Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttrain

Select a sentence

Showing 2 - 101 of 600 • previousnext

s-2 Dereito á autodeterminación, cidadanía galega, presenza nas institucións internacionais e maior autogoberno.
s-3 Estes son algúns dos aspectos que presenta o documento de base para o novo Estatuto que o BNG quere negociar na próxima lexislatura.
s-4 Á dereita, outros participantes no foro, Paulo González Mariñas e Ramón Villares.
s-5 Decididos a progresar no camiño desa unidade, 'os galegos e galegas precisamos de proclamar conxuntamente a nosa identidade política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos e a nosa inequívoca vontade de colaborar na instauración dunha comunidade internacional que asuma a vivencia plena da democracia global, legalizada e institucionalizada, de acordo cos principios inspiradores da política exterior española e europea da que democraticamente queremos ser partícipes'.
s-6 A vontade estatuínte dos galegos declárase indeclinabelmente vencellada a todos os avances que se produzan na afirmación dos dereitos humanos, sociais e políticos, 'non recoñecendo as posíbeis limitacións que puidesen derivarse dunha interpretación ríxida ou dunha resistencia política á reforma e constante mellora dos marcos constitucionais máis próximos'.
s-7 O Estatuto proposto quere garantir 'a liberdade, a xustiza, o benestar e a seguridade de toda a cidadanía galega e de cantas persoas vivan ou se encontren no seu territorio'.
s-8 Configurada en 17 bases, a proposta asume 'como tarefa principal a defensa e fortalecemento da identidade de Galiza e dos seus dereitos e intereses, así como a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego, ao abeiro da idea de galeguidade, entendida como o dereito a colaboraren e compartiren a vida social, cultural, económica e política da nación'.
s-9 O territorio de Galiza é 'o abranguido nos límites da actual Comunidade Autónoma, sen prexuízo da incorporación voluntaria de territorios limítrofes de características históricas, económicas, culturais ou xeográficas análogas', de acordo coas leis.
s-10 O seu coñecemento será obrigado para exercer a representación política en Galiza e das funcións administrativas, notariais, rexistrais e xudiciais.
s-11 A competencia sobre a fixación da variedade estándar da lingua galega corresponderalle á Real Academia da Lingua Galega.
s-12 Os topónimos terán, como única forma oficial a galega e corresponderalle ao Goberno galego determinar os nomes de lugar.
s-13 Teñen a condición de cidadáns galegos as persoas con veciñanza administrativa en Galiza.
s-14 A adquisición de cidadanía será regulada por unha Lei de desenvolvemento estatutario básico, cos requirimentos esixidos polas leis do Estado para a nacionalidade española.
s-15 A cidadanía galega é renunciábel, pero non poderá privarse dela sen o consentimento da persoa que a teña recibida.
s-16 Tamén, o dereito ao traballo e ao acceso a un posto de traballo estábel, ou a un emprego público, sen discriminacións por razóns de xénero, ideoloxía, crenzas, orientación sexual ou calquera outra significación persoal.
s-17 Outro dos dereitos sustentados é o de dar acceso a un 'ambiente saudábel e á protección da paisaxe no marco dun desenvolvemento sustentábel'.
s-18 Europeizar o horario de traballo
s-19 En titulares escribe:
s-20 Se xa somos europeos...
s-21 Ás cinco remátase de traballar'.
s-22 'Temos a xornada laboral máis longa de Europa.
s-23 En Francia trabállase dúas horas menos ao día.
s-24 Algúns fan xornadas de máis de 12 horas.
s-25 A administración é a única que se libra'.
s-26 Guillermo Cabrera Infante e a súa dona Miriam Gómez.
s-27 Daniel García Santos, director da editorial Letras Cubanas, escribe unha carta en El País (28 de febreiro):
s-28 Isto non é certo.
s-29 A nosa editorial, usando a intermediación de algúns escritores cubanos que o coñecían e que viaxaban a Londres por diferentes motivos, fixo varios intentos por lograr a súa aprobación para publicar títulos representativos dentro da súa obra, como Tres tristes tigres e A Habana para un infante difunto.
s-30 Non embargante, sempre batemos ou coa inaccesibilidade do autor, ou coa negativa pública de non permitir que os seus libros circulasen en Cuba en canto vivisemos na Revolución'.
s-31 Á dereita, Lech Walesa nunha fotografía de 1999.
s-32 Walesa escribiu que 'Radio María amenaza a nova democracia polaca e compromete a imaxe de Polonia e da Igrexa católica en Polonia'.
s-33 O ex sindicalista, hoxe con escaso predicamento no país, logrou non obstante que esta opinión sobre a emisora fose moi comentada.
s-34 (La Vanguardia, 28 de febreiro).
s-35 Un índice da incultura deste país poden ser as manifestacións que acostuman facer moitos licenciados e profesores:
s-36 un bótase as mans á cabeza e non acerta a comprender como certos túzaros puideron pasar por unha universidade sen que esta lles afectase para nada.
s-37 E así sucede con certo profesor de arte recentemente nomeado para dirixir o Instituto Cervantes en Milán, non sei se prodixio de ignorancia ou de pailán atordado coas luces da cidade, para quen o nacionalismo é un obstáculo para a cultura.
