Partindo, entre outras, da base de que o compromiso coa democracia e co dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade é irrenunciábel, e convencidos de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental e de que non pode ser outorgado nin limitado, os redactores da proposta recibida polo BNG defenden a idea de que 'os galegos e galegas declaramos a nosa libre e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretación dinámica, evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue por unha Europa dos pobos, na que queremos ser recoñecidos en total igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea'.
De conformidade co dereito de autodeterminación, 'o Pobo Galego ten o dereito de definir o seu marco relacional co Estado español e coa Unión Europea' e 'Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e paccionadamente como Comunidade Autónoma na estructura política plurinacional do Estado español'.
Toda a cidadanía galega asume os dereitos e deberes que recoñecen o Estatuto, a Constitución, os Tratados da Unión Europea e os Acordos e Pactos internacionais da ONU e do Consello de Europa.
A proposta de novo Estatuto recolle o dereito a unha educación pública de calidade, inspirada nos principios do respecto á diversidade e da convivencia multirracial, da pluralidade política e relixiosa e nos valores propios da tradición cultural de Galiza e da historia común europea.
Os editores cubanos fixemos o posíbel para lograr a publicación dalgúns dos seus títulos e, xunto coa súa morte, deploramos que en vida Cabrera Infante, de xeito expreso, prohibise ser publicado no noso país, antepoñendo á literatura e ao coñecemento da súa obra polo público lector cubano a súa obsesión política contra a Revolución, amplificada en sistemáticas declaracións que a propaganda tendenciosa se encargaba de axigantar.
Lech Walesa, líder histórico do sindicato polaco Solidariedade, que rematou co sistema socialista en Polonia, Nobel da Paz e devoto fillo da Igrexa Católica, vén de emprender unha aguda campaña contra unha popular emisora católica do seu país.
Walesa pídelle ao Goberno e á Igrexa Católica que fagan o posíbel para poñer fin a unha incesante campaña de odio e calumnias contra o inimigo 'infiel, laico, xudeo, masón, comunista', con que a emisora da orde dos redentoristas, dirixida polo padre Tadeusz Rydzyk e arroupada nun manto de devoción mariana, vén envelenando a vida pública polaca.
Home, que isto o diga alguén que vai dirixir unha delegación do Instituto Cervantes non deixa de ser un bo despropósito, pois, ¿haberá algo máis subsidiado, en cultura, que o labor dun organismo como o Instituto Cervantes?
Ou sexa, que os fusilamentos do 2 de maio debidos a Goya xa non teñen encaixe na nosa sociedade, e o seu españolismo, más ben o seu madrileñismo, escluiría a universalidade, polo que Goya empobrecería o mundo.
O optimismo semella desatarse nas fileiras socialistas e nacionalistas, pero cada vez máis voces internas dunha e doutra formación demandan que fagan visíbel esa alternativa para non frustrar as expectativas.
'Aos socialistas fállalles a estratexia, non a teñen, pero será máis fácil de gañar que nas eleccións xerais', afirmou Joan Campmany, o catalán inventor de ZP, que se encargará da campaña de Emilio Pérez Touriño de cara ás próximas eleccións autonómicas.
Loxicamente, non só é lexítimo, senón de pór o sombreiro na cabeza, que un e outro aspiren a lograr unha maioría suficiente para formar goberno en solitario, pero moi improbábel.
Considera o presidente do Consello Nacional do BNG que é imprescindíbel que nacionalistas e socialistas desenvolven unha estratexia conxunta, que interioricen a necesidade de unirse, 'como factor necesario para derrotar a Fraga'.
Beiras considera que o BNG, 'hoxe por hoxe, non está en condicións de gañar con maioría absoluta, malia que é o único proxecto de fondo que existe na Galiza e para Galiza'.
Neste sentido, persoas no entorno nacionalista e socialista están mantendo conversas e reunións nas que tratan de perfilar as liñas mestras dun futuro goberno BNG-PSOE, ou PSOE-BNG, porque, finalmente, de gañar un ou outro o peso e mesmo o programa sería diferente.
Xosé Manuel Beiras xa abriu a batalla publicamente ao reclamar para si o primeiro posto da candidatura coruñesa, ao que aspira o candidato á presidencia Anxo Quintana.
Analizaron os resultados e a situación interna e chegaron ao acordo da necesidade de ollar cara a adiante, sen debates estériles, e impulsar a discusión sobre a reforma estatutaria.
Anxo Quintana, que xa lle comunicara a Beiras a súa intención de ocupar o numero un da lista pola Coruña, considera que 'hai unha tradición non escrita, que todo candidato á Xunta exerceu cando puido, que é a de encabezar a lista pola Coruña'.
Un Quintana que é o máis prexudicado desta poxa de Beiras, que o presidente do Consello Nacional, non sitúa só na súa persoa, senón que estende a outros seus compañeiros que poderían quedar relegados nas próximas listas.
A Emilio Pérez Touriño non lle quedaba outro remedio que apoiar esta vez a Miguel Barros fronte a Carlos Príncipe se non quería que o ex alcalde controlase a provincia de Pontevedra, a de máis peso partidario, e ameazase o seu liderado no próximo congreso galego, que é ao que aspira o ex alcalde vigués.
Na dirección opuxéronse, até de agora, que fose o substituto de Pérez Mariño, malia ao importante apoio co que conta no partido e en importantes ámbitos económicos da cidade.
Pero Carlos Príncipe, de xeito interposto, segue comandando a asemblea local de Vigo, que fora disolta para apartalo como candidato ás municipais últimas.
O próximo 5 de marzo Miguel Barros presentará o seu libro Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galiza (A Nosa Terra), no que reivindica non só a súa traxectoria de socialista e galeguista, senón na que aposta por un entendemento necesario cos nacionalistas.
Porén, hai ocasións en que o máximo responsábel da factoría que máis diñeiro move de Galicia deixa que a súa voz se escoite fóra do despacho do polígono de Balaídos e utiliza os xornais para enviar determinadas mensaxes.
Ocorreu non hai moito tempo, cando os directivos do Celta estaban empeñados en crear ás portas da fábrica de automóbiles o gran centro comercial e de ocio co que pretendían sanear as contas do club.
Hai anos que Riera leva traballando con discreción e eficacia coa finalidade de que as principais empresas fornecedoras da cadea de montaxe de PSA poidan instalarse en Vigo.
Coa colaboración do goberno municipal, daquela co BNG comandando a área de urbanismo, Riera conseguiu que a Zona Franca alterase os seus planos orixinais para o Parque Tecnolóxico de Valadares e permitise a instalación nesa superficie de empresas como Faurecia ou o grupo Antolín.
Alarmado, Peña decidiu botar o freo e paralizar a meirande parte das iniciativas en marcha, pero encontrouse cunha oposición xeneralizada das forzas políticas e sociais da cidade que o obrigaron a rectificar sobre a marcha.
Nesa liña de traballo estaba o delegado da Zona Franca cando se lle ocorreu poñer en cuestión a participación do consorcio na creación de novo solo industrial en Vigo, e foi nese momento cando Riera dixo:
Aproveitando a circunstancia, Porro, sempre atenta á posibilidade de pendurarse medallas, quixo apuntarse un tanto propagandístico ofrecéndose como mediadora entre as partes.