Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - CTG

LanguageGalician
ProjectCTG
Corpus Parttrain

Select a sentence

Showing 201 - 300 of 2272 • previousnext

s-201 No tocante ao asociacionismo (e tomando o concepto asociación dunha forma laxa),o autor tomou como indicador a proporción de afiliados a unha ou máis asociacións e temos o resultado dun incremento constante.
s-202 Galicia aportou no último ano o 7,4% das augas residuais recollidas e 7,0% das tratadas en España, mentres que o importe total dos gastos en investimento da recollida e tratamento de augas residuais tan significa o 1,6% (4.637 miles de euros) do importe estatal.
s-203 Esta información debe ser analizada tendo presente que se trata dunha magnitude relativa, pois o seu cálculo depende de estimacións de carácter periódico.
s-204 Outro curioso argumento esgrimido polos partidarios do esquecemento é que a ditadura franquista contou co apoio da maioría dos españois.
s-205 Comentario: En termos de cobertura, a campaña compriu os seus obxectivos, e tivo un efecto directo inmediato (ver o informe adicado á enfermidade menincocócica neste número do BEG).
s-206 Dada a importancia e a natureza desta fracción, parece lóxico o enfoque inicial de optar, nos casos que así se determine, por unha segregación selectiva da mesma.
s-207 Existen tamén algúns principios básicos para a toma de decisións que deberían aplicarse polo xeral no goberno local, pero especialmente alí onde sexa preciso atrae-lo interese da comunidade para levar a cabo o proceso.
s-208 Poderán ser obxecto de recepción parcial aquelas partes de obra susceptibles de ser executadas por fases que poden ser entregadas ao uso público, segundo o establecido no contrato.
s-209 En París, Cabanes e cols. obtiveron unha razón de perigos intermedia (2,5) aínda que seleccionaron mulleres con estadios iniciais (G- e con nódulos móbiles sen sospeita clínica de metástases).
s-210 Porén, incluso cando o destino do compost sexa o vertido, a compostaxe previa ten importantes vantaxes ambientais, ao reducir o contido orgánico putresfacíbel e por tanto a xeración e emisións de gases desde o vertedoiro.
s-211 Polo tanto, ningunha muller nas primeiras 20 semanas de embarazo debería ser diagnosticada de rubéola contando cun resultado positivo da IgM específica.
s-212 O sistema tributario canadense, configurado a partir da propia norma constitucional, establece unha especie de libre concorrencia en canto a fontes tributarias dos diversos niveis de goberno (impostos superpostos), entre as que destacan a imposición sobre as rendas e a propiedade.
s-213 Cando a contía da adquisición exceda de 1.803.100 euros, a Consellería de Economía e Facenda requirirá autorización do Consello da Xunta de Galicia para realiza-la adquisición directa.
s-214 Comezando cas certezas que sobre este animal están escritas, hai que dicir que é o máis grande entre os nosos Urodelos, podendo acadar-los 18 cm de lonxitude total.
s-215 En Galicia a taxa de paro aumentou nun 3,52%, sendo A Coruña a provincia onde máis aumentou (6,8%) e Ourense onde menos o fixo (4,74%).
s-216 Tamén o Tribunal Supremo considerou, no seu momento, a paz e a convivencia familiar como ben xurídico que se protexe co artigo 173.2 do Código Penal.
s-217 No caso de que existan convenios que permitan xestionar as solicitudes de mobilización a través de mediadores ou das redes comerciais doutras entidades, a presentación da solicitude en calquera establecemento destes entenderase realizada na entidade xestora.
s-218 Na táboa e no gráfico seguintes pódese ve-lo número de mortes por enfermidades do aparello dixestivo durante 1997 na totalidade e en cada unha das provincias de Galicia.
s-219 Permite unha retroproxección constante na xestión da vila ou da cidade con respecto ás actividades que conducen ó equilibrio do ecosistema urbano, e aquelas que contribúen ó seu desequilibrio.
s-220 Sen embargo, debe así mesmo terse en conta que nesas sociedades a capacidade das mulleres de tomar calquera decisión é moi baixa (Lin L. Lim, 1993).
s-221 O gasto financeiro dividido polo PIB facilitará a interpretación de se se financiaron os maiores custos, ou as novas emisións, a través de creación de nova débeda, o que conduciría a un coeficiente positivo.
s-222 Poderanse convocar as reunións extraordinarias que se estimen necesarias, se o solicitan a metade máis un dos seus membros.
s-223 A periodicidade desta comprobación será cada tres meses durante os primeiros seis meses de funcionamento, e semestral a partir do sexto mes.
s-224 Os municipios de Santiago de Compostela, co 46,76% de crecemento e o de Negreira, cun 25,76% (-25,76%) de crecemento negativo constituen os dous extremos na comarca coruñesa Húmida, que en conxunto acadou un crecemento medio de 25,84%.
