Dependency Tree

Universal Dependencies - Galician - PUD

LanguageGalician
ProjectPUD
Corpus Parttest

Select a sentence

Showing 1 - 100 of 1000 • previousnext

s-1 'Aínda que non haxa precedentes para a maior parte da transición dixital nos Estados Unidos, a transición de poder pacífica é habitual', escribiu Kori Schulman, asistente especial do presidente Obama, nunha entrada de blog o luns.
s-2 Para aqueles que seguen as transicións das redes sociais no Capitol Hill, isto será un pouco distinto.
s-3 Mais nunha pausa da súa retórica anterior sobre a restrición da inmigración, o candidato do Partido Republicano afirmou que como presidente recoñecería a un 'gran número' de inmigrantes legais mediante un 'sistema de méritos'.
s-4 'Non me gusta presionalos , mais o destino da república recae en vostedes', díxolle á multitude reunida nun campo de deportes da Universidade de Carolina do Norte.
s-5 Os novos gastos corren a cargo da gran conta bancaria de Clinton.
s-6 O que está dicindo e facendo esta muller é verdadeiramente incríbel.
s-7 5000 dólares por persoa, o máximo permitido.
s-8 A principios de outubro, o equipo de transición utilizou o mesmo lugar para reunirse con membros de grupos de presión do sector tecnolóxico e convidou a representantes de Uber, da Asociación Cinematográfica de Estados Unidos e da Asociación de Consumidores de tecnoloxía, entre outros.
s-9 O encontro fora organizado orixinalmente no Club Metropolitano, un club privado de Washington, na rúa H, a unhas mazás de distancia.
s-10 Se cadra o código de vestimenta era moi conservador.
s-11 Por exemplo, en lugar de ensinar o método científico como unha unidade á parte, os estudantes aprenden os contidos científicos aplicándoos .
s-12 Están dentro da media nacional en de primaria e por riba da media nacional en de ESO.
s-13 Doutra banda, a estación de metro NoMa, que foi inaugurada en 2004 e construíuse sobre a liña existente, custou 103,7 millóns de dólares.
s-14 'Enfrontámonos a moita competencia e cremos que o transporte público pode axudar', afirmou Joe Sternlieb, presidente do Distrito de mellora de negocio de Georgetown.
s-15 O estudo de viabilidade calcula que os pasaxeiros tardarían uns catro minutos en cruzar o río Potomac na góndola.
s-16 Unha testemuña contoulle á policía que a vítima atacara ao sospeitoso en abril.
s-17 Pódense establecer paralelismos entre os xogos e a nosa vida cotiá.
s-18 Esa porcentaxe foi aumentando ininterrumpidamente ao longo dos anos unicamente votou o 11 por cento do electorado antes do día das eleccións en 1996, segundo a Oficina do Censo e parece que vai aumentar de novo este ano.
s-19 Hoxe en día Khanzir pode parecer un porco solitario, pero non está sempre .
s-20 'Pedimos a outros países que nos axudasen a poboar o zoo con diferentes especies de animais, incluíndo un porco', dixo Saqib.
s-21 Houbo un tempo, dixo o Sr. Panvalkar, no que sentiu que debían abandonar o edificio.
s-22 Ela tamén foi acusada de tentar matar á súa filla de dous anos.
s-23 Ela matou ao Andre Price III ao presionarlle a cara contra un colchón inchable na súa sala de estar, antes de tentar facer o mesmo coa súa filla Angel, dixo a policía.
s-24 Eu vou para o cárcere de todos os xeitos, espero que pague a pena.
s-25 Primeiro, unha das mulleres iézidis comezou a chorar, despois, unha das súas amigas.
s-26 O Sr. Osborne foi contratado nunha axencia de oradores estadounidense despois de ser despedido en xullo.
s-27 Michael Fallon afirmou que a data dos primeiros cortes de aceiro axudaría a asegurar novos investimentos e salvagardaría centos de empregos cualificados até 2035.
s-28 A promesa de novos pedidos da Mariña Real Británica para asegurar a industria da construción naval de Clyde tivo lugar antes do referendo de independencia escocesa en 2014.
s-29 É máis evidente cando o nome dunha celebridade é bastante raro ao principio.
s-30 E en 2007, no pico da súa popularidade (e, talvez, na de Knightley) este era un dos 50 nomes máis populares e había tres veces máis bebés chamados Keira que Kiera.
s-31 A compañía surcoreana inicialmente pensou que a culpa sería dun fallo na batería e substituíu o compoñente de fabricación propia por un de fabricación externa.
s-32 Varios analistas suxeriron que Huawei está na mellor posición para beneficiarse do retroceso de Samsung.
s-33 Os teléfonos Mate 9 carecen dunha interface de intelixencia artificial, como o Asistente do Google ou a Siri de Apple.
