gl-treegal-train
Universal Dependencies - Galician - TreeGal
Language | Galician |
---|
Project | TreeGal |
---|
Corpus Part | train |
---|
View options
Text: - Show: - Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
O Estatuto proposto quere garantir 'a liberdade, a xustiza, o benestar e a seguridade de toda a cidadanía galega e de cantas persoas vivan ou se encontren no seu territorio'. Configurada en 17 bases, a proposta asume 'como tarefa principal a defensa e fortalecemento da identidade de Galiza e dos seus dereitos e intereses, así como a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego, ao abeiro da idea de galeguidade, entendida como o dereito a colaboraren e compartiren a vida social, cultural, económica e política da nación'. O territorio de Galiza é 'o abranguido nos límites da actual Comunidade Autónoma, sen prexuízo da incorporación voluntaria de territorios limítrofes de características históricas, económicas, culturais ou xeográficas análogas', de acordo coas leis. O seu coñecemento será obrigado para exercer a representación política en Galiza e das funcións administrativas, notariais, rexistrais e xudiciais. A competencia sobre a fixación da variedade estándar da lingua galega corresponderalle á Real Academia da Lingua Galega. Os topónimos terán, como única forma oficial a galega e corresponderalle ao Goberno galego determinar os nomes de lugar. Teñen a condición de cidadáns galegos as persoas con veciñanza administrativa en Galiza. A adquisición de cidadanía será regulada por unha Lei de desenvolvemento estatutario básico, cos requirimentos esixidos polas leis do Estado para a nacionalidade española. A cidadanía galega é renunciábel, pero non poderá privarse dela sen o consentimento da persoa que a teña recibida. Tamén, o dereito ao traballo e ao acceso a un posto de traballo estábel, ou a un emprego público, sen discriminacións por razóns de xénero, ideoloxía, crenzas, orientación sexual ou calquera outra significación persoal. Outro dos dereitos sustentados é o de dar acceso a un 'ambiente saudábel e á protección da paisaxe no marco dun desenvolvemento sustentábel'.
Download XML • Download text
• Sentence view • Dependency trees