s-4
| Liberdade, xustiza, benestar |
s-5
| De conformidade co dereito de autodeterminación, 'o Pobo Galego ten o dereito de definir o seu marco relacional co Estado español e coa Unión Europea' e 'Galiza, na súa condición de nación, intégrase libre e paccionadamente como Comunidade Autónoma na estructura política plurinacional do Estado español'. |
s-6
| O galego é a lingua nacional, e todos os cidadáns galegos temos a obriga de coñecelo e o dereito de usalo . |
s-7
| O castelán, como lingua oficial do Estado, terá carácter cooficial, e o seu uso e ensino serán garantidos polos poderes públicos galegos. |
s-8
| Cidadanía galega |
s-9
| Toda a cidadanía galega asume os dereitos e deberes que recoñecen o Estatuto, a Constitución, os Tratados da Unión Europea e os Acordos e Pactos internacionais da ONU e do Consello de Europa. |
s-10
| A proposta de novo Estatuto recolle o dereito a unha educación pública de calidade, inspirada nos principios do respecto á diversidade e da convivencia multirracial, da pluralidade política e relixiosa e nos valores propios da tradición cultural de Galiza e da historia común europea. |
s-11
| Igualmente, o mantemento dos niveis básicos de benestar medidos segundo os parámetros da renda básica, vivenda, educación e sanidade. |
s-12
| O novo xornal gratuito Qué! (25 de febreiro) dedica a súa portada á longa duración da xornada de traballo. |
s-13
| 'Votamos a Constitución. |
s-14
| En titulares máis pequenos pódese ler: |
s-15
| Traballamos máis horas que os xaponeses. |
s-16
| Só dedican máis tempo nos Estados Unidos. |
s-17
| Cabrera Infante e Cuba |
s-18
| 'O 22 de febreiro dous articulistas afirmaban no periódico que vostede dirixe que a obra de Guillermo Cabrera Infante foi prohibida en Cuba. |
s-19
| Os editores cubanos fixemos o posíbel para lograr a publicación dalgúns dos seus títulos e, xunto coa súa morte, deploramos que en vida Cabrera Infante, de xeito expreso, prohibise ser publicado no noso país, antepoñendo á literatura e ao coñecemento da súa obra polo público lector cubano a súa obsesión política contra a Revolución, amplificada en sistemáticas declaracións que a propaganda tendenciosa se encargaba de axigantar. |
s-20
| Walesa critica unha emisora católica |
s-21
| Lech Walesa, líder histórico do sindicato polaco Solidariedade, que rematou co sistema socialista en Polonia, Nobel da Paz e devoto fillo da Igrexa Católica, vén de emprender unha aguda campaña contra unha popular emisora católica do seu país. |
s-22
| Walesa pídelle ao Goberno e á Igrexa Católica que fagan o posíbel para poñer fin a unha incesante campaña de odio e calumnias contra o inimigo 'infiel, laico, xudeo, masón, comunista', con que a emisora da orde dos redentoristas, dirixida polo padre Tadeusz Rydzyk e arroupada nun manto de devoción mariana, vén envelenando a vida pública polaca. |
s-23
| Babecas da (in)cultura |
s-24
| E bárbaros deses _Atlántico Diario, 27 febreiro último_ teñen a posibilidade de predicar a súa ignorancia e transmitirlles aos demais a súa incultura. |
s-25
| Ou sexa, que Viqueira, Risco, Otero Pedraio, Filgueira Valverde, etc, foron un obstáculo para a cultura. |
s-26
| E como o falar non ten cancela, engade: |
s-27
| Home, que isto o diga alguén que vai dirixir unha delegación do Instituto Cervantes non deixa de ser un bo despropósito, pois, ¿haberá algo máis subsidiado, en cultura, que o labor dun organismo como o Instituto Cervantes? |
s-28
| Ou sexa, que os fusilamentos do 2 de maio debidos a Goya xa non teñen encaixe na nosa sociedade, e o seu españolismo, más ben o seu madrileñismo, escluiría a universalidade, polo que Goya empobrecería o mundo. |
s-29
| ¡Meu Deus! |
s-30
| Porque pavor é o que un sente só de pensar que xente así ten o privilexio de ensinar a outros, isto é, licenza para deformar e empobrecer. |
s-31
| Touriño dá un xiro na súa estratexia de campaña |
s-32
| O optimismo semella desatarse nas fileiras socialistas e nacionalistas, pero cada vez máis voces internas dunha e doutra formación demandan que fagan visíbel esa alternativa para non frustrar as expectativas. |
s-33
| 'Aos socialistas fállalles a estratexia, non a teñen, pero será máis fácil de gañar que nas eleccións xerais', afirmou Joan Campmany, o catalán inventor de ZP, que se encargará da campaña de Emilio Pérez Touriño de cara ás próximas eleccións autonómicas. |
