Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - PUD

LanguageGalician
ProjectPUD
Corpus Parttest

Select a sentence

Showing 102 - 201 of 1000 • previousnext

s-102 Gerry McNeilly, o director de Inspeccións Independentes da Policía de Ontario, definiu os termos para a súa análise desta semana tras xurdiren 'cuestións alarmantes' sobre a forma en que os policías interactúan cos pobos indíxenas.
s-103 A inspección tamén está a investigar unhas entradas incendiarias de setembro publicadas en Facebook que se atribúen, presuntamente, a axentes de policía da rexión norte da cidade de Ontario.
s-104 Os directivos tamén recibiron a denominada 'remuneración por desempeño' por cumpriren ou superaren as expectativas, compartindo un bote de 1,5 millóns de dólares entre eles ou arredor de 15.000 dólares por persoa.
s-105 O seu orzamento anual supera os 1,4 mil millóns de dólares e emprega a máis de 6.000 persoas.
s-106 O goberno federal informa de maneira proactiva sobre o total das remuneracións por desempeño e os niveis de incentivos de cada departamento, mais a última publicación na páxina web é de 2013-2014; é dicir, de hai dous anos.
s-107 Nese ano, o total das remuneracións por desempeño e os incentivos foi de 1,5 millóns de dólares, unha contía similar á de 2015-2016.
s-108 Gomery, que liderou a comisión de investigación sobre o escándalo do patrocinio federal entre 2004 e 2006, afirmou que eses corpos eran esenciais para axudar a restaurar a confianza do público no estado de dereito.
s-109 Isto revelou, nos últimos dous días, que a policía provincial centrou súas operacións de vixilancia en polo menos outros seis xornalistas do Quebec.
s-110 As directrices indicaban que non debería existir un acceso preferente ao goberno, ou un aparente acceso preferente, para persoas ou organizacións por realizaren contribucións económicas a políticos ou partidos políticos.
s-111 O xuíz do caso de Duffy por fraude e abuso de confianza ditaminou que se obedecían as normas do Senado cando retirou todos os cargos contra Duffy.
s-112 Hoxe en día, os teléfonos móbiles son moito máis que teléfonos.
s-113 'É incríble', afirmou o mes pasado Lindsay Gay, unha clienta cunha tarifa de datos ilimitados de SaskTel.
s-114 Tamén sinalou que Rogers presentara hai pouco unha nova aplicación que axuda a clientela a monitorizar o seu uso de datos.
s-115 Iso é o que nos fai seguir volvendo por máis.
s-116 Estas estimacións coinciden coas porcentaxes de novos apartamentos que entran no mercado de alugueiro unha vez terminados, o que sinala o importante papel que xogan os investidores (nacionais) no mercado da vivenda da Área Metropolitana de Toronto.
s-117 'Esta cepa axuda coa dor de costas, esta cepa axuda coas náuseas, este produto facilita o soño polas noites', di Dietrich dende a sede da empresa en Denver (Colorado), onde a herba se vende legalmente.
s-118 Pero sen un marco lexislativo, e coas orixes populares da herba como un remedio caseiro que altera o estado de ánimo, as empresas teñen máis dúbidas que respostas.
s-119 O ferro é un elemento esencial que o corpo necesita para producir hemoglobina, a proteína que se atopa nos glóbulos vermellos e que se encarga de levar osíxeno aos tecidos do corpo.
s-120 O período de espera actual é de oito semanas.
s-121 Pódense ter uns niveis normais de hemoglobina e ter baixas as reservas de ferro totais, afirma o Servizo Canadense de Transfusión de Sangue (CBS).
s-122 As novas directrices sobre os niveis de ferro fan que se precisen máis doantes.
s-123 O que comezou como unha ecografía habitual complicouse cando a muller embarazada, Margaret Boemer, de Plano (Texas), recibiu a noticia de que o feto presentaba unha enfermidade rara e precisaba dunha cirurxía para sobrevivir.
s-124 O teratoma sacrococcíxeo é un tumor que se desenvolve antes do nacemento e que crece no cóccix do bebé.
s-125 É o tumor máis frecuente en bebés e prodúcese nun de cada 35.000 nacementos.
s-126 Tiña 84 anos.
s-127 Describiuna como unha muller 'excepcional, agarimosa e marabillosa' que deixou unha pegada no mundo literario coas súas historias.
s-128 'Algúns homes píllano e Bono é un deles ', dixo Leive hai pouco nunha entrevista.
