Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - TreeGal

LanguageGalician
ProjectTreeGal
Corpus Parttest

Select a sentence

Showing 101 - 200 of 400 • previousnext

s-101 Tamén é normal que nun goberno de coalición haxa puntos de vista distintos, pero en Pontevedra fixemos un acordo meditado e chegamos a compromisos claros, sen egoísmos, pensando que o resultado electoral demostraba que a cidadanía quería un goberno de coalición.
s-102 Cando buscas o que te une e non o que te separa, chegas a acordos positivos.
s-103 Pode acontecer o contrario.
s-104 O PSdeG ten aceptación na cidadanía polo traballo que desenvolve e polo eco que os medios fan dese traballo.
s-105 Nós non temos ese problema.
s-106 Estou convencida de que as eleccións municipais de 2007 confirmarán o que digo.
s-107 Un deles é o de Celulosas.
s-108 Antes de nada, hai que lembrar que o que se está a escoitar é que o concello acosa a empresa Celulosas, pero esta compañía nunca lle pediu nada ao concello, nin sequera a licenza de obras.
s-109 Se cumpría a lei, nada tiña que temer, pero non solicitou esa licenza.
s-110 ¿E a súa alternativa?
s-111 Iso é posíbel, como tamén o é desenvolver nese espazo as potencialidades turísticas, pesqueiras, marisqueiras e urbanísticas que ten.
s-112 ¿Por que non lle piden previsión á empresa para asegurarse un futuro?
s-113 Iso, ou o peche.
s-114 Parece que nunha industria pesada como esa non casa cun núcleo urbano como o que conforman esas dúas cidades.
s-115 Cando se montou, o rexeitamento foi total.
s-116 Ademais, cando se privatizou ENCE pagouse un prezo que tiña en conta que en 2018 remataba a concesión da fábrica.
s-117 Xa renunciaron.
s-118 A lei está para cumprir, pero tamén ofrece algunhas alternativas.
s-119 O propio director xeral de Costas dixo que a indemnización sería xenerosa.
s-120 Ante iso, [Xosé Manuel] Seoane García [director de ENCE] anunciou que esperan novos ventos.
s-121 Pois van de lado, temos Zapatero para moito tempo e Touriño será o próximo presidente.
s-122 Touriño, ao que acusaban de ambigüidade, dixo hai quince días, e vén de repetir agora, que ENCE ten que abandonar a cidade.
s-123 Ás veces a xente quer ver ambigüidade para facer dano ao adversario.
s-124 Entre as consultas que lle fixeron a Mariano Navas [presidente do ente Público Portos do Estado] estaba esta posibilidade e en consecuencia respondeu aos distintos implicados con consultas no mesmo sentido.
s-125 Con todo, a Lei de Portos define o que é un porto e que instalacións pode ter no seu interior e ENCE non ten cabida no de Marín, nin por localización nin pola actividade que desenvolve.
s-126 Tamén preconiza o desenvolvemento de 'servizos públicos de benestar social e solidariedade comunitaria para protexer eficazmente os grupos sociais máis vulnerábeis ou en situación de risco de marxinación social'.
s-127 A Comunidade Autónoma contará, cando menos, cun maxistrado do Tribunal Constitucional, proposto polo Parlamento de Galiza, e daqueles que respondan á proporción da poboación galega respecto á do Estado.
s-128 A figura da comarca/rexión urbana configúrase 'por riba dos seus aspectos tecnocráticos, como un ente político democrático, unha sorte de federación dos concellos do seu territorio que incrementará, de maneira simultánea, a eficiencia técnica e a participación política tan acaída ás entidades locais e á súa administración de inmediatez'.
s-129 O poder galego garantirá unha axeitada ordenación do territorio que pule polo desenvolvemento social, económico e cultural, e coute ou mingüe os desequilibrios territoriais.
s-130 Atribuiráselle estatus xurídico-público á Oficina de Representación de Galiza en Bruxelas.
s-131 Neste camiño, pídese que se recoñeza a presenza de Galiza, directamente ou formando parte da delegación estatal, naqueles foros internacionais onde se vexan afectados os seus intereses e competencias, e tamén a capacidade para elaborar acordos ou convenios con entidades coma a UNESCO, por exemplo, para a promoción dos seus intereses que non impliquen funcións de soberanía.
s-132 Pódese baixar a proposta completa, en formato PDF, dende a web do BNG (www.bng-galiza.org) ou dende www.novoestatuto.com.
s-133 O pasado sábado, 26 de febreiro, o Foro do Novo Estatuto, integrado por relevantes intelectuais galegos como Xosé Luís Barreiro Rivas, Paulo González Mariñas ou Ramón Villares, entre moitos outros, entregáronlle ao BNG un documento de conclusións que, en forma de bases, condensa e sintetiza varios meses de traballo e centos de achegas tanto de expertos como de cidadáns que, a través da páxina web do Foro, quixeron contribuír libremente a deseñar a Galiza do século XXI.
s-134 Toca agora, partindo deste traballo, elaborar un texto articulado quen de se apresentar no Parlamento galego e de se confrontar co que propoñan _se tal for a súa vontade_ as demais forzas políticas actuantes na Galiza.