s-38 E nin sequera se lle ocorre pensar o evidente:
s-39 se na Galicia de entón é posible atopar algo semellante entre os non nacionalistas.
s-40 'A cultura subsidiada _di_ non é cultura'.
s-41 Porque a impresión de que o bo do profesor vive nunha nube alleo ao mundo da intelixencia media e da cultura máis elemental.
s-42 E segue o seu baduar ao chou:
s-43 Estas cousas, propias dun babeca, saen da cabaza, non da cabeza, de alguén que pasou pola universidade e que para máis inri é profesor de arte.
s-44 Podiamos seguir, pero de momento abonda.
s-45 O que produce pavor é pensar no que ten recuado o nivel cultural neste país, incluído o universitario.
s-46 ¿Como estrañarnos de que sexamos un dos países do mundo de máis baixo nivel cultural?
s-47 Demandan que BNG e PSOE fagan críbel unha alternativa a Fraga
s-48 Tanto os diversos inquéritos como as sensacións políticas mostran que nas próximas eleccións autonómicas é posíbel un cambio de goberno.
s-49 Emilio P. Touriño e Anxo Quintana nunha xuntanza do pasado verán.
s-50 Unha semana despois, semella que Pérez Touriño xa tiña unha estratexia.
s-51 A mesma que hai catro anos e que a de Abel Caballero hai oito:
s-52 Pérez Touriño declarou que nunca ía pedir o voto nas eleccións autonómicas para formar coalición co BNG.
s-53 O candidato nacionalista aínda vai máis alá e considera que el garante un 'verdadeiro cambio', un 'cambio con respecto porque os galegos non se conforman cun cambio para facer unha segunda reconversión naval ou para deixar a factoría de Ence en Pontevedra'.
s-54 Ambos os candidatos apelan aos votantes para que estes sexan os que estabelezan o papel de cada quen logo das eleccións.
s-55 Roberto Blanco Valdés afirma que 'Touriño pode seguir coa súa retórica, pero é como se aspirase a tocar a lúa coa man' porque 'non hai agora, nin existiu nunca un estudo de opinión que lle atribúa a maioría absoluta ao Partido Socialista'.
s-56 'Compenetración perfecta'
s-57 Se o comentarista próximo o PSOE esixe por 'transparencia democrática', Xosé Manuel Beiras faino por eficacia electoral.
s-58 Beiras propuxo que nacionalistas e socialistas mostren 'compenetración perfecta' porque os cidadáns captan se son capaces de entenderse nun futuro goberno ou non, algo decisivo para que os votantes aposten polo cambio de goberno.
s-59 Do mesmo parecer é o alcalde socialista de Compostela, Xosé Bugallo, que vén facendo diversos chamamentos a ambos os partidos para que mostren publicamente unha sintonía que lle faga comprender á cidadanía que 'é posíbel unha alternativa'.
s-60 Tanto nacionalistas como socialistas son conscientes de que o maior inimigo para derrotar o PP é transmitir a idea de revoltixo nun futuro goberno autonómico.
s-61 Tanto é así que persoas próximas ao BNG e ao PSdeG-PSOE tentaron pór en marcha unha plataforma para que ambos os partidos elaborasen un programa de goberno común.
s-62 Analistas como Xosé Manuel Rivera Otero, director do Barómetro da Universidade de Compostela, de gran predicamento na estratexia dos socialistas, considera que sería negativo electoralmente unha fronte común entre nacionalistas e socialistas.
s-63 No que si está de acordo é en que os cidadáns deben de visualizar un goberno conxunto entre ambas as formacións, condenadas a entenderse , por moito que se disputen a primacía á hora de liderar ese cambio que se albisca na Galiza.
s-64 Pero non todos os socialistas están de acordo con esta estratexia.
s-65 que o PP rache despois das eleccións e o PSOE puidese chegar a un acordo co sector autóctono da dereita.
s-66 Sería como reeditar o goberno tripartito.
s-67 Esta posibilidade está mal vista polo sector considerado galeguista dentro do PSdeG-PSOE, por iso demandan que Pérez Touriño deixe clara a súa estratexia 'máis alá do valor e ambición que ten ao fixarse metas inalcanzábeis' como a maioría absoluta, en palabras de Blanco Valdés, que non pertence precisamente a este sector.
s-68 Beiras abre a batalla das candidaturas autonómicas no BNG
s-69 A configuración das listas electorais do BNG vai ser o gran test para enxergar a renovación emprendida nas dúas últimas asembleas nacionais.
s-70 Despois do referendo do Tratado Europeo, Anxo Quintana reuniuse cos representantes de todos os partidos políticos e colectivos que integran o BNG.
s-71 Ao día seguinte desta reunión, Xosé Manuel Beiras concedíalle unha entrevista ao Faro de Vigo (publicada o 27 de febreiro) na que non demandaba o primeiro posto da candidatura coruñesa ás eleccións autonómicas, senón que suxería que excluílo era o mesmo que pór en entredito a pluralidade interna do BNG.