s-129 Con 20 anos, é unha das grandes voces contra o acoso e axuda as mozas a aceptar os seus propios ideais de beleza.
s-130 'A súa voz deu a volta ao mundo', dixo Leive.
s-131 Así que se publicaron as fotos oficiais da festa, as redes sociais enchéronse de comentarios moi pouco favorables.
s-132 Moitas persoas, incluídos os pobos indíxenas, defenden que se trivializa a cultura das primeiras nacións.
s-133 Estas audiencias da Comisión de Radiotelevisión e Telecomunicacións Canadense (CRTC) teñen como obxectivo recadar respostas do público e das partes interesadas do sector.
s-134 Isto non afectaría o contido de entretemento, senón tamén a educación, a investigación científica e, quizais o que é máis importante, o discurso político.
s-135 No fin de contas, Internet non é un luxo; é unha ferramenta esencial.
s-136 Os detritos formaron un anel ao redor do ecuador da Terra e, co tempo, a gravidade uniunos e deron lugar á Lúa.
s-137 Aínda así, hai preguntas para as que non hai resposta.
s-138 Na cidade de Hillsborough, ás aforas de Chapel Hill, alguén lanzou un artefacto incendiario contra a sede do Partido Republicano o mes pasado.
s-139 Tras a aprobación da lei que restrinxe o dereito a voto en Carolina do Norte no ano 2013, Campbell visitou igrexas para ensinar á xente como solucionar problemas á hora de rexistrarse.
s-140 Notaba os efectos das eleccións ao seu redor cando xurdían conflitos e na curiosa intersección entre as novas e vellas ideas.
s-141 Esta falta de correspondencia entre os datos económicos e a retórica política resulta ou debería resultar familiar.
s-142 Os economistas republicanos advirten de que non se deberían entender eses datos como proba de que o seu partido é pésimo na política económica.
s-143 'Descoñezo cal foi o crecemento do PIB durante os gobernos de Washington e Lincoln, pero o desenvolvemento institucional que se produciu neses mandatos tivo uns efectos duradeiros e de grande envergadura'.
s-144 Hai máis diferenzas que similitudes entre Sulla e Trump, Roma e EE.UU., pero iso non nega as semellanzas.
s-145 E admitiu: 'Debedes prestar atención ao que recoñeceu que temos que facer doutro xeito, porque podemos facelo mellor, e a aquilo sobre o que expresou o seu pesar'.
s-146 Porén, a medida que as críticas contra Clinton como primeira dama se tornaban máis incisivas, Karel mostraba máis empatía.
s-147 'Síntome poderoso cando o imito', explicou a Slate John Di Domenico, imitador de Donald Trump, o ano pasado.
s-148 A medida que aumenta a histeria das eleccións presidenciais de 2016, a Karel preocúpalle unha ameaza que resulta máis problemática que as estupideces.
s-149 Normalmente son artistas que queren facer unha morea de cousas.
s-150 Entón remata o anuncio.
s-151 Os produtores de Miami bass mostráronse impecables na que é a súa maior preocupación: a arte de facer mover o cu.
s-152 Nunha entrevista recente, Zay e Zayion describiron como gravaron a súa versión de 'Knuck If You Buck' nun ordenador portátil de uso persoal.
s-153 Con todo, os desafíos, así como as cancións que os recollen, engaden un sistema nervioso rastrexable e conectivo ao conxunto de retorceduras que aparecen nos vídeos de bucles de estética granular.
s-154 As súas versións subliñan o atractivo dun bo desafío, xa sexa artístico ou doutro tipo: incomodidade, crecemento e unha conexión significativa.
s-155 Sería moito máis seguro, pensou Platón, outorgar o poder a gardiáns instruídos minuciosamente.
s-156 Como moita xente que coñezo, pasei os últimos meses en vela lendo as enquisas con pánico.
s-157 Caplan descarta o voto retrospectivo citando a dous académicos que afirman que 'é igual de irracional que matar o faraón cando o Nilo non desborda'.
s-158 Porén, non había nada máis que fose evidentemente artístico sobre ela ou o seu comportamento con outras persoas.
s-159 En 2010, a fundación lanzou unha edición tipográfica de 'Zettel's Traum' coa que eliminou as limitacións de acceso para quen se resistía á sensación de borrador da impresión offset.
s-160 Tratei de revelar un étimo cando mantiña correspondencia con Woods por correo electrónico.