s-34
| postularse como presidente afirmando que vai gañar por maioría absoluta, polo que non tería que contar cos nacionalistas. |
s-35
| Tamén Anxo Quintana afirma que sairá a gañar os comicios no outono. |
s-36
| Loxicamente, non só é lexítimo, senón de pór o sombreiro na cabeza, que un e outro aspiren a lograr unha maioría suficiente para formar goberno en solitario, pero moi improbábel. |
s-37
| Demanda, polo tanto, que xa que a coalición cos nacionalistas é obrigada se o PP perde as eleccións, Touriño a inclúa como 'argumento electoral'. |
s-38
| Considera o presidente do Consello Nacional do BNG que é imprescindíbel que nacionalistas e socialistas desenvolven unha estratexia conxunta, que interioricen a necesidade de unirse , 'como factor necesario para derrotar a Fraga'. |
s-39
| Beiras considera que o BNG, 'hoxe por hoxe, non está en condicións de gañar con maioría absoluta, malia que é o único proxecto de fondo que existe na Galiza e para Galiza'. |
s-40
| O PP vai basear parte da súa campaña electoral nas diferenzas entre socialistas e nacionalistas e na incapacidade para ter un proxecto común. |
s-41
| Até de agora non tivo éxito. |
s-42
| Neste sentido, persoas no entorno nacionalista e socialista están mantendo conversas e reunións nas que tratan de perfilar as liñas mestras dun futuro goberno BNG-PSOE, ou PSOE-BNG, porque, finalmente, de gañar un ou outro o peso e mesmo o programa sería diferente. |
s-43
| Desde o PSOE tamén están a traballar con outra posibilidade: |
s-44
| Outros socialistas van máis alá e consideran que os escindidos do PP lles poderían chegar para formar goberno sen ter que contar co BNG. |
s-45
| Reclama o primeiro posto na lista da Coruña ao Parlamento |
s-46
| Xosé Manuel Beiras xa abriu a batalla publicamente ao reclamar para si o primeiro posto da candidatura coruñesa, ao que aspira o candidato á presidencia Anxo Quintana. |
s-47
| Analizaron os resultados e a situación interna e chegaron ao acordo da necesidade de ollar cara a adiante, sen debates estériles, e impulsar a discusión sobre a reforma estatutaria. |
s-48
| Anxo Quintana, que xa lle comunicara a Beiras a súa intención de ocupar o numero un da lista pola Coruña, considera que 'hai unha tradición non escrita, que todo candidato á Xunta exerceu cando puido, que é a de encabezar a lista pola Coruña'. |
s-49
| Pero, ao mesmo tempo, coinciden con Quintana, en que Beiras 'ocupará sempre un lugar preferente mentres sexa presidente do Consello Nacional'. |
s-50
| Un Quintana que é o máis prexudicado desta poxa de Beiras, que o presidente do Consello Nacional, non sitúa só na súa persoa, senón que estende a outros seus compañeiros que poderían quedar relegados nas próximas listas. |
s-51
| A tricefalia do PSdeG-PSOE en Vigo |
s-52
| A Emilio Pérez Touriño non lle quedaba outro remedio que apoiar esta vez a Miguel Barros fronte a Carlos Príncipe se non quería que o ex alcalde controlase a provincia de Pontevedra, a de máis peso partidario, e ameazase o seu liderado no próximo congreso galego, que é ao que aspira o ex alcalde vigués. |
s-53
| Pero despois de situar un home seu á fronte da comarca pontevedresa, a dirección galega tomoulle medo e deixou de procurar terceiras vías. |
s-54
| Mariño tamén está enfrontado ao presidente do comité executivo da Zona Franca, o socialista Francisco López Peña. |
s-55
| Na dirección opuxéronse , até de agora, que fose o substituto de Pérez Mariño, malia ao importante apoio co que conta no partido e en importantes ámbitos económicos da cidade. |
s-56
| Pero Carlos Príncipe, de xeito interposto, segue comandando a asemblea local de Vigo, que fora disolta para apartalo como candidato ás municipais últimas. |
s-57
| Permanecerá relegado Miguel Barros? |
s-58
| Quen decidirá os candidatos ás futuras eleccións autonómicas e locais? |
s-59
| O próximo 5 de marzo Miguel Barros presentará o seu libro Discurso e tempo. Na procura dun socialismo para Galiza (A Nosa Terra), no que reivindica non só a súa traxectoria de socialista e galeguista, senón na que aposta por un entendemento necesario cos nacionalistas. |
s-60
| diálogo a través dos medios |
s-61
| Un sistema moi usado na cidade. |
s-62