s-135 O documento elaborado polo Foro do Novo Estatuto ocupa xa, por si propio, un lugar sobranceiro na historia constitucional de Galiza.
s-136 E así como o de 1931 recollía o mellor da doutrina xurídica, económica e política da súa época para as pór ao servizo do país, tamén este é ambicioso e exixente ao deseñar o país polo que se aposta _equilibrado territorialmente, sustentábel ambientalmente, xusto e avanzado socialmente_ e regular o goberno que se quere para ese país _democrático, transparente e eficaz.
s-137 Toda unha lección de compromiso e de xenerosidade.
s-138 A cidade espera con interese a culminación dun proxecto de balneario urbano, que suporía un investimento de 40 millóns de euros.
s-139 Pois xa se levou a cabo a contrata da segunda fase desta obra e, por unha vez, e sen que sirva de precedente, cómprenos non manifestar, ao menos nun principio, críticas negativas sobre unha actuación administrativa.
s-140 Contará cun gran centro de ocio e soxornamento, piscina olímpica e outros complementos; o balneario denantes citado, praia artificial e un ximnasio especializado, ademais de locais comerciais, restaurantes, centro de talasoterapia con alberca activa e un circuíto termal; gardaría, oficinas, salas de exposicións e até un museo da auga que contemple o desenvolvemento deste servizo na cidade.
s-141 Adxudicouse á Sociedade Espazos Temolúdicos SA de capital maioritario de Caixa Galicia, a xestión privada dunha parte da obra, nomeadamente a explotación comercial e os locais de hostalaría co que se xerarán, en conxunto, case catrocentos empregos directos máis outros tantos indirectos, aspecto importante dada a elevada porcentaxe de paro existente na comarca coruñesa.
s-142 Un proxecto que se recoñecía como unha 'icona cívica e cultural', como un símbolo e do que o presidente Augusto César Lendoiro dixo que se 'deixamos pasar esta marabilla logo virán os laídos'.
s-143 E así foi, efectivamente.
s-144 Galiza pode quedar sen axudas estatais se a Xunta persiste en que o Prestige non danou os recursos mariños
s-145 Os patróns maiores aproveitaron a súa intervención no Parlamento para reclamaren un compromiso efectivo do goberno galego coa situación dos mariñeiros.
s-146 A Comisión de investigación do parlamento galego recibiu nos últimos días os patróns maiores, como afectados e representantes da baixura, as persoas que deron o seu testemuño sobre o acontecido no afundimento do Prestige.
s-147 Viñeron falar como afectados en primeira persoa do sinistro, e houbo dous comparecentes que recoñeceron as perdas produtivas como consecuencia do Prestige.
s-148 O patrón maior de Lira, Xoán Manuel Gómez Leis, e Francisco Iglesias, patrón maior do Grove, falaron das perdas produtivas que deixan o sector nunha difícil situación, pois se se conseguiu unha mellora do decreto lei das indemnizacións co novo Goberno central para reclamar danos futuros, debido á actitude da Consellaría de Pesca, que afirma que todo volveu á 'normalidade', as axudas polas perdas e danos como consecuencia do Prestige poden ir en maior medida ás confrarias vascas ou cántabras que si que recoñecen diminución nos recursos.
s-149 Nunca Máis comparece o 7 de marzo
s-150 Outras comparecencias que tamén serán críticas coa xestión da catástrofe, e que terán lugar ese mesmo día serán as de Fiz Fernández, do Instituto de Investigacións Mariñas, e Martiño Nercellas, da Federación Ecoloxista Galega.
s-151 'A Consellaría quere converter o naufraxio nun milagro que fixo aumentar a pesca'
s-152 Aínda que os dez minutos dos que dispoño son moi poucos para explicar os problemas máis relevantes da crise do Prestige, vou iniciar a miña intervención 'gastando' o primeiro minuto.
s-153 Lembrar todos os sufrimentos da xente do mar durante esta catástrofe, agradecerlles a todos os voluntarios e voluntarias a súa solidariedade e ter un afectuoso recordo para o benquerido alemán de Camelle que tanto amaba ao noso mar e para os recentes falecidos do barco Bahia, Dani e Siempre Casina.
s-154 Na miña primeira achega a esta Comisión de Investigación quixera dicirlles que esta catástrofe non desaparece porque nos empeñemos en mirar para outro lado.
s-155 As xentes do mar e o noso mar precisamos de verdade, de feitos reais e medidas de recuperación.
s-156 Así teño que dicir que estivo mal que se nos catalogase como políticos ou que se dixera que as voces que defendiamos ao noso mar defendiamos políticas partidarias, cando, en realidade, cumpriamos coa nosa obriga como patróns maiores de dicir o que estaba a pasar e non calábamos fronte ao poder.
s-157 E moito peor que políticos profesionais e en activo como o propio conselleiro de Pesca nos acusase aos cidadáns de a de facer política e logo, eles que fan?