s-34 Con todo, un especialista en viaxes advertiu que a internet durante os voos non adoita ser fiábel e que é pouco probable que influencie aos pasaxeiros na escolla da compañía aérea.
s-35 Mais pode ser que a BA e a IAG o descubrisen e poidan ofrecer algo relativamente fiábel.
s-36 A empresa dixolle á BBC que a responsabilidade de decidir se se cobrarlle aos pasaxeiros unha taxa de acceso recaería sobre cada compañía aérea.
s-37 Á maioría da xente resultaríalle máis útil ter acceso a wifi nun aeroporto que poder enviar correos electrónicos desde un avión.
s-38 É como un superpoder ás veces.
s-39 O programa gaña diñeiro a través de patrocinios e publicidade.
s-40 O curso de 10 semanas foi 'certificado' pola axencia de espionaxe británica GCHQ.
s-41 Con todo, algúns expertos en seguranza cuestionaron a necesidade do curso e as intencións detrás do mesmo.
s-42 Anteriormente, blogueiros viran os jets.
s-43 Naturalmente, a China vai presentar moitos outros equipamentos militares esta semana, desde helicópteros de ataque até hidroavións.
s-44 E, coa China preparada para se tornar na próxima década no maior mercado de aviación do mundo, o evento é unha oportunidade para Pequín para mostrar as súas ambicións tanto na aviación civil como na defensa.
s-45 Desafortunadamente, unha vez máis son uns poucos os que prexudican á maioría, escribiu Jesse LaBrocca, fundador de HackForums, nunha mensaxe na que explicaba por que se pechaba a sección.
s-46 É probable que os 'sucesos recentes' sexan ataques producidos o 21 de outubro que pecharon sitios web populares como Reddit, Twitter e Spotify entre moitos outros.
s-47 As análises revelaron que se utilizaran cantidades históricas de datos para causar os danos.
s-48 Un estudo da ONU dos plans nacionais para reducir o carbono afirma que estes non alcanzan os niveis necesarios para manter o aumento de temperatura global por baixo de C.
s-49 Moitos científicos din que agora vai ser necesaria a tecnoloxía para eliminar carbono do ar para atinxir os obxectivos de París.
s-50 Avanzamos na dirección correcta: o Acordo de París reducirá o cambio climático, do mesmo xeito que o fará a Emenda de Kigali que ten como obxectivo reducir os gases HFC, dixo Erik Solheim, director executivo de Ambiente da ONU.
s-51 Os investimentos neste campo aumentaron un 6% en 2015 e alcanzaron os 221 mil millóns de dólares.
s-52 É fantástico que conseguisen o Acordo de París, mais as súas contribucións neste momento están lonxe do obxectivo de 1,5 graos.
s-53 Levouse a cabo a pouca distancia da costa mexicana de abril a xuño.
s-54 Isto establecerá novos límites na natureza das mudanzas ambientais, que ocorreron na Terra e que conduciron tantas especies - non os dinosauros - á extinción.
s-55 Un indicador deste material meteorítico é probabelmente os elevados niveis do elemento iridio.
s-56 Algo máis do 70% das plantas procedentes de sementes terrestres seguía con vida 17 días despois; unha porcentaxe lixeiramente máis elevada que a das plantas procedentes de sementes espaciais, que era dun pouco máis do 66%.
s-57 Os resultados deste experimento reforzan a idea de que as sementes de rúcula pódense enviar e almacenar na Estación Espacial Internacional durante seis meses sen que se produzan impactos significativos na súa habilidade para xerminar e crecer na Terra.
s-58 A Real Sociedade de Horticultura británica recolleu os comentarios enviados por alumnos e profesores involucrados no proxecto.
s-59 Aínda un pouco de noxo a idea de comprar e de levar postas as partes do corpo doutra persoa, afirma.
s-60 En China, o cabelo pasa normalmente por un baño químico para eliminar por completo a cutícula, explica Tarlo.
s-61 Tarlo afirma que, ao longo da historia, o mercado internacional de cabelo sempre tivo unha dimensión política.
s-62 Esta noite levaremos a cabo castigos utilizando as luces longas, pódese ler na entrada.
s-63 A policía de tráfico de Shenzhen ten optado por sancións non convencionais anteriormente.
s-64 Quen son eles?
s-65 Gran parte do debate por parte dos Demócratas este ano tratou sobre a identidade do home branco.
s-66 Pregunteille despois se entendía por que a xente podería votar a Trump.
s-67 Non todo o mundo pode superar iso.
s-68 Por sorte, alguén de Sony Australia dixo: 'Por certo, decatástesvos disto ?', afirmou Pall.
s-69 Seagal apareceu nos titulares cando describiu as accións de Rusia en Crimea, a cal anexionou en 2014, como 'moi razoábeis'.
s-70 Sendo un guitarrista apaixonado, deu un concerto alí ese mesmo ano.
