG e ao PSdeG-PSOE tentaron pór en marcha unha plataforma para que ambos os partidos elaborasen un programa de goberno común.
Analistas como Xosé Manuel Rivera Otero, director do Barómetro da Universidade de Compostela, de gran predicamento na estratexia dos socialistas, considera que sería negativo electoralmente unha fronte común entre nacionalistas e socialistas.
No que si está de acordo é en que os cidadáns deben de visualizar un goberno conxunto entre ambas as formacións, condenadas a entenderse, por moito que se disputen a primacía á hora de liderar ese cambio que se albisca na Galiza.
Esta posibilidade está mal vista polo sector considerado galeguista dentro do PSdeG-PSOE, por iso demandan que Pérez Touriño deixe clara a súa estratexia 'máis alá do valor e ambición que ten ao fixarse metas inalcanzábeis' como a maioría absoluta, en palabras de Blanco Valdés, que non pertence precisamente a este sector.
Ao día seguinte desta reunión, Xosé Manuel Beiras concedíalle unha entrevista ao Faro de Vigo (publicada o 27 de febreiro) na que non só demandaba o primeiro posto da candidatura coruñesa ás eleccións autonómicas, senón que suxería que excluílo era o mesmo que pór en entredito a pluralidade interna do BNG.
As declaracións do presidente do Consello Nacional non lle sentaron nada ben á maioría da actual dirección do BNG, aínda que están a facer todo o posíbel por non estender a guerra e impedir a imaxe de división interna, aínda que privadamente algúns falen de 'chantaxe'.
A entrevista de Beiras abre publicamente un debate que, tanto Anxo Quintana como a dirección nacionalista querían levar con tento e man esquerda, sabedores das dificultades que van ter a elaboración dunhas listas nas que o BNG ten que transmitir unha imaxe remozada, pero, ao mesmo tempo, gardar os equilibrios internos e proxectar a imaxe de Anxo Quintana como presidente.
O apoio da dirección galega foi o que lle impediu ao histórico concelleiro socialista acceder á secretaría local, que agora ocupa un home de Carlos Príncipe, Manuel Gallego.
Teñen como voceiro municipal un independente, Ventura Pérez Mariño, que fai a política por libre, arremetendo, por exemplo, contra a cesión gratuíta dos terreos de Casa Mar para o auditorio (proxecto estrela de Carlos Príncipe) ao día seguinte de que o deputado Antón Louro a garantise en rolda de prensa.
Ao acto, no que tamén intervirán Fernando González Laxe e Ceferino Díaz, teñen confirmada a asistencia máis de 400 socialistas de toda Galiza, polo que terá un claro carácter político.
Javier Riera, xefe da planta de Citroën, e Francisco López Peña, delegado da Zona Franca, chegaron a un acordo sobre a consolidación de solo industrial en Vigo a través dos medios de comunicación.
Sabe que a súa empresa non vai vender máis coches porque el apareza fotografado na prensa e prefire escoller con tino as súas comparecencias en actos públicos de xeito que estas sirvan ao obxectivo de reforzar a imaxe do grupo PSA como empresa vencellada a Vigo e comprometida co desenvolvemento da cidade.
Cando iso ocorre é xeralmente porque a transnacional do automóbil ve ameazados os seus intereses e quere ceibar algunha advertencia que adoita ter destinatarios concretos.
Daquela, Riera, canso de petar sen éxito ás portas da Xunta, trasladou aos medios de comunicación as súas queixas e ofreceulle a Ventura Pérez Mariño o paraugas que precisaba para frear o proxecto.
Dese xeito afórranse custos de transporte, dótase de máis flexibilidade o complexo industrial e créanse sinerxías que favorecen non só a compañía francesa senón todo o sector da automoción, o que de paso lle proporciona á cidade beneficios en forma de postos de traballo e xeración de riqueza.
Esa cooperación estendeuse tamén a outras iniciativas como a modificación do proxecto do segundo cinto de circunvalación para que incluíse un acceso directo a Balaídos ou o debuxo no novo PXOM dunha superficie industrial que lle facilitase á Zona Franca a ampliación do reducido polígono onde está ubicada a factoría automobilística.
Os planos desenvolvíanse segundo o previsto até que Francisco López Peña recuperou a cadeira no consorcio e comezou a revisar os papeis asinados por quen o substituíu no posto durante oito anos.
O que o alterou non foi tanto comprobar que a Zona Franca estaba embarcada en multitude de proxectos, ás veces ao bordo das súas competencias legais, senón descubrir as cantidades que se estaban pagando pola compra de terreos ou os dereitos de concesións.