s-72 As declaracións do presidente do Consello Nacional non lle sentaron nada ben á maioría da actual dirección do BNG, aínda que están a facer todo o posíbel por non estender a guerra e impedir a imaxe de división interna, aínda que privadamente algúns falen de 'chantaxe'.
s-73 Do mesmo parecer é a case totalidade dos dirixentes que encabezan as distintas organizacións que integran o BNG e dos membros da dirección.
s-74 A dirección do BNG adiou a elección dos cabeceiras de lista das catro provincias pola campaña do referendo europeo.
s-75 A entrevista de Beiras abre publicamente un debate que, tanto Anxo Quintana como a dirección nacionalista querían levar con tento e man esquerda, sabedores das dificultades que van ter a elaboración dunhas listas nas que o BNG ten que transmitir unha imaxe remozada, pero, ao mesmo tempo, gardar os equilibrios internos e proxectar a imaxe de Anxo Quintana como presidente.
s-76 Miguel Barros elixido secretario comarcal
s-77 Miguel Barros venceu a Carlos Príncipe e foi elixido secretario comarcal de Vigo, a principal bisbarra do PSdeG-PSOE.
s-78 Instáurase así unha tricefalia no poder local socialista moi difícil de xestionar para a dirección tanto galega como federal.
s-79 O apoio da dirección galega foi o que lle impediu ao histórico concelleiro socialista acceder á secretaría local, que agora ocupa un home de Carlos Príncipe, Manuel Gallego.
s-80 A situación complícase así aínda máis en Vigo para os socialistas.
s-81 Teñen como voceiro municipal un independente, Ventura Pérez Mariño, que fai a política por libre, arremetendo, por exemplo, contra a cesión gratuíta dos terreos de Casa Mar para o auditorio (proxecto estrela de Carlos Príncipe) ao día seguinte de que o deputado Antón Louro a garantise en rolda de prensa.
s-82 Miguel Barros, teórico número dous no concello, é contrario á política de Mariño, abandeirando o entendemento cos nacionalistas.
s-83 No BNG tamén pensan que sería máis fácil entenderse con el.
s-84 Agora Barros lidera a comarca, que ten na estrutura partidaria un gran poder.
s-85 Quen vai marcar agora a política no concello?
s-86 Será el o candidato socialista se hai moción de censura?
s-87 Lograrán apartar a Pérez Mariño do concello?
s-88 Cada vez a política dos socialistas en Vigo semella máis enrevesada e difícil.
s-89 Ao acto, no que tamén intervirán Fernando González Laxe e Ceferino Díaz, teñen confirmada a asistencia máis de 400 socialistas de toda Galiza, polo que terá un claro carácter político.
s-90 Citroën-Zona Franca;
s-91 Javier Riera, xefe da planta de Citroën, e Francisco López Peña, delegado da Zona Franca, chegaron a un acordo sobre a consolidación de solo industrial en Vigo a través dos medios de comunicación.
s-92 Non é Javier Riera un home que se prodigue en aparicións nos medios de comunicación.
s-93 Sabe que a súa empresa non vai vender máis coches porque el apareza fotografado na prensa e prefire escoller con tino as súas comparecencias en actos públicos de xeito que estas sirvan ao obxectivo de reforzar a imaxe do grupo PSA como empresa vencellada a Vigo e comprometida co desenvolvemento da cidade.
s-94 Cando iso ocorre é xeralmente porque a transnacional do automóbil ve ameazados os seus intereses e quere ceibar algunha advertencia que adoita ter destinatarios concretos.
s-95 Daquela, Riera, canso de petar sen éxito ás portas da Xunta, trasladou aos medios de comunicación as súas queixas e ofreceulle a Ventura Pérez Mariño o paraugas que precisaba para frear o proxecto.
s-96 Agora, o destinatario dos avisos de Citroën é o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca.
s-97 Dese xeito afórranse custos de transporte, dótase de máis flexibilidade o complexo industrial e créanse sinerxías que favorecen non a compañía francesa senón todo o sector da automoción, o que de paso lle proporciona á cidade beneficios en forma de postos de traballo e xeración de riqueza.
s-98 Esa cooperación estendeuse tamén a outras iniciativas como a modificación do proxecto do segundo cinto de circunvalación para que incluíse un acceso directo a Balaídos ou o debuxo no novo PXOM dunha superficie industrial que lle facilitase á Zona Franca a ampliación do reducido polígono onde está ubicada a factoría automobilística.
s-99 Os planos desenvolvíanse segundo o previsto até que Francisco López Peña recuperou a cadeira no consorcio e comezou a revisar os papeis asinados por quen o substituíu no posto durante oito anos.
s-100 O que o alterou non foi tanto comprobar que a Zona Franca estaba embarcada en multitude de proxectos, ás veces ao bordo das súas competencias legais, senón descubrir as cantidades que se estaban pagando pola compra de terreos ou os dereitos de concesións.
s-101 A presión recibida forzouno a continuar adiante co concurso para a ordenación da ETEA ou co apoio financieiro ás obras de remodelación de rúas que Corina Porro denominou pomposamente 'Vigo 2005'.

Text viewDownload CoNNL-U