s-225 Cómpre non esquece-la existencia de moitas manifestacións que defenden a hipótese de que posúen longa vida a producción e reproducción social da diferenciación cultural.
s-226 As negociacións do TLCAN comezaron no ano 1990 e nese momento México xa era unha das economías en desenvolvemento máis abertas do mundo (OECD, 1992).
s-227 Esta combinación propiciou que os recursos estean explotados case ao límite da súa capacidade de reprodución, chegando mesmo á sobreexplotación.
s-228 Tendo en conta que se requiren 600 kWh de enerxía para evaporar 1 t de auga, os datos aproxímanse aos cálculos teóricos.
s-229 En terceiro lugar, faise unha necesaria aproximación ao relevo e ás súas importantes implicacións no temperismo, como modulador da expresión dos estados atmosféricos.
s-230 O traballo do grupo de expertos concluíu en xaneiro de 2003 coa redacción dun informe onde se analizou e comentou o texto, ó mesmo tempo que se formularon propostas e suxestións relacionadas coa materia obxecto do estudio.
s-231 Non obstante o máis importante é que o 95% delas son evitables mediante unha adecuada prevención baseada fundamentalmente en métodos que cuantifican os factores de risco que axudan a predicir a afectación dos tecidos.
s-232 Unicamente os estudios de Ocaña, Salas e Vallés (1994) e Illueca e Pastor (1996) incorporan medidas de cobertura da débeda.
s-233 Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.760.0, programa 123.A, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2005, ata unha contía máxima de 1.654.000 A.
s-234 Na reunión do 5 de xuño de 2003, o Consello de Goberno do BCE decidiu rebaixar os tipos de interese en 50 puntos básicos deica situalos no 2%.
s-235 Outros factores de risco relacionados co cancro de estómago son: a radiación, a anemia perniciosa, a cirurxía previa do estómago, e o virus de Epstein-Barr.
s-236 Tipo e cantidade das emisións previsibles da instalación ó aire, ás augas e ó solo, así como, se é o caso, tipo e cantidade dos residuos que se vaian xerar, e a determinación dos seus efectos significativos sobre o ambiente.
s-237 A función deste rátio é comparar as débedas a curto prazo coas partidas do activo circulante que son total ou case totalmente líquidas.
s-238 Na bulimia, todo pasa, no comezo, como máis escondido, pola vergoña do paciente, que comeza a falar pouco, ou andar irritado; e a súa vida pode ser como a de alguén con gusto da soidade, como amargada.
s-239 En vísporas das eleccións autonómicas de Galiza, escoitei prometer ao candidato socialista que se chegaban o poder, comprometiríanse a fundar o Instituto de Cultura «Rosalía de Castro».
s-240 O contorno económico e político da sociedade galega actual, cos seus profundos e permanentes cambios, esixe tanto á dirección das empresas como ás administracións públicas unha adecuación permanente das súas organizacións á nova situación.
s-241 A superficie queimada na última década, despois da creación en 1990 do INFOGA reduciuse nun 73% con respecto á década dos setenta, e a un 77% menos que na década dos oitenta.
s-242 Utilizar lámpadas de baixo consumo, longa duración e elevado rendemento, sistemas domóticos e de xestión de enerxía eficiente, son actuacións básicas para obter edificios eficientes enerxeticamente.
s-243 O máis importante destes principios é o de igualdade de tratamento, o que significa que todos os competidores deberían ter igualdade de oportunidades para competir polo contrato.
s-244 A xerencia, así como os traballadores dos centros turísticos, deben saber que o coñecemento medioambiental da clientela vai en aumento, por iso non se lle deben presentar productos nin servicios cunha publicidade ambiental enganosa.
s-245 Polo xeral, as empresas de maior tamaño utilizan una ampla flota de camións para o transporte da súa mercancía.
s-246 Estas diferencias entre a evolución dos IVUs españois e os de Galicia tradúcense , loxicamente, nunhas relacións reais de intercambio en IVUs que difiren substancialmente entre os dous espacios.
s-247 As taxas de mortalidade medran, novas epidemias ameazan á poboación, hai o dobre de alcohólicos e os delitos multiplicáronse .
s-248 Tal factor é unha das expresións da cultura do territorio que fai referencia ó modo en que as persoas se relacionan entre si, relacións que poden ser definidas como o capital social do territorio (B.
s-249 Regulamento da Comisión (CE) 2557/2001 polo que se modifica o anexo V do Regulamento (CEE) 259/93 do Consello, relativo á vixilancia e ó control dos traslados de residuos no interior, á entrada e saída da Comunidade Europea.
s-250 Os empregados asocian a fusión a perdas de vínculos funcionais e persoais, a modificacións nas súas competencias, a prexuízos nas súas traxectorias profesionais e desprestixio xerárquico dentro da nova organización.