s-71 A avoa de Seagal era de Vladivostok, no Extremo Oriente ruso, e este fixo varias viaxes ao país nos últimos anos e visitou Kamchatka e Sakhalin en setembro.
s-72 A principios de ano Seagal obtivo a nacionalidade serbia tras comprometerse a inaugurar unha academia de artes marciais na capital, Belgrado.
s-73 Un portavoz da policía informou a Associated Press de que houbo 'un intercambio de palabras' seguido dun 'altercado', pero que non se notificou que se produciran lesións.
s-74 Segundo se informa, Cuarón, cuxa última película, Gravity, foi gañadora dun Óscar, non estaba presente no estudo no momento do accidente.
s-75 Segundo o departamento de policía da cidade, comezou unha pelexa despois de que 'un gran grupo de xente que se definía como autoridades do distrito' chegara ao estudo o martes.
s-76 Os investigadores veñen investigando o potencial dos anticonceptivos hormonais masculinos hai uns 20 anos.
s-77 Engadiu: 'Este foi un paso máis na longa viaxe para atopar a combinación adecuada para a anticoncepción hormonal masculina'.
s-78 Con todo, hai moitos membros da asemblea lexislativa con profundas crenzas relixiosas que se opoñen a calquera nova lexislación.
s-79 Os investigadores afirman que analizar o ADN dun tumor pode axudar a explicar as causas subxacentes doutros cancros.
s-80 A análise mostra unha relación directa entre o número de cigarros fumados ao longo da vida e o número de mutacións no ADN dun tumor.
s-81 Con todo, eles non conseguiron encontrar ese mesmo padrón en tecidos como a vexiga, que non están directamente expostos.
s-82 A Sra. Pugh recibiu tratamento nos hospitais de Papworth e de Addenbrooke, en Cambridgeshire.
s-83 Con todo, un escáner mostrou que o tumor do pulmón dereito da Sra. Pugh está crecendo e tivo que deixar o experimento.
s-84 Se Donald Trump é elixido presidente, este goberno seguirá tendo que traballar con el para progresar na axenda que se estableza, co fin de asegurar que as empresas e os intereses canadenses estean representados en Washington.
s-85 Trudeau estenderá este convite ao 45º presidente dos Estados Unidos, quenquera que sexa.
s-86 A pesar da publicación dunha foto esta mañá, a policía da Columbia Británica afirma que aínda ten máis preguntas que respostas sobre o suposto sen teito que foi acusado do acoitelamento mortal dunha adolescente no seu instituto en Abbotsford.
s-87 A policía da Columbia Británica declarou anteriormente que non parecía que Klein tivese antecedentes penais e comunicou detalles pouco precisos sobre o seu paradoiro actual.
s-88 Non cremos que o sospeitoso estea relacionado con esta escola, coas dúas mozas ou coa zona de Abbotsford en concreto, dixo.
s-89 Tamén dixo que Klein era pouco falador, non cooperaba e negábase a subir das celas situadas baixo os xulgados para asistir ao xuízo.
s-90 A asociación que representa aos axentes inmobiliarios en Ontario di que se debe facer máis para protexer aos consumidores e castigar aos axentes con comportamentos pouco éticos.
s-91 Tamén lle gustaría que o Consello da Propiedade Inmobiliaria de Ontario (RECO), que regula os axentes na provincia, tivese maiores competencias de aplicación e investigación.
s-92 Actualmente, a multa máxima que o RECO pode impoñer a un axente é de 25.000 dólares.
s-93 Mais a crecente clase media chinesa manifestou as súas queixas, o que é inusual, acerca do ar tóxico en cidades como Pequín, que ve día tras día un fume asfixiante.
s-94 Estamos vendo moitos países, e especialmente grandes emisores como o Brasil, a Sudáfrica, a India e a China, asumiren responsabilidades e desempeñaren un papel importante na redución de emisións, dixo Guilbeault.
s-95 Podería tamén esperar até o fin do seu primeiro mandato para usar unha cláusula do acordo de París para saír do pacto.
s-96 Mentres tanto, Clinton e os seus aliados están procurando manter o foco en Trump, denunciando que seus comentarios denigrantes sobre mulleres e minorías, e o seu temperamento, fan que non sexa apto para a presidencia.
s-97 Isto non é o que precisamos no noso país, amigos.
s-98 A muller de Trump, Melania Trump, fixo a súa primeira aparición pública desde a convención Republicana en xullo.
s-99 Estudantes como Rai estiveron reuníndose con conselleiros no colexio para falar sobre o que aconteceu, pero ela di que o seu maior consolo é ver aos seus amigos.
s-100 'Isto é un desastre para os pacientes con dor', dixo Mailis o xoves nunha entrevista con CBC News.

Text viewDownload CoNNL-U