Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttrain

Select a sentence

Showing 1 - 100 of 2272 • previousnext

s-1 De novo, apréciase unha significativa dependencia entre o nivel de acceso á Internet e determinadas características socioeconómicas dos territorios, o que aporta o xa citado factor de matiz importante sobre a avaliación dos datos anteriores.
s-2 Nesta situación, as familias viron reducida a súa capacidade financeira real para aborda-la adquisición dunha vivenda, perdendo atractivo o mercado inmobiliario fronte a activos financeiros máis rendibles.
s-3 Clasifícanse aquí aqueles axentes para os que hai unha evidencia limitada de carcinoxenicidade nos humanos e menos que suficiente para os animais de experimentación.
s-4 A adopción de medidas internas reductoras da contaminación hídrica está xustificada aínda cando se dispoña de tratamentos externos, xa que reducen o custo destes tratamentos e a súa complexidade.
s-5 No que atinxe ao número de distritos infectados (ver a táboa 2), en 2007 houbo un 85% menos que en 2006 en Pakistán e un 70% menos en Afganistán.
s-6 A seguida sitúanse as que atribúen o _desenvolvemento lexislativo_ da _lexislación do Estado_ (arts. 28, 33 e 34) e finalmente no nível inferior, as que atribúen a _execución_ desa mesma lexislación estatal (art.29).
s-7 O proceso de certificación forestal PEFC lévase a cabo por entidades independentes, oficialmente autorizadas e totalmente alleas a PEFC, que aseguran e certifican por escrito que os produtos marcados co selo PEFC proceden de montes sostibles.
s-8 O TRAPS ten un patrón de herdanza dominante, o que significa que pode darse en máis dun membro de cada xeración dunha familia.
s-9 Igualmente, todos os centros de xestión disporán de sistemas de televixilancia das instalacións (propiedade do adxudicatario) e os parámetros mínimos para controlar nos tanques de osíxeno líquido e protóxido de nitróxeno serán:
s-10 Os 326 organismos restantes do directorio son os estatutarios de Galicia e os centrais de cada nivel administrativo: Consello de Contas, Parlamento, Valedor do Pobo, Xunta, as tres universidades, os 315 concellos e as catro deputacións.
s-11 Resulta difícil ter unha imaxe clara do estado actual da calidade de augas nas augas continentais e litorais de Galicia.
s-12 Cara o manteñemento contemplase o alugueiro dun local axeitado e a asistencia de duas profesionais, todo isto contemplado nun Plan de xestión a 5 anos que desenrrola o traballo do Centro.
s-13 Esta axuda será aboada mensualmente pola entidade promotora e financiada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos termos previstos no artigo 28.5º.
s-14 O tempo que se permanece no mar varía bastante e depende da cantidade de pesca, da necesidade de reparación de averías ou aprovisionamento (víveres, cebo, material de pesca) e principalmente das climáticas.
s-15 Por outra parte, a nosa estimación incorpora certas modificacións na especificación das variables en relación coa literatura revisada e amplía as posibles causas explicativas.
s-16 Revista general de Política Social' da ONCE, número 185 de marzo de 2003, na sección 'La opinión del experto':
s-17 Nen servir de chantaxe moral pretendendo que se ignore que o conflito israelo-palestino deviu na opresión dun povo submetido por un Estado colonial.
s-18 Asi, no dito resultado figuran os benefícios ou perdas derivados da venda de imobilizado, gastos extraordinários producidos por inundacións, incéndios, multas fiscais...
s-19 O procedemento deberá finalizar antes de tres meses contados desde a data en que a solicitude tivese entrada en calquera dos rexistros do órgano administrativo competente ou desde a data da súa emenda por requirimento do dito órgano.
s-20 Noutros termos , a competencia mídese no resultado concreto que cada profesional alcance no posto de traballo, con independencia do sistema de formación que seguise para alcanzala .
s-21 A Comunidade Autónoma de Canarias comeza coa creación dunha unidade no hospital de crónicos El Sabinal, actualmente resituada no hospital universitario Dr Negrín, situado en Gran Canaria.
s-22 O diferencial entre o rendemento da débeda pública a dez anos de EEUU e da zona euro sitúase en -10 puntos básicos a principios do mes de outubro.
s-23 Nos aloxamentos das aves de curral prodúcese ruído asociado aos propios animais e aloxamentos, aos sistemas de distribución de comida e bebida e á limpeza das instalacións, entre outros.
s-24 A súa vez, un 8% dos enquisados lembraron que foi necesario consulta-lo médico debido a unha RASV e, neste caso, non se atopou diferencia segundo o nivel de estudios dos titores.
s-25 Así mesmo, toda aquela empresa que reciba financiamento público deberá reembolsalo no caso de que sexa condenada polo incumprimento da lexislación vixente en materia laboral.