s-251 Augas de Galicia prevé realizar un inventario actualizado de tódalas verteduras que poidan causar un impacto ambiental para facilita-los labores de prevención e calidade ambiental.
s-252 Non sei quen os botou no encoro, pero non hai moito tamén estaban en Sabón, como en moitas outras partes da Península.
s-253 En relación á poboación parada, na última década rexístrase en Galicia unha reducción próxima ás 30.000 persoas, o que provoca un decrecemento da taxa de paro de 3,7 puntos (do 16,3% en 1991 ó 12,6% en 2001).
s-254 A idea fíxose pública aproveitando a homenaxe a Cervantes e coa pretensión de evitar que fosen os franquistas os que conseguisen a primacía en tales actos.
s-255 As empresas en España son reticentes a subministrar información ó seu contorno, e este problema é máis acusado a medida que se reduce o tamaño da organización.
s-256 Nela definese os espazos naturais como aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e fosen declarados como tales.
s-257 Isto permite cualificar internet e as TIC como unha innovación de tipo estrutural que modifica totalmente a forma de operar das empresas dun sector, alterando os equilibrios de poder existentes ata o momento.
s-258 A mellora dos servizos prestados aos cidadáns é un dos eixes sobre os que xira o programa da reforma administrativa da Xunta de Galicia desde que se iniciou no ano 1990.
s-259 Pero desde os valores dunha Educación para a paz temos que recordar aquela pregunta que se facía Albert Einstein, cando estaba a investigar sobre a teoría da relatividade que revolucionaba o mundo.
s-260 Ademais, dende 1995 existe a recomendación de que as revacinacións fronte ó tétano cada dez anos se faga xuntamente co toxoide diftérico.
s-261 Son dispositivos de plástico dun uso, con agulla incorporada, preparadas para minimizar a dor e a lesión na pel.
s-262 Outro tipo de xoia de ouro, a arracada, marca tamén as diferenzas entre un territorio galaico setentrional e outro meridional durante a Idade do Ferro.
s-263 A falta de comunicación ou a realización de comunicacións falsas, incorrectas ou inexactas constituirá infracción tributaria leve.
s-264 Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
s-265 Trátase do queixo que, tras o proceso de fabricación, require manterse durante certo tempo a unha temperatura e en condicións tales que se produzan os cambios físicos e/ou químicos necesarios e característicos del .
s-266 A cuestión é nidiamente sintetizada por Chiva (1996, 80) cando diferencia a dobre tarefa (anteriormente citada) confiada á etnoloxía: 'a de memorización colectiva que fundamenta a identidade dos grupos; e a tarefa de obxectivación desa identidade'.
s-267 O inicio da actividade da Mancomunidade estivo marcado pola creación dun clima de relacionamento intermunicipal moi favorable ó entendemento institucional e á cooperación administrativa.
s-268 Pero aínda con máis vehemencia debemos suxerir a ineludible necesidade de que -aínda a carón dos polideportivos ao uso- se constrúan canchas de bólos, de chave, de porca...
s-269 A lei constata a necesidade da planificación forestal a escala xeral, consagrando a existencia da estratexia forestal española e o Plan Forestal Español.
s-270 O volume de lixo recollido nos últimos anos (2000 e 2001) mantívose practicamente constante en torno ás 51.000 Tn, experimentando un pequeno incremento do 5% respecto do ano 1999 fronte ós incrementos do 13% anual de períodos anteriores.
s-271 Aínda que lenta e caladamente, de momento, seguimos coa idea de seguir con isto adiante e por iso editamos o carteliño de ULISES.
s-272 Na actualidade e despois de fortes investimentos, estas grandes empresas contan con centros productores especializados na producción de túnidos e paralelamente abandonan a producción de moitas especies ou segmentos.
s-273 Notificada a correspondente liquidación, o suxeito pasivo deberá efectua-lo ingreso do seu importe dentro dos prazos previstos no artigo 20.2 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.
s-274 O potencial de cada unha das persoas que integran a organización debe aflorar nun clima de confianza, valores compartidos, delegación de responsabilidades, comunicación e oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento.
s-275 Se coexisten a parafasia verbal e a literal, cousa, polo demais, frecuente, os enfermos exprésanse nunha xerga inintelixible, formada, en parte, por palabras ben pronunciadas, incongruentes ou non no discurso, e en parte, por palabras extrañas desprovistas de todo sentido (xargonofasia).
s-276 Non obstante, queda excluída do seu ámbito de aplicación a regulación dos nomes de dominio da internet baixo o indicativo de país correspondente a España ('.es'), que se rexerá pola súa normativa específica.
s-277 Cada tipo de empresas, que como vimos, cualificou ARDÁN, versa sobre un aspecto da capacidade de competir das empresas galegas.