| Porén, hai ocasións en que o máximo responsábel da factoría que máis diñeiro move de Galicia deixa que a súa voz se escoite fóra do despacho do polígono de Balaídos e utiliza os xornais para enviar determinadas mensaxes. |
s-63
| Ocorreu non hai moito tempo, cando os directivos do Celta estaban empeñados en crear ás portas da fábrica de automóbiles o gran centro comercial e de ocio co que pretendían sanear as contas do club. |
s-64
| Hai anos que Riera leva traballando con discreción e eficacia coa finalidade de que as principais empresas fornecedoras da cadea de montaxe de PSA poidan instalarse en Vigo. |
s-65
| Coa colaboración do goberno municipal, daquela co BNG comandando a área de urbanismo, Riera conseguiu que a Zona Franca alterase os seus planos orixinais para o Parque Tecnolóxico de Valadares e permitise a instalación nesa superficie de empresas como Faurecia ou o grupo Antolín. |
s-66
| O que López Peña descubriu á súa volta ao consorcio levouno da inicial sorpresa á indignación. |
s-67
| Alarmado, Peña decidiu botar o freo e paralizar a meirande parte das iniciativas en marcha, pero encontrouse cunha oposición xeneralizada das forzas políticas e sociais da cidade que o obrigaron a rectificar sobre a marcha. |
s-68
| Nesa liña de traballo estaba o delegado da Zona Franca cando se lle ocorreu poñer en cuestión a participación do consorcio na creación de novo solo industrial en Vigo, e foi nese momento cando Riera dixo: |
s-69
| O grupo PSA non está disposto a renunciar a uns proxectos coidadosamente preparados durante anos de traballo en íntima colaboración co Concello. |
s-70
| Aproveitando a circunstancia, Porro, sempre atenta á posibilidade de pendurarse medallas, quixo apuntarse un tanto propagandístico ofrecéndose como mediadora entre as partes. |
s-71
| PSA e a Zona Franca acabarán entendéndose , pero para iso tiveron que escenificar antes o seu desencontro nos medios. |
s-72
| Discutir que é un clásico. |
s-73
| As circunstancias que converten o artista nun creador que nunca perecerá. |
s-74
| A universalidade. |
s-75
| Unha vella discusión sen acordo fácil. |
s-76
| Outros son esquecidos, ou nunca atendidos, e rescatados, para acabar acompañando os clásicos. |
s-77
| Eis a Verdi e a Whitman e a Gaudí sen ir máis lonxe. |
s-78
| Francisco Leiro desde as primeiras esculturas. |
s-79
| Paco de Lucía desde a primeira nota de Entre dos aguas. |
s-80
| Amenábar pertence ao grupo. |
s-81
| Ao envelope lindo sen nada de nada dentro. |
s-82
| Deixounos coa boca aberta en Los Otros, por sistemático, polo esforzo e a capacidade para deglutir os clásicos e relanzalos desde os seus filtros. |
s-83
| Pero afirmando que é o mellor director de cinema español desde Luis Buñuel. |
s-84
| Por emocionarnos e facernos sentir. |
s-85
| Contábame Arturo Casas que viu un filme no que os protagonistas están de viaxe, estacionan, entran nunha taberna. |
s-86
| Nin outra palabra. |
s-87
| Así nos ven. |
s-88
| É tenente de alcalde de Pontevedra |
s-89
| 'Os socialistas reclamamos o traslado de Ence sen ambigüidades' |
s-90
| Vostede era de procedencia galeguista, mais agora está integrada no PSdeG. |
s-91
| ¿Séntese cómoda? |
s-92
| É mais, a nivel galego tamén se segue esa liña. |
s-93
| Galeguista, ¿non nacionalista? |
s-94
| No Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista primeiro marchou un pequeno grupo do PG, precisamente parte dos que están a tratar de revivilo . |
s-95
| houbo un grupo encabezado por Pepe Peña que entendeu que non había outra opción que entrar no BNG. |
s-96
| eu non podía entrar así. |
s-97
| A súa desaparición é un logro europeo que defendo. |
s-98
| No caso dos cataláns, son unha federación que funciona con moita independencia. |
s-99
| Ás veces iso depende das persoas. |
s-100
| Comparte goberno municipal co BNG, que ten a alcaldía de Pontevedra e dez concelleiros, fronte aos cinco socialistas. |
s-101
| Tamén é normal que nun goberno de coalición haxa puntos de vista distintos, pero en Pontevedra fixemos un acordo meditado e chegamos a compromisos claros, sen egoísmos, pensando que o resultado electoral demostraba que a cidadanía quería un goberno de coalición. |
s-102
| Cando buscas o que te une e non o que te separa, chegas a acordos positivos. |
s-103
| Pode acontecer o contrario. |