s-26 E engade: _Ahora bien, además de las consideraciones económicas, tal vez las subvenciones no basten para promover y proteger determinados tipos de producción nacional en la esfera de la producción y distribución de películas cinematográficas.
s-27 Obxecto: asistencia á deputación para executar as modificacións no Sistema de Xestión Tributaria (SXT) derivadas na nova Lei xeral tributaria.
s-28 A continuación, detállanse todas aquelas partidas que poden ser consideradas como un custo dende o punto de vista da sociedade.
s-29 En calquera caso, os argumentos que se utilizaron para describir o ciclo do emprego total galego seguen sendo válidos para a análise do ciclo do emprego non primario.
s-30 Pero eses privilexios redúcense en número e mesmo limítanse na súa contía a algúns dos tradicionalmente recoñecidos, como os tributarios e os de cotas da Seguridade Social (ata o 50 por cento do seu importe en cada caso).
s-31 Sobre os colectivos con máis dificultades de inserción laboral, especificamente os mozos, as mulleres, os discapacitados e os desempregados de longa duración.
s-32 Abunda en bosques, é agradable polos seus ríos, os seus prados e riquísimos pomares, as súas boas froitas e as súas clarísimas fontes; é rara en cidades, vilas e sementados.
s-33 Con eles pretendemos non talar os nosos dentes e tamén buscamos eliminar na medida do posible as próteses removibles.
s-34 Ademais se se ten en conta que o medio de vida desta sociedade estaba directamente relacionado co mundo natural, as manifestacións orais deste patrimonio están vinculadas ao ciclo agrario e da natureza.
s-35 A lei cérrase cun conxunto de disposicións transitorias relativas á indemnización por residencia do persoal ao servizo do sector público estatal, á absorción dos complementos persoais e transitorios, e á xestión de créditos orzamentarios en materia de clases pasivas.
s-36 DUE ou equivalente das unidade de Puerperio e Neonatoloxía dos hospitais con cribado, que se vaian integrar como cribadores na unidade de cribado.
s-37 Noutros termos , as tecnoloxías informacionais, con internet á cabeza, non serviron para o desenvolvemento do neoliberalismo senón tamén para o seu contrario, como por exemplo a articulación política internacional dos movementos críticos con este modelo económico.
s-38 Este sistema consiste na especialización de pequenas empresas nunha ou varias fases do proceso produtivo e a súa interconexión posterior para a realización daqueles proxectos que xurdan das demandas dos compradores.
s-39 Polarizaríanse así uns vastos espacios rexional-urbanos, relativamente dinámicos, formados polas rías do Ártabro, as Rías Baixas e os vales e mariñas do contorno, e consolidaríanse algúns núcleos de tamaño intermedio como Vilagarcía ou Ribeira.
s-40 A taxa de supervivencia no momento da alta do hospital no noso país é similar á das series internacionais e cífrase entre 10,1 ± 8 vs 10,5 ± 6,62.
s-41 Por outro lado, é un sector que actualmente está sufrindo uns procesos de reorganización e de reestruturación da competencia e da produción.
s-42 O resultado son respostas dobres de cada informante que xeran para cada entrada de partida catro intervalos en función da secuencia de respostas.
s-43 Respecto da percepción que, en liñas xerais, posúen os cativos e cativas en relación ós maiores, os autores sinalan diferenzas entre nenos/ as, adolescentes e mozos/as:
s-44 Os usuarios remitidos polo seu médico de familia ou pediatra poderán escoller libremente un dos centros ópticos acreditados para a avaliación da súa capacidade visual.
s-45 Prevese , por exemplo, a realización de investimentos en infraestructuras e equipos de telecomunicacións, acompañados de accións de formación, asistencia técnica e experiencias piloto en investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
s-46 A actuación destes servicios debe comezar xa desde antes do embarazo cunha correcta educación sanitaria e planificación familiar, para evitar tanto os fillos non desexados como aqueles que impliquen un elevado risco para a muller ou para o fillo.
s-47 Esta sensibilidade leva a conciliar dous modelos da ideoloxía conservacionista que terán consecuencias relevantes para a renovación da museoloxía contemporánea e tamén para a antropomuseoloxía ou etnomuseoloxía.
s-48 Esta bonificación non será de aplicación nos portos insulares, de Ceuta e de Melilla, a aqueles buques en que máis da metade da mercadoría cargada e descargada o sexa en réxime de tránsito marítimo ou transbordo.
s-49 Aínda que tamén se encontra nas ribeiras dos ríos, diferénciase pola súa casca abrancazada e polas súas follas, que teñen unha forma palmeada, ovadas ou elípticas e son de cor branca pola súa face inferior.