s-278 Por outro lado, outros artigos que tomaron a perspectiva de xénero estudiaron 'os factores económicos de expulsión', centrando a análise na maneira en que a desertización fixo aumenta-los desprazamentos femininos africanos.
s-279 As series nacionais poden consultarse no Boletín mensual de estadística do INE e as de Galicia no Boletín de series estatísticas de Galicia do IGE.
s-280 Unha pode ter uns gastos en compras moi elevados, co cal a maior parte dos ingresos leva-na os provedores, mentres que outra gasta pouco en compras, polo que a maioria dos ingresos quedan na empresa.
s-281 Estou a falar de bibliotecas, museos, centros de documentación, etc., onde a sociedade deposita a sua memoria patrimonial e que, en xeral, están sostidos por recursos públicos (ou cando menos fortemente apoiadas polos mesmos).
s-282 Neste sentido, un dixestor anaerobio deseñado para tratar lodos de depuración pode aceptar unaha cantidade extra de fracción orgánica do lixo, o que mellora as súas características de operación e, especialmente, a produción de biogás.
s-283 Por outro lado, a de Ordenación Universitaria e Política Científica pasa a ser de Universidades e Investigación.
s-284 Os traballadores recén contratados chegan á empresa concienciados de que teñen que aprender novos coñecementos e desenvolver novas habilidades (Tannenbaum e outros, 1991).
s-285 Neste hospital realizábase un programa hospitalario de cribado, polo que o programa tivo moi boa aceptación e os datos de participación foron sempre elevados.
s-286 No seu defecto, nos departamentos constituídos sobre as áreas de coñecemento a que se refire o número 3 dos artigos 58 e 59, poderán ser directores funcionarios dos corpos docentes universitarios non doutores ou profesores contratados doutores.
s-287 Desde o exercicio do dereito de votar ata a militancia nun partido político existe un continuo de accións que podemos definir como políticas e que están a disposición de todos.
s-288 Explotacións grandes fragméntanse e casas de renome veñen a menos e incluso chegan a desaparecer, porque na permanencia do patrimonio interveñen máis factores, como a sorte, a laboriosidade dos integrantes e acerto nas alianzas.
s-289 Mais os cambios na relación de enfermidades de declaración obrigatoria non modifican os principios xerais cos que se viña facendo a notificación ata agora.
s-290 Esta figura prevese exclusivamente para persoal de nova contratación na Empresa, configurándose como instrumento favorecedor de políticas de fomento do emprego, preferentemente xuvenil, e potenciador do desenvolvemento e promoción profesional no Sector.
s-291 A Axencia Estatal de Administración Tributaria establecerá os procedementos técnicos que permitan a presentación telemática da declaración.
s-292 As medidas cautelares deberán ser confirmadas, modificadas ou levantadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos quince días seguintes á súa adopción.
s-293 Pola súa parte, cando a taxa de depreciación se eleva a un 30%, o custo do capital experimenta un notable incremento ao situarse nun valor medio dun 22,65% nas pequenas empresas fronte a un 21,48% das grandes empresas.
s-294 Con efectos desde o 1 de xaneiro de 2004, modifícase o número 2.º da alínea f) da norma seis.1 do artigo 9 da Lei 24/2001, do 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que queda redactado da seguinte maneira:
s-295 Lim (1993), para poder entende-las migracións femininas en toda a súa complexidade é necesario ter unha visión de conxunto da situación das mulleres implicadas.
s-296 Non se trata, xa que logo, dunha simple distinción metodolóxica senón dun auténtico _corte de clase_ no mundo social bancario, _cultura_ que se explica continxentemente pola propia organización do mundo bancario.
s-297 Así, EN-Mocidade ten que seguir a loitar pola procura da expresión da máxima pluralidade ideolóxica posíbel e continuar a evitar os monopolios dos discursos, das propostas e dos réditos do traballo de toda unha organización.
s-298 Por outra banda, os autores reanalizaron os datos con dous modelos diferentes e chegaron ás seguintes conclusións: estiman os ingresos asociados a rotavirus en aproximadamente 2'4 e 2'5 ingresos anuais por 1.000 nenos menores de 5 anos de idade, e aproximadamente 4'9 e 5'3 en menores de 2 anos.
s-299 No momento da avaliar a pertinencia na continuidade do proceso é importante valorar a viabilidade dos obxectivos conseguidos, a súa continuidade despois de retirar o apoio do titor e outras axudas externas.
s-300 A superficie forestal certificada da UE é de 53.063.658 hectáreas das cales máis do 60 por cento se reparten entre Finlandia e Suecia, Finlandia cun 42 por cento da superficie forestal certificada europea e Suecia con máis do 25 por cento.

Text viewDownload CoNNL-U