s-158 As graves consecuencias produtivas e as manipulacións estatísticas sobre a situación real dos recursos pesqueiros e marisqueiros afectados.
s-159 En vez de recoñecer os danos e os problemas buscáronse as explicacións máis peregrinas: desde problemas co ciclo gamtoxénico, até pragas de depredadores e abundancias anormais de algas, subas e baixadas de temperaturas, etc, para xustificar as perdas evidentes do Prestige.
s-160 Os aparcadoiros subterráneos comezarán a cobrar por fraccións de cuarto de hora a partir de abril.
s-161 Non se pagará polos minutos de aparcamento nos subterráneos composteláns, como reclamaban os usuarios _como sería natural_, pero si por fraccións de cuartos de hora.
s-162 A nova estrutura de tarifas non sempre se traducirá nun aforro para o que meta o coche baixo terra.
s-163 Semella un asunto polo menos tan complexo como o das tarifas da telefonía móbil (e fixa).
s-164 No caso dos aparcamentos, un non pode escoller entre aparcar un cuarto de hora ou hora e media, de xeito que o asunto aínda se complica máis.
s-165 Se me buscan, aquí estou (se non me atrevo a desconectar ou quedar fóra de cobertura).
s-166 As rúas son máis acolledoras para pasear, é certo;
s-167 Se se usa coche en Santiago, acabar baixo terra resulta case obrigado, pagando, desde abril, por cuartos de hora.
s-168 Sempre se pode deixar o coche no garaxe da casa e patear as rúas.
s-169 Agora xa non é así e as distancias, na capital de Galicia, son case sempre curtas.
s-170 Música para outra guerra
s-171 Programan, os ianquis, protestas no seu interior, ou algún acto comparábel ao mesmo terrorismo.
s-172 Bush acaba de dar unha volta por Europa hai uns días, vestido de cow-boy, como sempre.
s-173 Tamén os da OTAN.
s-174 Israel, nada menos, o amigo de Bush, que mata cada día máis e segue a construír os muros da vergoña internacional.
s-175 Soan os tambores do crime.
s-176 A denuncia a tempo tamén pode gañar unha batalla.
s-177 é unha palabra de orixe latina (procedente de pedem) que ten unha ampla familia léxica, sexa de derivados patrimoniais sexa de cultos, e quer en palabras simples quer en compostas.
s-178 Inicialmente a palabra denominou o soldado da infantaría, o que ía a (como se conserva na denominación da peza do xadrez), para aplicarse tamén ao traballador menos cualificado.
s-179 Máis dubidoso é que o peixe chamado peón/pión ou piarda teña que ver coa idea de .
s-180 Ás veces os derivados de non proceden directamente do latín senón que son préstamos _adaptados_ doutras linguas románicas.
s-181 E xa que falamos doutras linguas diremos que de tamén proceden petanca e pedigrí.
s-182 Outra forma de incluír nunha palabra o significado de é utilizar no composto o prefixo ou sufixo grego podo (podómetro, podólogo, antípoda, monipodio, artrópodo, etc).
s-183 Ás veces podemos escoller para andar pés latinos ou gregos:
s-184 Trátase do foot.
s-185 Escríbase fútbol á española ou futebol á lusa.
s-186 Vén de ser elixido secretario xeral do novo Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).
s-187 Segundo Salgado, 'necesitabamos esta organización nunha profesión de asalariados como é a nosa'.
s-188 Para logralo , queremos asinar un convenio marco que reúna uns mínimos para todas as empresas de comunicación porque sabemos que existen medios onde eses mínimos xa están superados, pero na maior parte a situación é penosa.
s-189 Tamén apostamos por crear un estatuto de xornalistas e por converter os consellos de redacción en instrumentos de regulación do traballo e que, polo tanto, sirvan para falar de problemas laborais.
s-190 Por iso pensamos que é fundamental entrar nos comités de empresa como fórmula de presión para que se asinen os convenios.
s-191 Pensa entón que os sindicatos de clase non están cumprindo a súa función nos comités de empresa até agora?
s-192 En UGT, por exemplo, os problemas dos xornalistas están integrados dentro da federación de transportes.
s-193 Mesmo algún daqueles representantes defendeu a necesidade de que se crease un sindicato propio.
s-194 Cal é o perfil do xornalista galego?
s-195 Non embargante, non hai que ler un estudo para saber como está a profesión.
s-196 Ademais de xornalistas, no SXG queremos defender os dereitos de todos aqueles profesionais que interveñan no proceso de información, como cámaras, fotógrafos ou infógrafos.
s-197 Unha das explicacións que dan os empresarios para precarizar é que existen xornalistas que están dispostos a traballar por menos.
s-198 Esa cantidade é excesiva para o que pode absorver o mercado galego.
s-199 Nesta profesión non é difícil escoitar que se non aceptas as condicións que che ofrecen hai outros xornalistas agardando.
s-200 Santi (Los Limones), Susana Seivane e Bieito Romero.

Text viewDownload CoNNL-U