s-50 O investimento en capital fixo segue medrando a taxas superiores ás do conxunto das economías avanzadas, acadando no último ano unha medra do 7,3% respecto ao 2004.
s-51 Os reclamantes consideraban que a edificación do alboio pretendía encubrir a construción dun muro ilegal, e que o alboio non se axustaba ás ordenanzas urbanísticas.
s-52 De tódolos xeitos, hai investigadores e investigadoras que intentaron facer un esforzo globalizador para intentar entender como se interrelacionan todos estes factores e observa-lo fenómeno no seu conxunto.
s-53 As garitas ou abrigos están provistos de paredes con persiana para protexe-los instrumentos do sol e da chuvia, cunha boa ventilación e libre movemento de aire, tanto horizontal como verticalmente.
s-54 Non embargante, aínda que o tratamento sexa axeitado, pode ter hemorraxias máis importantes se hai unha causa para iso (unha úlcera na vexiga urinaria, no intestino, etc.).
s-55 Os hospitais sen laboratorio de hemodinámica deberían dispoñer dun hospital de referencia para o traslado destes pacientes o antes posible (Califf, 2003; Topol, 2003).
s-56 Os prezos, xa que logo, experimentaron subidas e baixadas desde os anos noventa, e son máis elevados en Europa ca en Norteamérica.
s-57 O desafío ao que se ha de enfrontar o sector forestal na actualidade consiste en satisfacer as necesidades de produtos madeireiros sen desatender a demanda de servizos ambientais e sociais que se esperan dos bosques.
s-58 Pódense producir brotes da enfermidade en calquera momento, tanto sen causa aparente coma en resposta a unha infección ou a algún outro feito.
s-59 A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.
s-60 Este técnico obterá do equipo de cribado a representación gráfica das curvas do potencial auditivo evocado xerado dunha mostra aleatoria do 1%dos neonatos cribados.
s-61 En tal suposto, notificaráselle ó mesmo órgano da comunidade autónoma o cesamento da causa que motiva o acordo de suspensión cando a empresa acredite tal feito á citada Xunta Consultiva.
s-62 Primeiro.-Concederlles as axudas para a asistencia a reunións científicas por parte de investigadores non vinculados ás universidades galegas, ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución e na contía que se especifica.
s-63 De feito o modelo máis mencionado polos investigadores é o Alpino, e a súa nomenclatura de catro glaciacións a máis utilizada.
s-64 Esta e a equivalente de secundaria trata a necesidade de atender as relacións e os conflictos para previr dun modo eficaz a violencia, facendo especia fincapé en determinados modelos e formas de vivir a feminidade e a masculinidade.
s-65 Este crecemento en volume do atún en conserva foi acompañado dun descenso importantísimo do seu prezo medio, que provoca que o seu crecemento en valor (Táboa 6b) non fose tan importante como en volume.
s-66 Na poboación española 22 tamén está a acme nese mesmo grupo de idade pero máis alto galego (51,2%).
s-67 Mulleres e inmigrantes emerxen como o equivalente sistemático do proletariado, que, neste caso, desenvólvese fóra dos países de orixe.
s-68 Os capítulos máis importantes do gasto son, en primeiro lugar, a comida, con 99,67 euros, seguida das compras, o aloxamento e os gastos de ocio, con 65,78 euros, 48,38 euros e 42,04 euros respectivamente.
s-69 As dilemáticas coas que nos confronta o proxecto atinxen tanto ó modelo a escoller (Parque temático, macro-equipamento cultural polivalente, etc.) como ós referentes nos que inspirarse (ruta xacobea, cultura galega, cultura relixiosa, a Idade Media, cultura universal, etc.).
s-70 No título V establécese a chamada tutela xudicial para garantir un tratamento adecuado e eficaz da situación xurídica, familiar e social das vítimas de violencia de xénero nas relacións intrafamiliares.
s-71 Por exemplo, considerariamos dentro da primeira categoría os grupos de protesta locais e os colectivos para a protección da natureza (coma o Worldwide Fund for Nature) e, dentro da segunda, agricultores e terratenentes, promotores, industriais, asociacións de conductores, etc.
s-72 A ecografía con doppler é unha técnica útil para detectar a afectación das grandes arterias próximas ó corazón, pero con frecuencia non pode detectar a afectación de arterias máis periféricas.
s-73 Por outro lado, o elevado grao de dispersión xeográfica, posto de manifesto nas súas 29.947 entidades singulares de poboación, tradúcese na necesidade dun esforzo adicional en infraestructuras.
s-74 Os mercados europeos tamén trazaron unha senda alcista no segundo trimestre ao non verse sometidos á incerteza que xerara o conflicto bélico co Iraq.