s-161 Alice, a súa muller, declarou: 'Unha completa falta de coidado da súa propia saúde'.
s-162 Cada mapa da exposición conta a súa propia historia, aínda que non todas están baseadas en feitos reais.
s-163 Tamén se expoñen, por primeira vez, mapas do Ministerio de Defensa do Reino Unido que idean batallas da guerra fría e que se empregaron en exames de escolas militares.
s-164 A circunscripción electoral atópase no termo municipal de North Kesteven, onde o 62% do electorado apoiou a saída da UE.
s-165 Botarase en falta a súa capacidade de obter respostas para as persoas contribuíntes.
s-166 Christian Wolmar, que escribiu varios libros sobre historia ferroviaria, participará na competición o 1 de decembro.
s-167 Liberais Demócratas, que representaron o acomodado barrio ata 2010, esperan recuperalo coa súa candidata Sarah Olney.
s-168 Mentres tanto, a distanciada muller do deputado lanzou a súa campaña para ocupar o posto.
s-169 Foi extremadamente elegante e tomouno ben, estou que boto lume.
s-170 Hai máis de 330 tripulantes a bordo do navío.
s-171 Vega suxeriu que, por cuestións de idade, moitos descoñecerían a súa historia.
s-172 Aquí asasinouse xente.
s-173 Unha central eléctrica de carbón situada en Badarpur, no sueste de Delhi, deixará de operar durante 10 días xunto con xeradores de diésel da cidade.
s-174 Pasou entón catro anos na radio BBC World Service en Bush House.
s-175 Traballou unha década para a BBC.
s-176 Unha das moitas entradas que se publicaron en Facebook na súa memoria contén unha frase que lle encantaría a Chris: 'Non coñecín a ninguén máis africano ca ti'.
s-177 Quen pode deter a este equipo australiano?
s-178 Sería que xa non tiñan garantido o seu divino dereito a ser os mellores do mundo?
s-179 Teñen a oportunidade de redimirse gañando a Inglaterra.
s-180 África do Sur atópase case nun punto de non retorno e debemos igualar o seu empeño.
s-181 Xoga forte, pero tamén ten unhas mans delicadas.
s-182 Contamos cun grande equipo e temos a oportunidade de avanzar.
s-183 Tes que facerlle fronte, eu prefiría que a xente fose directa e que non andivese con voltas.
s-184 Era como se estivese pasando a bóla dun lado para o outro por debaixo de tres vasos que estaban virados cara abaixo.
s-185 Australia, que mellorara nos últimos partidos do Rugby Championship, estaba moi preparada.
s-186 Unha vitoria de Donald Trump faría o mundo máis preocupante e inestable do que xa é ao instante.
s-187 A señora Clinton ten fama de militarista, mais este feito verase atenuado por unha opinión pública estadounidense cansada da guerra.
s-188 Pronunciouse a favor da tortura.
s-189 Eu tamén teño problemas cos contrasinais.
s-190 Tamén hai as chamadas historias reais, que se publican nunha serie de imaxes significativas con textos na parte inferior.
s-191 Claro, entendo que se debe separar a Alemaña de hoxe en día do réxime nazi.
s-192 Na esquina hai unha moza que leva un pano na cabeza e uns pantalóns vaqueiros; vai moi discreta, o que me fai pensar que é outra asistente.
s-193 Quen se dedican á arte chegan ao corazón das persoas; é a única ocasión na que nos reunimos nun mesmo lugar e deixamos de lado as nosas diferenzas.
s-194 Entre os seus títulos máis peculiares atópanse o de embaixador internacional da Asociación de Hospitais e de Saúde da Cidade de Nova York, e unha praza na Escola de Negocios de Harvard.
s-195 Podo simplemente dedicarme a iso.
s-196 Quería velo con eles, pero ao final decidiron que preferían velo sen min.
s-197 Non podemos deixar que alguén tan racista, sexista e tan pouco preparado para ser comandante en xefe como Donald Trump gañe as eleccións.
s-198 'Cada vez hai máis xente recorrendo aos créditos...aínda que, polo de agora, pedir estes préstamos é viable, un cambio repentino das circunstancias pode levar a problemas de endebedamento'.
s-199 A súa explicación é que non ofrece suficiente protección aos traballadores estadounidenses que poderían ver danados os seus traballos e niveis de vida.
s-200 Neste contexto, ten sentido mobilizarse contra a industria.
s-201 En teoría, unha parella podería abrir catro contas en Tesco e gañar o 3% de 12.000 libras (360 libras).

Text viewDownload CoNNL-U