gl-treegal-test
Universal Dependencies - Galician - TreeGal
Language | Galician |
---|
Project | TreeGal |
---|
Corpus Part | test |
---|
View options
Text: - Show: - Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
-
O Foro para o Novo Estatuto recolle o dereito á autodeterminación Intervención de Xosé Luís Barreiro Rivas. Partindo, entre outras, da base de que o compromiso coa democracia e co dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade é irrenunciábel, e convencidos de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental e de que non pode ser outorgado nin limitado, os redactores da proposta recibida polo BNG defenden a idea de que 'os galegos e galegas declaramos a nosa libre e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretación dinámica, evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue por unha Europa dos pobos, na que queremos ser recoñecidos en total igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea'. Liberdade, xustiza, benestar De conformidade co dereito de autodeterminación, 'o Pobo Galego ten o dereito de definir o seu marco relacional co Estado español e coa Unión Europea' e 'Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e paccionadamente como Comunidade Autónoma na estructura política plurinacional do Estado español'. O galego é a lingua nacional, e todos os cidadáns galegos temos a obriga de coñecelo e o dereito de usalo .
Download XML • Download text
• Sentence view • Dependency trees