s-75 E que Natura 2000 non é unha sorte de 'selo de calidade' que certifica que os espacios naturais galegos gozan de boa saúde e están ben protexidos pola Xunta.
s-76 Cando a resolución sexa favorable, suspenderase a súa eficacia ata a expedición, se é o caso, do visado e ata a efectiva entrada do estranxeiro en territorio nacional.
s-77 Cédula do 3 de maio de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de residuos CO-RES-2004-0079.
s-78 Con efectos desde o día 1 de setembro de 2004, introdúcense as seguintes modificacións na Lei 43/ 1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades:
s-79 Por último, temos os pequenos talleres de confección que traballan para as grandes marcas galegas (principalmente para Inditex) e que ocupan maioritariamente a man de obra feminina e pouco cualificada das zonas rurais.
s-80 Polo tanto, resulta evidente que os equipos de traballo deben ser apropiados para as condicións, circunstancias e finalidade do traballo a realizar, e asímesmo protexe- lo traballador de calquer risco ou perigo ó que poida estar sometido.
s-81 Así mesmo a ETE constitúe un documento de referencia para o fomento da colaboración e integración de actuacións, con pleno respecto ao principio de subsidiaridade.
s-82 Porén, co transcurso dos anos, as leis de medidas foron alcanzando unha grande extensión e xunto a ela unha notable heteroxeneidade.
s-83 Son estas, un virus novo e a suscep tibilidade xeral, as circunstancias necesarias para que se desenvolva unha pandemia de gripe.
s-84 Os filtros cerámicos están en desenvolvemento para usar a temperaturas moi elevadas para avanzar nas tecnoloxías de gasificación para combustibles sólidos e líquidos.
s-85 No primeiro caso trátase dunha visión macro que cobre todas as emisións de CO2 de orixe enerxética, mentres que no segundo se cobren dous importantes sectores non incluídos na directiva.
s-86 Achegaranse as memorias xurídica e económica do uso a que se destinará o activo adquirido mediante o arrendamento financeiro, indicando as fórmulas contractuais concretas que se utilizarán e os fluxos financeiros, positivos e negativos, que se producirán.
s-87 Comprométense as partes a que o número máximo de contratos eventuais (independentemente da súa modalidade) que en cada momento poderá existir na empresa, será do 15% do cadro de persoal de traballadores fixos.
s-88 Esta similitude, así como o feito de que nin termos fixos que delimiten a súa duración máxima, suscitou opinións acordo coas cales a prohibición que agora se comenta limitase o suposto da posta a disposición por circunstancias eventuais.
s-89 TNT América Latina, en linguas española e portuguesa, é outra das do grupo, con presenza significativa en Brasil, México e Arxentina.
s-90 Poderiamos dicir que se fan necesarias novas formas de participación, non para deixar obsoletas as existentes senón porque o complexo papel que xoga o cidadán nunha sociedade tan heteroxénea necesita novos modelos.
s-91 Trátase dunha protección xurisdiccional singular, instrumental do disposto na lei especial sobre eses instrumentos do tráfico xurídico.
s-92 No mes de xullo de 1993, os traballos da Mesa Galega da RISGA para a modificiación da Lei 9/1991 concluían cun acordo conxunto.
s-93 Nota: o fraccionamento de proxectos de igual natureza e realizados no mesmo espacio físico non impedirá a aplicación dos limiares establecidos neste anexo, para efectos do cal se acumularán as magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
s-94 Por iso atrévome a dicir que as desculpas do Papa non son un éxito da prudencia, son unha derrota da razón.
s-95 Neste apartado describiranse os diferentes accesos proxectados, concretando se son de nova construción ou aproveitamento e acondicionamento dos camiños ou pistas xa existentes.
s-96 Existe un alto grao de aceptación ou acordo sobre unha serie de medidas lexislativas propostas, sendo neste estudio a medida da 'prohibición de fumar nos hospitais debería cumprirse rigurosamente' a que acada maior puntuación (2,9 sobre 3) e maiores porcentaxes de acordos (92,9%).
s-97 Modifícase o número 1 do artigo 17 da Lei 31/1985, do 2 de agosto, de regulación das normas básicas sobre órganos rectores das caixas de aforros, que pasa a te-lo seguinte teor literal:
s-98 Entre a ionosfera e o solo pode haber unha diferencia de potencial duns 200.000 voltios; a ausencia de descargas explícase pola existencia de aire entre ambos.
s-99 Cando o acto ou a débeda se declare parcialmente improcedente, o reembolso atinxirá a parte correspondente do custo das garantías.
s-100 O ámbito de uso é un constructo teórico que engloba un conxunto de contextos de interacción agrupados arredor do mesmo campo de experiencia e unidos por un feixe de obxectivos e obrigas compartidas.

Text viewDownload CoNNL-U